O prezo da inscrición é de 12 euros, 10 se o fas antes do 2 de maio. Por cada inscrición serán doados 2€ ó colexio San Xerome Emiliani.
O vindeiro 13 de maio ás 10:30 sairemos do Centro Interfederado ó carón do “Pai Miño”, o río máis caudaloso da terra dos 1.000 ríos, para recorrer 26 qm. aproximadamente.
Seguiremos polo paseo do río Miño ata o San Martiño nas Bornetas. Pasaremos por Randufe, Anta, polos petroglifos do Alto do Coello ás 12:00, para subir ó cumio do Primeiro Parque Natural de Galicia, o Monte Aloia.
Xantaremos ás 14:00 na capela de San Xiao para despois baixar a Cova da Trapa ás 17:00, Ribadelouro, dirección á Ponte das Fevres, o camiño portugués cara a saída.
Remataremos ás 18:00 no Centro Interfederado, onde teremos música, xogos tradicionais, chourizada e sorteo de agasallos.
Indicarvos que os puntos de control indicados antes son obrigatorios. Non se montarán ata a hora indicada e se chegamos antes, teremos que esperar.
O prezo da inscrición é de 12 euros, 10 se o fas antes do 2 de maio. Por cada inscrición serán doados 2€ ó colexio San Xerome Emiliani.
-FILA O: Se alguén quere facer doazóns a maiores para o colexio, pode facelos nesta mesma conta poñendo en concepto FILA 0.
Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor “Grupo Banco Popular” na conta:
IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806
Enviando xustificante do ingreso co nome e apelidos de cada inscrito ó enderezo clubandatui@gmail.com.
DATA LÍMITE : 11 DE MAIO ÁS 24:00
Inscríbete aquí antes do 11 de maio.
Percorrido da XIV Andaintaudense: (próximamente)
-Nº MÁXIMO DE PRAZAS: 500
-HORARIO: Recollida de dorsais e agasallo, das 09.00h ás 10.00h (Prégase puntualidade)
10,5 qm. dende o río Miño ata o Monte Aloia.
15,5 qm. dende o Monte Aloia ata o Centro Interfederado de Tui.
Lembra que podes unirte a nós en calquera punto do percorrido: sempre que o comuniques no control de saída .
in Infomiño
Sem comentários:
Enviar um comentário