Este domingo, 21 de maio, celébrase en augas do río Miño en Tui, a carón do Porto Deportivo no Paseo Fluvial a Segunda Copa de Promoción de Slalom. Contarase coa participación de todos os clubs galegos desta modalidade de piragüismo. Ás 14.45h terá lugar a demostración do percorrido, comezando a primeira manga ás 15.15h e a segunda ás 17h. A entrega de trofeos levarase a cabo ás 19.15h. Esta competición está organizada polo Club Tea coa colaboración do Concello de Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário