terça-feira, 13 de fevereiro de 2018

A campaña “O que se enchufa recíclase” está en Tui até o 17 de febreiro

O punto informativo está situado na praza da Inmaculada
Até o sábado 17 de febreiro está na Praza da Inmaculada de Tui a un punto informativo da campaña “O que se enchufa recíclase” da Consellería de Medio Ambiente en colaboración co Concello de Tui e Ofiraee.
Trátase dunha campaña de información e sensibilización para a correcta xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos a través dos puntos de venda deste aparellos.
Deste xeito “O que se enchufa recíclase” ten por obxectivo fomentar a xestión dos residuos dos aparellos eléctricos e electrónicos a través do puntos de venda onde son instalados contedores onde os cidadáns poderán depositar estes elementos. En concreto en Tui son dous os establecementos adheridos á campaña nos que se poden depositar os electrodomésticos en desuso Electrodán e Davisoft
Dous asesores atenden aos cidadáns que até o punto de información na Praza da Inmaculada en horario de 11 a 14h e de 16 a 19h. Os consumidores que visitan o posto informativo reciben un pequeno agasallo para incentivalos a reciclar.

Sem comentários:

Enviar um comentário