Este domingo, 28 de maio, a partir das 13.00 horas, chegará a Tui a “VIII Volta en Vespa e Lambretta”, organizado por Vespamiñor Scooter Club, que concentrará no Paseo da Corredoira a máis de 250 motos.
Os participantes do evento, que sairán ás 11.00 horas, dende a praza de San Campio de Ramallosa, en Nigrán, chegarán a Tui e realizarán unha visita guiada pola zona monumental, continuando despois ata Gondomar, onde rematará o evento.
A organización, entre os inscritos, xa ten confirmados a máis de 70 vespistas do norte de Portugal, dos clubes de Braga, Barcelos, Guimaraes, Povoa de Varzim, Maia, Felgueiras, Vila do Conde e Gaia. Así mesmo, acudirán motoristas de toda Galicia, así como catro participantes de Almería e dous de Asturias.
Ata hoxe xoves, 25 de maio, pode realizarse a inscrición no teléfono 656.955.539 ou no correo vmscooterclub@gmail.com.
Sem comentários:
Enviar um comentário