sábado, 31 de agosto de 2019
Nova Ecopista junto ao rio e novo trilho com passadiços e uma casa na árvore para breve em Valença
Ecovia das Veigas do Rio Minho
Um novo corredor verde, as Veigas do Rio Minho, com 5,6 Kms, está a nascer em Valença, junto ao rio Minho, nas freguesias de Valença, Ganfei e Verdoejo.
As Veigas do Rio Minho são um percurso complementar à Ecopista do Rio Minho e pretendem aproximar esta via emblemática ao rio. O percurso começa no Cais, em Valença e segue paralelo ao rio até Verdoejo, com ligação à Ecopista existente.
Este percurso criou miradouros privilegiados para Tui (Galiza), com passagem no banco de areia de Arinhos, ilhotas, parque de merendas, cais e Pesqueira dos Frades em Ganfei, parque de merendas, ilhas de Ranhão e do Conguedo e lagoa do rio Novo em Verdoejo, até à atual Ecopista.
Passadiços e Casa na Árvore no Mosteiro de Sanfins
Um circuito interpretativo, com passadiços, casa da árvore, pergulas de leitura, binóculos panorâmicos, observatórios de avifauna, parque infantil e de merendas e pontos de descanso em lagos está a nascer na Quinta do Mosteiro de Sanfins.
O percurso percorrerá, também, a Igreja Românica, as ruínas, a Capela da Senhora do Loreto, as fontes e o moinho. Todo um mundo natural e patrimonial encantado e singular que, em breve, estará apto a ser desfrutado.
Potenciar o Turismo de Natureza
Com estes dois novos investimentos a Câmara Municipal de Valença pretende reforçar a aposta no turismo de natureza proporcionando mais atrativos de entretimento, lazer e interpretação a quem visita o concelho e região.
sexta-feira, 30 de agosto de 2019
Tui Peregrinos de cuatro patas en busca de una familia
En la asociación Pontepatas lo tienen claro. La mejor forma para promover la adopción es sacando a los perros de las protectoras y acercándolos a sus potenciales familias. Con este objetivo este año organizarán la segunda peregrinación a Santiago. La salida está marcada para el mes de septiembre desde la catedral de Tui, desarrollándose durante todos los domingos de este mes hasta el primero de noviembre.
En la iniciativa participarán unos treinta perros, siete de ellos procedentes de la protectora Os Palleiros a los que “esperamos encontrar un adoptante. El año pasado, que fue la primera vez que hicimos el Camino de Santiago, llevamos dos y ambos encontraron familia, por lo que queremos repetir la experiencia”, explica Lisi Fernández, una de las responsables de la asociación.
Además, este año, los peludos también contarán con sus propias Compostela canina que sellarán a lo largo de todo el Camino, algo que “ha dado mayor interés a esta iniciativa”. La peregrinación surge “en uno de los paseos que el grupo organiza los fines de semana para pasear a los perros”. Una actividad que realizan en zonas “en las que sepamos de antemano que no vamos a molestar y que ellos pueden ir sueltos disfrutando del recorrido”, comenta Lisi, una de las pioneras de esta asociación que hoy en día aglutina a una treintena de personas de diferentes puntos de la provincia.
“Nuestra idea es demostrar a todos los peregrinos con los que nos encontremos que estos perros procedentes de protectoras son fieles, leales, educables y grandes compañeros”, asegura convencida de que al igual que sucedió el primer año, en esta nueva aventura lograrán familias para los siete perros de Os Palleiros, de Pontevedra, de los que dos son perros de raza PPP.
La asociación cuenta en la actualidad con una treintena de socios, entre ellos cinco juniors, que junto a sus perros “organizamos a lo largo del año diferentes rutas que podemos disfrutar con nuestros perros y en la que también vienen los más jóvenes, que así pueden aprender a respetar a los animales y la naturaleza, que es una de las grandes lecciones de vida que pueden recibir”, dice Lisi, que ya se encuentra cerrando los últimos detalles de la peregrinación que comenzarán el próximo domingo 1 de septiembre.
in Atlántico Diário
quinta-feira, 29 de agosto de 2019
A apertura do Mercado Medieval inicia o programa do festival Arraianos
XUSTAS MEDIEVAIS, ESPECTÁCULOS NOCTURNOS, XOGOS DE ROL E VISITAS TEATRALIZADAS FORMAN PARTE DA OFERTA QUE ESTA FIN DE SEMANA SE PODERÁ GOZAR EN TUI
O ambiente medieval toma xa as rúas de Tui e distintos establecementos comerciais preparados para a celebración dende mañá e até o domingo do IV Festival da Cultura Arraiana, Arraianos.
A apertura da trintena de postos do Mercado Medieval nas prazas do Concello, San Telmo, A Estrela e Frómista marcará o inicio desta cita coa historia. A gastronomía e a artesanía centrarán os artigos ofrecidos nos distintos postos onde haberá tamén produtos de bixutería, xoguetes, complementos, decoración e vestimenta medieval. Abrirá o venres de 20 a 00 h, o sábado de 12 a 00h e o domingo de 12 a 22 h, aínda que tanto sábado como domingo está establecido un descanso voluntario dos participantes de 15 a 19 h.
Mañá venres xa dende ás 19 h comezará tamén a animación polas rúas do Conxunto Histórico con música e animación medieval, convidando ao público a achegarse a Arraianos.
Cinco locais de Tui ofrecerán durante o festival – de venres a domingo de 20 a 23 h - un receitario medieval no que poderán degustar as tapas elaboradas para a ocasión ao prezo de 2 €. Será “Pasteis medievais de París” en Puro Sabor (so o venres); “Krépa D’nos” en Tapería Época; “Manxar de Meigas” en El Pórtico, “Camiño de Santiago” en Tapas e Viños, e “Carne ao caldeiro” en O Novo Cabalo Furado.
O cárcere vello acollerá ás 21.30 h as “Ceas de Taberna” na que máis de medio centenar de comensais gozarán das receitas medievais e de Xogos de Tronos. Hai xa días que se venderon as entradas para a cea. Circocido e Asacocirco protagonizarán a “Noite da Donzela”, o primeiro dos espectáculos medievais previstos, a partir das 23.30 h na praza de San Fernando.
Quedan aínda algunhas prazas para a “Conquista do Miño en kaiak” que se vai celebrar o sábado ás 19 h. Dende a praia da Mariña os participantes terán que ir até a vella Ponte Internacional na busca dos lazos de cores que lles darán a vitoria. A inscrición está aberta na web asociacionarraianos.es ou se poden mercar as entradas no posto informativo que a Asociación Arraianos terá na praza do Concello.
Por outra parte o Paseo Fluvial acollerá o sábado ás 20 h o xogo infantil “Mouchos, coruxas, sapos e bruxas” dirixido a maiores de 10 anos.
O xogo de rol “Habelas Hailas”, que terá lugar o sábado ás 22 h, é unha das novidades deste 2019, que ten contado cunha gran aceptación, de feito esgotáronse as 30 prazas ofertadas, e estase a realizar unha lista de agarda que no caso de completar outra trintena de xogadores permitiría levar a cabo unha segunda rolda. Para anotarse nesta lista de agarda os interesados deben enviar un correo electrónico a produccion@asociacionarraianos.es co asunto “Habelas Hailas” e indicando o nome e apelido, idade e teléfono de contacto dos participantes, ou anotarse no posto da asociación organizadora dende mañá. Este xogo de rol ambiéntase no século XIV tras a desaparición do Malleus Maleficarum, coñecido coma o Martelo da Bruxas, e que fora empregado durante moito tempo polos inquisidores para a caza de bruxas. Haberá distintos personaxes que loitarán pola vitoria.
“A Noite das Curuxas” é o título da primeira das visitas teatralizadas previstas, que se vai realizar o sábado ás 23 h con temática de medo – para a que se completaron as prazas - , e tamén do espectáculo que ás 00 h Circocido e Hípica Celta realizarán na praza de San Fernando.
O domingo a programación ábrese ás 12 h no cárcere vello coa conferencia Arraianos a cargo do historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela. A entrada é de balde.
Pola tarde haberá dobre pase da “Visita Teatralizada Arraianos” centrada no mundo viquingo. A participación nestas visitas é limitada e é preciso inscribirse previamente en asociacionarraianos.es ou no posto da asociación. Teñen un prezo de 8 € por adultos, 4 para rapaces e rapazas de 11 a 18 anos, e gratuíta para os menores de 10 anos.
O programa péchase o domingo ás 21h no Paseo Fluvial coa “Noite do escudeiro” que presenta unha serie de espectáculos medievais con combates corpo a corpo, xustas medievais,...
RESTRICIÓNS NO TRÁFICO
Debido á celebración do Festival Arraianos estará prohibida a circulación e o estacionamento dende mañá venres ás 8 h até o domingo ás 23.59 h en Porta da Pía, rúa das Monxas, rúa Seixas, praza de San Fernando, praza do Concello, rúa Sanz, rúa Entrefornos, rúa do Párroco Rodríguez Vázquez, rúa de San Telmo, praza do Pracer, praza da Estrela, praza de Fromista, rúa Lorenzo Cuenca ( ata a rúa Tide), e Praza da Armada. Amais o domingo durante todo o día estará prohibida a circulación e o estacionamento na Baixada ao Embarcadoiro.
Anho no Forno, Uma das Maravilhas Gastronómicas de Portugal, à Mesa em Valença
Anho no forno, com arroz pingado, em alguidar, confecionado nos fornos a lenha, à moda antiga, é um prato consagrado e um autentico manjar dos deuses. No fim de semana de 31 de agosto e 1 de setembro tem a oportunidade de o saborear num festival gastronómico, em Gondomil, Valença.
Festival gastronómico
O Festival Gastronómico Sabores do Anho é o certame mais antigo da região a celebrizar uma receita consagrada e reconhecida por todos os apreciadores. Esta é uma oportunidade única para saborear um prato que é um emblema da gastronomia valenciana e da região.
É um autentico manjar, elaborado por mãos sábias e sempre foi rei das festas grandes das aldeias e dos grandes convívios das famílias.
Os Segredos do Anho no Forno
Banhado com os temperos e os segredos das ervas aromáticas da região, vai a cozer nos tradicionais fornos de lenha.
Apresenta-se à mesa tostado por fora, de carne tenra e suculenta, no típico alguidar oval de barro minhoto, firme nos paus de loureiro. No interior do alguidar resguarda-se o celebre arroz pingado que incorporou os sucos do anho durante a cozedura.
Anhos de Puras Pastagens
Os anhos, preparados para este festival, são criados nas pastagens dos montes e campos locais em pastoreio livre, entre a erva e a carqueja que vão dar um toque único à carne do anho.
Dois Dias de Festa Gastronómica
Durante dois dias é possível saborear o anho no forno, a preços populares e desfrutar de um amplo programa de animação, com musica tradicional portuguesa, estando garantida uma grande festa de sabores. As refeições podem ser saboreadas no sábado 31 de agosto, ao almoço, a partir das 12h e ao jantar e no domingo 1 de setembro ao almoço, também, a partir das 12h.
O Largo de Santa Rita, em Gondomil, é o espaço de acolhimento deste festival gastronómico.
A iniciativa é da Câmara Municipal de Valença, Junta da União de Freguesias de Sanfins e Gondomil e da Associação Cultural de Gondomil.
IV Festival da Cultura Arraiana, Arraianos.
Data: 30/08/2019
Lugar: Tui
Do venres 30 de agosto ao domingo 1 de setembro vaise celebrar o IV Festival da Cultura Arraiana, Arraianos.
Programa:
Venres 30
Ás 21:30 h “Ceas de Taberna” Banquete Medieval
Ás 23:30 h “Noite da Donzela” Espectáculo medieval tradicional
Sabado 31
Ás 19:00 h “A Conquista do Miño” Proba en Kaiaks
Ás 20:00 h “Mouchos, coruxas, sapos e bruxas” Xogo infantil/xuvenil
Ás 22:00 h “Habelas Hailas” Xogo de rol
Ás 23:00 h “Visita teatralizada da Noite das Coruxas”
Ás 00:00 h “Noite das Curuxas” Espectáculo mitos e lendas galegas
Domingo 1
Ás 12:00 h “Conferencia Arraianos” o mundo Viquingo
Ás 18.00 h e ás 19.30 h “Visita teatralizada” o mundo Viquingo
Ás 21:00 h “Noite do Escudeiro” Espectáculo de torneos e cabalerías
quarta-feira, 28 de agosto de 2019
Tui regresa ao medievo da man do Festival Arraianos do 30 de agosto ao 1 de setembro
COMO NOVIDADE CELEBRARASE O XOGO DE ROL “HABELAS HAINAS”. AS VISITAS TEATRALIZADAS E A CONFERENCIA CENTRARANSE NA ÉPOCA VIQUINGA
Tui volverá facer unha viaxe á época medieval do 30 de agosto ao 1 de setembro da man do cuarto Festival da Cultura Arraiana, Arraianos. Cada ano na cidade ábrese un desfase temporal polo que regresa a distintas épocas do pasado debido ás avarías que sofre unha máquina do tempo deseñada por unha científica tola. Así comezou hai catro anos un festival que dende o primeiro momento contou coa involucración da cidadanía, do comercio e da restauración local, e que edición a edición vai gañando adeptos tanto entre tudenses coma entre visitantes.
O festival foi presentado esta mañá na casa do concello de Tui. Un acto no que o alcalde, Enrique Cabaleiro, fixo un recoñecemento público aos promotores do evento encabezados pola súa directora, Andrea Costa, por crear este festival que “era unha das carencias a nivel cultural que tiña o municipio tendo en conta que Tui ten o marco idóneo para un evento desta índole”, dicía. Engadía o rexedor tudense que “a implicación social é fundamental para consolidar un evento desta magnitude” e afirmou que “hai que facer unha aposta decidida e firme se o queremos consolidar”. Facía así un chamamento ao tecido socioeconómico para sumarse ao festival.
A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicou que este é un evento que abrangue cultura e lecer nas rúas do conxunto histórico, que ano a ano vai crecendo.
Mentres Andrea Costa e Víctor Pérez Bugarín foron os responsables da explicar a programación que se poderá gozar do venres 30 de agosto ao domingo 1 de setembro.
MERCADO MEDIEVAL
O Festival comezará o venres ás 20 h coa apertura do Mercado Medieval que se desenvolverá nas prazas do Concello, San Telmo e Fromista. Abrirá o venres de 20 a 00 h, o sábado de 12 a 00h e o domingo de 12 a 22 h, aínda que tanto sábado como domingo está establecido un descanso voluntario por parte dos participantes de 15 a 19 h.
CEAS DE TABERNA E NOITE DA DONZELA
No cárcere vello celebrarase o venres, ás 21.30 h as “Ceas de Taberna” na que os comensais deben ir ataviados da época medieval para poder gozar o menú formado por receitas medievais e inspiradas en Xogo de Tronos: polo ao mel. cenorias salteadas con manteiga. pastel medieval de porco, pastel vexetal, carne á brasa, ensalada de sansa, galletas de mel medievais. mazás asadas e froita, con viño, cervexa, e auga.
O prezo da cea é de 20 € para adultos, 15 € para rapaces e rapazas de 11 a 16 anos, e 10 € para nenos e nenas de 6 a 10 anos. O menores de 5 anos cearán de balde. Existen descontos para grupos de máis de 5 adultos, e familias con máis dun neno. A entradas pódense mercar xa na web de Arraianos. Está limitada a 40 comensais.
Ás 23.30 h na praza de San Fernando celebrarase a “Noite da Donzela” con espectáculos medievais a cargo de Circocido e Asacocirco.
A CONQUISTA DO MIÑO EN KAIAK E XOGO INFANTIL
O sábado, 31 de agosto, ás 19 h celebrarase a carreira popular en kaiaks “A Conquista do Miño”. Na mesma os participantes partirán da praia da Mariña e terán que ir até a vella Ponte Internacional na busca dos lazos de cores que lles darán a vitoria. A inscrición está aberta na web asociacionarraianos.es.
Ás 20 h, tamén no Paseo Fluvial, celebrarase o xogo infantil “Mouchos, coruxas, sapos e bruxas” dirixido a maiores de 10 anos.
XOGO DE ROL HABELAS HAILAS E ESPECTÁCULO NOITE DE CURUXAS
O sábado ás 22 h celebrarase o xogo de rol “Habelas Hailas”, unha das novidades da edición deste 2019. O número de prazas para participar no xogo está limitado a 30, que se cubrirán por orde de inscrición. Os interasados en participar deben enviar un correo electrónico a produccion@asociacionarraianos.es co asunto “Habelas Hailas” e indicando o nome e apelido, idade e teléfono de contacto dos participantes. A participación é gratuíta.
Este xogo de rol ambiéntase no século XIV tras a desaparición do Malleus Maleficarum, coñecido coma o Martelo da Bruxas, e que fora empregado durante moito tempo polos inquisidores para a caza de bruxas.
Ás doce da noite Circocido e Hípica Celta serán os protagonistas dos espectáculos da “Noite das Curuxas” na praza de San Fernando.
VISITAS TEATRALIZADAS E CONFERENCIAS
Están previstas tres visitas teatralizadas. A primeira delas, con temática de medo, será o sábado, 31 de agosto, ás 23 h – en pase único – co título “Noite das Curuxas”. Na mesma percorreranse os recunchos medievais máis escuros da cidade. Xa o domingo, con dobre pase, o primeiro ás 18 h e o segundo ás 19.30 h realizarase a “Visita Teatralizada Arraianos” centrada no mundo viquingo. A participación nas visitas é limitada e é preciso inscribirse previamente en asociacionarraianos.es. Teñen un prezo de 8 € por adultos, 4 para rapaces e rapazas de 11 a 18 anos, e gratuíta para os menores de 10 anos.
O domingo a programación ábrese ás 12h no cárcere vello coa conferencia Arraianos a cargo do historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela.
NOITE DO ESCUDEIRO
O domingo, 1 de setembro, ás 21h celebrarase no Paseo Fluvial a “Noite do escudeiro” que presenta unha serie de espectáculos medievais con combates corpo a corpo, xustas medievais,...
CARACTERIZACIÓN MEDIEVAL
Está aberto o prazo, para os establecementos de Tui, para participar no concurso de Caracterización Medieval, no que competirán pola mellor adaptación medieval da súa vestimenta e dos seus locais. No mesmo valorarase a vestimenta, adaptación do local e orixinalidade. O local gañador obterá o Trofeo de Caracterización. O locais que desexen participar deben enviar un correo a produccion@asociacionarraianos.es co asunto: Caracterización Medieval. O xurado avaliará o venres á mañá os establecemento participantes e o domingo darase a coñecer o ganador.
PROPOSTA GASTRONÓMICA MEDIEVAL
Cinco locais de Tui ofrecerán durante o festival – de venres a domingo de 20 a 23 h - un receitario medieval no que poderán degustar as tapas elaboradas para a ocasión ao prezo de 2 €. Será “Pasteis medievais de París” en Puro Sabor (so o venres); “Krépa D’nos” en Tapería Época; “Manxar de Meigas” en El Pórtico, “Camiño de Santiago” en Tapas e Viños, e “Carne ao caldeiro” en O Novo Cabalo Furado.
terça-feira, 27 de agosto de 2019
El Festival Play-Doc abre el plazo de inscripción de filmes para su decimosexta edición
Se celebrará entre el 29 de abril y el 3 de mayo
El Festival Internacional de Documentales Play-Doc de Tui ya busca los filmes que integrarán la cartelera de su próxima edición, la cual se celebrará entre el 29 de abril y el 3 de mayo de 2020. Las inscripciones están abiertas a películas de todas las duraciones y temáticas -finalizadas a partir de enero de 2019-, aunque la organización del festival dará prioridad a aquellas cuya presentación en Play-Doc suponga un estreno en España.
Cabe destacar que todas las películas inscritas deberán pagar una cuota de inscripción: 5 euros en el caso de cortometrajes y mediometrajes, y 10 euros los largometrajes. Además, la totalidad de los films inscritos serán considerados tanto para la sección oficial como para la no competitiva y será la dirección del festival la que realice dicha selección. Así pues, las películas que compitan finalmente en la sección oficial serán candidatas a un premio en metálico y un trofeo que otorgará un jurado de prestigio internacional. La convocatoria de recepción de trabajos permanecerá abierta hasta el 15 de febrero de 2020.
Entre los objetivos de Play-Doc está el de generar diálogo alrededor del cine de ficción-no ficción, presentando y redescubriendo clásicos del cine, así como mostrando las últimas tendencias internacionales, a una audiencia diversa, numerosa y participativa. Así lo ha hecho en sus 15 años de vida y así planea hacerlo en su decimosexta edición.
En su última entrega, Play-Doc trajo a Tui a figuras representativas del cine como el director filipino Kidlat Tahimik o el fotógrafo y realizador norteamericano Bruce Weber.
in Faro de Vigo
La protectora Aloia necesita casas de acogida para sus canes
La Protectora de Animales Aloia de Tui necesita casas de acogida debido a que el refugio de Guillarei rebasa su capacidad. Hay dos tipos de acogidas: la permanente, en la que un voluntario acogería a un perro por tiempo indefinido hasta que la asociación encuentre una familia que adopte al animal, y la temporal, en la que el voluntario marca el tiempo que puede hacerse cargo del can. Durante su estancia en una casa de acogida la protectora se hace cargo de todos los gastos de alimentación y de veterinario. Los interesados en colaborar pueden ponerse en contacto con la protectora o rellenar un formulario en www. protectoraaloiablog.wordpress.com.
in Faro de Vigo
segunda-feira, 26 de agosto de 2019
Hoxe abre o prazo para participar no I Concurso Fotográfico Enmárcate en Tui
OS INTERESADOS PODEN ENVIAR UN MÁXIMO DE DÚAS FOTOGRAFÍAS TOMADAS NO MARCO SITUADO NA RÚA MARTÍNEZ PADÍN
O Concello de Tui, a través das concellerías de Turismo e Patrimonio, convoca o I Concurso Fotográfico “Enmárcate en Tui”. No mesmo poderase participar coas instantáneas realizadas utilizando o marco que está situado na area de autocaravanas, na antiga ponte sobre o río Tripes, na rúa Martínez Padín.
Neste concurso poderá participar todas as persoas maiores de idade, que o desexen, cun máximo de dúas fotografías. As fotografías debe ser tomadas no marco instalado nesa zona, podendo aparecer na mesma o número de persoas que o autor estime oportuno
Os interesados en participar no concurso deben enviar as fotografías xunto como modelo de inscrición, que está accesible na web tui.gal ao correo electrónico comunicacion@tui.gal, cubrindo os seus datos: nome e apelidos do autor, lugar de residencia, data na que foi tomada a instantánea, teléfono e correo electrónico, ademais da autorización para publicar a foto nas redes sociais do concello, así como noutros medios de comunicación en caso de resultar gañadora e a autorización expresa de publicación si aparecen menores na mesma.
As fotografías deben enviarse dende hoxe venres, 23 de agosto, até o 30 de setembro. O xurado, nomeado polo Concello, dará a coñecer o seu fallo o venres 4 de outubro. A persoa gañadora recibirá unha figura decorativa réplica do pórtico da Catedral de Tui.
Con este concurso trátase de premiar a creatividade dos visitantes á cidade e ao mesmo tempo promocionar a imaxe turística de Tui , que ten desde o punto onde esta situado este marco un perfil moi recoñecible e de gran atractivo visual. Independentemente deste concurso, xa hai un bo número de fotos circulando polas redes realizadas desde ese lugar, o que ven a demostrar o valor dinamizador de esa peza instalada polo concello.
Antigos alunos da ESCE Valença criam Agência de Marketing de Influência
Raúl Peixoto e Manuel Antunes, antigos alunos da ESTG dos cursos de Gestão e Engenharia Eletrónica e Redes de Computadores, respetivamente, são os dois fundadores deste recente projeto, a B&BI.
A estes dois antigos alunos juntaram-se Marta Mendes, antiga aluna da ESCE, licenciada em Marketing e Comunicação Empresarial e pós-graduada em Marketing Digital e E- Business e André Neves, ainda aluno da licenciatura de Engenharia da Computação Gráfica e Multimédia na ESTG.
Estes 4 jovens desde sempre empreendedores, dinâmicos e envolvidos no associativismo e nas demais atividades do Instituto constituem a equipa da Brand and Business Influence.
A agência quer que o poder da comunicação seja implementado de forma simples, prática e objetiva, proporcionando estratégias de marketing eficazes e inovadoras. A B&BI pretende diferenciar-se através da sua comunidade de influenciadores digitais que impulsionarão os serviços/produtos dos seus clientes.
domingo, 25 de agosto de 2019
Sabores do Anho, um clássico que não passa de moda, em Valença de 31 de agosto a 1 de Setembro
Saborear anho no forno, com arroz pingado, à moda antiga, tem um destino a freguesia valenciana de Gondomil. No fim de semana de 31 de agosto e 1 de setembro os apreciadores do anho tem a sexta edição do Festival Gastronómico Sabores do Anho.
Comer com Tradição
Esta é uma oportunidade única para saborear um prato que é um emblema da gastronomia valenciana e da região. Preparado nos tradicionais fornos a lenha é um autentico manjar. Elaborado por mãos sábias, com os temperos e os segredos seculares, sempre foi rei das festas grandes das aldeias e dos grandes convívios das famílias.
Manda a tradição que se acompanhe com arroz do forno, pingado com os aromas do anho. Uma tradição que surgiu em tempos idos, na época em que as famílias ricas comiam o anho e os empregados o arroz aromatizado com os sucos do anho.
Anhos de Puras Pastagens
Os anhos preparados para este festival, são criados nas pastagens dos montes locais em pastoreio livre.
Dois Dias de Festa Gastronómica
Durante dois dias é possível saborear o anho no forno, a preços populares e desfrutar de um amplo programa de animação, com musica tradicional portuguesa, estando garantida uma grande festa de sabores. As refeições podem ser saboreadas no sábado 31 de agosto, ao almoço e ao jantar e no domingo 1 de setembro ao almoço.
O Largo de Santa Rita, em Gondomil, é o espaço de acolhimento deste festival gastronómico.
A iniciativa é da Câmara Municipal de Valença, Junta da União de Freguesias de Sanfins e Gondomil e da Associação Cultural de Gondomil.
Os Sabores do Anho encerram o ciclo anual de eventos gastronómicos que a Câmara Municipal de Valença dinamizou ao longo deste ano e de que destacaram, ainda, os Sabores da Lampreia, Os Sabores Serranos, Os Sabores da Aldeia, os Domingos Gastronómicos e Fevereiro Mês da Lampreia.
sábado, 24 de agosto de 2019
sexta-feira, 23 de agosto de 2019
quinta-feira, 22 de agosto de 2019
Fallece en el hospital el joven vigués que sufrió un accidente con su moto en Tui
El siniestro ocurrió el lunes por la tarde en la carretera PO-340
El joven vigués que el lunes sufrió un accidente cuando circulaba con su moto entre Tui y Gondomar falleció la pasada madruga en el Hospital Álvaro Cunqueiro. Se trata de Manuel M. F., natural de San Miguel de Oia y de 23 años de edad, también con familia en la parroquia nigranense de Camos.
El siniestro ocurrió minutos antes de las 19.00 horas en Tui cuando circulaba por la PO-340, en dirección a Gondomar, a la altura de Malvas. Debido al impacto de su motocicleta contra la cuneta, el conductor fue trasladado por una ambulancia medicalizada al centro hospitalario, pero, pese a ser operado de urgencia, los sanitarios no pudieron salvar su vida.
La conducción de su cadáver será esta tarde, a las 17.30 horas, desde el tanatorio del Miñor hasta la iglesia parroquial de San Miguel de Oia (Vigo), donde tendrá lugar el funeral. Sus restos mortales serán incinerados en la intimidad familiar.
in Faro de Vigo
Tui coloca dous novos elementos que promocionan a imaxe turística da cidade
Trátase dun marco na área de autocaravanas e das letras da palabra Tui na Oficina de Turismo
Dous novos soportes que promocionan a imaxe turística de Tui foron instalados nos últimos en dous puntos emblemáticos da cidade. O Concello de Tui, a través da concellería de Turismo, vén de incorporar estes dous elementos novidosos a promoción turística do municipio.
Por unha banda na área de autocaravanas, na rúa Martínez Padín, xunto a ponte do río Tripes, a carón do monumento o peregrino, foi colocado un marco metálico de cor branco do que sobresae a palabra Tui en vermello, sostido por dúas mans. Este marco está situado estratexicamente para que as persoas que o desexen podan tomarse fotos dende ese lugar coa silueta da cidade coma fondo. A antiga ponte do rio Tripes é un espazo que ofrece unha espléndida vista de Tui, resaltando a silueta da catedral , recortada contra o ceo e o casco antigo aos seus pés, polo que as fotografías tomadas desde ese punto son moi vistosas. Dende a Concellería de Turismo agardan que estas fotografías pronto comecen a circular nas redes, creando así un novo punto de atracción e promoción turística. Ademais desde este departamento porase en marcha en breve un concurso para as persoas que realicen fotografías neste emprazamento.
Por outra banda tres letras móbiles de gran tamaño en cor branco, que forman a palabra Tui, están colocadas na Oficina de Turismo, na praza de San Fernando.
O goberno municipal vén de licitar os sete proxectos pendentes do Plan Concellos 2017
ENTRE AS OBRAS FIGURAN O ACONDICIONAMENTO DOS XARDÍNS DE TRONCOSO, A ORDENACIÓN DA ROTONDA DE GUILLAREI, PAVIMENTACIÓN DE VIAIS OU A REFORMA DO EDIFICIO DO CONSERVATORIO
O goberno municipal do Concello de Tui vén de licitar os sete proxectos que estaban pendentes do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra por un importe de 500 mil euros. Estas obras teñen que estar executadas antes do 30 de novembro deste ano, xa que en caso contrario se perderían as achegas da institución provincial.
Durante este primeiro mes e medio de mandato o goberno municipal priorizou a licitación destas obras, que representan a metade dos proxectos presentados no seu día ao Plan Concellos 2017, e agora a súa principal preocupación é cumprir co prazo de remate das obras.
En concreto as obras que se veñen de licitar son
Acondicionamento dos xardíns Troncoso
Ordenación da rotonda de Guillarei
Pavimentación dos viais situados en Bouzabalada e Figueira, en Areas
Pavimentación do vial que une Chans, en Randufe, con Circos, en Pazos de Reis.
Regulación semafórica na intersección das rúas Calzada e Avenida da Concordia
Construción dun muro na nave de Guillarei
Reforma do Conservatorio de Música.
O goberno municipal no último trimestre deste ano agarda licitar a totalidade das obras do Plan Concello 2018, e a comezos de 2020 licitas as correspondente a este 2019, para ir cumprindo así coas anualidades e prazos de execución previstos.
Outra das prioridades neste momento é a licitación do plan Deporemse, cun orzamento de 500 mil euros, para a urbanización do barrio da Torre en Paramos, que contempla a reposición de servizos. Dende o Concello presentouse á Deputación un modificado do proxecto inicial para melloralo, estando pendentes de aprobación por parte da institución provincial esa modificación. Unha vez se conte co visto e prace poderase proceder a súa licitación, xa que os pregos están xa redactados.
quarta-feira, 21 de agosto de 2019
terça-feira, 20 de agosto de 2019
Aconteceu em Valença Faz 358 Anos
Se levanta el cerco de Valença do Minho
"Las fuerzas de D. Fernando de Valladares tienen puesto sitio a la plaza fuerte de Valença do Minho, que está a punto de capitular, cuando en este día el Capitán General de Galicia, D. Rodrigo Pimentel, ordena la retirada general de los ejércitos españoles, en virtud de haberse reconocido por España la independencia del país vecino. Se inicia una paz secular entre ambos países, tan fuertemente unidos por lazos de comunidad espiritual".
20 de agosto de 1661. Xosé María Álvarez Blázquez. "La Ciudad y los Días. Calendario histórico de Vigo" (Edicións Monterrey, 1960).
in Vigoé
Nas próximas semanas contrataranse aos catro titulados do Plan O Teu Primeiro Emprego
OS INTERESADOS DEBEN INSCRIBIRSE CO CÓDIGO CORRESPONDENTE NA OFICINA DE EMPREGO
O Concello de Tui contratará nas próximas semanas aos catro titulados universitarios e de Ciclos superiores ao abeiro do programa da Deputación “O teu primeiro emprego”. Para iso na actualidade estanse a tramitar as bases reguladoras, que rexerán estes procesos selectivos de Guía de turismo, Xornalista, Técnico en Audiovisuais e Enxeñeiro Técnico Forestal, tras a súa aprobación.
Tratarase de contratos en prácticas cunha duración de 6 meses, prorrogables. O obxectivos destas contratacións é o fomento da empregabilidade dos titulados, brindándolles a oportunidade de adquirir experiencia laboral para posteriormente poder incorporarse ao mercado laboral.
Os requisitos a cumprir polos e polas aspirantes serán:
Estar inscrito nos Servizos Públicos de Emprego como demandantes de emprego desempregados ou co cartón de mellora de emprego no Código CNO da titulación e ter ámbito de busca de emprego provincial ou Baixo Miño.
Estar en posesión da titulación requirida para o posto de traballo a desempeñar.
Non ter transcorrido máis de 5 anos desde a terminación dos estudos ou 7 no caso de persoas con discapacidade.
Non ter estado contratado/a en prácticas pola mesma ou distinta empresa por tempo superior a 2 anos, coa mesma titulado que a requirida neste proceso selectivo
Os méritos a valorar serán os previstos no anexo V, punto 3; das bases do programa de fomento da empregabilidade na provincia de Pontevedra "O teu primeiro emprego" publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 92 do 15 de maio de 2019.
Os códigos de ocupación para cada titulación son os seguintes:
Guía de turismo (código nacional de ocupación 58 251.029): Ciclo superior en guía, información e asistencias turísticas.
Xornalista (código nacional de ocupación 29.221.044): Licenciatura / grao en xornalismo.
Técnico en audiovisuais (código nacional de ocupación 3.831.103): Ciclo superior produción audiovisual e espectáculos.
Enxeñeiro técnico forestal (código nacional de ocupación 24.251.011): Enxeñeiro técnico forestal /Grao en enxeñería forestal e do medio ambiente.
As persoas interesadas en participar nestes procesos selectivos deberán inscribirse na Oficina de Emprego no código correspondente a cada titulación.
segunda-feira, 19 de agosto de 2019
Unha enquisa busca coñecer a percepción da poboación tudense da mobilidade no municipio
FORMA PARTE DOS TRABALLOS DA PRIMEIRA FASE DA REDACCIÓN DO PLAN DE MOBILIDADE SUSTENTABLE, PMUS
. Dende hai unhas semanas estase a redactar o Plan de Mobilidade Sustentable, PMUS, do Concello de Tui por parte da empresa Eptisa, adxudicataria dos traballos.
Na primeira fase destes traballos estase a realizar a recollida de datos e análise do territorio. Como parte desta recollida de datos vense de publicar na web municipal unha enquisa on line dirixida á poboación tudense para coñecer a súa percepción da mobilidade no municipio. Trátase dunha enquisa anónima, na que se plantexan 35 preguntas sobre puntos coma qué considera máis importante para mellorar a mobilidade de Tui elixindo entre a calidade do transporte público, as beirarrúas e zonas peonís, para uso e desfrute do/a cidadán/á, a seguridade e accesibilidade peonil, a mobilidade ciclista, a calidade do aire e o nivel de ruído e a circulación do vehículo privado.
Tamén na enquisa se interesan sobre cales considera a cidadanía que son as dificultades máis importantes para o tránsito peonil, para a circulación de coches, bicicletas ou autobuses.
Outra das cuestións que se plantexan é sobre o número e destino das viaxes que se realizan diariamente, o medio de transporte que se emprega e cal se considera que debería ser potenciado, e o tempo da viaxe e distancia percorrida. Outras cuestións interésanse sobre o uso do transporte público interurbano, os itinerarios peonís ou o uso da bicicleta. A enquisa plantexa outras cuestións sobre os problemas para aparcar, disponibilidade para compartir medio de transporte, ou a disposición para adquirir ou alugar vehículos con motor eléctrico para os desprazamentos.
Dende o Concello de Tui anímase a poboación, tanto co centro urbano coma das parroquias, a realizar esta enquisa para contar así co maior número de datos posible neste estudo.
De forma paralela técnicos da empresa están a realizar tamén traballo de campo e a recompilación de datos sobre o municipio.
A redacción do PMUS suporá un investimento de 13 mil euros financiados pola Deputación de Pontevedra.
O documento definitivo, que será presentado, en outubro, será a folla de ruta para mellorar a mobilidade na cidade, dando prioridade ós peóns e transporte público ou eléctricos sobre os vehículos privados, reducindo así o gasto enerxético o e impacto medioambiental.
Subscrever:
Mensagens (Atom)