O próximo luns, 17 de xullo, e o martes, 18 de xullo, estará en Tui a unidade de Axencia de Doazón de Órganos e Sangue. Cambia de emprazamento e estará na rúa Casal Abou a carón do novo centro de saúde. Os interesados poderán doar sangue luns e martes de 10.00 a 14.00 e 16.00 a 21.00 horas
En Dende o Concello de Tui e a Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS) impúlsase a participación dos veciños e veciñas nestas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os doentes. Cómpre lembra que poden doar sangue as persoas entre 18 e 65 anos e que pesen máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a saúde das persoas que se acheguen ata a unidade móbil de ADOS, antes de levar a cabo a doazón de sangue.
En 2016 a taxa en Tui foi 62 doazóns por cada mil habitantes Tui acadou o pasado ano 2016 unha taxa de 62 doazóns por cada 1.000 habitantes e o obxectivo é manter a participación dentro das cifras que recomenda a Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes).
Sem comentários:
Enviar um comentário