quarta-feira, 8 de fevereiro de 2012

Os oficios e as labores tradicionais a escena con O Fiadeiro



Os oficios e as labores tradicionais son as protagonistas do espectáculo “Esta noite hai unha fia” que este sábado, ás oito e media da tarde, o grupo O Fiadeiro vai levar a escena no Teatro Municipal de Tui
Esta noite hai unha fia” é un espectáculo de dúas horas de duración, no que ao longo de trece escenas se debullan pezas de música e baile tomando como fío argumental os cantos propios dos oficios tradicionais galegos. Cada unha destas escenas parte coa escenificación dun oficio ou labor, seguida das músicas e bailes da mesma área xeográfica.
Este espectáculo foi ideado por Miguel Souto e reúne a cincuenta artistas entre músicos (dirixidos por Rafael Crespo), pandereteiras e pandereteiros (seccións a cargo de Javier Feijoó Chisco) e bailadores (baixo a dirección do propio Souto). Amais cada baile conta cun vestiario diferente (baixo a dirección de Begoña Martínez, encargada de vestiario e de estudo e recuperación de traxes e vestimenta tradicional).
”Esta noite é unha fia” é froito do traballo de campo desenvolvido dende 1996 polos membros da Asociación Cultural Folclórica “O Fiadeiro”, por toda Galicia. Entre os oficios e labores recollidas nesta montaxe está o de mineiro, músico, pedreiro, castañeiras, fiandeiras... ou o labor de ser nai. Pero tamén reflicte os días de festa coas treboadas e os cantos de Reis. O resultado é un espectáculo para todos os públicos e todas as idades que fará disfrutar da música e baile tradicionais galegos.
As entradas para este espectáculo están xa á venda, ata o sábado ás 13h, na web www.culturatui.info, ou o sábado dende ás 19h no despacho de billetes ao prezo de 4€ e 3€.
O Fiadeiro con “Esta noite hai unha fia”
Data: Sábado, 11 de febreiro, ás 20.30hh
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Venda de Entradas: na web www.culturatui.info ata o sábado ás 13h, ou o sábado dende ás 19h no despacho de billetes
Prezos: 4€ e 3€.

Sem comentários:

Enviar um comentário