terça-feira, 26 de novembro de 2019

600 escolares asisten á representación de “Somos iguais. Contos pola igualdade”

SERÁ MAÑÁ MÉRCORES EN DOBRE FUNCIÓN NO TEATRO MUNICIPAL
Máis de 600 alumnos e alumnas con idades entre os 3 e os 7 anos de centros educativos de Tui asistirán mañá mércores, 27 de novembro, no Teatro Municipal á representación de “Somos iguais. Contos pola igualdade” con Raquel Queizás. Está organizada pola concellería de Cultura de Ensino, da man de
Á primeira función, prevista para ás 10.30 h, asistirá o alumnado do CRA Mestra Clara Torres, e dos CEIP’s de Randufe, Pazos de Reis, Guillarei, Rebordáns e Caldelas. Á segunda función, ás 12.30 h, acudirá o alumnado dos CEIP’s nº1 e nº2 e do Colexio Santa María Maristas.  
Nesta obra Queliña, unha nena que quere ser piloto, rompe os estereotipos que abundan nos contos e preséntanos a nenas decididas e nenos sensibles. A través dos contos con esta obra búscase previr dende a nenez todo tipo de violencia mediante novos modelos de feminidade e masculinidade rachando así cos roles e estereotipos asignados.

Sem comentários:

Enviar um comentário