terça-feira, 2 de maio de 2017

O Concello de Tui realizou asfaltados no Seixal e na Sarabia dando resposta as demandas veciñais

O Concello de Tui levou a cabo nas últimas semanas, con traballadores municipais e maquinaria da Mancomunidade do Baixo Miño, dous asfaltados cos que se da resposta a vellas demandas veciñais mellorando a situación destas dúas zonas nas parroquias.
En concreto asfaltouse un camiño no Seixal en Pazos de Reis e outra zona na Sarabia en Randufe. En ambos casos mellóranse as condicións de tránsito tanto para vehículos coma para peóns. O concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, salientou que “con estas actuacións dáse resposta  as solicitudes dos veciños destas dúas zonas, que pasan a estar en boas condicións”. Engade José Martínez Tato que tamén se “fixo un sendeiro en xabre por riba da vía do tren entre o Seixal e a rúa Maristas”. Ata o de agora sinala que “había un carreiro moi pequeno que se ampliou e mellorou” sendo moi transitado sobre todo para ir a praza de abastos.
A estas actuacións súmanse bacheados nas estradas e camiños da parroquias grazas a presenza ata abril da maquinaria da Mancomunidade do Baixo Miño en Tui.

Sem comentários:

Enviar um comentário