Até o próximo luns está aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o curso 2020/2021. O prazo quedara suspendido pola declaración de estado de alarma o 14 de marzo.
Este periodo vai dirixido ao alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aquel alumnado de Educación Infantil, de Educación Primaria, de ESO e de Bacharelato que desexa cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.
As solicitudes pódense presentar en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou presencialmente nos centros educativos para o que se debe solicitar cita previa.
Axústanse tamén as fases do proceso:
9 de xuño: publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e excluido
Até o 26 de xuño: publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e excluido
Do 1 ao 10 de xullo: prazo ordinario de formalización de matrícula para todas as ensinanzas
Do 1 ao 10 de setembro: prazo extraordinario de formalización de matrícula para todas as ensinanzas
Centros educativos de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato:
CEIP nº1 886 11 08 13
CEIP nº 2 886 12 00 57
CEP de Caldelas 886 11 08 22
CEIP Guillarei 886 11 08 01
CEIP de Pazos de Reis 886 11 08 05
CEIP de Randufe 886 11 08 08 / 09
CEIP Rebordáns 886 11 08 15
CRA “Mestra Clara Torres” 986 60 44 36
Colexio Maristas 986 60 70 25
Colexio “O Pelouro” 986 62 90 24
IES Indalecio Pérez Tizón 886 11 07 49
IES San Paio 886 11 07 62
Sem comentários:
Enviar um comentário