segunda-feira, 9 de dezembro de 2019

Aberto expediente sancionador a unha empresa pola colocación de carteis anunciadores incumprindo a ordenanza municipal

A Policía Local abriu onte expediente sancionador a unha empresa pola colocación de carteis anunciadores dun evento en mobiliario urbano, en concreto en diversas farolas, incumprindo así o establecido na ordenanza municipal do ornato e a limpeza viaria. Tras a apertura do expediente esta mañá empregados municipais procederon á retirada dun total de 12 carteis anunciadores que serán depositados na nave municipal mentres se tramita o citado expediente. 
Dende o Concello de Tui lémbrase que ordenanza municipal do ornato e a limpeza viaria. A colocación de carteis fora dos lugares establecidos está considerado infracción leve e conlevarán a imposición dunha multa de 200 €.

Sem comentários:

Enviar um comentário