O Concello de Tui recibiu esta mañá por parte da Xunta de Galicia unha pértega para tratar os niños de vespa velutina, xunto a todos os mecanismos necesarios para a súa manipulación. Trátase dunha pértega que pode acadar os 27 metros de altura adaptada para o tratamento dos niños con veleno. Para poder utilizar este mecanismo tamén se recibiron os traxes de protección e o resto do equipamento.
O concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, resaltou que deste xeito os traballadores municipais contarán cos medios precisos para loitar contra esta especie de vespa de orixe asiática. O concello asumirá os gastos da compra do veleno.
Sem comentários:
Enviar um comentário