sexta-feira, 31 de agosto de 2018
Programación do Festival Arraianos 2018
Xa podemos compartir convosco a programación do Festival Arraianos 2018!
¡Os presentamos la programación del Festival Arraianos 2018!
Este ano, teremos de novo algunhas das actividades que máis vos gustan, como por exemplo a carreira de kaiaks ‘A Conquista do Miño’, as visitas teatralizadas, as conferencias ou o Survival Zombie. Ademais, nesta edición, incorporamos novamente a celebración dunha voda medieval e ofertamos tamén un novo concepto de ‘Ceas de Taberna’.
Non vos perdades ningunha e compartide para que todo o mundo se decate!
Moitas gracias a todos!
Este año, tendremos de nuevo algunas de las actividades que más os gustan, como por ejemplo la carrera de kayaks ‘A Conquista do Miño’, las visitas teatralizadas por el casco viejo de Tui, las conferencias o el ya famoso Survival Zombie. Además, en esta edición, contaremos de nuevo con la celebración de una boda medieval y también ofrecemos un nuevo concepto de ‘Ceas de Taberna’.
¡Os recomendamos que no os perdáis ninguna y que compartáis esta información para que todo el mundo se entere y podamos ser muchísimos los que disfrutemos este año del Festival Arraianos!
MEDIEVAL ZOMBIE
O Festival Arraianos creou unha rede de actividades xa sexan lúdicas, didácticas, deportivas ou gastronómicas. Alguhas conseguen combinarse para dar lugar a algo todavía mais singular.
É o caso da experiencia Zombie Medieval, que sen dúbida é unha das actividades que máis xente atrae a noite do sábado. Organizada pola WRG, o survival consiste nunha gymkana que reproduce unha apocalipse zombie no Tui medieval. Recréase a historia da Inquisición mentras cobran vida lendas que quizais tiñamos esquecidas. Adéntrate neste xogo de rol activo e tenta sobrevivir á esta longa noite.
VISITAS TEATRALIZADAS
Arraianos é un festival adicado á revalorizar o patrimonio e a historia de Tui, polo que existen actividades didácticas de diverso tipo, pero todas elas cun elevado valor educacional.
As visitas teatralizadas desarrolan unha función moi importante neste apartado pedagóxico. Vos amosarán Tui dende unha perspectiva moi animada, onde variopintas persoaxes levaranvos a outra época e interactuarán con vós para que descubrades a importancia, case descoñecida para moitos, da nosa cidade
RUTA DOS PETISCOS MEDIEVAIS
Cando no Festival Arraianos combinamos historia e gastronomía creamos a nosa propia ruta do petisco, unha das rutas gastronómicas máis chamativas de Tui. Algúns dos establecementos da localidade crearán un petisco típico medieval, co cal tentarán conquistar os vosos paladares para gañar o trofeo anual. Os ingredientes, o sabor, a presentación e a historia que aporten sobre o aperitivo serán os catro valores que tedes que ter en conta para votar ó mellor petisco medieval. Só vos poderedes facer que algún deles sexa o gañador.
A CONQUISTA DO MIÑO
Non hai que esquecer que Tui non só conta cun rico patrimonio cultural e artístico, se non que temos á vosa disposición un patrimonio natural inmellorable. O noso traballo é amosalo, e grazas á Conquista do Miño, poderedes desfrutar da maxestuosidade do noso río.
Esta actividade deportiva consiste nunha carreira en kaiaks na que os participantes terán que facer un breve pero intenso traxecto. Deberán presentarse caracterizados de personaxes históricos reais ou ficticios sempre que estean baseados na época medieval. Sabemos que a vosa imaxinación non ten límite.
CEAS DE TABERNA
As “Ceas de Taberna” do Festival Arraianos combinan receitas da época Medieval, dende os seus inicios, con propostas gatronómicas das Recetas de Poniente. O que pretendemos é crear menús diferentes, deseñados para aqueles que queiran desfrutar de receitas medievais de sempre pero tamén para ós que lles guste a diversidade da gastronomía das Recetas de Poniente. Menús pensados tanto para os afeccionados á lectura fantástica como para os máis tradicionais, acompañados sempre de espectáculos e animación privados.
MERCADO ARRAIANOS
O mercado medieval é un imprescindible do Festival Arraianos. Este mercado aproveita as rúas vellas de Tui para distribuirse ó longo delas, acadando así, un auténtico ambiente de recreación.
Ademais, contamos cun amplo número de artesáns que ofrecen diferentes produtos, dende gastronómicos ata pezas de xoiaría, pasando por tecidos, cerámica, madeira, etc.
Pasarúas a cargo de pintorescos grupos de animación e actividades para os mais cativos, conseguen converter as rúas de Tui nun lugar máxico.
CONFERENCIAS
A conferencia é outra das actividades que desenvolven esa parte didáctica e de valor pedagóxico por antonomasia dentro do festival Arraianos. Esta actividade varía de época cada ano, para que poidades coñecer a nosa cidade dende os seus inicios ata agora.
As conferencias crean a parte máis formativa do Festival. Dende o primeiro ano, contamos coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela. A doutora Marta Cendón, profesora de Historia da Arte de dita universidade, acompáñanos dende os nosos inicios como conferenciante principal.
Contamos con outros invitados nas nosas filas, como foi Juan M. Monterroso, tamén profesor de Historia da Arte da USC ou o tudense Suso Vila.
VODA MEDIEVAL
Na edición do 2016 contamos co casamento medieval dunha parella que confiou en nós para organizar a súa voda. O xa matrimonio onubense celebrou a súa festa desta meneira tan orixinal xunto coa súa familia e amigos desfrutando dunha das ceremonias máis bonitas vividas nas escadas da impoñente catedral de Tui.
Esta exclusiva actividade está a disposición de toda aquela parella que queira recrear a súa celebración de maneira medieval.
CARACTERIZACIÓN MEDIEVAL TUDENSE
Dende que comezou o Festival, tentamos involucrar tanto á cidadanía tudense coma ás empresas locais.
Un exemplo é este concurso de Caracterización Medieval no que os locais Tudenses participan dentro do Festival Arraianos facendo un despliegue de orixinalidade na sua vestimenta ou na adaptación do seu local.
O Trofeo de Caracterización será exposto con orgullo polo local gañador o resto do ano.
Cerdal mostra devoção a Nossa Senhora de Mosteiró
Cerdal, em Valença, promove, até domingo, a romaria em honra de Nossa Senhora de Mosteiró, festa que leva muita gente até ao monte onde se situa a igreja de Mosteiró.
O programa começou no passado domingo, no Convento de Mosteiró, com o início das missas com pregações. Na passada terça-feira, realizou-se a procissão de velas entre Mosteiró e a igreja paroquial, que reuniu um número significativo de fiéis. Nos últimos dias, têm prosseguido as pregações, com o pároco, padre Gonçalo Pereira do Vale, a propor uma reflexão em torno da oração, a partir do livro “A beleza
da oração”, da autoria de Pedrosa Ferreira. Hoje, às 7h30, é celebrada a missa dos associados.
A festa entra no seu ponto alto, amanhã, com a saída às 7h30, da igreja paroquial, da procissão penitencial até à igreja de Mosteiró, uma verdadeira peregrinação, que demora cerca de três horas e passa por 10 dos 13 lugares da freguesia. A população mobiliza-se para embelezar o trajeto por onde passa a procissão com tapetes de flores e outros arranjos.
Na igreja de Mosteiró, domingo, a partir das 10h30, há missa, sermão e procissão acompanhada pela Banda de Música da Casa do Povo de Moreira do Lima.
Em relação ao programa cultural e recreativo, hoje, a partir das 15h00, há música gravada e, às 22h30, atua o conjunto Ympério Show, de Arcos de Valdevez.
Para amanhã, está prevista a alvorada (7h00), partida de fogo pela Pirotecnia de Barbeita (12h00), atuação dos Bombinhos Arquivo DM de Fontoura (durante todo o dia), prova de rally (15h00), concerto do conjunto monçanense Roconorte (22h30) e espetáculo pirotécnico (00h30).
Domingo, às 9h00, começam a atuar os Bombinhos de Fontoura. A parte de tarde é preenchida com a atuação do grupo Cordas 6 às 9 (15h00) e sorteio de rifas (17h00), seguindo-se, às 17h30, um espetáculo com o Rancho Folclórico de Dem, de Caminha, e do Grupo Cultural e Recreativo Os Camponeses Minhotos, de Cerdal.
Recorde-se que o Convento de Nossa Senhora de Mosteiró foi classificado como Imóvel de Interesse
Público, por despacho da Secretaria de Estado da Cultura, em 1983.
A tradição conta que o Convento de Mosteiró terá sido fundado no século VIII. A oralidade indica que terá existido um primeiro convento que albergava uma comunidade de eremitas, obrigada a fugir com a invasão
muçulmana.
Já no século X, a imagem da Senhora de Mosteiró, escondida pelos eremitas, terá sido descoberta e, no mesmo local, reerguido novo convento patrocinado por Mumadona. Novamente abandonado, desta vez por causa da peste, o convento terá sido destruído por um incêndio, restando apenas a igreja e a imagem de Maria. Foi no século XIV que o convento foi reconstruído por monges vindos de Espanha, passando por dificuldades ao longo dos séculos e sofrendo várias obras nos séculos XVII e XVIII, que lhe deram o seu aspeto atual.
A parte do convento está em avançado estado de degradação, mas a igreja está conservada e aberta ao culto, sob a responsabilidade da Confraria de Nossa Senhora de Mosteiró. A igreja ostenta talha barroca, de grande qualidade, que começou a ser restaurada. O altar lateral e o púlpito fora.
in Diário do Minho
quinta-feira, 30 de agosto de 2018
Celso Fernández “Celsiño” e MJPérez poñen voz e música ao Camiño Portugués en Tui
Actuarán mañá xoves, 30 de agosto, ás 21h na praza de San Fernando no ciclo “Vive o Camiño”
O programa de artes escénicas “Vive o Camiño” promovido por Turismo de Galicia chega mañá xoves, 30 de agosto, a Tui, porta de entrada do Camiño Portugués a Galicia. A cita será ás 21h na praza de San Fernando onde está prevista a actuación de Celso Fernández Sanmartín “Celsiño” e de MJ Pérez.
Co título “O Camiño que camiña con nós” o poeta e contacontos Celso Fernández Sanmartín “Celsiño” presenta un espectáculo para todos os públicos no que conta contos, historias e memorias da tradición oral galega e da europea.
Colaborador habitual do programa Luar da TVG, Celsiño leva anos escoitando, conversando e recollendo historias por toda Galicia, e transmitindo unha parte tan importante do noso patrimonio inmaterial que atesouran as persoas maiores e que el leva ás distintas xeracións.
Por outra parte baixo o título “Sigo facendo Camiño” MJ Pérez, unha das novas voces do panorama actual da música galega, achega as súas cancións de autor dos seus tres primeiros discos “Ollos que non ven, síntoma de cegueira”, “Guerrilleira” e “Casandra”, nos que mestura diversos estilos musicais co predominio do rock-pop. A súa voz, chea de personalidade ten soa en máis dun centenar de concertos por toda Galicia. Foi finalista do “I Certame de Canción de Autor en Galego”, participou no Noroeste Pop Rock, e acadou o segundo posto no VIII Concurso Musical da Deputación da Coruña, e acadou o primeiro posto na final do concurso Xuventude Crea 2017.
Mañá preséntanse as Xornadas Europeas de Cultura Xudía, que se celebrarán en Tui do 2 ó 8 de setembro
Mañá venres , 31 de agosto, ás 12h no salón de sesións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación das Xornadas da Cultura Xudía que se celebrarán en Tui desde o próximo domingo día 2 ao sábado 8 de setembro
A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría e o historiador tudense Suso Vila.
O tudense Gustavo Rodríguez proclámase campión de España de tríatlon en Pontevedra
Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) e Anna Noguera proclamáronse esta fin de semana en Pontevedra campións de España de Tríatlon de Longa Distancia. Ademais, acadou unha medalla de prata a pontevedresa Saleta Castro (Cidade de Lugo Fluvial), e Cristóbal Dios, cun cuarto posto, quedou moi preto dos metais.
A proba comezou a primeira hora da mañá con moitos afeccionados pendentes da saída para animar aos triatletas e de forma moi especial aos de casa. Dende o inicio, os galegos estiveron nas primeiras posicións.
Así, da auga saíu na primeira posición Iván Cáceres, galego afincado en Madrid por motivos laborais. Esta vez nin a natación se lle fixo moi costa arriba para Gustavo Rodríguez, que logrou un magnífico parcial e non perder moito tempo, chegando á T-2 na cuarta posición.
E tralos 3 quilómetros de natación, chegou o momento de coller a bicicleta para facer 116 quilómetros. Pero Gustavo non esperou moito para poñerse en cabeza. No quilómetro 10 da bicicleta xa era líder e pouco a pouco foi incrementando a distancia sobre un dos favoritos, Ander Okamika, que non quería deixarlle escapar.
O tudense logrou así chegar á segunda transición con case seis minutos de distancia sobre o segundo e moita comodidade sobre o terceiro. Aínda faltaban trinta quilómetros de carreira a pé que se fixeron moi duros tanto para Gustavo como para o resto dos participantes, co sol en todo o alto.
Gustavo Rodríguez logrou entrar en meta na primeira posición e proclamarase campión de España cun tempo de 5:47:47. Ander Okamika, que recortou distancias na carreira a pé, logrou o subcampionato cun tempo de 5:50:46. A terceira posición foi para Pello Osoro (5:54:01), mentres que o galego Cristóbal Dios quedou a só un pasiño do podio, ao chegar a meta na cuarta posición (05:58:16). Iván Cáceres foi noveno (6:06:28).
Gustavo explicou que sufriu un pouco de máis na carreira, na que tivo problemas estomacais, pero “estas cousas suceden na longa distancia, non pode ser todo fácil”, chanceou.
Sobre o Mundial do próximo ano, o campión de España manifestou que “o Mundial sempre é especial para min, pero no 2019 moito máis porque se celebra en Pontevedra, a
cidade na que me formei como deportista, a miña segunda casa”.
Na proba feminina, Saleta Castro estivo sempre en posicións de podio, pero nada puido facer ante a fortaleza de Anna Noguera que logrou poñerse en cabeza mediada a primeira volta do ciclismo e xa nonse baixou de aí.
Na natación a máis forte foi Helene Alberdi, mentres que Anna Noguera -campioa de España de longa distancia 2017- quedaba un pouco descolgada e Saleta Castro era terceira na saída da auga.
Pero na bicicleta, Noguera alcanzou rapidamente a Saleta, que xa se colocara en cabeza, e como tiña un punto máis de forza, decidiu superala cando levaban a metade da primeira volta de ciclismo.
A partir de entón, as posicións quedaron bastante definidas, con Noguera na primeira
posición; Saleta, segunda e Dolça Olle (que tivera algúns problemas na natación), terceira tras superar a Helene Alberdi.
A carreira a pé foi dura e as posicións non mudaron. A propia Saleta recoñecía ao chegar a meta que “no único no que pensaba era en chegar a meta como fose, non me importaba a posición”.
Así, Anna Noguera revalidou o título de campioa de España cun tempo de 6:25:10, mentres
que Saleta Castro foi prata (6:34:36) e Dolça Olle, bronce (6:49:00).
A campioa de España enxalzou o percorrido deste campionato de España, de forma moi especial o da carreira a pé, “xa que descorría primeiro por unha paraxe moi fermosa, xunto ao río, e con árbores e despois polo centro histórico, con moita xente animando dende a rúa”.
Tanto ela coma Saleta destacaron a calor desprendida polo público durante a proba, “algo que non soe suceder nas carreiras de longa distancia, nas que normalmente unha gran parte do percorrido faise por carreteiras sen público”, indicou Saleta.
A galega rematou facendo un chamamento ao seleccionador para poder competir en Pontevedra o próximo ano: “É algo que non depende de min, por iso quixen competir
hoxe no Campionato de España, para que o seleccionador me teña en conta cara a Pontevedra 2019”.
Na clasificación por clubs, o Tri-Penta Terras de Lugo proclamouse campión de España na categoría masculina e o Cidade de Lugo Fluvial, na feminina.
in xornaldevigo
Anho no Forno 1 e 2 de Setembro em Valença Saiba Porque Este Festival Tem Tantos Fãs
Saborear anho no forno, com arroz pingado, à moda antiga, tem um destino a freguesia valenciana de Gondomil. No fim de semana de 1 e 2 de setembro os fãs do anho tem o Festival Gastronómico Sabores do Anho.
Manjar da Tradição
Este festival é uma oportunidade única para saborear um prato emblemático da gastronomia valenciana, de carne tenra e suculenta. Assados nos seculares fornos a lenha são um verdadeiro manjar. Preparados por mãos sábias, com os temperos e os segredos de sempre, são o rei das festas grandes de Valença. Acompanha um arroz do forno, pingado com os aromas do anho.
Anhos Criados no Monte
Os anhos, confecionados neste festival, são criados nas pastagens dos montes locais em pastoreio livre.
Dois Dias de Festa de Sabores
Durante dois dias é possível saborear o anho no forno, a preços populares e desfrutar de um amplo programa de animação, com musica tradicional portuguesa, estando garantida uma grande festa de sabores.
O Largo de Santa Rita, em Gondomil, é o espaço de acolhimento deste festival gastronómico.
A iniciativa é da Câmara Municipal de Valença, Junta da União de Freguesias de Sanfins e Gondomil e da Associação Cultural de Gondomil.
Os Sabores do Anho encerram o ciclo anual de eventos gastronómicos que a Câmara Municipal de Valença dinamizou ao longo deste ano e de que destacaram, ainda, os Sabores da Lampreia, Os Sabores Serranos, Os Sabores da Aldeia, os Domingos Gastronómicos e Fevereiro Mês da Lampreia.
quarta-feira, 29 de agosto de 2018
Hoxe presentouse o número cinco da revista Castellum Tyde
Esta quinta entrega está dedicada a Francisco Ávila y La Cueva
Hoxe presentouse o número 5 da revista Castelum Tyde promovida polo Instituto de Estudos Tudenses.
A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, o presidente do Instituto de Estudos Tudenses, Javier Añoveros, a vicepresidenta Marta Cendón, e o secretario, Rafael Sánchez Bargiela.
O presidente do Instituto de estudos Tudenses, Javier Añoveros, lembraba na presentación deste número que cada revista vai dedicada a un persoeiro de relevancia no estudio da historia de Tui e da comarca. O primeiro número foi dedicado a Aquilino González Santiso o que fora presidente e fundador do Instituto, o segundo a Eliseo Alonso, o terceiro ao sacerdote historiador, Jesús Gómez Sobrino, o cuarto o mestre historiador, Pedro Díaz Álvarez e este quinto a Francico Ávila y La Cueva. Precisamente a revista recolle un amplo artigo de Clodio González Pérez, baixo o título “Francisco Ávila y La Cueva o gran historiador de Tui e do seu bispado”.
Ademais neste número se recollen traballos de Ernesto Iglesias Alemeida sobre a muralla medieval tudense, de Margarita Vázquez Corval sobre a arte románica, de Xoan Martínez Tamuxe sobre a inquisición no Baixo Miño, de Xavier Añoveros sobre Francisco Rodríguez Caballero, primer alcalde constitucional de Tui, “la imagen artística de la frontera Tui- Valença”, firmado por Suso Vila, e outros traballos de Miguel Ángel González, Avelino Bouzón e Carlos Pérez Fonterosa.
Javier Añoveros remarcaba a necesidade de que unha cidade como Tui conte cunha publicación cultural, e aseguraba que esta revista de estudos tudenses cumpre ese obxectivo. O concelleiro de cultura Eduardo Freiría, presente tamén neste acto, expresaba a necesidade de publicar traballos de divulgación histórica pero que sexan accesibles para o público en xeral máis aló do especialistas.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, se congratulaba pola publicación da revista e agradecía o traballo dos fundadores do Instuituto e da actual Xunta Directiva. Ofrecía tamén o apoio do concello para seguir adiante coa súa edición.
Nos cinco número de Castellum Tyde téñense publicado un total de 52 artigos que ocupan máis de 1.000 páxinas, todos centrados na historia de Tui e o Baixo Miño.
O Instituto de Estudos Tudenses en colaboración co Concello de Tui distribuirá a publicación por distintas entidades e bibliotecas ademáis de reservar algúns exemplares que estarán a disposición dos interesados no concello.
Festival Arraianos
Data: 31/08/2018
Lugar: Conxunto histórico
Do venres 31 de agosto ao domingo 2 de setembro celébrase en Tui o Festival Arraianos, unha viaxe no tempo cara ao pasado da man dunha científica tola que crea unha máquina que por erro abre unha brecha temporal.
Na fin de semana haberá Visitas teatralizadas, Ruta dos petiscos medievais, A Conquista do Miño, Ceas de Taberna, Mercado Arraianos, conferencias, Medieval Zombie, ... polas rúas do conxunto histórico de Tui.
terça-feira, 28 de agosto de 2018
"Tralas pegadas do tempo"
Os participantes da segunda xornada das visitas "Tralas pegadas do tempo" puideron comprobar como a tecnoloxía mellorou as condicións de vida a través da caza e para iso experimentaron as diferenzas empregando a lanza con e sen propulsor.
Despois iniciouse a ruta. Primeiro nos petróglifos da Macoca e Camiño do Raposo onde ademáis de explicarse o contexto histórico da idade do bronce, os visitantes puideron observar de primeira man cales son as principais ameazas ás que se enfrontan os petróglifos.
Posteriormente subiuse ata o Alto dos Cubos onde se tivo a oportunidade de coñecer as estructuras castrexas e modo de vida da sociedade da idade do ferro.
Roi Rodríguez, quinto en k1 1.000 metros, y Rubén Millán, tercero en k4- 1.000
Roi Rodríguez Huertas, palista del Kayak Tudense Axudas Paramos, terminó en quinta posición en el Campeonato del Mundo en la modalidad de K-1 1.000 metros. Se quedó a menos de dos segundos de estar en el podio. El portugués Fernando Pimenta, que era uno de los grandes favoritos,fue el ganador. Por otro lado, Rubén Millán, también del Kayak Tudenese, logró la medalla de bronce en K-4 1..000 metros.
Fue una regata marcada por la igualdad y también por la presencia de numerosos aspirantes al triunfo final. Roi Rodríguez, después de regular su esfuerzo en la semifinal, acudió a la cita con buenas sensaciones anteriores. Su lugar en la calle dos también invitaba al optimismo.
Así se confirmó durante 750 metros. Llegó a ser líder en algún momento, pero se movió con relativa facilidad entre el segundo y tercer puesto. Mientras tanto, los demás rivales se marcaban entre ellos. En el tramo decisivo emergió la figura de Fernando Pimenta, con el que Roi Rodríguez compartió varios entrenamientos, para llevarse una victoria emotiva. Max Rendschmith sorprendió por la calle ocho. El alemán se metió en la lucha y alcanzó el segunmdo lugar. El emblemático Josef Dostal, de la República Checa, terminó tercero.
Roi Rodríguez cierra una temporada excepcional. Además de ser quinto del Mundo en K-1 1.000 metros, también brilló en el Campeonato de Europa y logró cuatro medallas en las dos Copas del Mundo. Al mismo tiempo, logró establecer un nuevo registro mundial en la distancia.
Rubén Millán, del Kayak Tudense Axuda Paramos, Francisco Cubelos, Pelayo Roza e Íñigo Peña, fueron terceros en K-4 1.000 metros. El equipo alemán logró la primera posición y los eslovacos fueron segundos. Los españoles protagonizaron un regata irregular. Su salida fue buena y ocuparon incluso en primer lugar. Sin embargo, cedieron en el parte central de la regata y se recuperaron de forma espectacular en la parte final.
Por otro lado, Sául Craviotto y Cristian Toro fueron segundos en K-2 200 metros. A los actuales campeones olímpicos de esta distancia les penalizó una nefasta salida. Mark Balaska y Balazs Birkas, de Hungría, fueron los triunfadores.
in Telemariñas
Investigan por estafa a una conductora de Tui implicada en un accidente de tráfico
Efectivos del Subsector de Tráfico de la Guardia Civil de Pontevedra investigaron penalmente a una conductora por un supuesto delito de estafa después de haber sufrido un accidente de tráfico.
Según se pudo averiguar, la tudense falsificó los datos aportados en el parte del accidente para poder reclamar las indemnizaciones económicas que les pudiesen corresponder.
Los hechos investigados por el GIAT (Grupo de Investigación y Análisis de Tráfico) perteneciente al Subsector de Tráfico de la Guardia Civil de Pontevedra tuvieron lugar el pasado mes de marzo en un vial en el municipio de O Porriño.
Un Citroën AX colisiona con un Volskwagen Golf, resultando el primero con importantes daños materiales y lesionados sus dos ocupantes. En el Citroën viajaba una vecina de Tui de 43 años que se declara como conductora, acompañada de su hijo de 26 años.
Tras las investigaciones realizadas por el GIAT se pudo averiguar que el vehículo lo conducía el joven de 26 años que carecía del correspondiente permiso de conducción, dando lugar a su investigación penal por un delito contra la seguridad vial. Por su parte, la madre fue notificada, también como investigada, por un delito de estafa.
Fuente: Guardia Civil.
In: Telemariñas
segunda-feira, 27 de agosto de 2018
Mañá preséntase o número 5 da revista Castelum Tyde
Mañá martes, 28 de agosto, ás 12h no salón de sesións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do número 5 da revista Castelum Tyde promovida polo Instituto de Estudos Tudenses.
A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, o presidente do Instituto de Estudos Tudenses, Javier Añoveros, a vicepresidenta Marta Cendón, e o secretario, Rafael Sánchez Bargiela.
domingo, 26 de agosto de 2018
A próxima semana incorpóranse un arquitecto e un traballador social ao Centro de Afectados en Guillarei
Na primeira semana de setembro rematarán os traballos de desamiantado
A próxima semana se incorporará novo persoal ao Centro de Afectados en Guillarei. Trátase dun arquitecto e dunha traballadora social contratados polo concello de Tui para reforzar a atención aos afectados no eido urbanístico e social. Logo de rematado o proceso de selección finalmente será nos primeiros días da próxima semana cando este persoal comece a atender aos afectados de luns a venres de 9 a 14h. Onde continúan a traballar o xerente urbanístico da catástrofe, a traballadora social, unha auxiliar administrativa, unha asesora fiscal e un experto en seguros.
Mentres tanto continúan os traballos de desamiantado e retirada de cargas sobre forxados e apuntalamentos de seguridade da zona afectada pola explosión do pasado 23 de maio, nos que se teñen retirado xa 250 toneladas de amianto, prevéndose chegar ás 300 toneladas. A isto súmanse 90 m3 de lixo procedente de enseres inservibles e outros 90 m3 de madeira queimada e restos das canas dos fogos artificiais. Estes traballos está previsto que rematen na primeira semana de setembro.
Por outra parte está ultimándose o proxecto de xestión de residuos que poderá estar concluído a próxima semana, sendo este documento o paso previo para acometer o desentullo da zona, agardando que o goberno central cumpra o seu compromiso verbal nese senso.
sábado, 25 de agosto de 2018
sexta-feira, 24 de agosto de 2018
Explosión en Tui | Paramos exige soluciones tres meses después de la tragedia
La explosión de un almacén ilegal de material pirotécnico acabó con la vida de un matrimonio, dejó huérfanos a dos menores e hirió a 37 personas, además de cuantiosos daños materiales
Tres meses después de que una nave ilegal con material pirotécnico saltase por los aires en Tui, los vecinos afectados por aquella devastadora explosión se han concentrado para exigir soluciones. A los pies de la zona cero, en Paramos, con la Asociación de Afectados Paramos-Guillarei al frente, los damnificados hacen una llamada a las autoridades para que agilicen el desescombro y se pueda desbloquear la recuperación de las casas; faltan además arquitectos para redactar memorias de valoración y solicitar subvenciones y lamentan el pago en la renta de un 30 o 40% de IRPF por las ayudas de la Xunta, entre otras cuestiones. El colectivo ha leído un manifiesto en el que recuerda por lo que están pasando tres meses después.
"Non desistiremos de levantar cada pedra das que agora nos rodean e de que polo barrio da Torre volvan a pasear os nenos en bicicleta. Por iso seguimos unidos nesta loita e nos reunimos hoxe aquí: queremos recordarlle a todos que para nós o reloxo segue parado nas 16:23 e que aínda necesitamos moita axuda para que ese reloxo volva a andar. Non queremos caer no esquecemento porque aquí aínda está todo por facer", han expuesto hoy los vecinos y demás afectados. Así, explican: "Temos axudas económicas, si, pero son insuficientes para quen quedou sen casa, sen recordos, sen nada. E para o ano teremos que devolver na declaración da renta auténticas barbaridades... Queremos que todos saiban da nosa precaria situación: moitos veciños renuncian ás axudas ás que teñen dereito por non ser quen de afrontar tales pagos, e moitos outros poderían perdelo todo se non o consiguen e o Estado os embarga. Tamén hai casos de xubilados con pensións non contributivas que as van perder, ou pensións con complemento a mínimos que perderían tales complementos. E non o podemos permitir!".
Además, han reiterado sus exigencias a las cuatro administraciones: Concello de Tui, Diputación, Xunta y, sobre todo, Gobierno central. "O principal foco de atención queremos polo en Madrid: a declaración de 'zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil' é vital para nós e solucionaría moitos dos problemas aos que nos enfrontamos, como por exemplo, a exención fiscal para as axudas. Dinnos que non hai encaixe legal, por non tratarse esta dunha catástrofe natural, e nós dicímoslles que son eles os que deben buscar ese encaixe. Seguiremos pedíndoo ata conseguilo", afirman en el comunicado.
El siniestro acabó con la vida de un matrimonio que dejó huérfanos a dos menores, hirió a 37 personas, destruyó totalmente 31 viviendas, dejó 86 casas con graves problemas en sus estructuras y otras 311 dañadas, además de dañar a diversos niveles 66 vehículos.
in Faro de Vigo
quinta-feira, 23 de agosto de 2018
Tui, la puerta de entrada del sur
Tui, una de las capitales del antiguo Reino de Galicia, protagoniza la guía del viernes
Solo la zona vieja de Santiago gana en extensión al casco monumental tudense. La localidad conserva intramuros la huella de su capitalidad de provincia del Reino de Galicia. Sus calles empedradas atesoran joyas arquitectónicas como la catedral de Santa María o la muralla medieval. La puerta de entrada a la comunidad de los peregrinos que se dirigen a Compostela a través del Camino Portugués es la protagonista del número que se entrega gratis este viernes con La Voz dentro de la serie Un día en.
Tui aspira a compaginar su condición de ser la frontera más antigua de Europa con afianzarse como un punto abierto al cruce de caminos. «Una ciudad separada por un río», como definieron en el 2012 la alianza entre la localidad pontevedresa y Valença. Su conjunto histórico está declarado bien de interés cultural. Es uno de los imprescindibles en un recorrido por la villa de O Baixo Miño. El paseo fluvial, flanqueado por la muralla y el río, el balneario de Caldelas o el ambiente cosmopolita de sus terrazas con vistas a Portugal son otros de los motivos para perderse por aquí cualquier día.
in La Voz de Galicia
Solo la zona vieja de Santiago gana en extensión al casco monumental tudense. La localidad conserva intramuros la huella de su capitalidad de provincia del Reino de Galicia. Sus calles empedradas atesoran joyas arquitectónicas como la catedral de Santa María o la muralla medieval. La puerta de entrada a la comunidad de los peregrinos que se dirigen a Compostela a través del Camino Portugués es la protagonista del número que se entrega gratis este viernes con La Voz dentro de la serie Un día en.
Tui aspira a compaginar su condición de ser la frontera más antigua de Europa con afianzarse como un punto abierto al cruce de caminos. «Una ciudad separada por un río», como definieron en el 2012 la alianza entre la localidad pontevedresa y Valença. Su conjunto histórico está declarado bien de interés cultural. Es uno de los imprescindibles en un recorrido por la villa de O Baixo Miño. El paseo fluvial, flanqueado por la muralla y el río, el balneario de Caldelas o el ambiente cosmopolita de sus terrazas con vistas a Portugal son otros de los motivos para perderse por aquí cualquier día.
in La Voz de Galicia
Os petróglifos da Macoca e o Castro do Alto dos Cubos centrarán este venres a segunda visita “Tralas pegadas do Tempo”
A cita será ás 20.30h na zona infantil da Macoca onde haberá un obradoiro de caza
Este venres celébrase a segunda visita do programa “Tralas pegadas do tempo” organizada pola concellería de Patrimonio e Cultura. Tras o éxito da primeira xornada con corenta participantes, este venres realizarase a Ruta petróglifos da Macoca e Alto dos Cubos.
O punto de encontro será ás 20.30h na area infantil da Macoca en Pazos de Reis, onde como actividade experimental ser realizará un obradoiro de caza. A continuación realizarase un percorrido polos petróglifos da Macoca, o camiño do Raposo e finalmente o Castro do Alto dos Cubos ou de Francos. Unha arqueoloxía moi descoñecida e incluso boa parte, aínda por descubrir xa que se considera que so coñecemos un 0,5% do xacemento.
Ofértanse 50 prazas para esta visita sendo preciso inscribirse por Whatsapp no número 610 70 34 88.
A terceira visita será o 8 de setembro pola ruta dos petróglifos de Rachadón e as Mámoas da Chan do Tetón, en Malvas. A derradeira será o sábado 15 de setembro ás Mámoas de Chan Longa e ao recinto amurallado do Monte Aloia.
quarta-feira, 22 de agosto de 2018
Subscrever:
Mensagens (Atom)