O 21 de agosto, comezarán as obras de substitución do taboado de madeira no pantalán situado na rúa Olímpicos Tudense, a carón do Centro Interfederado e dos clubs locais de remo e piragüismo. Este traballos suporán un investimento de 20.611,07€.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, presentaron esta mañá as obras a realizar acompañados por Manuel Penas de Alfer Metal, e José Luís García do Club Kaiak Tudense.
Enrique Cabaleiro lembrou o compromiso do goberno municipal co arranxo do pantalán existente e avanzou a intención de, con cargo aos fondos do Plan Concello 2018, instalar un novo pantalán na zona. Tamén aludiu ao proxecto de remodelación integral das instalacións do Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez, que utiliza o Club Kaiak Tudense, que será levado a pleno a próxima semana.
O concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, explicou que o arranxo do pantalán era unha obra moi demandada polos deportistas e clubs de deportes náuticos, explicando coma todas as semanas é preciso arranxar algunha táboa para evitar danos aos deportistas.
José Luís García do Kayak Tudense fixo fincapé na necesidade de poder contar cunhas instalacións axeitadas para a práctica deportiva. Mentres Manuel Penas de Alfer Metal, empresa que realizará as obras no pantalán, explicou que os traballos se prolongará durante dúas semanas. A actual madeira será substituída por un material de última xeración con maior densidade que a madeira tropical – 1300 quilos – e maior porcentaxe de disipación da calor. A substitución do tarimado farase por zonas para permitir o uso do resto do pantalán durante as obras garantindo as condicións de seguridade.
Sem comentários:
Enviar um comentário