quinta-feira, 27 de dezembro de 2012

Mañá celébrase o tradicional concerto de Fin de Ano


Tui vai despedir o ano con música co tradicional Concerto de Fin de Ano que se celebra mañá venres, 28 de decembro, a partir das 21h, no Teatro Municipal. Por décimo terceiro ano consecutivo correrá a cargo de dúas agrupacións locais. Abrirá o concerto a Coral da S.I. Catedral, que este ano cumpre 40 anos dende a súa fundación, dirixida por Don Agustín Sobral e acompañada ao órgano por Don Ángel Viro Caamaño. E na segunda parte actuará a Banda de Música Popular de Tui, baixo a batuta de Adolfo Besada. O concerto rematará coas dúas agrupación actuando de xeito conxunto para interpretar  “Tannauser” de R. Vagner e “Viva Tui”.
As entradas para este evento musical están á venda en www.culturatui.info ata mañá ás 13h ou se poden adquirir mañá venres dende ás 18.30h
O programa que van interpretar será o seguinte:
CORAL POLIFÓNICA DA S.I. CATEDRAL DE TUI
1.- Cantet Chorus Angelorum – Adeste Fideles Manuel M. Posse
2.- Santo Jose Popular Vasca
3.- Noche De Dios Frnaz Gruber
4.- Las Hojas Muertas J. Prevert – J. Kosme
5.- Mira, Que Eres Linda Julio Brito
6.- Noche De Ronda Mª Teresa Lara Aguirre
7.- Miña Terriña R. Soutullo
Arreglo Coral y Letra: Angel Viro
8.- El Peregrino Arreglo para Coro: Angel Viro
BANDA DE MUSICA POPULAR DE TUI
1.- Musica Y Poble Ferrer Ferran
2.- Riveren – Cyclus A. Malano
3.- Picolo Picante Derek Bourgeois
4.- Xilo Classi Gerd Bogner
5.- Artessene G. Bizett
6.- Estraños En La Noche Bert Kaempfert
7.- Lago De Los Cisnes
8.- Danubio Azul Straus
9.- Marcha Radezky Straus
CONXUNTAMENTE
A.- Tannauser R. Vagner
B.- Viva Tui


Sem comentários:

Enviar um comentário