quarta-feira, 6 de outubro de 2010

Galitoon volve a Tui con “Rosalía, a pulga que escribía”

O aforo está limitado a 200 persoas por función que terán lugar ás 18 e ás 20h É unha obra de monicreques de mesa para público familiar
A compañía Galitoon regresa ao Teatro Municipal de Tui cunha nova proposta teatral para público familiar, logo do éxito acadado anteriormente na cidade con “Golulá” e “Babiliglub”. Neste caso con monicreques de mesa porán en escena “Rosalía, a pulga que escribía”. Haberá dúas funcións, a primeira ás 18h e a segunda ás 20h, estando limitado o aforo en cada unha delas a 200 espectadores.
As entradas teñen un custo de 3€ e 2€. Pódense adquirir en venda anticipada na web www.culturatui.info, ou hora e media antes da función no despacho de billetes da Área Panorámica
Galitoon con “Rosalía, a pulga que escribía”
-          Lugar: Teatro Municipal de Tui
-          Data: Venres, 8 de outubro
-          Hora: Ás 18h e ás 20h cun máximo de 200 espectadores por función
-          Entradas: 3€ e 2€ venda en www.culturatui.info ou no despacho de billetes hora e media antes do comezo da función. 

Sem comentários:

Enviar um comentário