Ás 19h presenta no Teatro Municipal o seu espectáculo “Outono”
O público familiar é o destinatario do espectáculo “Outono” que a compañía de novo circo galego Pista Catro presenta mañá sábado no Teatro Municipal de Tui ás 19h. Co mesmo están a celebrar os seus dez anos en escena. Para iso reuniron a parte dos seus fundadores, cunha homenaxe aos pallasos clásicos. A proposta desenvólvese na carpa dun circo e reflexiona sobre o paso do tempo.
Aitor Garuz, Manu Lago, Natalia Outeiro "Pajarito" e Pablo Reboleiro, baixo a dirección de Antón Coucheiro, conforman o elenco deste espectáculo de teatro-circo con música en directo. No mesmo contan a viaxe nostálxica de catro artistas ao seu pasado, unha celebración da amizade e dos fracasos, unha reivindicación de ser idiotas, unha mirada poética ao antigo oficio dos pallasos. Un reencontro cheo de emocións, verdade e humor.
Pistacatro Productora de Soños leva a cabo dende 2006 a creación, produción e distribución espectáculos de Novo Circo e Cabaré, estando formada por actores de teatro, músicos, malabaristas, acróbatas e clowns,
As entradas están á venda en www.culturatui.info até mañá sábado ás 12h ou o sábado dende as 17.30h no despacho de billetes aos prezo de 4€ e 3€
Pista Catro con “Outono”
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data: Sábado, 4 de novembro, ás 19h
Entradas: á venda, ao prezo de 4€ - 3€, ata mañá sábado ás 12h en www.culturatui.info ou mañá sábado dende ás 17.30h no despacho de billetes.
Sem comentários:
Enviar um comentário