quarta-feira, 30 de abril de 2014

Violinista Tudense Sara Areal na Real Filharmonía de Galicia

TRISQUEL E MEDULIO Asociación Cultural
É para nós un pracer informarlles de que a Real Filharmonía de Galicia (RFG), invitou este
ano a nosa colaboradora, a violinista tudense de 18 anos, Sara Areal, a participar como solista coa mencionada orquestra que, como ven sendo habitual, participa co “Concerto pola Liberdade” no acto de entrega do X Premio José Couso de Liberdade de Prensa, que organizan o Club de Prensa de Ferrol, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social “La Caixa”, o cal terá lugar mañá mércores no teatro Jofre de Ferrol, ás 20:30 horas.
Sara Areal interpretará o Concerto para violín en Mi menor do compositor Felix Mendelssohn (1809-1847), acompañada pola RFG que será conducida polo mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado da orquestra.
Esta violinista galega Estudou no Conservatorio Profesional de Música de Tui e continua a súa formación na Escola Profesional Artística de Vale do Ave (Portugal). Asistiu a clases maxistrais de violinistas de prestixio internacional. Gañou diversos premios nacionais e internacionais e ofreceu numerosos recitais e concertos en España e Portugal. Colabora coas orquestras de cámara galegas, coa Xoven da Sinfónica de Galicia, e é concertino das orquestras sinfónicas portugueses ARTAVE e APROART. E foi dirixida por grandes directores e fai menos dun mes foi admitida na Escola Superior de Música de Lausanne (Suíza).
Felicitamos a esta xove intérprete polo que, entendemos, é un recoñecemento o seu traballo
e desexámoslle moita sorte.

Valença Aprova Boas Contas Municipais

Valença aprovou as contas de 2013 por unanimidade no Executivo Municipal e maioria na Assembleia. Este exercicio mantem a tendência de boas contas municipais dos últimos anos.
Com um  saldo positivo superior a meio milhão de euros, uma taxa de execução de 80% e uma redução de dívida que, em três anos, atingiu já os 5 milhões de euros, estas contas reafirmam a boa saúde financeira do Município de Valença.
Atendendo à boa situação financeira da Câmara Municipal, hoje, o concelho está em condições de tirar o proveito máximo das candidaturas a fundos comunitários.
2013 foi marcado por investimentos estruturantes como o Parque Urbano e os Edifícios Centrais do C.I.L. – Centro de Inovação e Logística, a conclusão da 3ª fase da Ecopista do Rio Minho até São Pedro da Torre, as intervenções na Fortaleza, a recuperação do património concelhio e edifícios públicos, nomeadamente o Centro Coordenador de Transportes e na rede viária municipal. Investimentos âncora, acompanhadas de centenas de intervenções, de norte a sul do concelho, em todas as freguesias.
2013 foi um ano em que se apostou na afirmação da cultura e do desporto valenciano, na dinamização do turismo, do comércio, da agricultura e da indústria, de modo a tornar o concelho mais atrativo e competitivo. A preocupação social, a formação / capacitação das jovens gerações mereceu, também, uma atenção especial ao longo deste ano.
Em 2013 assinala-se a consolidação do projeto da Eurocidade Valença Tui, como uma marca que se afirma na dinamização e promoção conjunta das duas cidades.
Este exercício financeiro consegue atingir estes objetivos porque se evitaram os gastos superfulos, investindo bem os dinheiros públicos e tentando sempre fazer mais com menos.
Para Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara Municipal “Encaramos Valença como um projeto coletivo, feito por todos e para todos os valencianos, numa estratégia municipal de desenvolvimento que envolve a comunidade, as Juntas de Freguesia, os movimentos associativos e demais forças vivas e os colaboradores municipais...” “Temos o dever de aplicar os dinheiros públicos com rigor, critério e elevado sentido de serviço público”.

Marcha BTT, marcha popular e andaina popular o domingo 11 de maio en Tui

O domingo  11 de maio Tui ten dobre cita deportiva coa XII Marcha BTT organizada polo Club BTT Monte Aloia xunto coa Asociación Veciñal A Lavandeira, quen organiza a andaina paralela para os familiares dos ciclistas e público en xeral. 
Ámbalas citas comezarán ás 9:30h no Complexo Deportivo da Macoca, en Pazos de Reis, onde os participantes da Marcha BTT poderán recoller os dorsais unha hora antes do comezo. Hoxe tiña lugar a presentación no Concello de Tui á que acudiron os concelleiros de Deportes e Formación Nicolás Lorenzo e José Ángel Villaverde, xunto co presidente do Club BTT Monte Aloia, Jose Carlos Vila, a vocal da Asociación veciñal de A Lavandeira Dolores Albores, e o tesoureiro do Club Xosé Martínez.
O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, quixo salientar o longo percorrido desta cita deportiva que este ano cumpre a súa duodécima edición, grazas ao traballo conxunto entre o club e a asociación veciñal, unha das probas con maior soleira na cidade segundo as súas palabras. 
Pola súa banda, José Carlos Vila, presidente do Club BTT Monte Aloia, fixo fincapé no nivel de dificultade de este ano, menor que en anos anteriores, xa que buscan a participación de todo o mundo . Ademais da Marcha principal, de 42km, esta reducirase ata os 33km para aqueles que se inician no mundo da BTT de montaña. Haberá asemade,  unha Marcha Popular de 16km.
Os primeiros 17km do percorrido serán chás e discorrerán pola ribeira do Louro ata chegar ao campo de Ribadelouro onde terá lugar o primeiro avituallamento líquido, para logo comezar a segunda etapa en subida  logo da cal terá lugar o segundo avituallamento sólido.  Para a baixada xa no Parque Natural do Monte Aloia, haberá dúas alternativas opcionais segundo a preparación dos participantes, unha sen apenas dificultades a través de pistas abertas, e outra máis técnica. 
O tesoureiro do Club BTT Monte Aloia, Xosé Martínez, apelou á importancia deste acontecemento coma actividade de promoción do pobo, ao percorrer sendas e camiños da cidade e parroquias que xeralmente non son coñecidos polos visitantes .
Por outra banda, Dolores Albores, vocal da Asociación Veciñal A Lavandeira, informou do interese cultural e paisaxístico da andaina, de 7km de duración, xa que boa parte do percorrido será á beira do río Tripes, pola senda dos muíños, podendo apreciar un deles en funcionamento posto en marcha especialmente para a ocasión, así coma a visita ao Castro do Alto dos Cubos. Aos asistentes se lles proporcionará bebida, froita e bocadillo.
O prezo da Marcha BTT é de 6 euros e o da Andaina e Marcha Popular  3 euros respectivamente. As inscricións deberán formularse, ata o xoves 8 de maio ás 00:00h, na páxina web http://mtbaloia.blogspot.com.es onde os interesados poderán solicitar toda a información que precisen.

O Concello de Tui homenaxea mañá xoves á persoa de máis idade do municipio

O Concello de Tui vai brindar este xoves unha homenaxe ao avó do municipio. Trátase de Salvador Domínguez Alonso, veciño de Paramos, que o pasado 27 de abril cumpriu 107 anos. Segundo os datos do padrón municipal e do INE é a persoa de máis idade de Tui.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes, visitarán este xoves, 1 de maio, ás 12.00h a Salvador Domínguez, na súa casa para felicitalo polo seu recente aniversario e facerlle entrega dun agasallo.

A Feira de Artesanía reúne a 32 artesáns na súa décimo oitava edición

Esta fin de semana celébrase a décimo oitava edición da Feira de Artesanía en Tui. Unha trintena de postos de artesáns distribuiranse pola rúa Ordóñez, Praza do Concello, Praza de San Fernando e Claustro da Catedral. A feira poderá visitarse tanto o sábado 3 coma o domingo 4 de 12h a 22h. 
32 artesáns galegos, dos que máis dunha ducia son tudenses, presentarán as súas creacións en marroquinería, olería, cerámica, bixutería, cestería, pratería, vidro, instrumentos tradicionais, xoguetes, pirogravado, macramé... Amais no claustro da Catedral estarán traballando as integrantes da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño así coma as alumnas do curso de bordado ao aire que se están a impartir na cidade. 
De forma paralela á feira está prevista a actuación de grupos folclóricos. O sábado será a quenda dos grupos folclóricos Santiago de Malvas, San Xoán de Paramos, Inquedanzas de Pazos de Reis, e O Mosteiro de Pexegueiro. Mentres o domingo será a quenda de Xuntanza de Randufe, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro e Seixos Albos de Areas.
Esta mañá tivo lugar a presentación desta actividade a cargo da concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, acompañada dalgúns dos artesáns tudenses que acudirán á feira. Vanesa Rodríguez destacou o feito de que a feira cumpra 18 anos nesta edición, nunha aposta pola promoción tanto da artesanía coma do Conxunto Histórico da cidade. Salientou asemade a labor dos artesáns que dicían “lle dan vida a cada peza” nun traballo artesán que hoxe en día está en auxe. 
Salomé Álvarez, da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño creada no ano 1990, explicou que achegarán ata o Claustro da Catedral algunhas das pezas que elaboran como roupa de bebés, de bautizo, para noivas, ou complementos coma abanicos. Cada año incorporan novos produtos e materiais. Tamén no Claustro da Catedral estarán as alumnas do curso de Bordado ao Aire que imparte Puri Diz, quen sinalou que amosarán os seus traballos tanto para o traxe tradicional como para outro tipo de prendas. 
Manuel Porto presentará esta fin de semana na feira as súas pezas de cestería, un oficio que aprendeu de neno e que recuperou tras a súa xubilación.  María del Mar Méndez acudirá por primeira vez a esta cita con carteira, bolsos, axendas,...elaboradas en coiro. Mentres Raquel Martínez presentará as pezas de roupa e complementos que comercializa baixo o nome de “La Gata Popera” caracterizadas polo seu cor e estampados e que están inspirados nos anos 60 e 70. 
Debido á celebración da Feira de Artesanía dende o venres, 2 de maio, ás 7h, ata o luns 5 ás 15h non se poderá circular nin estacionar na rúa Ordóñez.
XVIII Feira de Artesanía de Tui
Sábado 3 e domingo 4 de maio de 12h a 22h
Rúa Ordóñez, Praza do Concello, Praza de San Fernando e Claustro da Catedral
32 postos de exposición e venda de artesanía
Demostración da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño e do curso de Bordado ao aire
Programa: 
Sábado 3
Ás 12h inauguración
Ás 12h grupo folclórico Santiago de Malvas
Ás 17h grupo de gaitas San Xoán de Paramos
Ás 18.30h grupo folclórico Inquedanzas de Pazos de Reis
Ás 20h grupo folclórico O Mosteiro de Pexegueiro
Domingo 4
Ás 12h Grupo folclórico Xuntanza de Randufe
Ás 17h Grupo folclórico San Fins de Rebordáns
Ás 18.30h Grupo folclórico Santa Columba de Ribadelouro
Ás 20h Grupo folclórico Seixos Albos de Areas

Luís Fernández do Penedo de Caldelas acadou a medalla de bronce no Campionato do Mundo de Slalom

Éxito tamén para o Kaiak Tudense e os triatletas Gustavo Rodríguez e Aida Valiño
O padeeiro do Club Piragüismo Penedo de Caldelas de Tui, Luís Fernández, acadou a pasada fin de semana a medalla de bronce no Campionato do Mundo de Slalom disputado en Australia, na modalidade de patrullas. Luís Fernández, que participou tamén na categoría individual xuvenil C1, rematando na oitava posición, contribuíu de forma decisiva na consecución da terceira posición do equipo nacional español, acadando a medalla de bronce neste Campionato do Mundo. O padeeiro do Club Piragüismo Penedo, nomeado mellor deportista promesa na pasada edición da Gala do Deporte Tudense, permanecerá concentrado coa selección nacional na Seu de Urgell, preparando as próximas competicións.
Tamén no mundo do piragüismo, o Club Kaiak Tudense proclamouse Campión da Copa de España de 1.000 metros, disputada a pasada fin de semana no encoro de Verducido (Pontevedra), ao acadar os seus padeeiros as primeiras posicións nas distintas modalidades. Os tudenses volveron a demostrar o gran estado de forma, rematando por diante do Náutico de Sevilla e do Club Piragüismo Aranjuez.
En canto ao triatlón, os deportistas tudenses Gustavo Rodríguez e Aida Valiña acadaron a primeira posición no prestixioso ICAN de Málaga, proba na que os deportistas tiveron que nadar 1,9 quilómetros, percorrer 90 quilómetros en bicicleta e correr 21,095 quilómetros.
O Concello de Tui felicita a Luís Fernández pola consecución da medalla de bronce no Campionato do Mundo de Slalom de piragüismo, así como ao Club Kayak Tudense, a Gustavo Rodríguez e Aida Valiño polos éxitos acadados nesta fin de semana.
Tamén anima a todos os tudenses a acudir ao pavillón deportivo municipal de Tui o próximo sábado ás 20.00 horas, para animar ao equipo sénior do Club Balonmán Tui na fase de promoción á 1ª Autonómica, así como desexa moita sorte ao equipo cadete masculino que tamén disputará a fase de promoción de ascenso a División de Honra.

Balonmán Tui Recibe o CD Conxo


terça-feira, 29 de abril de 2014

Conferências de Valença realizam-se dia 14 de Maio

A Escola Superior de Ciências Empresariais recebe, no próximo dia 14 de Maio, a XIII edição das Conferências de Valença. 
A iniciativa tem arranque previso para as 9h30. Vai seguir-se uma sessão de abertura com vários convidados e moderada por João Luís de Sousa, director do jornal Vida Económica.
Vão depois seguir-se ao longo da manhã vários painéis. Para as 12h30 está previsto um debate. Após o almoço, vai realizar-se o encerramento do Jogo de Gestão Interescolas e entrega dos certificados de participação.

Valença Compras com Maias Flores Silvestres Dão Cor à Cidade

Valença celebra a entrada em Maio com a Mostra de Maias distribuídas pelas fachadas dos comerciais, edifícios públicos e principais praças da cidade, entre 30 de abril e 4 de Maio. Durante 5 dias Valença apresenta-se  colorida de flores campestres revivendo uma tradição secular.
Durante 5 dias Valença vai proporcionar uma experiência única, a oportunidade de fazer boas compras, numa cidade fortificada, candidata a Património da Humanidade, num ambiente florido. 
Quem visitar Valença pode, também participar na campanha “Compras com Maias” que habilita a vales de compras no comércio tradicional para que quem fizer compras, superiores a 20 euros, entre 30 de Abril e 31 de maio, nos estabelecimentos aderentes.
As giestas, os verdes, as flores campestres e alguns materiais recicláveis vão dar uma cor primaveril às principais ruas de Valença. Por todo o concelho muitas outras Maias e raminhos de giesta vão enfeitar as varandas, os portões e as viaturas.
  Valença revive, assim, a mais antiga festa de celebração da Primavera e do novo ano agrícola, com as “Maias”. Uma expressão viva da tradição e cultura popular que Valença está a recuperar.
A par da mostra de Maias decorrerá a Feira da Flor em 3 e 4 de Maio, no Largo do Bom Jesus, na Fortaleza, com mostra e venda de flores, arranjos florais e artesanato com motivos florais.  Na Praça da República decorrerá a Feira dos Licores  no mesmo fim de semana. Atividades enriquecidas com muita animação de rua e uma  ampla programação cultural.
Para Jorge Salgueiro Mendes, “Este é um excelente convite para fazer compras no comércio tradicional, saborear a  gastronomia genuína onde se destaca o bacalhau de Valença e apreciar as centenas de maias que engalanam a cidade”.

Portugal entrega a Espanha líder de assaltos a hotéis que operava a partir de Valença

Um cidadão brasileiro suspeito de liderar um grupo que em 2009, a partir de Valença, assaltou vários hotéis de luxo de Vigo, na Galiza, foi extraditado por Portugal para Espanha, informou hoje fonte do Corpo Nacional de Polícia.
A investigação a este caso levou em 2009 à detenção do homem de 30 anos, através da colaboração da Polícia Judiciária portuguesa, tendo entretanto envolvido um pedido de extradição do suspeito pelas autoridades espanholas, o qual foi entretanto concretizado, indicou a mesma fonte.
O alegado cabecilha do grupo, de quatro elementos brasileiros com residência em Valença, está indiciado por seis crimes de assalto com intimidação, associação criminosa e posse ilegal de armas de fogo, entre outros ilícitos.
Os factos aconteceram entre janeiro e fevereiro de 2009, quando, segundo fonte do Corpo Nacional de Polícia de Espanha, um "violento grupo armado brasileiro" perpetrou pelo menos cinco assaltos a hotéis de luxo em Vigo e um outro numa gasolineira em Porrinho, também na Galiza.
O montante dos furtos, segundo a polícia espanhola, ascende a 14 mil euros.
A investigação promovida em Espanha concluiu que um dos elementos do grupo visitava os hotéis como cliente, sempre à noite, pedindo preços da estadia e sobre o serviço como forma de "estudar" a segurança existente.
Já completo, o grupo regressava poucos minutos depois, com todos os elementos encapuzados e munidos de armas de fogo, obrigando os rececionistas a entregar todo o dinheiro existente em caixa.
Numa das situações ainda dispararam pelo menos um tiro e noutro caso prenderam e amordaçaram o rececionista do hotel.
Fugiam depois em direção à fronteira, em carros alugados em Portugal, com a polícia espanhola a sublinhar que o grupo tinha a sua base de operações em Valença, junto à fronteira com a Galiza.
Os quatro elementos do grupo foram identificados pela polícia espanhola - suspeitos de outros assaltos cometidos na região galega -, tendo sido solicitada a colaboração da Polícia Judiciária portuguesa na sua detenção, concretizada ainda em fevereiro de 2009.
Numa vivenda em Valença, utilizada pelos suspeitos, os inspetores da Polícia Judiciária encontram diversos objetos provenientes dos assaltos, bem como material utilizado nos mesmos, nomeadamente armas, além de munições.
O processo só agora ficou concluído, com a concretização do pedido de extradição a Portugal do alegado cabecilha do grupo, formalmente imputado pelas autoridades espanholas por estes crimes.
O suspeito já foi ouvido por um juiz espanhol, que decretou a sua prisão preventiva no estabelecimento prisional galego de A Lama, em Pontevedra, enquanto aguarda julgamento.
A polícia espanhola não adiantou qualquer informação sobre a situação dos restantes três elementos do grupo.
in Diário de Notícias

segunda-feira, 28 de abril de 2014

Al Padre Merino en Tui


Tui celebra os días grandes das festas patronais na honra a San Telmo

Tui continúa a celebrar as festas na honra a San Telmo ata o próximo luns 28, festivo local, con diversidade de actividades deportivas, musicais, gastronómica, relixiosas... O programa festivo está organizado polo Comisión de Festas de San Telmo coa colaboración do Concello de Tui.
Dobre é a proposta gastronómica destes festexos. Por unha banda a rúa Compostela albergará unha feira gastronómica onde os visitantes poderán degustar racións de polbo e churrasco así coma viños do país a prezos populares.  A feira permanecerá aberta  a partir do sábado ás 19:30h, e o domingo e luns desde as 11h.  Os amantes do meixón poderán volver a gozar nestas festas deste manxar coa Festa do Meixón no Parador de Tui o domingo a partir das 11:30h e ata as 15h a 32 euros a ración, 29 en venda anticipada. Haberá tamén carne ao caldeiro e polbo.
A música correrá a cargo da charanga tudense Cantos Somos con pasarrúas o sábado ás 10:30h e 18h polas principais rúas da cidade. Tamén ofrecerá un  pasarrúas a Banda de Música Popular de Tui o domingo ás 13h, e un concerto ese mesmo día ás 19h no Paseo da Corredoira. Xa o luns 28, ás 12h,  actuarán no Paseo da Corredoira de Tui o grupo de gaitas “Santiago” de Malvas.
A música non faltará tampouco polas noites da man das orquestras Pontevedra e Salsa Rosa o sábado ás 22:30h, Gran Parada e Marbella o domingo e Panorama o luns a partir das 23:45h da noite, logo da tirada de fogos de lucería que concluirá esta edición das Festas de San Telmo 2014. 
O deporte tamén estará presente coa tradicional Carreira Popular de San Telmo o domingo 27 ás 10:30h con saída do Paseo da Corredoira, e coa Andaina Saudable da Eurocidade polo Alto do Coello que sairá ás 10h desde a Praza de Abastos da cidade.   Previamente o sábado ás 10:30h dará comezo o III Torneo de Xadrez no Pavillón do IES San Paio , ás 17h a terceira edición de Tenis na rúa no Paseo da Corredoira con 5 pistas de xogo e xa ás 19h no novo pavillón de Tui terá lugar o Partido Solidario de Fútbol Sala coa aportación dun alimento non perecedoiro coma entrada.
Outras actividades serán a representación da obra de teatro afecionado "Las Antipáticas del segundo" a cargo do grupo Chirlomirlo de Randufe o sábado ás 20:15h no Teatro Municipal. O domingo haberá Desfile Exaltación do Traxe Tradicional. Irá acompañado dos xigantes e cabezudos – que tamén sairán o luns á rúa -  restaurados hai un par de años polo Concello de Tui que este ano aproveitou para cambiar a estrutura interna dos mesmos por unha máis lixeira, de xeito que se reduce o peso de cada xigante en 20 quilos, e para aplicar a estas figuras unha imprimación que evite que se danen en caso de choiva. 

Valença Hoquei Clube: Luta a três pela III

O apuramento do campeão da III Divisão arrancou este sábado mas o Valença só tem o seu primeiro jogo a 4 de Maio, recebendo o Nafarros.
Com um conjunto recheado de bons valores, o Valença garantiu a vitória na Zona Norte com um empate – surpreendente, frente ao Boavista – e apenas duas derrotas, com o Ancorense e o Vila Boa do Bispo, ambas fora de casa e já com o título assegurado. A equipa orientada por Paulo Morais venceu todos os oito jogos que disputou perante o seu público e terminou a primeira fase da III Divisão com 101 golos marcados e apenas 35 sofridos. Com 40 anos feitos, Tomba apontou 43 golos e foi o segundo melhor marcador de toda a III Divisão. O plantel do Valença, conta por exemplo, para além de Tomba, com o guarda-redes Paulo Matos, Hélder Martins, Diogo Sá (que chegou a meio da época) e Miguel Fernandes, todos com experiência de I Divisão.
Miguel Fernandes (“Micha” nos meandros do hóquei) é, para além de um dos esteios da equipa, um dos esteios do clube. Eleito presidente em Agosto último, é a cara do novo projecto e a voz da ambição valenciana. “Temos uma equipa ambiciosa e não faz parte da nossa forma de estar na modalidade não jogar para ganhar”, afirma. “Sem dúvida que poder lutar pelo título é para nós um grande desafio, principalmente se tivermos em conta que estamos no primeiro ano do nosso projecto”, sublinha.
Cumprido o primeiro objectivo da época - a promoção – o Valença é apontado como favorito, principalmente depois de obrigar o Porto a ir a prolongamento nos oitavos-de-final da Taça de Portugal.
“Sem dúvida que esta fase é para desfrutar mas também para ganhar! Por isso, e mesmo sabendo que estaremos perante dois adversários com muita qualidade, iremos a jogo para vencer”, deseja.
Micha não se coíbe de elogiar os seus adversários. “Apesar de não termos ainda um conhecimento muito profundo quer do Nafarros quer do Benfica ‘B’, sabemos que estaremos perante duas equipas muito fortes, que tiveram caminhadas excelentes nas suas zonas e que ganharam, tal como nós, com boas vantagens para os segundos classificados”, analisa. “São dirigidas por dois grandes treinadores”, frisa. “Quer o Pedro, quer o Jorge têm equipas que jogam muito bom hóquei”, observa.
Esta fase de apuramento de campeão reveste-se de uma curiosidade para Miguel Fernandes. Agora no Valença, já vestiu a camisola quer do Benfica, quer do Nafarros. “Não posso negar que fiquei muito feliz por poder encontrar dois clubes nos quais fui tão feliz e tão bem tratado”, revela. “Ambos fizeram parte da minha carreira e sem dúvida que me marcaram, pelo que tenho a certeza que o regresso será muito bom. É como um regresso a duas casas que também foram minhas”, conta-nos. “Contudo, desta vez terei de deixar o sentimento que nutro pelos dois de lado... Porque só quero ganhar”, conclui ambicioso.

Exposição revela talento do Valenciano Carlos Amoedo

A exposição de pintura ‘Do outro lado’ é a novidade na edição deste ano da BragaDecor, certame dedicado ao sector do mobiliário, decoração e design que está a decorrer na grande nave do Parque de Exposições de Braga até ao próximo dia 4 de Maio.
A mostra reúne cerca de vinte telas da autoria de Carlos Amoedo, pintor natural de Valença que mostra pela primeira vez esta sua paixão ao grande público.
“Esta é a minha estreia mundial. Achei que tinha chegado o momento de mostrar ao público esta minha faceta, pois eu adoro pintar e pinto bastante”, contou Carlos Amoedo, que ontem marcou presença na inauguração oficial da exposição.
“Eu sou decorador de interiores de profissão. Adoro texturas, cores, padrões... e agora chegou a hora de mostrar esta minha faceta de pintor, sendo que tenho já outra exposição em perspectiva para acontecer em Valença, a minha terra”, referiu.
Nestas obras o pintor trabalha dois princípios, como o próprio explica: “gosto  de captar as expressões das pessoas, os olhares, os sentimentos como a revolta ou o amor, usando principalmente a gestão de cor. Eu adoro a cor. A vida é feita com muita cor. Numa outra vertente, alguns dos quadros que trouxe retratam momentos da nossa vida e uma ou outra escolha que temos de fazer durante a vida”.
A mostra ficará patente durante todo o certame.
Jorge Ferreira, da Best Events, entidade organizadora da BragaDecor, realçou que esta exposição é a novidade nesta feira. “Esta mostra enquadra-se perfeitamente no certame, pois as telas fazem parte da decoração. É uma exposição que dá mais valor à BragaDecor”, disse. 
As telas — a maioria delas são acrílicos — estão disponíveis para venda e podem ser apreciadas no horário de funcionamento da feira. 
Aos sábados, a BragaDecor abre as 14.30 e encerra às 23 horas. Aos domingos e feriados abre às 14.30 e fecha às 20 horas. Nos restantes dias (de segunda a sexta), as portas abrem às 18.30 horas e fecham às 23.

domingo, 27 de abril de 2014

Ata o martes 29 pódese visitar EXFITUI na Sala Municipal de Exposición na Área Panorámica

O Grupo Filatélico e Numismático de Tui organiza un ano máis a exposición EXFITUI 2014, Exposición de Filatélica e de Coleccionismo, na Sala de Exposicións Municipal da Área Panorámica de Tui coa colaboración do Concello de Tui. 
Na exposición, que estará aberta ao público ata o vindeiro martes, 29 de abril, os visitantes poderán ver 25 coleccións filatélicas, o que supón uns 9000 selos entre os que salientan os de Rosendo Salvado. Tamén se recollen distintas colección de códices e libros antigos do Pai Salvado, imaxes de San Telmo e San Francisco Javier, maquetas da Catedral de Santa María e das parroquias tudenses, óleos e cadros modernos, pezas de cerámica, antigüidades dos séculos XVIII e XIX e postais de Valença e Tui con máis de 100 anos.
Cómpre mencionar a colección de pezas de cerámica do tudense Vicente López Pérez,escultor e pintor que traballa na actualidade nun taller en París para Disney. Afincado xa no país galo creou dous dos catro evanxelistas das torres da igrexa de Saint Solpice e colaborou á súa vez na restauración da heráldica da cornixa do Palacio de Versalles  sen esquecer o seu traballo de restauración na igrexa de San Pablo de Valladolid.
Os que ata alí se acheguen poderán adquirir á súa vez sobres con mataselos especiais de San Telmo e o Pai Salvado así coma o libro conmemorativo da exposición.
O grupo filatélico de Tui ven organizando exposicións coleccionistas desde hai máis de 50 anos, sendo o comisario desta edición de EXFITUI 2014 José Martínez Clotet.
A entrada á sala é gratuíta e permanece aberta en horario de 11h a 13:30h e de 17h a 21h.

sábado, 26 de abril de 2014

Tenis, xadrez, fútbol sala, andaina e atletismo esta fin de semana nas Festas de San Telmo

Tenis, xadrez, fútbol sala, andaina e atletismo centran a oferta deportiva na fin de semana en Tui co gallo das Festas de San Telmo. Esta programación foi presentada esta mañá na Casa do Concello de Tui  polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o presidente da Comisión das Festas, Francisco Javier Rodríguez, o presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, Rafael Pérez, un representante do Club Tenis Tui, Luís Saracho, o presidente do Club Xadrez Tui, Luís Fernández, a responsable de VerdeAzul, Mercedes Martín, o responsable do equipo de fútbol sala A Carballeira FS, Javier Reboresa, dous representantes de SOS Baixo Miño, José Gómez e Pilar Álvarez.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salientou na súa intervención coma “Tui é unha cidade con hábitos saudables” que dicía hai que manter. Eloxiou o traballo de coordinación realizado para artellar, na fin de semana grande das festas, as actividades previstas. Amais en relación á recollida de alimentos non perecedoiros para SOS Baixo Miño,  prevista para esta fin de semana e que se suma as realizadas xa con anterioridade, afirmou Moisés Rodríguez que “o deporte está dando un exemplo de solidariedade”. 
Nicolás Lorenzo, concelleiro de Deportes, amosou a súa satisfacción polo feito de que “o deporte colla presenza nas festas de San Telmo” agradecendo á comisión de festas a súa colaboración e aposta polas actividades deportivas. Ao tempo Nicolás Lorenzo puxo de relevo o “carácter solidario” que terán boa parte das probas previstas. Tamén apuntou que dada a acollida que están a ter as distintas probas celebradas ata o momento confían en superar os 5 mil participantes nas actividades deportivas organizadas neste 2014.
A primeira cita será o sábado dende ás 10.30h no pavillón do IES San Paio co III Torneo de Xadrez San Telmo organizado polo Club Xadrez Tui. Preto de sesenta persoas de todas as idades van participar nesta competición nas categorías de sub 10, sub 12, sub 16 e absoluta, con tres roldas pola mañá e catro pola tarde. A entrega de premios está prevista para ás 20h. Luís Fernández, presidente do Club Xadrez Tui avanzou que o próximo ano agardan que este torneo pase a formar parte do Circuíto Infantil de Xadrez da Federación Galega. 
Tamén o sábado, pero neste caso no Paseo da Corredoira, terá lugar a cuarta edición de Tenis na rúa San Telmo. Unha actividade que buscar dar maior visibilidade ao Club Tenis Tui segundo explicaba Luís Saracho, para darse así a coñecer e amosar o traballo que realizan. Dende ás 17h nas cinco pistas que haberá na Corredoira competirán nenos de ata 14 anos. 
A seguinte actividade será ás 19h no novo pavillón deportivo de Tui cos partidos solidarios de fútbol Sala nos que a entrada será un alimento non perecedoiro que serán logo doados a SOS Baixo Miño. O equipo infantil da Carballeira Fútbol Sala xogará o seu primeiro partido ás 19h e ás 20h será a quenda do equipo xuvenil que buscará o ascenso de categoría segundo indicaba Javier Reboresa. 
O domingo ás 10h saíra dende a praza de abastos de Tui a Andaina Saudable da Eurocidade polo Alto do Coello. Será un percorrido accesible polas parroquias de Pazos de Reis e Randufe cun tempo estimado de dúas horas e media. Mercedes Martín salientaba “a calidade paisaxística que se poderá gozar no Alto do Coello” así coma a gran aceptación que están a ter esta andainas. 
Por último o domingo pola mañá o Paseo da Corredoira será o escenario da Carreira Popular de San Telmo organizada polo Club Atletismo Tui Thermalia cuxa inscrición remata ás doce desta noite na web www.atletismotui.es. A primeira carreira será para xuvenil, senior e veteranos, cunha distancia de 7 quilómetros en circuíto urbano que sairá ás 10.30h. Cadetes e infantís correrán a partir das 12h dous quilómetros, e por último alevíns, benxamís, prebenxamíns e pitufos, sairán cada quince minutos con distancias de entre 900 e 200 metros no propio Paseo da Corredoira.  Rafael Pérez, presidente do club animaba a participar nesta carreira.
Por último José Gómez e Pilar Álvarez no nome de SOS Tomiño-Baixo Miño agradeceron a colaboración dos clubs deportivos e do Concello de Tui, e explicaron que na actualidade 50 persoas traballan en Tui e Tomiño de xeito voluntario nesta asociación asistencia. No próximo reparto de alimentos axudarán a 82 familias cun total de 327 persoas das que 150 son menores de 15 anos. 

sexta-feira, 25 de abril de 2014

Sae a licitación a explotación da Cafetería do Centro Interfederado de Tui

Os interesados terán un prazo de quince días naturais, contados a partir de mañá, para presentar as súas ofertas
 O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, BOP, publica no día de hoxe un anuncio do Concello de Tui polo que se informa da exposición pública e apertura do prazo de licitación da explotación da cafetería do Centro Interfederado. A xunta de goberno local aprobou hai uns días esta licitación por tramitación ordinaria e procedemento aberto fixando un canon anual mínimo de 4.128,10€ máis IVE.  
Segundo se recolle no anuncio publicado no BOP o contrato terá unha duración de dous anos, prorrogables por outros dous.
Os pregos técnicos e administrativos poden solicitarse na Secretaría do Concello de Tui, podendo consultarse tamén as bases desta licitación no perfil do contratante da páxina web www.concellotui.org.  Os interesados teñen un prazo de quince días naturais, contado a partir de mañá venres 25 de abril, para presentar as súas ofertas no rexistro xeral do Concello de 9 a 14h de luns a venres e os sábados de 9 a 13h. 

A Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín ofrece o luns un concerto no Teatro Municipal

Este evento musical comezará ás 17.30h, comezando á venda de entradas media hora antes
O Teatro Municipal de Tui acolle o próximo luns, 28 de abril, Luns de San Telmo, festivo local na cidade, un concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín. 
O concerto comezará ás 17.30h cunha duración prevista de 75 minutos. A Banda, dirixida por  Francisco García Hurtado, está formada actualmente por 48 compoñentes, entre Instrumentistas de madeira, metal e Percusión. 
O programa a interpretar será o seguinte:       
De Quintans a Peneda ………...….Pasodobre …….………. F. G. Hurtado
Maruxa …………………………….. Preludio del 2º Acto ….. A. Vives
Adagio de la Sonata 14….……………………………………. Beethoven
La Gazza Ladra ………………..……. Obertura …………….. Rossini
Cavalleria Rusticana ………….... Intermezzo ………….…… P. Mascagni
Aloumiños ……………………..……..… Suite ……………..... F. G. Hurtado
Sinfonía nº 5 (II Tiempo) ………..………………………..…... Beethoven
West Side Story ………………… Selección ……………..…. L. Bernstein
Sinfonía nº 9  (IV Tiempo) …..………………….…………..… A. Dvorak
C.N. Sobrino …………………… Marcha Militar …..……...... F. G. Hurtado
A Banda de Música da Escola Naval Militar, creouse no ano 1940 en Cadiz previa ao traslado da Escola a Marín tres anos despois.  Esta unidade actúa por unha parte en actividades de réxime interno da propia Escola Naval Militar rendendo honras, en paradas militares, xuras de bandeira, despedidas de buques e concerto.  Pero tamén fóra da Escola actúa en concertos, procesións, e outros actos de índole castrense.
Ás entradas, sen numerar, poranse á venda o luns ás 17h no despacho de billetes da Área Panorámica, ao prezo único de 4€.

quinta-feira, 24 de abril de 2014

Merca en Tui


Valença Evoca 40 Anos do 25 de Abril

Valença comemora os 40 anos do 25 de Abril com uma sessão solene e concerto de Tributo a Zeca Afonso, quinta-feira, 24 de abril, às 21h30, no Pavilhão Municipal.
Uma sessão solene abre a noite com intervenções das forças políticas locais evocativas dos 40 anos da Revolução dos Cravos.
A noite será enriquecida com um concerto de Tributo a Zeca Afonso onde serão interpretadas as mais conhecidas e emblemáticas composições do cantor. Uma projeção multimédia repassará os momentos mais marcantes do 25 de Abril e a vida e obra de Zeca Afonso acompanhando o tributo. Esta é já a quarta vez consecutivo que a Câmara Municipal promove um concerto Tributo a Zeca Afonso, sempre com grande sucesso.
Uma exposição gráfica repassará os cartazes evocativos de 40 anos anos de celebrações da Revolução de Abril, no Arquivo Municipal de Valença, até 29 de abril.
Para Jorge Salgueiro Mendes, "Estas comemorações fazem a evocação de um momento marcante da história de Portugal que alterou o rumo do pais e Valença associa-se, com um espetáculo de grande qualidade".

Taça de Portugal - FC Porto vence Valença no golo de ouro

O Valença obrigou e de que maneira o FC Porto a garantir presença na próxima eliminatória
Grande jogo num pavilhão a rebentar pelas costuras em Valença com a turma local da terceira divisão a defrontar o campeão nacional o FC Porto
Para surpresa e espanto de muitos o Valença chegou a alcançar uma vantagem de 2-0 com golos de Hélder Martins e Tomba.
O FC Porto assumiu o jogo e ainda antes do intervalo fez a igualdade a duas bolas, primeiro por Ricardo Barreiros e o segundo de grande penalidade apontado por Caio.
Na segunda parte os minhotos voltaram a mostrar a sua qualidade e carregados por Tomba fizeram mossa na defesa do Porto com a obtenção de dois golos, passando a vencer por 4-2.
Os campeões nacionais sentiram isso mas só na parte final é que chegaram ao empate com dois tentos de Hélder Nunes., levando a decisão para o prolongamento.
No tempo extra a primeira grande e soberana oportunidade pertenceu ao Valença mas Tomba desperdiçou um livre direto.
Mesmo em cima do intervalo Caio fez o golo de ouro colocando o FC Porto na próxima eliminatória da Taça de Portugal.
Uma palavra final para o Valença que por muito pouco não se tornou um enorme tomba gigantes da prova. valeu a intervenção do guarda redes do Porto a evitar o livre direto de Tomba já no prolongamento.
in Hoquei Minhoto

Valença: homem de 33 anos tinha saído de casa na segunda-feira para ir pescar Morto na margem do rio

Um homem de 33 anos foi ontem encontrado morto junto à margem do rio Minho, em Verdoejo, Valença. Luís Gonçalves vivia na localidade vizinha, em Urgeira, e estava desaparecido desde a tarde de anteontem. Ao que tudo indica, uma queda ter-se-á revelado fatal. A vítima sofria de epilepsia. Luís tinha a pesca como atividade lúdica de eleição. Na segunda-feira saiu de casa, por volta das 14h00, para pescar, e desde então os familiares não conseguiram contactá-lo. "Durante a tarde e a noite liguei-lhe para os dois telemóveis e nunca atendeu. O meu pai andou a procurá-lo até às 02h00 – de Valença a Monção – e não o encontrou", relata Paulo Gonçalves, irmão da vítima, que acabou por encontrá-lo sem vida, caído nas pedras à beira-rio. Eram cerca das 09h00 quando o irmão e um amigo o encontraram. "O amigo levou-me a um dos sítios para onde costumavam ir. Começámos por ver o carro, descemos até ao rio e vimos a mala de pesca e o meu irmão deitado nas rochas. Estava molhado e gelado, já cadáver", contou, consternado, o irmão da vítima. O óbito foi declarado no local e o corpo levado para o Gabinete de Medicina Legal de Viana do Castelo, onde será autopsiado.
in Correio da Manha

quarta-feira, 23 de abril de 2014

Cinema Itinerante em Valença


Campeonato de Tute San Telmo 2014


A comedia é a gran protagonista da VI Semana de Teatro Amador Celebrarase do luns 21 ao sábado 26 no Teatro Municipal de Tui

O teatro afecionado volverá ser o protagonista durante a semana de San Telmo en Tui coa celebración da VI Semana de Teatro Amador, do 21 ao 26 de abril, organizada polo Concello de Tui ao través da Concellería de Cultura. Trátase dunha aposta clara polas compañías teatrais existentes na cidade que achegan ata o Teatro Municipal de Tui as súas representación.
A presentación desta actividade tivo lugar esta mañá no Concello de Tui a cargo  alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, xunto a unha representación dos grupos de teatro que van participar nesta programación. 
A concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, explicou na presentación que “o teatro amador nos enche de orgullo” salientando coma este “é o teatro da casa” e son os propios veciños os que se converten en actores e se achegan ao Teatro Municipal para ensinar o froito de moitos meses de ensaios. 
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, destacou coma “o teatro ten moito arraigo nos distintos centros culturais” e esta é unha mostra da cultura activa do municipio. Fixo amais o rexedor unha invitación a asistir as representación programadas ao longo da semana de San Telmo. 
Os representantes dos distintos grupos, Cristina Fernández, Carmen Álvarez, Ubaldo Estévez, Susana Blanco, Noelia Solla e Adrián Vila, explicaron os pormenores das súas representación. 
Os encargados de abrir esta VI Semana de Teatro Amador serán os integrantes do grupo de teatro San Fins de Rebordáns que o luns 21 porán en escena “A Compraventa” cunha duración de 90 minutos e oito actores dando vida a unha comedia sobre o tráfico ilegal de órganos. 
“Non me mintas, Mariana” é o título da obra que achegará o martes 22 o grupo Atalaia de Voluntariado do Centro Sociocomunitario de Tui.  Baixo a dirección de Paula Álvarez doce actores darán vida a esta comedia na que un ladrón busca roubar as xoias da protagonista. 
O mércores 23 o grupo de teatro Mesturanzas de Areas representará “O achado do Castro” de Manuel Núñez baixo a dirección de Esteban Alonso. Os dez actores da obra volve á época romana con varias historia, algunha de amor, que se entrelazan.
O xoves 24 non haberá función xa que tivo que ser cancelada por problemas de saúde dun dos integrantes do grupo de teatro de Caldeas. A actividade retomarase o venres 25 co grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis e “A idade do pavosaurio”. Oito actores achegarannos durante 90 minutos a historia de dous compadres que vai sorprender ao público. 
Por último o sábado 26 pecha esta Semana do Teatro Amador o grupo de teatro Chirlomirlo de Randufe con “Los antipáticos del segundo”. Trátase dun sainete cómico representado en dous actos que narra as peripecias duns veciños preocupados só polas apariencias.  Todos os grupos, salvo Randufe, estrearán as súas obras durante esta semana no Teatro Municipal de Tui.
As representacións o luns, martes, xoves e venres será ás 21.15h e o sábado ás 20.15h. A entrada, sen numerar,  ten un prezo de 1,5€ e poderá adquirirse media hora antes do comezo da función no despacho de billetes. Ao longo da semana pasarán polo teatro medio centenar de actores afecionados. 

O domingo 27 de abril celebrarase en Tui a Festa Popular do Meixón

A Festa Popular do Meixón volverá a celebrar en Tui co gallo das Festas de San Telmo. A recuperación deste festexo gastronómico chega da man da iniciativa privada, o Parador de Turismo San Telmo, coa colaboración do Concello de Tui.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, asistiu esta mañá á presentación desta festa que correu a cargo do director do Parador, Francisco Plaza e do xefe de cociña deste establecemento, Miguel Rodríguez.
A cita será o domingo, 27 de abril, Domingo de San Telmo, entre ás 11.30h e ás 15h no Parador de Turismo San Temo de Tui. A ración de 100 gramos meixón terá un prezo de 32€, que en venda anticipada no propio Parador e nos cafeterías El Pilar e Boby, se reduce ata os 29€. O meixón será subministrado pola empresa Delicias do Miño. O público tamén poderánse degustar racións de carne ao caldeiro por 10€ e asemade tamén haberá polbo.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, explicaba esta mañá que a recuperación da Festa do Meixón era unha aspiración lóxica nunha cidade coma Tui moi vinculada con este produto de río. Salientou  feito de que sexa a iniciativa privada, neste caso o Parador do que dixo é unha peza fundamental no turismo da cidade, quen se envorque nesta festa. O rexedor desexou que esta sexa a semente do renacemento deste festexo cunha nova organización e nova dirección acorde cos tempos actuais. Augurou amais Moisés Rodríguez, moito éxito á cita gastronómica do próximo 27 de abril xa que dicía “temos bo produto, bo sitio, e está preparado por profesionais”.
O director do Parador de Turismo San Telmo, Francisco Plaza, explicou coma a iniciativa xurdiu do propio persoal deste establecemento que están sempre tendo novas ideas para contribuír á dinamización e mantemento do Parador.  Engadiu coma esta festa está moi arraigada na zona desexando que sexa un éxito.
Miguel Rodríguez, xefe de cociña do Parador, comezou sinalando que o meixón é “o produto estrela da gastronomía galega” apostando por “pór en valor os produtos do Miño”. Apuntaba que esta festa popular “é un primeiro paso” que se pode completar no futuro cun festa exaltación dos distintos produtos do Miño

Mercado da Verdura de Tui


Valença Recebe FC Porto


Os delitos e faltas baixaron un 30% nos dous primeiros meses do ano en Tui con respecto ao mesmo período de 2013

Así se deu a coñecer hoxe tras a reunión da Xunta de Seguridade Local na que se afirmou que Tui é unha cidade segura
Esta mañá celebrouse no Concello de Tui a Xunta de Seguridade Local copresidida polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, contando coa presenza dos corpos de seguridade do municipio.
O subdelegado do Goberno da provincia de Pontevedra, Antonio Coello, asegurou que, logo da reunión da Xunta de Seguridade Local de Tui e as estatísticas resultantes dos últimos anos, Tui é unha cidade segura tendo en conta asemade o seu carácter de cidade fronteiriza, con dúas pontes internacionais,  152 núcleos de poboación, un gasoduto internacional, o albergue da  Diócese Tui-Vigo e 12 parroquias.
Segundo as estatísticas fornecidas polo subdelegado do Goberno, o número de infraccións penais cometidas na cidade de Tui desde o ano 2012 ata a actualidade viuse reducido ano a ano. Así, no 2013 houbo  case un 6% menos de delitos e faltas en relación ao ano 2012. Estas infraccións penais reducíronse tamén no que vai de ano xa que, segundo os datos recollidos en relación aos meses de xaneiro e febreiro do 2014, este ano producíronse un 30% menos de delitos e faltas en relación aos meses de xaneiro e febreiro do 2013 . 
Na Xunta fíxose especial mención tamén á valoración de Tui coma cidade “tranquila” en relación aos roubos a vivendas e propiedades privadas, segundo as cifras dos últimos anos. 
As reunións de Seguridade Local buscan analizar cos alcaldes dos concellos pontevedreses e os seus corpos de seguridade as cifras relativas as infraccións penais dos municipios para tomar novas medidas conducentes a reducir ao mínimo a inseguridade cidadá mediante a colaboración conxunta dos diferentes organismos competentes.
Así mesmo na reunión tratáronse os plans estatais Director e Ocio que os corpos de seguridade están a levar a cabo en toda a provincia de Pontevedra. O Plan Director ten a súa área de actuación nos Centros Educativos co fin de informar non so a pais e docentes, senón tamén aos alumnos, acerca da seguridade e o bo uso das novas tecnoloxías entre outros temas. O Plan Ocio pola súa banda establece un control máis exhaustivo sobre a venta ilegal de alcohol aos menores nos establecementos de ocio. 
Por outra banda, o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, quixo amosar a súa gratitude xa que os datos resultantes da Xunta de Seguridade son positivos aínda que, nas súas palabras, “non hai que relaxarse e máis agora coa celebración das Festas de San Telmo declaradas de Interese Turístico de Galicia” . Con tal motivo nesta vindeira fin de semana, na que se espera unha grande aglomeración polos festexos e actividades tanto lúdicas coma relixiosas, gastronómicas e culturais derivadas da festividade de San Telmo, o Concello de Tui proporcionará un reforzo dos corpos e forzas de seguridade do municipio para a maior tranquilidade e desenvolvemento das festas patronais de Tui.  
O alcalde de Tui, a súa vez, aproveitou para defender neste encontro,  o mantemento do Partido Xudicial en Tui como elemento dinamizador en Tui e de servizo aos cidadáns .

sábado, 19 de abril de 2014

Cruz de Valença Atravessa o Rio em Barco e Dá-se a Beijar aos Espanhóis

     A freguesia valenciana de Cristelo Côvo celebra os tradicionais festejos em honra de Nª Sr.ª da Cabeça, com destaque para o Lanço da Cruz, no dia 21 de Abril, Segunda-Feira de Páscoa, no Parque Natural da Senhora da Cabeça, junto ao rio Minho.
     O Lanço da Cruz, o ponto alto dos festejos, está programado para as 17h, do dia 21 Abril, Segunda-Feira de Páscoa. Esta tradicional romaria galaico-minhota decorre sempre na segunda-feira imediata ao fim de semana da Páscoa.
     Ao entardecer, depois da visita pascal, à freguesia de Cristelo-Côvo (Valença), o pároco, devidamente paramentado e com uma cruz ornamentada, entra num barco de pesca e dirige-se até à margem espanhola onde dá a cruz a beijar aos paroquianos da outra margem. Durante esse período são lançadas, pelos pescadores as redes benzidas ao rio. Todo o peixe que sair no lance é para o pároco. Entretanto com o pároco português regressa, no barco, o pároco de Sobrado – Torron, concelho de Tomiño (Galiza), dando a cruz a beijar aos peregrinos que aguardam junto ao rio, na margem portuguesa. Várias embarcações portuguesas e galegas acompanham este compasso pascal nas águas do Minho.
     Até à noite os sons das gaitas de foles misturam-se com os das concertinas, das castanholas, o rufar dos bombos e tambores numa autêntica romaria galaico-minhota.
     Na terça-feira, 22 de Abril, merece especial referência a missa para os peregrinos da Galiza, celebrada em galego, por um padre galego. Neste dia também, por tradição, os peregrinos desfrutam dos seus merendeiros nas sombras do parque comendo, sobretudo, o que sobrou do carneiro ou cabrito da Páscoa.
     A tradição do Lanço da Cruz é uma manifestação religiosa e popular muito acarinhada pelas populações da raia minhota que ano após ano atrai um maior número de populares e turistas.
     Para o Presidente da Câmara, Jorge Salgueiro Mendes, "Esta é uma manifestação cultural e religiosa única no mundo, só possível graças às excelentes relações seculares entre galegos e minhotos, em Valença".

Valença Valoriza a Floresta e Protege-a Contra Incêndios

     A Câmara Municipal de Valença está a desenvolver uma política de Defesa da Floresta Contra Incêndios com limpeza de áreas florestais, beneficiação de caminhos, reflorestações e campanhas de sensibilização. Valorizar este recurso ambiental e económico do concelho é o grande objetivo.
     Nos últimos meses a autarquia procedeu à limpeza de 80 hectares de mato, em terrenos baldios, para criação de faixas de proteção (corta fogos) às explorações florestais e áreas residenciais.
     Através dos serviços dos Sapadores Florestais a autarquia procedeu à reflorestação de várias áreas com a plantação de 18050 árvores folhosas e resinosas, sobretudo, apostando em árvores autóctones como o medronheiro, o castanheiro, o pinheiro manso e bravo, o carvalho alvarinho, a azinheira, o freixo e o amieiro. Em quatro anos já foram plantadas mais de 50 mil arvores, 50% produzidos pelos serviços municipais. Em termos económicos, numa perspetiva de 30 anos, estas plantações podem trazer proveitos no valor de 1 milhão e 500 mil euros. Intervenções planeadaa rigorosamente, tanto em termos de especiais autóctones selecionadas como da sua capacidade de resistência aos fogos florestais.
     Desde o último trimestre de 2013 até ao primeiro trimestre de 2014 foram executados 20 Km na manutenção e beneficiação da rede viária florestal. Várias parcelas de mato foram objeto de fogos controlados para criar barreiras à evolução dos incêndios, bem como os pontos de água do concelho foram objeto de manutenção. Em perspetiva está a criação de mais dois pontos de água de apoio aos meios aéreos e terrestres.
     Um conjunto de trabalhos desenvolvidos pela Câmara Municipal, através das equipas de Sapadores Florestais em parceria com as juntas de freguesia e as comissões de baldios. Um trabalho que se pretende ir alargando a todo o concelho, melhorando o ambiente, recuperando os pulmões verdes do concelho e criando recursos económicos, a longo prazo para Valença.
     Para Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara "Prevenir os incêndios, defendendo as pessoas, as habitações e explorações florestais é uma prioridade da autarquia na sua política florestal e ambiental. Transformar zonas de mato e monte abandonados em plantações bem estruturadas que gerarão recursos económicos e ambientais para Valença é trabalhar para um futuro mais sustentável".
     Para José Veiga, Comandante dos Bombeiros Voluntários de Valença "Os trabalhos de prevenção realizados são importantíssimos para atenuar os efeitos dos incêndios florestais, criando faixas de contenção do avanço das frentes de fogo e contribuindo para a proteção das áreas residenciais e florestais".

I Xornada de Rastrexo de Arte Rupestre de Randufe, Tui


Ganadora del II Concurso Portada TRP Fiestas de San Telmo 2014. autora: Ritta Bremer.


quinta-feira, 17 de abril de 2014

A MATRACA DA CATEDRAL DE TUI SOARA DE NOVO NAS XORNADAS DO XOVES OU VENRES SANTO

A Semana Santa tudense continúa enriquecendo o seu acervo, recuperando agora unha tradición interrompida, hai algunhas décadas, o son da matraca substituirá, nas xornadas do xoves e venres santo, o tradicional son das campás da catedral tudense, convocando aos fieis ás celebracións litúrxicas propias destas datas.
Poucos lugares conservan unhas manifestacións da Semana Santa tan singulares como Tui, diferenciadas. As escenografías relacionadas con antergos dramas ou autos sacramentais como os que podemos contemplar aínda no Sermón do Encontro, coa soberba imaxinería articulada do Cristo caendo coa cruz ou na Dolorosa de Agustín Querol, ou no Sermón do Desencravo coa súa particular carga escenográfica e a posterior procesión do Santo Enterro, organizada polo Concello, e que reunía e reúne ás xentes da nosa contorna e mesmo das terras de Portugal. Sen esquecer algo tan excepcional  como a Horta das Oliveiras, que xa se realizaba en 1818, na Capela da Misericordia e que revela a riqueza desta tradición cultural na nosa cidade. Tradición conservada e promovida pola Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia, presente en Tui dende 1542.
Peza tamén excepcional é o “Monumento” da Catedral, retablo que se montaba anualmente para función litúrxica do Xoves Santo, testemuño das disposicións canónicas da Contrarreforma. Obra do escultor Juan Luís Pereira de Santo Adrián de Cobres realizado no ano 1775, e que na actualidade é unha peza do mobiliario litúrxico única en España.
Este ano esta Semana Maior ou de Paixón se enriquece coa recuperación dunha anterga expresión da sensibilidade destas datas: o son da matraca da Catedral tudense marcara estas xornadas da Semana Santa recuperando unha acústica esquecida durante décadas.  Gracias á colaboración do Concello de Tui e o Cabido da Catedral as vellas rúas tudense acolleran de novo o son adusto, seco e rexo da matraca catedralicia convocándonos á celebración do misterio pascual.
Segundo o historiador tudense, José Ramón Fernández, a matraca tudense deixou de usarse arredor de 1955 cando o Papa Pío XII cambia a liturxia da Semana Santa desaparecendo o chamado “Oficio de Tebras”. Asi dende a “Gloria” do Xoves Santo ata o “Gloría” do Sabado Santo non se podían usar as campás para chamar aos fieis aos oficios litúrxicos. A matraca é un instrumento de percusión da familia dos idiófonos (instrumentos que producen o son por percusión do seu propio corpo). Consta dun corpo, dun taboleiro de madeira, ao que se unen varios martelos ou mazas, no caso de Tui 8 taboleiros e 16 martelos, que ao golpear contra os taboleiros producen o son.

terça-feira, 15 de abril de 2014

A Eurocidade Tui-Valença segue a espertar o interese dos medios coma exemplo de cooperación

A Eurocidade Tui-Valença segue a centrar a atención mediática tanto en Portugal coma en España. Hai uns días o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez e o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, foron entrevistados pola canle televisiva portuguesa RTP, que se achegou ata o municipio valenciano para realizar unha reportaxe sobre a Eurocidade e as súas características.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, xunto ao seu homólogo de Valença, foi entrevistado pola RTP explicando para esta canle lusa os pormenores da unión entre os dous municipios, explicando os pasos que se están dando. Tamén aproveitou para falar da cidade tudense e dos seus atractivos dándoos así a coñecer ao país veciño. 
O Camiño Portugués a Santiago estivo tamén presente na reportaxe da RTP centrando a atención en Valença como porta da saída desde Camiño en Portugal, e en Tui coma porta de entrada do mesmo a Galicia tendo como nexo a vella Ponte Internacional, símbolo de unión dos dous países desde hai máis dun século .
A evolución e unión de esforzos da Eurocidade é seguida habitualmente polos medios de comunicación que, este ano quixeron estar presentes na Cabalgata Internacional de Reis que partiu de Valença e terminou en Tui, ou no programa especial que a Antena 1 fixo hai uns días dende Valença co gallo das próximas Eleccións Europeas. 
O interese mediático da Eurocidade pon en relevo a importancia desta unión, exemplo de cooperación entre dous países con culturas e linguas diferentes, pero que saben aproveitar os recursos e as vantaxes da súa situación xeográfica, especialmente nestes tempos que corren nos que o apoio e aproveitamento de recursos conxunto favorece a ambas localidades.