segunda-feira, 1 de junho de 2015

O Concello de Tui acometerá o arranxo e a mellora da pavimentación en tres camiños da cidade

En concreto trátase dos camiños da Sarabia, Corvaceiras e Areas
O orzamento total das tres intervencións ascende a 83.497,94€ e inclúese dentro do “Plan Marco de Mellora dos Camiños Rurais” que conta cunha subvención do Agader de 67.632,69€
O Concello de Tui levará a cabo o arranxo e a mellora da pavimentación en tres camiños da cidade. Concretamente, actuará sobre as estradas de Sarabia, Corvaceiras e Areas. Debido ao elevado tráfico que soportan estas vías, produciuse un grave deterioro do seu pavimento, polo que se fai necesario o seu o reasfaltado.
As tres obras están contempladas dentro do “Plan Marco de Mellora dos Camiños Rurais” 2014-2015.  O orzamento total contemplado para arranxar os tres camiños ascende a 83.497,94€, dos que o Agader aporta 67.632,69 € a través dunha subvención ó Concello de Tui.
En concreto as obras a realizar serán o asfaltado con aglomerado en quente e a reposición da nova cota das tapas de arquetas afectadas pola pavimentación, ademais da limpeza e sinalización dos tres camiños.
Para o alcalde de Tui e de grande importancia manter en bo estado os camiños do rural tudense, pois moitos deles soportan un tráfico igual ou superior a vías de maior importancia. Coa intervención nestes tres puntos daráselle solución ós problemas que ata o de agora impedían unha circulación segura e cómoda polos mesmos.

Sem comentários:

Enviar um comentário