quarta-feira, 24 de abril de 2013

O Concello de Tui será a saída do I Triatlón Concello do Porriño


O I Triatlón Concello de Porriño, organizado polo Concello do Porriño en colaboración coa Federación Galega de Triatlón e o Concello de Tui, celebrarase o sábado 25 de maio, tendo a súa saída no Concello de Tui, máis en concreto dende a zona da Marina, dende onde partirá a proba a nado no río Miño, cun percorrido de 750 metros.
Tras a proba a nado os triatletas percorrerán en bicicleta as rúas de Tui, o camiño de Santiago pola parroquia de Ribadelouro, en dirección a Porriño, onde tras facer 20 quilómetros, rematarán a carreira de 5 quilómetros a pé polas rúas do centro de Porriño.
A presentación desta proba celebrouse o pasado venres en Porriño, estando presentes o Alcalde de Porriño, Nelson Santos, o Concelleiro de Deportes de Porriño, Alejandro Lorenzo, o Presidente da Federación Galega de Triatlón, Francisco Villanueva, así como o Concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo.
Para Nicolás Lorenzo, a colaboración co Concello de Porriño na organización de eventos deportivos é máxima, dado que ambos concellos en conxunto poden aspirar á organización de grandes competicións, como xa se constatou na organización do Campionato de España de Baloncesto en categoría Júnior.

Sem comentários:

Enviar um comentário