quinta-feira, 9 de julho de 2015

O Concello de Tui recibe este venres a dúas nenas saharauís que van pasar o verán con familias da cidade

Este venres, ás 13h, no Salón de Plenos do Concello de Tui, terá lugar unha recepción para dar a benvida a dúas nenas saharauís que van pasar xullo e agosto con familias da cidade. 
A acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de servizos sociais, Laureano Alonso, xunto con outros membros do goberno municipal. 
As dúas rapazas, de 10 anos e procedentes dos campamentos de refuxiados de Arxelia, pasarán a época estival en Tui, grazas ó programa Vacacións en Paz. Os obxectivos desta iniciativa son facer que os nenos beneficiarios non sufran a escaseza de alimentos e as altas temperaturas, que chegan ata os 50 graos nestes meses; ademais, na súa estancia pasarán recoñecementos médicos para comprobar a súa saúde e poderán aprender tanto o español coma o galego. 
Ámbalas cativas chegaron onte a Tui, día 7 de xullo, e permanecerán na nosa cidade ata o 9 de setembro, arredor de dous meses. 

Sem comentários:

Enviar um comentário