O grupo Entretés pon en escena novamente tres pezas curtas do dramaturgo Jose Mejuto. En clave de comedia e con moita sonoridade, falamos e criticamos a nosa realidade: as novas tecnoloxías, a crise de valores, as relacións, o arte, e moitos outros temas que subxacen e que o espectador descobrirá sentindose identificado. As tres comedias breves, sen conexión aparente, teñen un fío conductor que propón o director musical, Pedro Placer. Con sinxeleza e moito inxenio, Entretés fará que o público se divirta e quede con ganas de outra peza máis.
Intérpretes: Sergio Alfonso, Nola Drake, Pedro Placer, Jimmy Núñez e María Crespo
Dirección: María Crespo e Pedro Placer
Dirección Musical: Pedro Placer
Textos: José Mejuto
Sem comentários:
Enviar um comentário