quarta-feira, 21 de março de 2012

A Asociación Iacobus Organiza “Lugares do Camiño” en Tui e Valença


A Asociación Iacobus, organiza a actividade “Lugares do Camiño”, unha visita guiada a diversas localidades dos Camiños Portugueses de Peregrinación a Santiago de Compostela. Visitas estas, que inciden sobre os marcos xacobeos de cada localidade visitada, e tamén sobre o seu patrimonio cultural, artístico, arquitectónico e gastronómico.
“Lugares do Camiño” realizase para crear un acto de convivencia entre socios e amigos, unha visita cultural e unha lixeira camiñada. 
En colaboración con a A.E.J. (Associação Espaços Jacobeus) e despois do éxito da iniciativa desenvolvida en Agosto de 2011 (Fontoura – Valença do Minho – Tui), organizamos “Lugares do Camiño” en Valença do Minho e en Tui, o próximo Sábado, dia 24 de Marzo.
Con esta actividade, ademais de ofrecer unha oportunidade de visitar e coñecer mellor este importante marco, dos camiños portugueses de peregrinación a Santiago de Compostela, teremos en conta a divulgación da candidatura da Fortaleza de Valença do Minho a Patrimonio da Humanidade, e a recen constituída eurocidade. 
Esta actividade conta co apoio do Concello de Tui e da Câmara Municipal de Valença do Minho. 
PROGRAMA
10.00 – Concentración dos Participantes (Albergue de Peregrinos de São Teotónio de Valença do Minho).
11.00 – Início da visita guiada a Valença do Minho.
14.00 – Comida 
16.00 – Camiñada ata Tui.
17.00 – Visita a la cidade histórica de Tui.
19.00 – Regreso a Valença do Minho e fin da actividade.
Máis informacións e inscripcións (ata dia 23 de Marzo) en iacobus.tui@gmail.com e no blog iacobus-tui.blogspot.com

Sem comentários:

Enviar um comentário