O Concello de Tui informa de dúas rutas alternativas para aqueles que este xoves acudan a cabalo ata o barrio de San Bartolomeu para participar na tradicional Feira Cabalar que alí se vai celebrar. Unha delas parte do cruzamento na rúa Colón coa estrada cara Gondomar, e outro do cruzamento da Avenida de Portugal cara a estrada da Guarda e rematan ambas na rúa Loureiro.
En ambos casos recoméndase evitar o centro principalmente o paso polo Paseo da Corredoira e a rúa Augusto González Besada, así coma polo conxunto histórico e as rúas novas.
Ruta 1 – Estrada da Guarda – rúa Loureiro
Ruta 2 – Estrada de Gondomar – rúa Loureiro
Sem comentários:
Enviar um comentário