segunda-feira, 10 de janeiro de 2011

125 ANIVERSARIO DA PONTE INTERNACIONAL

O VINDEIRO VENRES REMATA O PRAZO DE ENTREGA DE TRABALLOS PARA O CONCURSO DO CARTEL DO 125 ANIVERSARIO DA PONTE INTERNACIONAL
O vindeiro venres, 14 de xaneiro, remata o prazo para presentar os traballos que desexen participar no concurso para a elección do cartel anunciador dos actos conmemorativos do 125 aniversario da vella Ponte Internacional, que sobre o río Miño, comunica as cidades de Valença e Tui.
O certame está convocado de xeito conxunto polo Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença.  As dúas institucións están a traballar na organización dun programa de actividades a realizar a finais do próximo mes de marzo.
O concurso para elixir o cartel anunciador ten carácter internacional e está aberto á participación de todos os interesados. O premio establecido é de 1000 euros, debendo presentar os traballos ata este venres 14 de xaneiro tanto na Cámara Municipal de Valença como no Concello de Tui
O regulamento do concurso está accesible en www.cmvalenca.pt e www.concellotui.org. Segundo figura no mesmo o cartel debe incluír o lema “Conmemoracións do 125 aniversario da Ponte Internacional entre Valença e Tui”. Cada concursante pode presentar un máximo de 2 propostas en soporto tradicional ríxido en formato A3. Os traballos débense acompañar dunha memoria descritiva coa información que os autores consideren pertinente para unha mellor compresión da súa proposta, en formato A4. Amais achegarase un CD co deseño e a memoria descritiva.
As propostas dében ser presentadas, ou envíadas por correo postal, á Cámara Municipal de Valença ou á Biblioteca Municipal de Tui ata este venres 14 de xaneiro. O gañador darase a coñecer o ata 25 de xaneiro.
Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, estas celebracións arredor do aniversario da Ponte Internacional contribuirán a intensificas as relacións existentes entre as poblacións de Tui e Valença e marcarán un paso importante no traballo conxuntos entre os concellos valenciano e tudense e este cartel será a imaxe gráfica destas conmemoracións.

Sem comentários:

Enviar um comentário