segunda-feira, 29 de outubro de 2012

A AULA DA UNED ORGANIZA UN CURSO DE “INICIACIÓN AO TEATRO E AS ARTES ESCÉNICAS”


A Aula da Uned de Tui continúa organizando neste curso 2012-2013 novas cursos de formación que achegan aos veciños de Tui e a súa contorna un amplo abano de actividades que enriquecen a oferta educativa deste centro universitario. Agora presenta un curso de “Iniciación ao teatro e ás artes escénicas” impartido por acreditados profesionais de España e Latinoamérica.
O teatro e as artes escénicas achégannos á nosa parte emocional, á imaxinación, á creatividade e á creación, pero ademais proporcionan unha gran riqueza de recursos  que facilitan o crecemento humano xa que permiten o desenvolvemento de aptitudes  do corpo como medio de expresión e inflúen na capacidade de adaptación a situacións cotiás. Ao longo deste curso aprenderemos, entre outras destrezas, a eliminar bloqueos, timidez, lograr a desinhibición, a desenvolver a concentración, a traballar en equipo, a ter en conta as necesidades do outro. Desenvolveremos a imaxinación, a capacidade de escoita, perderemos o medo ao ridículo e a falar en público... para alcanzar resultados artísticos.
DESTINATARIOS. Público en xeral de todas as idades, e en particular todas aquelas persoas que participan en actividades culturais ligadas ao teatro e ás artes escénicas.
OBXECTIVO: O obxectivo final deste curso é  que os participantes dominen as capacidades básicas de interpretación e de xestión teatral para chegar a ser capaces de montar obras de teatro e  representalas ante un público.
CONTIDOS
Historia do Teatro (3 horas)
Interpretación (12 horas)
Escenografía (3 horas)
Dirección de actores (3 horas)
Técnicas de expresión teatral (3 horas)
Xestión teatral (3 horas)
Crítica de teatro español contemporáneo  (3 horas)
DATAS: Venres, 2, 9, 16 e 30 de novembro;  21 de decembro de 2012; 18 e 25 de xaneiro, 01 e 22 de febreiro; 11 de abril de 2013 de 17:00 a 20:00.
METODOLOXÍA: Todo o estudo realizarase a través da montaxe e interpretación dunha obra concreta de forma que os participantes terán unha implicación activa e participativa no proxecto.
DURACIÓN: 30 horas presenciais
PREZO: 60 euros.
MATRICULA: exclusivamente on-line a través dos seguintes enlace:
www.unedpontevedra.com/tui
http://extension.uned.es/actividad/4240&codigo=IATYL
Para a concelleira de educación e cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, este curso é unha ocasión excepcional para todos os afeccionados ao teatro de achegarse a unha formación a cargo de profesionais das artes escénicas de primeira liña. En poucas oportunidades será posible contar cun plantel de profesores de tan alta traxectoria como neste curso que organiza a Aula da Uned de Tui.

Sem comentários:

Enviar um comentário