A pasada fin de semana disputouse a primeira edición do Campionato Galego de Enduro de Montain Bike, nel que o ciclista de montaña tudense, Benito Giráldez Sousa, do club Bike Patrol Co., proclamouse Campión Galego de Enduro na categoría Élite.
Esta primeira edición discorreu polos montes de Belesar, Sabarís, Bahíña, Baredo e Baiona, e tivo catro tramos cronometrados de descenso, cun desnivel acumulado de 1.200 metros, sendo o percorrido total de 35 quilómetros.
Dende o Concello de Tui quérese felicitar a Benito Giráldez por este éxito deportivo, nunha modalidade deportiva como o ciclismo de montaña, que ano a ano ten máis practicantes e no que o Concello esta apostando en probas como a BigRide Tui, a Eurocidade BTT, a Marcha BTT Monte Aloia, o no recente II Trofeo Cidade de Tui de Mini BTT.
Sem comentários:
Enviar um comentário