segunda-feira, 6 de julho de 2015

Éxito de participación no I Campus do C.D. Caldelas

Denis Suárez e Rubén Estévez sorprenderon aos participantes coas súas visitas

O Club Deportivo Caldelas organizou a semana pasada, o seu primeiro campus de fútbol, no que máis de cen nenos e nenas, de 3 a 12 anos, participaron no campo municipal de fútbol de Caldelas, nas actividades organizadas polos adestradores e monitores do club.
A actividade foi todo un éxito de participación, dado que tres semanas antes de empezar o campus, a organización pechou a inscricións ó estar as prazas esgotadas.
Os participantes tiveron dúas sorpresas, xa que o xoves estiveron acompañados polo xogador galego do Sevilla F.C., Denis Suárez, e o venres polo ex-xogador de primeira división Rubén Estévez, que compartiron momentos de charla e clases de regate e tiro cos nenos e nenas.
Con esta iniciativa, que se repetirá o próximo ano coa segunda edición do campus do C.D.Caldelas, o club desexa recrutar nenos e nenas nacidos dende o 2002 ata o 2011, para formar novas categorías de cara á próxima tempada.
O Concello de Tui felicita aos directivos do Club Deportivo Caldelas por esta iniciativa, que foi un éxito de participación, que asegurará a ampliación das categorías do club, seguindo co fomento do deporte base no noso concello.

Sem comentários:

Enviar um comentário