Xirará entorno ao libro “Alicia no país das marabillas”. É preciso inscribirse previamente ate o día 18
O próximo martes, 24 de outubro, celébrase o Día da Biblioteca, por este motivo a Biblioteca Pública Municipal de Tui acollerá un contacontos dirixido ao público infantil para conmemorar esta efeméride.
Dende ás 17h, e durante aproximadamente dúas horas e cuarto, desenvolverase un contacontos a cargo de Chirlomirlo no que o Sombreireiro Tolo visitará a Biblioteca tudense na busca de Alicia. Das súas máxicas mans irán aparecendo distintos personaxe do conto “Alicia no país das marabillas” de Lewis Carrol. O espectáculo combinará maxia, a construción dun libro máxico cos asistentes e mesmo dalgúns dos monicreques do conto.
Dado o aforamento limitado da sala infantil – onde se vai celebrar a actividade – é preciso inscribirse previamente ata o 18 de outubro presencialmente na Biblioteca, no primeiro andar da Área Panorámica – entrada porta 5 - ; por correo electrónico en biblioteca@concellotui.org ou no teléfono 617 49 81 03. A biblioteca tudense abre de luns a venres de 9h a 14h e de 15 a 21h e os sábados de 9 a 13h.
Sem comentários:
Enviar um comentário