Comezarán con entrevistas aos traballadores deste área. Estará rematado en catro meses.
Na mañá de hoxe presentouse no Concello de Tui o inicio dos traballos do Plan de Mellora, Diagnose e Elaboración do Catálogo de Procedementos do departamento de Urbanismo que comezará a vindeira semana e estará rematado en 3 ou 4 meses aproximadamente. A presentación correu a cargo de Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui en funcións, e de Manuel Veloso, da empresa adxudicataria EOSA.
O traballos van tratar diversos ámbitos: normativo, de organización e funcionamento do departamento, os sistemas de información e os recursos humanos e o seu desenvolvemento.
O obxectivo é tratar de sistematizar os procedementos do servizo de urbanismo e establecer un manual de funcionamento para o que se van a revisar os principais procedementos desta área relacionados con licencias, informes de información urbanística, de aliñación pública, parcelación e rasantes.
O traballo comezará con entrevistas aos traballadores deste departamento para analizar a súa percepción do funcionamento desta área e elaborar unha dinámica de traballo en grupo, para despois para establecer os procedementos internos. Neste momento o departamento de Urbanismo conta con dous auxiliares administrativos, un permanente e outro temporal do Plan Concellos, dous arquitectos técnicos, tamén un permanente e outro vinculado a unha execución temporal, un arquitecto superior e unha técnica de administración xeral.
O alcalde de Tui en funcións, Carlos Vázquez Padín, destacou a importancia de analizar a área de urbanismo, incluíndo as licenzas que están sen tramitar, para sacar unha imaxe fiel do departamento, xa que ten deficiencias evidentes dende hai anos, dicía.
Sem comentários:
Enviar um comentário