Mostrar mensagens com a etiqueta "Biblioteca Municipal de Tui". Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta "Biblioteca Municipal de Tui". Mostrar todas as mensagens

quarta-feira, 19 de outubro de 2011

A BIBLIOTECA MUNICIPAL ORGANIZA UN PROGRAMA DE ACTIVIDADES ARREDOR DO 24 DE OUTUBRO “DIA DA BIBLIOTECA”


Encontro con Neira Vilas, tertulia con Víctor F. Freixanes e Marga do Val, presentación do libro de M. Vázquez de la Cruz e contacontos integran o programa
A Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza a “Semana da Biblioteca”, arredor da celebración o vindeiro luns, 24 de outubro, do “Día da Biblioteca”, que abrangue un amplo programa de actividades centradas na promoción do libro e a lectura.
Este programa comprende as seguintes actividades
-          Luns 24 de outubro, Día da biblioteca, “Maratón sobre Memorias dun neno labrego” coa presenza de Xosé Neira Vilas no Teatro Municipal:
o       12,00 h. para Primaria
o       16,30 h. para Secundaria e Bacherelato
-          Martes 25, presentación do libro de Manuel Vázquez de la Cruz: “O punteiro”, 20,00 horas – Sala Felix Rodríguez
-          Mércores 26, contacontos e kamishibai na Biblioteca ás 17,30 h.
-          Xoves 27: tertulia cos Premios da Critica 2010 en lingua galega: Victor F. Freixanes e Marga do Val – 20,00 h. Sala Felix Rodríguez

sexta-feira, 16 de outubro de 2009

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI PROGRAMA PARA “O DIA DA BIBLIOTECA” E A SÚA PÁXINA WEB

O Concelleiro de cultura do Concello de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, presentou esta mañá a programación preparada póla Biblioteca Municipal tudense para a celebración, ao longo da vindeira semana, do “Día da Biblioteca” así como a páxina web deste servizo bibliotecario accesible dende o día de hoxe.
A celebración do “Día da Biblioteca”, sinalou o concelleiro, é unha iniciativa da Asociación Española do Libro Infantil e Xuvenil que dende 1997 ven promovendo esta celebración para a difusión do importante papel que cumpren as bibliotecas no desenvolvemento social das persoas e das colectividades. 
Co gallo desta celebración, o 24 de outubro, a Biblioteca Pública Municipal de Tui ten preparado un programa de actividades que tenta ofrecer unha promoción da lectura e da oferta das bibliotecas para os diversos segmentos sociais e de idade, que foi presentado pólo técnico da Biblioteca tudense, Rafael Sánchez Bargiela.
Así o programa ábrese o vindeiro mércores 21 de outubro cunha sesión de contacontos para adultos a cargo da compañía “Tropa de Trapo” que representará o seu espectáculo “A hora azul”. Son catro contos que veñen de Marrocos, de Alxeria, da Galicia… de calquera parte do mundo e de todas á vez. Contos de mulleres que non se renden, da emigración, do deserto, do realismo máxico da Galicia máis surrealista. Historias ao son da guitarra portuguesa, do laúde árabe, da darbouka, do caixón flamenco, das karkaba, etc. Esta actividade forma parte do programa Letras Vivas que promove a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo.
Continua o programa o xoves 22 de outubro, tamén ás 17,30 horas cando haberá unha proxección de cinema de animación vinculado ao mundo do libro e da lectura e dirixida aos nenos e nenas da nosa localidade.
Para o venres 23 de outubro de 17,30 a 19,00 horas está previsto un obradoiro de iniciación á banda deseñada, dirixido a rapaces e mozos a partir dos 10 anos. Este obradoiro está dirixido por Jacobo Fernández Serrano, recente gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil 2009. Jacobo é ben coñecido polo seu traballo como ilustrador e autor de cómic (gañou o Premio Castelao de Banda Deseñada en 2007 con Aventuras de Cacauequi e este ano estivo nomeado ao mellor autor revelación no Saló del Còmic de Barcelona), mais xa publicara dous libros infantís escritos e ilustrados por el: A Gardería de Dona Bixelmina (Edicións Xerais, 2005) e A pedra e as formigas (Edicións Xerais, 2006). Ten publicados ademais os álbums de BD Os amigos de Archimboldo Roque (Faktoría K, 2007) e El origen de Marcopola (Bang Ediciones, 2009). Esta actividade forma parte do programa Letras Vivas que promove a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Conselleria de Cultura e Turismo.
Finalmente o sábado 24 de outubro, día da Biblioteca, haberá unha sesión de contacontos para nenos e nenas de ata 8 anos e os seus pais a cargo de Mabel Pérez. Esta sesión terá lugar ás 12,00 horas e conta co patrocinio da Editorial Galaxia.
Por outra banda, na devandita rolda de prensa foi tamén presentada aos medios, por Cristina Sanjurjo, a páxina web da Biblioteca Pública Municipal de Tui, que posibilitará que este servizo bibliotecario poda achegarse aínda máis aos seus usuarios e a todos os cidadáns. Nesta páxina web podemos ter acceso ao catálogo da biblioteca, á consulta da súa programación de actividades, actos culturais do concello, novidades, etc. Tamén hai á disposición dos internautas información diversa sobre á cidade e o seu entorno. Ademais con esta ferramenta os usuarios poderán facer algúns trámites como a reserva de instalacións ou a organización de visitas en grupo á Biblioteca Municipal. 
Para acceder a este servizo, os internautas deben dirixirse ó enlace www.biblioetcaspublicas.es/tui/index.jsp ou sinxelamente entrando na páxina: www.bibliotecaspublicas.es é escribindo no menú o nome da localidade: “Tui”. Esta páxina, que estará accesible a vindeira semana, é realizada grazas ao apoio da Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura, que ten facilitado aos bibliotecarios tudenses o correspondente programa xerador desta sede web.

quarta-feira, 1 de abril de 2009

Biblioteca Municipal de Tui - Abril Mes dos Libros

Ao longo dos meses de abril e maio a Biblioteca Municipal de Tui desenvolve o “Mes do libros”, que se desenvolve en colaboración co programa “Letras Vivas” da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
O programa comeza mañá 2 de abril, día internacional do libro infantil e xuventil –en lembranza da data de nacemento de Hans Cristian Andersen- cunha actividade dirixida aos activos a cargo de Tusitala contacontos, denominada “Os contos da Vía Láctea”. Este espectáculo será ás 18,00 horas.
Entre os obxectivos que se marca a Concellería para este centro bibliotecario está o incremento de usuarios e especialmente do préstamo de libros.
Para acadar o primeiro obxectivo na programación presentada hoxe abordase por vez primeira actividades para adultos e para mozos. Así o 22 de abril haberá unha sesión de contacontos para adultos a cargo da actriz Charo Pita, titulada “Mulleres de palabra”. En canto aos mozos a principios de maio será creada unha pequena sección de comics na Biblioteca e para lanzar esta sección haberá unha actividade denominada “Obradoiro Express de banda deseñada” a cargo do ilustrador Gochi o vindeiro 8 de maio.
Igualmente seguiras as actividades de animación á lectura dirixidas aos nenos e nenas:
23 de abril, día do libro, lectura de capítulos do Quijote por xentes da vida social tudense
24 de abril, Ulalume contacontos co espectáculo “O libro dos libros”
14 de maio: Pavís Pavós, co seu contacontos “Había unha vez…”
Por outra banda, a Biblioteca prepara para o mes de maio unha exposición que baixo o nome de “Tui escrébese en versos” amosará unha escolma de poemas dedicado a Tui por diversos autores en lengua galega e castelán que iran acompañadas por imaxes da nosa cidade.
En relación ao seguno obxectivo, incrementar o número de prestámos, o Concello en colaboración coa Consellería de Cultura e Deporte e o Ministerio de Cultura, está facendo un esforzo para mellorar e actualizar os fondos bibliográficos. Así no primeiro trimestre de 2009 foron incorprados 580 novos titulos (418 para adultos e 162 para nenos) superando a colección da biblioteca os 27.000 rexistros. E así nestres tres primeiros meses do ano foron emprestados un total de 1.153 libros (563 de adultos e 590 infantís) que resultan escasos para o fondo que posue a Biblioteca Municipal. Sinalou tamén o concelleiro como a Biblioteca ten 904 persoas inscritas no servizo de acceso a Internet, delas 93 inscritas neste primeiro trimestre. Neste sentido lembrou que o catálogo da Biblioteca está accesible en Internet na páxina da Rede de Bibliotecas de Galicia (www.rebgalicia.org) e agardamos que axiña a Biblioteca posua súa propia paxina web.

segunda-feira, 23 de março de 2009

“O BAUL DAS PALABRAS MÁXICAS”

“O BAUL DAS PALABRAS MÁXICAS” COA ILUSTRADORA ANXELES FERRER O VINDEIRO MARTES NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI
A Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza para o vindeiro martes 24 de marzo, ás 17,30 horas, unha actividade conmemorativa do “Día Mundial da Poesía” dirixida aos usuarios dos primeiros cursos de Educación Primaria.
Trátase do obradoiro titulado “O baúl das palabras máxicas” a cargo da ilustradora Anxeles Ferrer. Natural de Ourense leva moitos anos resindindo en Tui e no Baixo Miño e, na actualidade, é unha das ilustradoras galegas máis acreditadas. Amáis ten sete libros dirixidos aos rapaces, logrando importantes recoñecementos: o seu libro “O señores meses” (2000) foi preseleccionado para a lista de honra do IBBY ou “O grilo Gastón” foi escollido pola Fundación Germán Sánchez Ruiperez entre os mellores do ano 2003-2004 ou no 2006-2007 o seu libro “Tres princesas namoradas”.

quarta-feira, 3 de dezembro de 2008

Biblioteca de Valença tem meio milhar de utentes galegos

Um em cada quatro dos que requisitam livros é espanhol, daí a aposta em publicações galegas

A Biblioteca Municipal de Valença é cada vez mais procurada por espanhóis, nomeadamente galegos. Mas os valencianos também podem requisitar livros em Tui, graças a uma parceria entre as duas autarquias.
A Biblioteca Municipal de Valença tem, actualmente, meio milhar de utentes galegos inscritos, oriundos na sua esmagadora maioria de Tui e localidades vizinhas mais próximas da fronteira. Num universo de 2184 de registos de pessoas que utilizam os serviços da biblioteca e requisitam livros a título de empréstimo, 472 são residentes na Galiza, quase 25 %.
A crescente procura dos galegos por aquele espaço, a que se associa também a deslocação do Bibliomóvel de Valença (serviço de biblioteca itinerante destinado principalmente a crianças e jovens) uma vez por mês ao outro lado da fronteira, deu origem a uma parceria com o Ayuntamiento de Tui, com o objectivo de os portugueses poderem também usufruir livremente da biblioteca pública daquela localidade galega.
"Este intercâmbio vem reforçar a afirmação e o conhecimento da literatura portuguesa na Galiza, bem como proporciona aos valencianos um contacto, mais próximo, com a vasta produção literária da Galiza", considera o presidente da Câmara Municipal de Valença, José Luís Serra, cuja posição encontra eco nos seus parceiros de Tui.
O Conselheiro da Cultura Tudense, Moisés Rodríguez Pérez, entende que "esta medida sublinha o novo carácter empreendedor da biblioteca tudense que tenta abrir novos espaços de promoção da leitura e de aproximação às diversas sensibilidades culturais que existem na nossa cidade", disse ao JN.
Fruto da dinâmica que se vem cimentando entre as referidas duas unidades públicas portuguesa e galega, e para dar resposta à procura crescente dos galegos pelos seus serviços, a Biblioteca Municipal de Valença vem somando ao seu espólio publicações em galego.
Segundo dados a que o Jornal de Notícias teve acesso, a Biblioteca de Valença tem, actualmente, disponíveis para consulta e requisição cerca de 29 mil monografias, das quais 270 são galegas.
Aos seus serviços acorrem em média 83 pessoas por dia e dali saem para empréstimo cerca 520 publicações por mês, sendo que uma boa parte delas é requisitada por interessados proveniente da Galiza.
O serviço de Bibliomóvel é prestado oito vezes por mês a escolas básicas e jardins de infância do concelho, e uma delas às escolas de Tui.
In Jornal de Notícias

sexta-feira, 28 de novembro de 2008

Livros Passam a Fronteira

Bibliotecas Valença e Tui fazem Intercâmbio Fundos Bibliográficos
A Câmara Municipal de Valença e o Ayuntamiento de Tui (Galiza) estão a desenvolver uma parceria de dinamização das respectivas bibliotecas municipais que implica o intercâmbio de fundos bibliográficos.

Com este intercâmbio a Biblioteca Municipal de Tui passa a dispor, a título de empréstimo, de lotes de livros sobre literatura portuguesa e a Biblioteca de Valença de literatura galega e castelhana.
Para o Presidente da Câmara, Dr. José Luís Serra “este intercâmbio vem reforçar a afirmação e o conhecimento da literatura portuguesa na Galiza, bem como proporciona aos valencianos um contacto, mais próximo, com a vasta produção literária da Galiza”.
Para o Conselheiro da Cultura Tudense, Moisés Rodríguez Pérez, “esta medida sublinha o novo carácter empreendedor da biblioteca tudense que tenta abrir novos espaços de promoção da leitura e de aproximação às diversas sensibilidades culturais que existem na nossa cidade”.
Este intercâmbio, entre as duas bibliotecas municipais, pretende dar resposta a um crescente interesse do público valenciano pela literatura galega e do tudense pela literatura portuguesa.
Os livros disponibilizados por este intercâmbio podem ser consultados nas duas bibliotecas como podem ser objecto de empréstimo domiciliário.
É intenção do Ayuntamiento de Tui e da Câmara Municipal de Valença aprofundar este intercâmbio entre as duas bibliotecas e leva-lo até às mais diversas actividades culturais.

quarta-feira, 5 de novembro de 2008

A BIBLIOTECA MUNICIPAL TUDENSE DISTINGUIDA POR TERCEIRO ANO CONSECUNTIVO NOS PREMIOS “MARIA MOLINER”

A Biblioteca Pública Municipal de Tui vén de resultar distinguida cun dos premios que concede o Ministerio de Cultura, a Federación Española de Municipios e Provincias e a Fundación “Coca-Cola” España que baixo o nome de Premios “María Moliner”, realizan anualmente unha convocatoria para recoñecer o traballo das bibliotecas de toda España, en municipios menores de 50.000 habitantes, en animación á lectura, labor bibliotecario e integración social.

Este é o terceiro ano consecutivo no que a Biblioteca Municipal tudense resulta galardoada neste certame, destacando o feito de que o pasado ano 2007 esta Biblioteca tudense acadou unha “mención especial” na categoría de labor bibliotecaria. Deste xeito recoñécese o importante pulo experimentado polo centro bibliotecario tudense nos últimos anos, nos que está traballando con intensidade na extensión bibliotecaria e na promoción do libro e a lectura entre os veciños de Tui.
De entre os 557 proxectos presentados por outras tantas bibliotecas de toda España foron seleccionados un total de 350 proxectos como premiados, deles 29 de Galicia e once da provincia de Pontevedra.
Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, este novo recoñecemento ao labor que desenvolve a biblioteca municipal tudense avala o traballo que nos últimos tempos realiza este centro bibliotecario no que abriu unha nova dinámica de promoción da lectura pública como unha ferramenta básica para o desenvolvemento persoal e social. Moisés Rodríguez felicítase deste premio que anima ao persoal da Biblioteca Pública Municipal e á propia Concellería de Cultura a continuar nesta liña de traballo. Igualmente aproveita para felicitar á Biblioteca Municipal de Ortigueira polo primeiro premio acadado nesta XI edición dos premios “María Moliner”.

quinta-feira, 23 de outubro de 2008

A BIBLIOTECA MUNICIPAL CELEBRA O “DIA DA BIBLIOTECA” CON ACTIVIDADES O VENRES E SÁBADO

A Biblioteca Pública Municipal de Tui súmase ás celebracións que en toda España desenvolvense en torno ao “Día da Biblioteca” que se conmemorá mañá 24 de outubro con diversas actividades, dirixidas especialmente aos cativos.

En concreto as actividades programadas son as seguintes:
- Venres 24 de outubro, ás 17,30 h proxección dunha película infantil vencellada a unha obra literaria
- Sábado 25 de outubro, ás 12,00 h., actuación de Migallas Teatro coa súa obra “Cantacontos”. En "Cantacontos" os contos tradicionais ou de creación propia son arrequentados con cancións, música ou sons que contribúen a espertar emocións nos nenos e nenas. Todos os contos tratan cuestións próximas ós/ás nenos/as e convídanos a participar no seu desenlace. As cancións complementan os seus contidos.
Para o responsable da Concellería de Cultura do Concello de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, a Biblioteca Municipal con estas novas actividades continúa a ofrecer unha intensa dinámica de achegamento aos diversos sectores sociais (especialmente aos nenos e nenas) cunha oferta diversificada: actividades, club de lectura, exposicións, etc.
Tamén está previsto que ao longo da semana fique operativa a Opac da Biblioteca tudense. Opac son as siglas inglesas de Online Public Access Catalog ou Catálogo automatizado de acceso público aos fondos da biblioteca. Xa é posible consultar o catálogo a través de internet (http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=PBM067), e nos vineiros días a través dunha terminal na propia biblioteca. Con esta mellora se superan os catálogos tradicionais de fichas en papel e a Biblioteca tudense está aberta ao acceso e consulta dos seus fondos dende calquera terminal de ordenador.
Cabe lembrar que na Biblioteca Municipal tudense existe un servizo de acceso (libre e gratutito) ás novas tecnoloxias, por medio de cinco ordenadores fixos e por un sistema wifi. Deste xeito a Biblioteca garante o acceso ás novas canles de información e comunicación dos cidadáns de Tui.
A celebración do “Día da Biblioteca” naceu no ano 1997 para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores coa cultura e como un instrumento de mellora da formación e da convivencia humana. Neste ano a mensaxe conmemorativa deste “Día da Biblioteca” está realizada polo escritor galego Agustín Fernández Paz co título “Onde hai unha biblioteca hai unha luz” onde afirma entre outras cousas: “Percorre todos os recantos desta casa da liberdade, respira este aire que non sabe de fronteiras, déixate levar polo río de recendos que anuncia os tesouros da biblioteca”.

quarta-feira, 15 de outubro de 2008

MAÑA XOVES CONTACONTOS CO KAMISHIBAI CON MARISA IRIMIA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI

Mañá xoves, 16 de outubro, a Biblioteca Pública Municipal de Tui comeza as actividades programadas para a celebración do “Día da Biblioteca” (que se conmemora anualmente o 24 de outubro) coa presenza da ilustradora e contacontos Marisa Irimia que desenvolverá unha sesión de “Kamishibai” ou contacontos a través dun teatriño xaponés.