A inscrición está aberta ata o venres 29 de setembro
O próximo mes de outubro comezarán a súa actividade en Tui as catro escolas deportivas que haberá esta temporada 2017/18 no municipio dentro da iniciativa “DEPOrte Escolas” da Deputación de Pontevedra. Trátase dun programa deportivo totalmente gratuíto, destinado a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos de toda a provincia, para fomentar a práctica deportiva. Na pasada temporada 2016/17 estas escolas contaron en Tui con máis de 500 deportistas.
Como na temporada anterior, o Concello de Tui contará cos deportes de patinaxe, balonmán, fútbol e piragüismo, que comezarán as súas actividades no mes de outubro.
A inscrición está aberta ata o venres, 29 de setembro, entregando cumprimentada a folla de inscrición na secretaría do Concello de Tui, a través dos clubs deportivos Club Balonmán Tui, CD Ribadelouro, Club Kaiak Tudense e Club Piragüismo Penedo, a través do enderezo electrónico deportes@depo.es ou en calquera dos rexistros da Deputación ou nos das oficinas do ORAL.
Toda a información e o impreso de inscrición pode atoparse na web http://www.depo.es/deporte-escolas
Sem comentários:
Enviar um comentário