quarta-feira, 6 de março de 2013

MAÑA PRESENTACIÓN DO LIBRO “LUZ DE TINIEBLA” DO TUDENSE ANXEL VAZQUEZ DE LA CRUZ


A Sala Félix Rodríguez González acolle mañá xoves 7 de marzo, ás 19,30 horas, o acto de presentación do libro “Luz de tiniebla” do escritor tudense Ánxel Vázquez de la Cruz. Esta obra é traducción ao español da obra editada orixinariamente en galego co titulo “Luz de Tebra” editada no ano 2010. No acto de presentación participarán xunto ao autor, o seu irmá Manuel Vázquez de la Cruz e o médico neurofisiologo, José María Fernández Rodríguez.
Ánxel Vázquez de la Cruz naceu en Tui en 1942. Estudou Medicina en Santiago e tivo o seu primeiro traballo como médico de garda nos hospitais de beneficencia de Pontevedra e Vigo. Fixo a especialidade de Pediatría e Neonatoloxía no Hospital Vall d'Hebron de Barcelona, onde traballou posteriormente ata incorporarse no ano 1974 ao hospital da Seguridade Social da Coruña, onde foi xefe de servicio e director do hospital materno infantil. 
Da súa época de estudante datan os seus primeiros escritos, relatos e artigos de opinión publicados na prensa. Tamén escribiu para distintas revistas literarias galegas e é autor do guión da película “A Romaría da Morte”, Premio Ramón Dagá de Cine Social de Granollers, 1975. En 2010 publica “Luz de Tebra” (Edicións Xerais de Galicia), que acada de inmediato un extraordinario éxito por parte de lectores e crítica especializada, converténdose neses meses no libro más vendido de Galicia en lingua galega. Agora se publica por primeira vez en español, traducido/reescrito polo propio autor, incorporando tamén o prólogo de Manuel Rivas da edición galega.
O escritor Eduardo Galeano ten afirmado «Luz de tiniebla se inserta para siempre en la herencia de las mil y una noches de Galicia... Cuando uno lo siente en sus manos, cuando uno lo lee, siente el calorífico fermentar de la luz en la oscuridad. Y siente la felicidad clandestina de quien es agasajado con el susurrar de la boca de la mejor literatura». 
Agora a traducción ao español que mañá se presenta en Tui supón achegar esta singular obra de relatos de inigualable mestría a novos lectores que poderán disfrutar desta obra que ten a Tui e a súa contorna como un dos seus protagonistas. Este acto esta organizado pola Biblioteca Municipal do Concello de Tui.

Sem comentários:

Enviar um comentário