sexta-feira, 31 de janeiro de 2020

TT Solidário e Pista de Obstáculos em Valença

A adrenalina do TT regressa a Valença, este fim de semana, com mais uma edição do Raid TT da Eurocidade 2020, sábado, 1 de fevereiro.
200 jipes e 400 participantes, 50% portugueses e 50% espanhóis, dão corpo à edição deste ano. Esta prova contará com a presença de alguns dos pilotos mais destacados do panorama do TT em Portugal e Espanha. Um raid  que vai já na sua sétima edição e conta com vários níveis de dificuldade.
Raid Solidário 
O Raid tem um carácter solidário, revertendo parte da verba angariada para a corporação dos Bombeiros Voluntários de Valença.
A concentração das máquinas está programada para as 8h no Quartel dos Bombeiros Voluntários de Valença e a saída dos primeiros grupos para as 9h30.
Pista de Obstáculos Pelos Fossos e Balança de Madeira
Para o público o melhor momento para apreciar as maquinas e a perícia dos pilotos é a tradicional Pista de Obstáculos  no recinto do Campo da Feira de Valença, a partir das 16h30.
O tradicional fosso, as pedras, os troncos e a balança em madeira são alguns dos obstáculos do circuito põem à prova as capacidades das maquinas e a perícia dos pilotos mais experientes, para alegria da assistência.
A organização é do Clube de Tração às 4, com a colaboração da Eurocidade Tui Valença e dos Bombeiros Voluntários de Valença.

A muralla ciclópea do monte Aloia

O domingo 2 de febreiro realizaremos unha ruta/visita guiada pola muralla ciclópea do monte Aloia.
Esta visita comezarémola na capela de san Xiao do monte Aloia ás 10:30 horas, será gratuita e só hai que presentarse no lugar e hora indicada.
A visita será guiada e comentada polo arqueólogo tudense Juanjo Perles, da empresa de arqueoloxía Anta de Moura, que nos falará dos datos históricos que se teñen ata o momento da muralla ciclópea do monte Aloia, o maior asentamento fortificado de Galicia.
Esta ruta/visita, de algo máis de dous quilómetros e unha duración aproximada de unha hora e media, percorrerémola ao carón dos restos da antiga muralla ciclópea visitando tamén os miradoiros do Celta, o do Castelo, o do enxeñeiro Areses e o da Oliva, todos eles cunhas vistas panorámicas espectaculares.
Achegamos a continuación algúns datos recollidos sobre a muralla do arquitecto e historiador Jaime Garrido Rodríguez:
No cumio do monte Aloia quedan restos á vista das murallas dunha antiga fortificación. O trazado da muralla de pedra pode ser percorrido en todo o seu perímetro (algo máis de 3 km). A fortificación componse de dous recintos: o superior, de maiores dimensións e outro, pegado a este polo norte, que ocupa unhas cotas inferiores. No seu conxunto, o recinto defensivo abrangue unhas 30 hectáreas de superficie. A muralla foi construída con grandes bloques de granito en seco, que lle dan un aspecto case ciclópeo. Por termo medio presenta unha anchura comprendida entre os 2,50 e os 3,50 metros, chegando a alcanzar os 3 metros de altura no treito mellor conservado.
Algúns estudosos chegaron a identificar esta fortaleza do Aloia co monte Medulio, citado polos historiadores romanos como o último reducto onde se defenderon os pobos do noroeste hispánico das tropas romanas, pero esta identificación carece de fundamento.
Tamén podedes descargar o seguinte artigo de Mario Fernández Pereiro, doutor en Arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, titulado «O recinto fortificado do monte Aloia. Un xigante altomedieval esquecido»

Febreiro Por Randufe


Campeonato de Sueca em São Pedro da Torre


quinta-feira, 30 de janeiro de 2020

Tui tratará la creación de un "skatepark" en terrenos de Cam Fran

El pleno de la corporación municipal de Tui se reunirá hoy jueves a las 20 horas para tratar, entre otros puntos, la propuesta de creación de un "skatepark" en terrenos de Cam Fran o próximos. La corporación debatirá la aprobación inicial del Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais que exige la Xunta de Galicia para poder gestionar los expedientes abiertos a fincas particulares sin limpiar. Se debatirá instar a Renfe a mantener el servicio de venta presencial de billetes en la estación de ferrocarril de Guillarei
in Faro de Vigo

“O Que Arde” de Oliver Laxe abrirá a programación cultural do primeiro semestre en Tui

A PROXECCIÓN SERÁ O VENRES, 7 DE FEBREIRO. A PELÍCULA ACADOU DOUS GOYAS ESTA FIN DE SEMANA
A película “O Que Arde” dirixida por Oliver Laxe e producida por Miraquemira abrirá a programación cultural do primeiro semestre de 2020 no Teatro Municipal de Tui. O filme, que acadou esta fin de semana os Goyas de Mellor actriz revelación, para Benedicta Sánchez, e Mellor dirección de fotografía para Mauro Herce, proxectarase o venres 7 de febreiro, ás 21.30 h.
A programación cultural a desenvolver até o mes de maio recollida nun novo número da Axenda Cultural Corredoira será presentada este venres, 30 de xaneiro, ás 11 h na sala de reunións da casa do concello. O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, serán os encargados de dar a coñecer os eventos previstos.

WIZ Trio na Quinta do Caminho em Cerdal 1 de fevereiro

WIZ é um nome que não surge por acaso, mas que remete para um possível, e até fenomenal acontecimento mágico que é a relação entre os três músicos que o compõem — Wilfred Wilde, guitarrista, Iago Fernandez, baterista, e José Pedro Coelho, saxofonista.
Três cúmplices de longa data numa viagem musical una, percorrida de forma livre e espontânea, em equilíbrio entre a tradição jazzística e música original

quarta-feira, 29 de janeiro de 2020

Dende mañá até o luns ás 14 h pódese realizar a inscrición no desfile concurso de Entroido en Tui

OS GRUPOS E COMPARSAS DEBERÁN PRESENTAR A SÚA SOLICITUDE NA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO
Dende mañá xoves, 30 de xaneiro, até o luns 3 de febreiro, ás 14 h pódese realizar a inscrición para participar no desfile concurso de Entroido en Tui. Hoxe publícanse no BOPPO, o Boletín Oficial da Provincia, as bases de participación nas que se establece un prazo de tres días hábiles para que os grupos e comparsas que desexen participar presenten a súa solicitude, xunto coa documentación requirida a través da sede electrónica https://concellotui.sedelectronica.gal/.
O desfile concurso de Entroido en Tui celebrarase o martes, 25 de febreiro, ás 17 h no circuíto establecido polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda.
Limítase a participación ás 20 primeiras comparsas inscritas e aos 5 primeiros grupos, coa salvidade de que nunca unha comparsa ou grupo de Tui quedarán fóra de concurso.
En caso de choiva o desfile concurso será aprazado para o sábado 29 de febreiro, tamén ás 17 h. Só nese caso abrirase un novo prazo de inscrición para aquelas entidades que non se inscribiran con anterioridade e desexen participar nesta nova data. A inscrición formalizarase só 26 de febreiro a través da sede electrónica.
O xurado, formado por 6 membros de asociacións tudenses, 4 cidadáns tudense, e 2 traballadores municipais, e presidido pola concelleira de Cultura, terá en conta na súa valoración o número de participantes, a actualidade da temática elixida, a parodia de temas locais, o vestiario, o acompañamento musical e a carroza, así coma o vestiario e a coreografía das que opten ao premio de fantasía.  
No desfile concurso de Entroido 2020 establécense 18 premios, valorados en conxunto en 5.600 €, distribuídos en catro categorías: xeral, carroza, acompañamento musical e fantasía. Entregaranse 18 trofeos valorados en 400 €. Amais pola súa participación as comparsas recibirán 500 € se desfilan con carroza e 250 € se desfilan sen carroza, e os grupos 200 € e 100 € respectivamente.
Coma despedida do Entroido o domingo, 1 de marzo, ás 19:30 horas celebrarase o Enterro do Bacallau. Sairá dende a Praza de San Fernando, para percorrer as rúas Seixas, Porta da Pía, Ordóñez, Corredoira, con parada no Cantón de Diómedes para realizar o funeral e ler ou cantar as coplas ao finado Bacallau. As comparsas e os grupos que así o desexen poderán entregar unha copia das coplas, o mércores 26 de febreiro, a través da sede electrónica do Concello de Tui.  A comitiva continuará polas rúas Augusto González Besada, Ourense e aparcadoiro municipal, onde terá lugar a cerimonia de incineración.

Club de los Viernes en Tui


Caminhada do Centro Social de São Pedro da Torre


Município de Valença Vai Reciclar Lixo dos Serviços Municipais. Presidente considera medida importante e responsável

Manuel Lopes, solicitou a todos os serviços do Município a separação dos resíduos produzidos na Câmara Municipal. Uma medida que o presidente considera importante e responsável. 
“ Hoje podemos dizer que vivemos melhor que os nossos antepassados, mas a melhoria da nossa qualidade de vida está  associada ao aumento do consumo e consequentemente ao aumento dos resíduos. O lixo que estamos a produzir é um problema para o ambiente e se não mudarmos o nosso comportamento vamos deixar às novas gerações um mundo pior para viver, um lugar  que não será tão bom como aquele que nós herdamos dos nossos antepassados. Não queremos que isso aconteça e se com esta simples medida podermos ajudar a resolver este problema e garantir um futuro melhor para todos, ficamos muito satisfeitos. Separar os resíduos é fácil, e, está ao alcance de todos. Ânimo a todos os cidadão que ainda não o fazem a juntar-se a esta iniciativa. “
Todos  a Reciclar
Todos os serviços vão ficar equipados com ecopontos para recolha, de todos os desperdícios recicláveis, a partir de 3 de fevereiro.
Esta é uma iniciativa que o Município de Valença gostaria de ver replicada nas demais instituições e meio empresarial do concelho, de modo a que a cultura da reciclagem  seja uma prática diária transversal a toda a sociedade. A par desta iniciativa Valença está a estudar a implementação de um conjunto de práticas ambientais que prossigam o objetivo estratégico “Valença Mais Amiga do Ambiente” 

terça-feira, 28 de janeiro de 2020

Temporalmente a Policía Local deixará de prestar o servizo nocturno salvo os sábados

A GARDA CIVIL FARASE CARGO DA SEGURIDADE POLAS NOITES NA CIDADE. ASÍ O APROBOU HOXE A XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE
Esta mañá reuniuse a Xunta Local de Seguridade na casa do concello de Tui presidida polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a subdelegada do goberno en Pontevedra, Maica Larriba. Asistiron representantes da Policía Local, Garda Civil e Policía Nacional.
Nesta Xunta Local de Seguridade aprobouse que a Policía Local de Tui deixará de prestar o servizo de noite dende o 1 de febreiro salvo os sábados, debido a falla de efectivos. Será unha medida provisional e transitoria mentres non se conte co número de axentes precisos para cubrir as tres quendas coma até o de agora. Durante este tempo o servizo de noite será cuberto pola Garda Civil.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, precisaba que se trata “dunha cuestión puntual e conxuntural” agardando que non dure máis de 2 meses, toda vez que trasladaron xa á Academia Galega de Seguridade a autorización para convocar 8 prazas de auxiliares de policía local para cubrir as vacantes existentes, e na Oferta de Emprego Público deste ano incluiranse estas vacantes para a súa cobertura definitiva.
A subdelegada do goberno, Maica Larriba, explicou que a supresión a quenda de noite na policía local de Tui, salvo os sábados, é unha medida que se toma para abordar unha situación transitoria pola que atravesa o corpo ante a falla de efectivos por baixas ou xubilacións.
No remate da Xunta Local de Seguridade a subdelegada do goberno deu a coñecer tamén os datos referidos a 2019 afirmando que “Tui é unha cidade segura” xa que se rexistraron 21 delitos por cada mil habitantes, cifra que está por baixo da media provincial situada en 23 delitos por cada mil habitantes e da nacional que acada as 43 infraccións delitivas por cada mil habitantes.  Todo iso, dicía, pese a que se rexistraron en Tui en 2019 oito infraccións máis que en 2018.

Este mes comezan as accións formativas para o centenar de participantes no Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui

FORON RECIBIDOS NA CASA DO CONCELLO POLO ALCALDE E A CONCELLEIRA DE FORMACIÓN E EMPREGO
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, deron onte a benvida ao centenar de persoas que participan no Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui, concedido pola consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.  Este programa suporá un investimento superior aos 287 mil euros financiado pola Xunta de Galicia e o Concello de Tui. 
No acto desenvolvido no salón de sesións da casa do concello o alcalde, Enrique Cabaleiro, salientou a aposta decidida do goberno que preside  pola mellora da empregabilidade das persoas “coa posta en marcha deste tipo de políticas activas de emprego que  supoñen un investimento municipal en canto a recursos humanos e materiais”. Engadiu que tamén  “é preciso o compromiso de cada unha das persoas participantes e do tecido empresarial para garantir o éxito do programa e que acaden emprego o maior número de persoas posible no seu remate”, xa que dicía “o voso éxito será o noso éxito”.
A concelleira de Formación e Emprego, a Ana Mª Nuñez lembrou que o Programa Integrado de Emprego ten un compromiso de lograr insertar laboralmente ao 45% das e dos participantes indicando que “a miña experiencia neste tipo de programas dime que podemos acadar porcentaxes moito mais altos coa actitude axeitada e o acompañamento dun equipo humano de profesionais·.
Hoxe mesmo comezou a desenvolverse o calendario de accións formativas na que participarán este centenar de persoas.  Así as primeiras actividades estarán orientadas ao desenvolvemento persoal coa realización de talleres impartidos por profesionais expertos en intelixencia emocional, coaching, motivación para a busca de emprego, habilidades sociolaborais e marca persoal.  Con estas accións búscase mellorar as habilidades persoais dos participantes no programa a través do autocoñecemento,  incrementando a motivación,  a autoestima  e a  seguridade nun mesmo para afrontar  o proceso de busca de emprego cunha actitude adecuada.
Ao longo das próximas semanas tamén participarán en obradoiros de entrevista, mercado de traballo,  fomento da capacidade emprendedora e novas tecnoloxías cara a busca de emprego. Accións plantexadas para brindar aos participantes ferramentas para  conseguir un emprego no presente pero tamén os recursos necesarios para o futuro. 
Dentro do Programa Integrado de Emprego contemplase tamén formación en informática- básica e especializada – e idiomas tendo en conta o protagonismo que o dominio destes coñecementos teñen hoxe en día no mercado laboral. 
No referente á formación específica os cursos plantexados responden aos perfís máis demandados polo tecido empresarial da contorna. Así haberá cursos de soldadura, loxística, almacén ou liña de produción, de comercio, restauración, turismo e de atención sociosanitaria. Os participantes no programa poderán realizar prácticas non laborais coas que completar a súa formación teórica.
Dende o Concello de Tui convídase ás empresas a pórse en contacto co departamento de Emprego e Formación para  poder así deseñar novas formacións específicas a impartir no Programa de Emprego das que se poidan beneficiar as empresas que precisen incorporar novo persoal. 

RAID TT de Jipes em Valença


segunda-feira, 27 de janeiro de 2020

As rúas Palláns, San Bartolomeu e Arraial pasarán a ser de sentido único dende o 1 de febreiro

CON ESTA MEDIDA BÚSCASE MELLORAR A SEGURIDADE VIAL E AXILIZAR O TRÁFICO NA ZONA DE SAN BARTOLOMEU
A partir do 1 de febreiro o Concello de Tui procederá a realizar un cambio no sentido de circulación das rúas na zona de San Bartolomeu. Deste xeito as rúas Palláns, San Bartolomeu e Arraial pasarán a ter sentido único. O obxectivo é axilizar o tráfico e mellorar a seguridade vial na zona.
Este días procederase ao pintado e colocación da sinalización correspondente. Amais o alcalde, Enrique Cabaleiro, informa que están a redactar un proxecto para proceder á humanización destes viais, contemplando a ampliación das beirarrúas, unha actuación que co dobre sentido de circulación non se podía acometer. Lembra o rexedor que se trata dun ámbito estratéxico xa que parte destas rúas forman parte do percorrido do Camiño Portugués de Santiago ao seu paso por Tui.  Un bando municipal informa xa aos veciños deste cambio de tráfico na zona de San Bartolomeu.
AS PARADAS DO AUTOBÚS ESTARÁN DENDE O 3 DE FEBREIRO NA RÚA OURENSE
O goberno municipal traballa tamén por outra parte na implantación doutros cambios que afectarán ás rúas Casal Aboy e Augusto González Besada. Así dende o próximo 3 de febreiro realizarase o cambio das paradas do autobús situadas no Paseo da Corredoira, que pasarán a situarse na rúa Ourense, de tal xeito que dende a Avenida da Concordia os autobuses xirarán cara a rúa Maristas e Ourense, onde se situarán as paradas.

Ofertas de Emprego en Tui

O Centro Municipal de Formación informa das seguintes ofertas de emprego:
OFERTA DE EMPREGO. CARPINTEIRÍA
Carpinteiría en Tui, selecciona persoal para o seu taller de carpinteiría
Persoas interesadas, envíen curriculum vitae con foto, ao correo cfo@tui.gal. Esta información será posteriormente compartida coa citada empresa que relizará o proceso de selección
OFERTA DE EMPREGO. OPERARIO DE MANTEMENTO
Empresa de Salceda, selecciona persoal de mantemento, con ciclo medio ou superior de mantemento ou mecánica ou electricidade ou electrónica. Experiencia mínima de 3 anos en posto de mantemento de maquinaria industrial. Traballo a turnos. Valórase ademais experiencia en carretillas elevadoras. Xornada completa e incorporación inmediata
Persoas interesadas, envíen curriculum vitae con foto, ao correo cfo@tui.gal . Esta información será posteriormente compartida coa citada empresa que relizará o proceso de selección
OFERTA DE EMPREGO. OPERARIO DE APOIO
Empresa de Salceda, selecciona persoal como operario/a de apoio (extrusión), con ESO ou equivalente. Valóranse ademais  coñecementos de informática a nivel usuario, carnet de carretilleiro  e formación en riscos laborias. Xornada completa e incorporación inmediata
Persoas interesadas, envíen curriculum vitae con foto, ao correo cfo@tui.gal . Esta información será posteriormente compartida coa citada empresa que relizará o proceso de selección

Descoberta necrópole medieval com 30 sepulturas em Valença

Cerca de 30 sepulturas do período medieval moderno foram descobertas em Valença, naquilo que aparenta ter sido uma necrópole da população residente no centro histórico daquela cidade raiana.
As sepulturas datam do período compreendido entre o século 13 (finais da idade média) e século 17 (inícios da idade moderna), disse a O MINHO Alexandrina Amorim, mestre em Antropologia Biológica e elemento da Unidade de Arqueologia da Universidade do Minho (UAUM).
Desde 2004 que a equipa da UAUM tem assegurado a intervenção arqueológica na Fortaleza de Valença, no âmbito do Projeto de Requalificação Urbana do Centro Histórico de Valença.
A 3.ª e última fase de execução do projeto foi concluída entre novembro e dezembro, tendo-se realizado sondagens prévias e o acompanhamento arqueológico permanente da obra de restauro da Fortaleza, destacando-se os trabalhos de escavação de parte da necrópole associada à igreja de Santo Estêvão.
O espaço seria local de enterramento para a população local, segundo conta a responsável.
As escavações junto à igreja começaram em maio de 2018, prolongando-se em diferentes intervenções até dezembro de 2019, altura em que foram descobertas as sepulturas, ainda com as respetivas ossadas dos defuntos enterrados à maneira cristã.
Segundo Alexandrina Amorim, os ossos “estão mais ou menos preservados”. “Antigamente, o local era uma rua onde passavam carros, gerando um impacto negativo”, explica.
“A ideia, daqui para a frente, é fazer a limpeza das ossadas e realizar estudos para apurar vários aspectos”, avança.
Vai ser possível identificar a data cronológica concreta da morte, o género dos sepultados e a idade com que morreram.
Alexandrina revela ainda que não foram feitos mais achados no local. “Em 2009, encontrámos uma necrópole em Santa Maria dos Anjos, mas os estudos ainda não avançaram”, conta a antropóloga.
De acordo com o boletim de arqueologia da UAUM, a fortaleza de Valença do Minho, Monumento Nacional classificado desde 1928, é “um exemplo notável de arquitetura militar portuguesa de época moderna”.
in Minho

domingo, 26 de janeiro de 2020

Tui & Valença: Auf nach Portugal!

Juhu, ein neues Land! Nach den Niederlanden, Belgien, Frankreich und Spanien reiht sich Portugal als 5. Staat in unsere Europatour ein. Den Grenzübergang bildet die besondere, doppelstöckige Eisenbrück Ponte Internacional.
Nachdem wir – wie ihr wisst – einige Zeit in Galicien verbracht haben, schauten wir uns die beiden Grenzstädte Tui (auf spanischer Seite) und Valença (auf portugiesischer Seite) an. Die Geschwisterstädtchen werden durch den Fluss Rio Miño (spanisch und galicisch) bzw. Rio Minho (portugiesisch) getrennt, der außerdem die Grenze zwischen Nordspanien und Portugal markiert. Die beiden Orte liegen so nur wenige Hundert Meter voneinander entfernt.
Von Vigo fuhren wir nach Tui, einer Gemeinde mit gerade einmal 17.000 Einwohnern. Sie bildet auf Seiten Galiciens den wichtigsten Grenzübergang zu Portugal. Wichtigste und auch so ziemlich einzige Sehenswürdigkeit ist die Kathedrale Santa María. Die Bischofskirche des Bistums Tui-Vigo wurde in der ersten Hälfte des 12. Jahrhunderts im Stil der Romanik begonnen und im 13. Jahrhundert im gotischen Baustil vollendet. Sie liegt auf einer Anhöhe, an die sich die Altstadt von Tui anschließt, über dem Río Miño.
in the-vegan-travelers

Santa María de Tuy

Tuy es una localidad bañada por el río Miño en la frontera con Portugal. La joya arquitectónica de la comarca es, sin duda, la Catedral de Santa María de Tuy. Situada en la parte alta del casco antiguo, su construcción fue iniciada a finales del siglo XI. Caminando por su interior descubrirás la apasionante mezcla de románico y gótico. Aunque la Catedral es visita obligada no olvides dejarte llevar por sus calles y pasadizos. Perderse en Tuy puede ser el mejor plan.
in Idealista

Nortportugal - Valença eine "spanische" Stadt

20 km von Caminha entfernt und auch direkt am Minho gelegen, besuchen wir an einem Sonntag Valença. Der Ort ist eigentlich der „spanischste“ Ort hier auf der portugiesischen Seite des Flusses, könnte man sagen, denn die Autobahn und die Landstraße EN13 führen zur Brücke auf die andere Seite des Minho nach Spanien.
Und sonntags ziehen die offenen Geschäfte in Valença viele Spanier nach Portugal; teils zum Einkaufen, teils aber nur zum Wochenendausflug mit der ganzen Familie.
Wir stürzen uns also ins Gewühl! Dazu müssen wir aber erst einmal die Stadttore durchfahren. Da die Menschen in der damaligen Zeit mit Pferd und Wagen bzw. zu Fuß unterwegs waren – und niemand das Auto erfunden hatte – fallen die Tore auch nicht sehr breit aus. Ampeln regeln deshalb die Ein- und Ausfahrt in den Ort.
Ebenso schmal sind die Straßen und dazu mit bummelnden Fußgängern verstopft. Wir parken also gleich am Ortseingang; die Parkgebühren belaufen sich auf 2 Euro. Nun kann unserem Sonntagsausflug eigentlich nichts mehr im Wege stehen. Also: Rucksack auf, Kamera bereit und los geht es!
valenca Fast in jedem Haus gibt es in der unteren Etage einen kleinen Laden oder ein Restaurant. Von Handtüchern über Tischdecken zur Bettwäsche wird alles an den Mann / die Frau gebracht. Auch Kleidung steht oben auf dem Einkaufszettel der Einheimischen.
Ach ja, ab und zu bleibe ich dann vor einem edlen Schaufenster stehen und sehe etwas, was mich interessiert. Etwas Schönes, etwas Ausgefallenes, etwas, was man sich mal gönnt und nicht überall sieht. Doch die Boutiquen scheinen es vorzuziehen, am Sonntag nicht zu öffnen … Ok, ich habe es verstanden!
valenca Valença entstand bereits im 12. Jh. auf den Mauern der alten römischen Siedlung Valentia. Schon im Mittelalter führte hier der Jakobsweg die Pilger nach Santiago de Campostela. Noch heute müssen die rund 3.500 Einwohner der Stadt durch die beiden Tore Porta da Coroada und Porta do Meio, wenn sie ihren Wohnort verlassen wollen. Und ebenso gut erhalten wie die Stadtmauer ist auch die romanische Kirche Santa Maria dos Anjos, erbaut 1276 und die Igreja de Santo Estevão aus dem 14. Jh.
Der Ort ist schachbrettartig angelegt. In diesen Straßen kann man sich eigentlich nie verlaufen. So lassen wir uns treiben und machen dabei viele schöne Bilder, wie das von der Igreja de Santo Estevão (u.re.)
Wieder komme ich nicht an den duftenden heißen  Maronen (li.) vorbei, die hier frisch geröstet angeboten werden.
moncao Zum Essen entscheiden wir uns für das Restaurante Fortaleza de Valença, das direkt an der alten Durchfahrt innerhalb der Stadt liegt.
Das Wetter ist sehr schön, und wir bleiben draußen sitzen. Nachdem der Ober die Speisekarte gebracht hat, kommt Bacalhau (Stockfisch) mit Kartoffelscheiben und Zwiebeln (re.) auf den Tisch.
Da die Fahrtstrecke von Caminha nach Valença nicht weit ist, machen wir am späten Nachmittag noch einen schönen Spaziergang am Minho entlang.
Ausklingen lassen wir dann den Tag bei einem Glas Rotwein in unserem verwunschenen Garten der Quinta de Gateira. Ob er wohl aus den Trauben gemacht wurde, die hier über unseren Köpfen auf der Terrasse wachsen ... ???
in kuris-reisen

sábado, 25 de janeiro de 2020

Valença HC Recebe Cervães


Sanfins de Friestas. Valença do Minho

Un pequeño monasterio construido en un lugar que sugiere una anterior ocupación y uso. En la puerta principal de su templo románico hay en el tímpano una piedra que parece inspirada en el arte castrexo .
Levantado en una loma, “um outeiro que se destaca na paisagem agreste”. El lugar de Sanfins “ é um sugestivo miradouro com panorama de sonho”.
El monasterio de Sanfins es imponente en su emplazamiento y está aislado en lo alto de los montes que hay encima de Valença do Minho. . No hay casas en ninguna dirección, una carretera que va por el monte y llaga a un punto final con un pequeño aparcamiento y un camino de no mas de un kilómetro que se hace a pié.
Presenta Sanfins una característica única entre todos los monasterios que conozco: contiene una ermita en lo alto de una pequeña loma, dentro de los muros del monasterio. Una pequeña loma con penedos.
El monasterio de Sanfins se localiza a diez quilómetros de Valença; se llega muy bién desde la carretera de Monçao o desde Monte Faro. El nombre de Sanfins deriva, al parecer, de San Félix y de una ermita a él dedicada. Sobre el río Miño, un mirador hacia Monçao y Tui; en lo alto de un monte una tradición de culto.
“Uma paisagem rude, em que o verde escuro do arvoredo contrasta com os gigantescos afloramentos graníticos”Un emplazamiento donde en fecha tan temprana como el siglo VI, San Rosendo patrocina la construcción de un monasterio benedictino. Allí se había instalado un primer monje, en los comienzos de la orden. Em 1134, el rey D. Afonso Henriques lo benefició con propiedades y rentas; sus dominios llegaron a abarcar cinco feligresías: Boivão, Gondomil, Friestas, Sanfins e Verdoejo.
El convento de Sanfins fue “ construído y reconstruído” y de la construcción medieval solo se conserva la iglesia: “ um dos monumentos românicos portugueses melhor conservados”. Con una sola nave, “ muito alta e estreita”, “é de uma construção muito cuidada”. Presenta una espléndida animación figurativa “ com temas animalescos e vegetais”, y una fuerte “ cabeceira redonda em dois tramos, onde se adensa a decoração arquitectónica”. Del estilo de la catedral de Tui y muy parecida a la de Ganfei. Tal y como hoy se ve, “ é uma construção que se deverá situar na transição do século XII para o XIII”
in Rutas y Paisajes

As feiras e os mercados de Tui, unha continuidade de máis 750 e 387 anos respectivamente

A función comercial da cidade de Tui é unha das súas principais características ao longo dos sécuos e a expresión máis sinalada da súa base económica, aínda na actualidade.
A documentación medieval ofrece noticias diversas que inciden nesta dedicación da cidade ao comercio. Xa no ano 1125 a infanta Dona Tereixa de Portugal concédelle á sede tudense o monopolio do tráfico de barcos no porto da cidade. O apoio rexio a esta dinámica comercial queda ratificado pola concesión do Emperador, Alfonso VIII, en 1142 do portádego (imposto que se cobraba  por entrar na cidade para vender ou transitar mercancías) á catedral tudense.  Testemuños da actividade de intercambios comerciais, tanto por vía fluvial como terrestre, que protagonizaba a cidade. Aínda que a documentación non cita expresamente a celebración dunha feira en Tui, haberá que agardar máis dun século, resulta verosímil que este acontecemento comercial existise como lugar privilexiado do comercio.
Posteriormente, en 1170, Fernando II atendendo o crecemento da poboación acorda o “traslado” da cidade ao outeiro sobre río Miño  para mellorar a súa defensa pero tamén a dota de recursos coa concesión do foro á cidade de Tui e os seus habitantes onde sinala “que los mercaderes de Tui que vayan e vengan seguros por todo el Reino”. A cita aos mercadores  tudenses patentiza, de novo, a existencia dun mercado regularizado e estable na cidade, cun grupo de persoas que se dedican a esta actividade comercial e que serán á base da especialización comercial tudense.
Haberá que agardar ao documento de Fernando III, en 1250, cando ratifica os foros tudenses de 1170 onde menciona a existencia de dúas grandes feiras anuais na cidade: mandamos que asi sea tenido que el Obispo haya el detallo cada anno ocho dias  en la Feria de Pascoa et otros ocho en la feria de Sancta María de Agosto
Temos pois a constancia da existencia dende, ao menos, o século XIII de dúas grandes feiras anuais na nosa cidade que certifican o papel de centro comercial. Unha feiras que xa existían no ano 1250 pois o monarca concede non a creación da feira senón o cobro dun importo por parte do bispo tudense.
En consecuencia, son alo menos 750 anos de continuidade, dunhas feiras que marcarán o devir da cidade ao longo dos séculos, e das que hoxe conservamos como testemuño, como veremos logo, as chamadas feiras dos cabalos de San Telmo e San Bartolomeu.
Aínda que carecemos de referencias concretas posiblemente ao lugar de celebración das feiras serían as dúas prazas do entorno da Catedral, a Praza de cerca de Santa María do Portal e a praza do Carballo, ou, andando os anos, xa extramuros, na Corredoira.
Posteriormente, en data sen determinar pero xa na Idade Moderna, se incorpora ao calendario unha nova feira a celebrar en torno á festividade de San Andrés (festividade de consagración da Catedral) o 30 de novembro, así como unha feira mensual o día 4 de cada mes.
Xa na metade do século XIX tiña desaparecido a feira da San Andrés, a feira mensual desaparece nas primeiras décadas do século XX. A mellora das comunicación impulsan unha mellora na distribución de alimentos, dos diversos tipos de subministracións, dos “abastos”, o que deixa sen función estas grandes feiras que van ficando reducidas á compra e venda de gando que coa transformación da agricultura de subsistencia en industrial deixan de ter funcionalidade. Un proceso máis acelerado nos espazos urbanos (como é o caso tudense) e máis serodio, pero irreversible, no ámbito rural.
Con todo, en Tui conservamos a testemuña destas grandes feiras anuais na celebración das feiras de cabalos nas mesmas datas que historicamente, coincidindo coa festividades de San Telmo (na Pascua) e San Bartolomeu o 24 agosto. Son cerca de oito séculos de continuidade histórica que chegan ata os nosos días. Un acervo de séculos que temos de valorar pois en moi poucos lugares pódese acreditar unha tradición tan alongada. Unha expresión do patrimonio inmaterial tudense ao que tantas veces prestamos escasa atención.
Pola súa banda, os mercados tudenses dan inicio coa decisión do bispo Diego de Vela, como señor da cidade, de crear en 1632 un mercado semanal a celebrar cada sábado. Este bispo ao pouco de tomar posesión da sede tudense escrebeu al efecto a los curas párrocos del Obispado para que propusiesen a sus feligreses que tragesen a vender a esta ciudad todos los sábados del año lo que les pareciese, ofreciéndoles toda conveniencia.  Crea así o mercado semanal dos sábados na praza da Catedral e do seu Pazo episcopal. Un mercado que contribúe á dinamización da vida comercial da cidade, evidenciando como as tres feiras anuais resultaban insuficientes para satisfacer a demanda urbana. Cabe lembrar tamén que nesa altura histórica o reino de Portugal formaba parte da monarquía de Felipe IV. A posición fronteiriza de Tui resultaba agraciada por esta integración que favorecía as relacións de todo tipo co inmediato Reino de Portugal. A Guerra da Restauración ente 1640 e 1668 racha con esta dinámica e mesmo os diversos episodios bélicos que acontecen en Tui e na fronteira hispano lusa arruínan á propia cidade de Tui.
O Concello e os Xustizas da cidade acordan na sesión do 24 de xuño de 1679 o traslado mercado semanal dos sábados para o xoves por cuanto en el sabado había otros en diferentes pueblos del Obispado e impedían la concorrencia al nuestro. A medida municipal debeu ser exitosa e contribuíu ao desenvolvemento do mercado semanal e así no ano 1693 os Xustizas e o Concello acordan, na sesión celebrada o 3 de xuño, que a celebración da feira mude de localización. Avila y La Cueva nos informa:
Haciase atiguamente en esta ciudad el mercado semanal de los jueves en la plazuela que está frente a la puerta principal de la Catedral, y como el sitio era muy reducido para poner tiendas, vender y comprar todas las especies que concurrían al mercado, y con este motivo se ocupaba toda a calle sin dejar sitio para transitar la gente, caballerizas y carros; y llegaban los concurrentes hasta ocupar todo el pórtico de la Catedral y Palacios Episcopales con gran irreverencia del templo, hallandose los asistentes  sumamente oprimidos en tan pequeño espacio mandó la Justicia y Ayuntamiento en 3 de junio que de aquí en adelante se trasladase el mercado a la calle de la Corredera donde se celebravan las ferias anuales de los días de San Pedro Telmo y apostoles San Bartolomé y San Andrés.
Pero o mercado, e non digamos as feiras, ocupaban un espazo máis amplo á propia Corredeira daquel tempo (moito máis reducida que na actualidade) e así hai diversas referencias ao longo dos anos á especialización dalgunhas rúas e prazas. Así na Praza de San Fernando se vendían as sementes, na actual rúa Ordoñez (xunto á Praza da Verdura) vendíanse os coellos, a leña, o leite, etc.
Cando escribe a súa “Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tui y su obispado” Francisco Avila y La Cueva, que conclúe arredor de 1852, sinala o seguinte:
Desfruta esta ciudad de un mercado principal todos lo jueves del año muy concurrido y provisto de todo, y otro menor los domingos: feria mensual el día 4; y anuales en el del Apostol San Bartolomé, 24 de agosto, y en el de San Pedro Telmo que es en el lunes siguiente al domingo de Cuasimodo: y poco ha también tenía en el día de San Andrés Apostol, 30 de noviembre.
O mercado semanal tudense acada tamén os 387 anos de existencia e 340 anos de celebración os xoves e tamén unha localización no Paseo da Corredoira que chega ata os nosos días logo de 326 anos de continuidade, aínda que, actualmente, ampliando a súa área a outras rúas da cidade, primeiro adxacentes e na actualidade ás denominadas “rúas novas”. Como no caso das feiras unha tradición histórica de longo percorrido no tempo.
Amais da regulación do mercado e feiras, o Concello tamén tiña o control da venda de carne, especialmente das pesas e medidas coas que se cobraba aos clientes e da salubridade da carne en venda. No ano 1669 o Concello acorda na sesión do 23 de febreiro a reedificación das Casas Consistoriais pois naquel inverno houbera un derrube nas mesmas pois eran antiguas y viejas. Nos baixos estaba localizada a Carnicería da cidade pero debido a la mucha indencencia da mesma deciden o seu traslado extramuros da cidade. Así se constrúen neste momento onda a Porta da Pía, en dirección á Porta das Trabancas, a Praza da Verdura e no outro lado, a Praza do Peixe.
No ano 1813 se acorda realizar unha nova Praza do Comestible; para este obra, como sinala Suso Vila, tiñase que derrubar a Torre das Estrabancas (que tiña pranta pentagonal) que obstruía á rúa, reedificouse ese tramo de muralla, colocándose á súa beira os cubertos para a venda. Estaba formada por piares de canto biselado que sostiñan as trabes de castiñeiro para o tellado. Rematouse de facer esta obra en 1824 pois como sinala Avila y La Cueva houbo falta de medios para llebar adelante la obra.
A reedificación deste tramo da muralla medieval (hoxe rúa Ordoñez) foi adxudicada no ano 1823 polo Concello aos mestres de cantería Juan Francisco Alonso y José Areal, veciños de Pazos de Reis, conxuntamente con Francisco Fernández e Benito Alonso, veciños de Rebordáns, na cantidade de 5.800 reais. Tamén foi preciso acometer unha intervención na Porta da Pía coa supresión do baluarte existente nese lugar e incluso coa transformación da propia Porta realzando o seu arco de entrada, de seguro de demasiado baixo para o paso dalgún transporte. Esta obra foi realizada por Francisco Fernández de Rebordáns por 16.000 reais aboables en tres prazos.
Esta praza, posteriormente denominada Paza da Verdura ao reunirse nela os días de mercado os vendedores de produtos do campo, foi derrubada nos anos setenta do pasado século, perdéndose un obra de arquitectura urbana de grande interese patrimonial. Na actualidade no seu lugar hai unha zona de aparcamento e o monumento ao arcebispo Manuel Lago, obra do escultor Xoán Piñeiro.
No plano da cidade de 1856 de Francisco Coello figura xa sinalado o campo da feira xunto ao cemiterio municipal, creado no ano 1833, dedicado basicamente ao gando vacún. Nun espazo que debía ser amplo, pois no ano 1876 ao realizarse a estrada de Baiona (actual rúa González Besada) a obra obriga a desprazar as feiras mensuais de cabalos e gando vacún.
Ambos equipamentos, a nova Praza de Abastos e o Campo da Feira, se constrúen sobre o espazo do foso do sistema amurallado tudense do século XVII que ao derrubar as murallas é utilizado para estes novos espazos públicos.
No ano 1894 diante da necesidade de atopar un novo lugar para o desenvolvemento das feiras e maçercados o Concello acorda abrir un expediente para realizar un proxecto de traslado do lugar do mercado para os chamados xardíns da “Media Luna” hoxe tamén coñecidos como Xardíns de Rosendo Troncoso, en lembranza deste entusiasta tudense fundador da Liga dos Amigos de Tui nos anos trinta do pasado século. O proxecto nunca foi realizado.
Pero os mercados especializados se distribuían polo entramado urbano tudense. O xornal tudense “El Eco del Miño” no seu número de 26 de xuño de 1880 informa que los tratantes de huevos de la villa del Porriño que acostumbran venir a los mercados de esta ciudad tienen generalmente por teatro de sus negocios la calle del Piñeiro. No exemplar de 4 de setembro do mesmo anos informa que se acordó trasladar el mercado de los cerdos a la plazuela de los castaños, que limita con las huertas de los señores Amoedo, viuda de Marquina, y Martínez.  Posteriormente en 1885 este mercado dos porcos se sitúa xa no Campo da Feira (na actual Praza de Galicia).
Na mesma liña, o Pleno da Corporación Municipal acorda no ano 1915 que continúe na rúa Elduayen (Corredoira) á venda de legumes e outros artigos, e a venda de aves cambiase da Glorieta á praza do Cantón de Diomedes.
O proceso de modernización dos equipamentos urbanos tudense, conleva que nas primeiras décadas do século XX, no cantón entre a rúa Augusto González Besada (daquela Colón) e Leopoldo Martínez Padín se constrúa unha Praza de Abastos, realizada coa estética funcionalista propia daquel momento, con muros de pilastras todo arredor e no interior, unha estrutura de ferro e  longos mostradores de pedra.
No ano 1911 o Concello aproba o proxecto desta Praza de Abastos redactado por Bonifacio Menéndez Conde y Riego, comandante enxeñeiro militar con destino en Tui dende 1901, este retomara un  proxecto iniciado polo tamén capitán de enxeñeiros Enrique Cánovas Lacruz que non completou ao ser destinado a Gudalajara. Pero o comandante Menéndez-Conde solicita ao concello o nomeamento dun arquitecto para completar o proxecto, sendo designado José Franco Montes que realiza o proxecto final. Franco Montes era arquitecto municipal en Vigo con numerosas obras na cidade olívica e no sur da provincia de Pontevedra, ao que contribuíu o seu nomeamento como arquitecto da diocese tudense en 1916. O contratista encargado da obra será Emilio Cortegoso.
O deterioro da Praza logo de varias décadas levan a que o Concello de Tui no ano 1936 acordouse sacar a subasta o proxecto dunha nova Praza de Abastos realizado polo arquitecto Juan Argentí Navajas, con data 10 de setembro de 1935; unha obra que conta coa subvención pola Junta Nacional del Paro Obrero.  Obras que continúan e amplían no ano 1937. Juan Argentí, arquitecto madrileño afincado en Pontevedra e autor de numerosas obras, realiza un deseño de arquitectura do ferro de gran interese. O contratista será Serafín Fernández, logo fusilado polas forzas franquistas en outubro de 1936.
No ano 1969 se aprobaron e adxudicaron as obras do novo Mercado de Abastos, na rúa Alcalde Casal Aboy, á empresa “Construcciones Emilio Suárez” por un importe de 10.977.177 pesetas das que 7.684.024 pesetas serían de achega municipal e o restante por unha subvención estatal, comezando o seu funcionamento no ano 1972, ata o ano 2005 e que foi trasladada a súa actual localización na zona da Lagoa.
ais
Foi derrubada no ano 1972 cando se acordou a construción dunha nova Praza na rúa Alcalde Casal Aboy (daquela Chau-Chau) dado o seu estado ruinoso. Os terreos foron obxecto dunha urbanización especulativa carente de racionalidade e estética, con edificios de ata oito alturas que racharon co equilibro urbanístico desta zona da nosa cidade.
Sirvan estas liñas como referencia á continuidade secular que feiras e mercados teñen na nosa cidade e que supuxeron e supoñen unha das principais funcións do núcleo urbano tudense ao longo do tempo.
in Tudensia

sexta-feira, 24 de janeiro de 2020

Trilho de São Pedro da Torre a Verdoejo


Record de participación na Regata Miño Internacional con máis de 350 remeiros e remeiras

Presentación da Regata Miño Internacional
Este sábado celébrase a corenta edición desta proba en augas do río Miño
A Regata Miño Internacional rexistrará record de participación este sábado na celebración da súa corenta edición. Congregará a máis de 350 remeiros e remeiras pertencentes a 16 clubs de España e Portugal. Esta proba está organizada polo Club Remo do Miño coa colaboración do Concello de Tui, a Deputación de Pontevedra,  a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Remo. 
A presentación deste evento deportivo tivo lugar este mediodía na casa do concello de Tui a cargo do alcalde en funcións, José Ramón Magán, do concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o xefe provincial de Deportes, Daniel Benavidades, o presidente do Remo do Miño, Manuel Ángel González, e o vicepresidente do club, Luís Moroño.
José Ramón Magán, alcalde en funcións, lembrou a importante vinculación de Tui co río e co remo. Agradeceu o esforzo do Club Remo do Miño na organización desta proba ao longo destas catro décadas. Quixo destacar tamén que este ano a participación masculina e feminina estará moi igualada. 
O concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, puxo de relevo o apoio do concello ás competicións deportivas, salientando que é a primeira proba con carácter anual que se celebra no calendario deportivo da cidade. 
Manuel Ángel González, presidente do Club Remo do Miño e que participou coma remeiro na primeira edición da regata, destacou o gran éxito de participación que se rexistra nesta 2020, así coma o feito de que a presenza de remeiros e remeiras está case igualada. Outro dos puntos destacados por Manuel Ángel González é a presenza de catro deportistas olímpicos nesta competición, aproveitando para lembrar que nas filas do Remo do Miño hai xa catro olímpicos, Jesús González, José Ignacio Bugarín, Jacobo Moroño e Jacobo Suárez, aos que se sumará Rodrigo Conde que estará en Tokio 2020.
O vicepresidente do club organizador Luís Moroño indicou que se trata dunha proba “moi vistosa e cunha saída en liña espectacular”. Partirá dende Currás, para completar os seis quilómetros do campo de regatas até Tui. 
Daniel Benavides, o xefe provincial de Deportes, lembrou o compromiso acadado o pasado mes de setembro pola Secretaría Xeral para o Deporte para organizar unha liga galega de clubs de banco móbil, e darlle así un empuxe novo a este deporte. Indicaba que Tui debe ser un dos lugares nos que se celebre unha das proba desta nova liga. 
350 DEPORTISTAS, 16 CLUBS E 56 EMBARCACIÓNS
A XL Regata Miño Internacional contará cunha participación de record neste 2020 ao estar inscritos 16 clubs de España e Portugal con 350 deportistas en 56 barcos que competirán en 8 con temoeiro, 4 Scull e 8 con temoneiro veterano tanto nas categoría masculina coma feminina.
Están inscritos seis clubs galegos: o Remo do Miño e o Remo Tui, o Club Mar de Noia, o Club Remo Vigo, o Ría de Marín, e o San Felipe. Competirán nove clubs portugueses: Académica de Coimbra, ADCJC Cerveira Remo, Sporting Clube Caminhense, Clube Naval Infante Don Henrique, Real Clube Fluvial Portuense, Galitos de Aveiro, Ginásio de Figueira da Foz, Viana Remadores do Lima e Sport Club do Porto. Tamén participará o club Mixto Málaga-Sevilla. 
A regata máis numerosa será a do Catro Scull Masculino con 16 embarcacións, seguida do Catro Scull Feminino con 15 barcos.  Haberá 13 barcos en competición en Oito con temoneiro masculino e 4 en feminino. Por último serán 8 as embarcacións que participen no Oito Veterano Masculino. 
A saída está prevista ás 11.30 h dende Currás, en Tomiño,  para completar unha distancia de 6 quilómetros até a liña de meta situada fronte á rúa Olímpicos Tudenses en Tui. A  entrega de premios realizarase ás 13 h.
CORENTA ANOS DE COMPETICIÓN
A proba naceu hai corenta anos coma unha regata de participación aberta a calquera club da península. A primeira edición, que constaba de 16 quilómetros entre Goián e Tui, foi gañada polo Oito con Temoneiro do Remo do Miño adestrado por José Luís Méndez, cun tempo inferior a unha hora, que marcou récord nesta distancia que aínda non foi superado. 
En 1981 e 1987 a organización recaía en anos alternos entre o Club Remo do Miño e o Caminhense, sendo o campo de regatas entre Goián e Tui, ou entre Carregal e Caminha.  Dende 1988 o Club Remo do Miño asume cada ano a organización desta consolidada regata que contou en 1990 coa participación das universidades de Cambrigde e Oxford, e en 2017 do equipo feminino do First and Third Trinity College Boat Club da Universidade de Cambrigde.
RESTRICCIÓNS NO TRÁFICO
Debido á celebración da LX Regata Miño o sábado pola mañá estará pechado o acceso ao tráfico na rúa Olímpicos Tudenses.

Los Supersonic en Tui