sexta-feira, 19 de maio de 2017

Ata o próximo luns, 22 de maio, pódense presentar as solicitudes para participar na convocatoria para cubrir unha praza de peón de cemiterio e dúas de operario de limpeza viaria de forma interina

Ata o luns, 22 de maio está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar nos procesos selectivos convocados polo Concello de Tui para cubrir en interinidade unha praza de peón de cemiterio e dúas operarios de limpeza viaria, unha delas de persoal laboral e outra de funcionario.
As bases completas de cada un destes procesos, así coma o modelo da instancia e documentación a presentar e os requisitos requiridos,  pódense consultar na web municipal, e no taboleiro de anuncios na casa do concello. 

Sem comentários:

Enviar um comentário