De luns a venres realizaranse ás 12h e ás 20h e os sábados, domingos e festivos ás 20h
Martes, 25 de xullo, comezan as visitas culturais á cidade histórica de Tui. Celebraranse de luns a venres ás 12h á cidade medieval, e ás 20h ao barrio xudío. Mentres os sábados, domingos e festivos terán lugar ás 20h cun percorrido pola cidade histórica.
Estas visitas organizadas polo Concello de Tui teñen carácter gratuíto e unha duración estimada de 60 minutos. O punto de partida é o Punto de Información Turística na praza da Inmaculada. Correrán a cargo do historiador tudense Suso Vila.
Sem comentários:
Enviar um comentário