segunda-feira, 9 de setembro de 2013

MAÑÁ ÁS 20H NA IGREXA DE SANTO DOMINGO CONCERTO DE UXIA: “ROSALÍA PEQUENIÑA”

A cantante Uxía Senlle e o músico Sérgio Tannus achegan mañá martes, ás 20h na Igrexa de Santo Domingo, as obras de Rosalía de Castro en forma de concerto baixo o nome “Rosalía Pequeniña”.
O programa de dinamización lingüística FalaRedes comezaba en maio con este ciclo de concertos na comunidade galega con motivo do 150º aniversario da publicación de “Cantares Gallegos”. O obxectivo é crear espazos de aprendizaxe do galego e da súa cultura ligados a actividades de lecer.
Así, mañá os máis cativos poderán gozar xunto coas súas famílias e o público em xeral dun concerto que ,a través de muiñeiras, blues e rock, achegará os poemas da escritora galega coma “Maio longo”, “Paseniño” ou “Alborada”.
Esta actividade está impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística da que forma parte do Concello de Tui dende os seus inicios.

Sem comentários:

Enviar um comentário