terça-feira, 1 de setembro de 2015

Comunicado de Prensa do Concello de Tui sobre a solicitude de cambio da fachada do novo Centro de Saúde

O Concello de Tui remitiu á Consellería de Sanidade a solicitude de cambio da fachada do edificio do novo Centro de Saúde, toda vez que o sistema construtivo  elixido pola Consellería, baseado nunca fachada de composta por paneis de policarbonato celular sobre perfilaría de aluminio non se considera o máis axeitado, nin con respecto ao seu mantemento, nin co entorno urbanístico.
O proxecto de construción do novo Centro de Saúde de Tui, aprobado polo anterior goberno municipal, contempla que a fachada do edificio estará composta por paneis de policarbonato celular sobre perfilaría de aluminio. Esta pel de policarbonato recubrirá toda a fachada pasando por diante dos ocos das ventás.
Os técnicos consultados polo actual goberno municipal manifestan que o sistema elixido pola Consellería de Sanidade provoca continuas queixas debido a súa pouca resistencia aos axentes externos: rotura por impactos, sucidade, aparición de mofos no seu interior, decoloración e perda de transparencia, non permitindo observar a fachada interior a non ser que se atope o edificio iluminado.
Polo exposto a proposta da Consellería provocaría que a fachada proxectada para as plantas altas presentase un alto grado de degradación futura, debido á súa escasa resistencia; y de sucidade, sobre todo nas fachadas norte, que dan á rúa Compostela e Casal Aboy.
O concello de Tui trasladoulle a proposta de substituír esa fachada por unha tipoloxía de fachada trasventilada de pedra natural "tipo pais" similar a do edificio da Área Panorámica, con perfilería portante.
Este tipo de fachada trasventiladas presenta un alto grado de resistencia, durabilidade, comportamento higrotérmico e de baixa degradación, mellorando o comportamento acústico do edificio; permitindo ademais a integración urbanística no entorno no que se sitúa a edificación.
Enrique Cabaleiro González
Alcalde de Tui.

Sem comentários:

Enviar um comentário