Esta fin de semana disputarase o I BTT Descenso Cidade de Tui, proba deportiva organizada polo Club Ciclista Tribu del Ñu, en colaboración co Concello de Tui e coa Federación Galega de Ciclismo. Levarase a cabo no Parque Natural do Monte Aloia e nos montes de Rebordáns e Pazos de Reis.
O circuíto establecido pola organización sairá dende o Alto da Bouza da Ovella, no Parque Natural do Monte Aloia, e rematará no Cruceiro do Barronco, en Rebordáns. As coordenadas de acceso pódense consultar en http://descensocidadedetui.blogspot.com.es/
O sábado serán os adestramentos libres de 12h a 14h e de 16h a 17h. O domingo os entrenos serán de 10h a 13:30h, dando comezo a manga clasificatoria as 15:30 e a final as 17h.
Haberá 1.000€ en premios para os gañadores das diferentes categorías, sorteando entre tódolos participantes un casco Bell Transfer 9, e dando a coñecer o gañador de unha bicicleta Ghost 4X Comp e unha tablet das rifas vendidas para axudar o evento.
Sem comentários:
Enviar um comentário