segunda-feira, 2 de abril de 2012

A BIBLIOTECA MUNICIPAL CELEBRA HOXE O “DIA DO LIBRO INFANTIL” CUNHA PROXECCIÓN E UN OBRADOIRO DE “BOOKCROSSING” PARA NENOS


A Biblioteca Pública Municipal de Tui súmase nesta xornada do 2 de abril á celebración do “Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil”, unha data que coincide co aniversario do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.
Para a celebración desta xornada a Biblioteca Municipal tudense promove unha dobre actividade que terá lugar a partires das 17,30 horas desta tarde:
a)En primeiro lugar se proxectara unha película de animación para rapaces ata os dez anos de idade. 
b)De seguido realizarase cos asistentes a esta proxección un obradoiro de “bookcrossing” ou “liberación de libros” a cargo dos nenos e nenas asistentes. Neste obradoiro se explicará sucintamente en que consiste esta actividade, que obxectivos pretende, etc. Deste xeito os rapaces participantes procederán á liberación de libros en diversos lugares da nosa cidade.  Trátase, en definitiva, de promover o libro e a lectura nos diferentes ámbitos da vida colectiva tudense.
Para a concelleira de Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, con esta nova actividade a Biblioteca Municipal continúa avanzando na realización de actividades de promoción da lectura, explorando novos ámbitos de actuación como é agora o caso do “bookcrossing”.

Sem comentários:

Enviar um comentário