sexta-feira, 10 de novembro de 2017

Redrum presenta este sábado en Tui “A nena que quería navegar”

O acoso escolar é o tema que aborda a proposta teatral que este sábado, 11 de novembro, ás 19h, chega ao Teatro Municipal de Tui da man de Redrum baixo o título de “A nena que quería navegar”.
Laura Míguez, Guillermo Carbajo e Carlos Álvarez-Ossorio conforman o elenco dirixido por Álex Sampayo nunha obra está recomendada para público familiar dende os 4 anos.
Neste espectáculo cóntase a historia dunha rapaza, que farta de insultos, empurróns e illamento social, foxe da escola para non volver nunca máis. Na súa aventura atopará ao Xeadeiro, un personaxe máxico e vital que lle devolverá a autoestima perdida a base de contos, adiviñanzas, xogos e cancións, que lle ensina que dentro de cada un de nós se agocha un ser único e especial e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de conseguir todo o que nos propoñamos. Neste espectáculo trabállase coa idea do reforzo positivo coma unha das claves para previr o acoso escolar.
Redrum Teatro creouse en 2009 conxugando grandes valores da escena galega con novos creadores cunha visión innovadora e arriscada.
As entradas están á venda ao prezo de 4€ e 3€ en www.culturatui.info até o sábado ás 12h, ou o sábado dende ás 17.30h no despacho de billetes.
Redrum con “A nena que quería navegar”
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data: Sábado, 11 de novembro, ás 19h
Entradas: á venda ao prezo de 4€ e 3€ en www.culturatui.info até o sábado ás 12h, ou o sábado dende ás 17.30h no despacho de billetes.

Sem comentários:

Enviar um comentário