O Concello de Tui está situado en zona de especial risco de aparición da gripe aviar. Dende a Consellería de Medio Rural para evitar a aparición desta patoloxía nas aves de curral adaptou unha serie de medidas preventivas. Unha destas accións é a creación dun rexistro administrativo de explotacións avícolas non comerciais, é dicir currais familiares. O obxectivo deste rexistro é so ter coñecemento por parte da Consellería da existencia e localización deste currais, non supón ningún custe económico, e non supón ningún prexuízo ás persoas titulares destes currais.
Deste xeito os veciños que conten con aves de currais, ou adoiten telas, deberán cubrir o formulario de rexistro que poden obter na casa do concello ou na Oficina Agraria Comarcal. Unha vez cumprimentado poderán entregalo no concello, a través do portelo único, ou na Oficina Agraria Comarcal. Amais recoméndase gardar os comedeiros e bebedeiros en instalacións cubertas, e non subministrar ás aves auga procedente de correntes superficiais ás que puideran ter accedido aves silvestre. Máis información no 012.
Sem comentários:
Enviar um comentário