Tui, coma porta de entrada do Camiño Portugués en Galicia, volve acoller este ano dous concertos destacados do Festival Via Stellae. Desenvolveranse este sábado día 4 e o sábado día 11 no privilexiado marco da Igrexa de Santo Domino.
Este sábado ás 21h actuará o tenor sevillano Juan Sancho e o grupo Ars Atlántica que dirixe o arpista compostelán Manuel Vilas, fundador desta agrupación que actuou por primeira vez en público o ano pasado no Festival Via Stellae. No concerto van presentar a segunda entrega da recuperación que Manuel Vilas está a facer do Manuscrito Guerra: colección de tonos humanos que se conserva na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago e que a prestixiosa multinacional Naxos comezará a publicar proximamente en colaboración co Via Stellae.
IV Festival Via Stellae
Data e hora: Sábado 4 de xullo ás 21h
Lugar: Igrexa de Santo Domingo
O Manuscrito Guerra (volume 2)
JUAN SANCHO tenor
ARS ATLÁNTICA
ELIGIO QUINTEIRO guitarra
MANUEL VILAS arpa de dúas ordes e dirección
ENTRADA LIBRE até completar o aforamento
Sem comentários:
Enviar um comentário