O Consorcio de Augas do Louro vén de poñer en funcionamento recentemente un novo depósito de auga potable en Caldelas, Tui. O investimento, realizado con fondos propios do Consorcio, resolve unha demanda dos veciños do Barrio do Monte que se remonta a 2011 e que non puido ser executada ata agora por falta de dispoñibilidade dos terreos e da correspondente partida orzamentaria.
A obra, que ascendeu a preto de 60.000 euros, ten unha capacidade de 33 mil litros e permitirá garantir a subministración de auga especialmente durante o verán, xa que o incremento de consumo nesas datas e a distancia do barrio á rede principal do Concello, dificultaba a chegada de suficiente caudal de auga, especialmente durante o día.
A actuación inclúe a adaptación das canalizacións de aceiro inoxidable, do grupo de presión existente para que tome auga do depósito, do cadro eléctrico e a instalación de sondas de nivel e de presión que permitirán o funcionamento automático da instalación.
Sem comentários:
Enviar um comentário