A asociación “Xuventude Galega en Europa”, Xuga.eu (www.xuga.eu), comezará mañá xoves 11 de febreiro en Tui a súa peregrinaxe polo camiño portugués, que realizarán entre os días 11 e 15 de febreiro, ao remate do seu percorrido está previsto que amais de achegarse á Catedral compostelá os mozos participantes asistan a unha recepción oficial no Pazo de Raxoi, sede da Presidencia da Xunta de Galicia. O Concelleiro de Cultura e Primeiro Tenente de Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, estará presente mañá ás 08,30 horas, no Albergue de Peregrinos, para saudar aos integrantes desta peregrinación e agradecerlles a elección de Tui coma punto de partida do seu camiño cara Compostela.
Sem comentários:
Enviar um comentário