quarta-feira, 24 de outubro de 2012

UNHA MESA REDONDA E OS KAMISHIBAI DE MARISA IRIMIA PARA NENOS E PAIS COMPLETAN AS XORNADAS “LENDO NA CASA”


Mañá xoves 25 de outubro a Biblioteca Municipal acolle as últimas actividades das Xornadas “Lendo na casa” que promove a Biblioteca Municipal de Tui xunto ás bibliotecas escolares do noso municipio para achegar o hábito da lectura ao ámbito familiar.
Nesta xornada o programa de actividades abrangue as seguintes propostas: 
18,00 h.: Contacontos de Marisa Irimia  cunha sesión de Kamishibai para rapaces de 6 a 10 anos de iades. Espectáculo narrativo tradicional xaponés. “Kamishibai” é unha palabra xaponesa que significa “Teatro de Papel”. É unha técnica especial de linguaxe oral, que forma parte da herencia cultural xaponesa. Unha forma, dende séculos, de contar contos en Xapón. Trátase dun teatriño de madeira cunha sucesión de láminas coas que se narra e interpreta unha historia.
Ás 19,00 terá lugar unha mesa redonda sobre a temática do achegamento do libro no espazo familiar na que participarán:
- Conchi Regueiro, escritora tudense especializada en narrativa infantil e xuvenil
- Concha Costas responsable de Espazo Lectura de Gondomar unha das experiencias de animación á lectura de maior interese que se teñen producido en Galicia nos últimos anos
- Un representante da asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Remataran estas xornadas ás 20,30 h. cun obradoiro de Marisa Irimia para nais, pais e xente que queira aprender a contar e a ler historias para cativos. Información lúdica e técnica. Ensinarase a contar cun kamishibai, a narralo e interpretalo, e mostraránse as diferenzas claves no seu contido: kamishibai lúdico (para disfrutar do pracer das historias e as imaxes que as vinculan) ou kamishibai educativo.

Sem comentários:

Enviar um comentário