sábado, 31 de maio de 2014

A clausura das Escolas Deportivas de Patinaxe da Deputación de Pontevedra en Tui reunirá ao redor de mil patinadores/as no novo pavillón deportivo

Este domingo, 1 de xuño, a partir das 15.00 horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, terá lugar o acto de clausura das escolas deportivas de patinaxe da Deputación de Pontevedra en Tui, organizado pola propia Deputación de Pontevedra, o Concello de Tui, a Federación Galega de Patinaxe, e coa colaboración do Club de Patinaxe Artístico Ribex de Tui.
Ao redor de 1.000 patinadores e patinadoras procedentes das escolas de Tui,  Vigo, O Rosal, Goián, Gondomar, Soutelo de Montes, Forcarei, Cambados, Soutomaior, Tomiño, Lalín, Campo Lameiro, Poio, Agolada, Ribadumia, Valga, Vincios, Belesar, Moraña e Pontevedra, mostrarán ao público asistente os coñecementos adquiridos ao longo da tempada de adestramentos, que dende o mes de outubro do ano pasado levan producíndose nas distintas localidades da provincia.
Dende as 10.00 horas da mañá, o pavillón deportivo acollerá os adestramentos de todos os grupos participantes, e a partir das 14.45 horas, as portas do pavillón municipal se abrirán para o público asistente.
O pasado martes, na presentación da III Eurocidade 10, a Deputada Provincial Begoña Estévez, agradeceu a boa organización do acto de clausura que se realizou en Tui o ano pasado, indicando o aumento do número de nenos e nenas que participarán nesta nova edición.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, sinala que é unha honra poder acoller por segundo ano consecutivo este acto de clausura das escolas de patinaxe a nivel provincial grazas ás boas instalacións deportivas con que conta a cidade e ao feito de ser a Escola de Patinaxe de Tui unha das máis numerosas a nivel provincial.  

Alfonso Davila, primeiro Técnico de Son invidente de Europa realiza prácticas na Radio Municipal de Tui

Alfonso Davila Crespo, un mozo de 22 anos, que este ano titularase coma Técnico Superior de Son para Audiovisuais e Espectáculos na Escola de Imaxe e Son de Vigo, está a realizar na actualidade as súas prácticas na Radio Municipal de Tui na área de control e edición.
Alfonso Davila será nunha semanas o primeiro Técnico de Son invidente en Europa.  O seu interese polo mundo do son e a música comezou desde ben pequeno. Causáballe admiración o medio radiofónico, coma daquel retransmisor saían voces, música e efectos misturados creando pezas dramáticas perfectas. 
A idade dos 9 anos comezou a tocar o acordeón dando concertos en numerosos lugares da comunidade, Asturias, República Dominicana e mesmo na televisión, paixón que todavía lle acompaña, chegando a gravar él mesmo as súas pezas musicais. Nas súas actuacións coma acordeonista descubriu a labor dos técnicos de son, e desde entón tivo clara a súa meta profesional. 
Alfonso Davila, que estudou o ensino obrigatorio no centros educativos da ONCE en Pontevedra e Madrid,  Bacharelato no IES de Beade e cursou os estudos de Técnico de Son na Escola de Imaxe e Son de Vigo, sendo o  primeiro invidente en estudar nesta escola. Grazas ao programa Jaws 13.0, que lle interpreta o que está a facer no ordenador ao través de instrución de son, emprega o programa Sonar 8 para a edición de son, co que puido comezar a traballar autónomamente nese mundo, labor que desempeña nestes momentos – facendo as prácticas formativas - na Radio Municipal de Tui. Nesta etapa formativa tivo que adaptarse ao cambio que supuxo asistir a centros dirixidos especialmente para invidentes, a incorporarse a outros onde el era a excepción, o que supuxo un proceso adaptativo duro.  
Satisfeito de ter completado a súa formación, e tras as prácticas que realiza durante once semanas na emisora municipal de Tui, gustaríalle encamiñar o seu futuro profesional a traballar nun estudo de gravación facendo postproducción de música ou elaborando relatos dramáticos radiofónicos mesturando voz, ambiente e música. Recoñece que cumprir o seu soño non é doado porque non son moitas as oportunidades laborais que poden xurdir, máis aínda nestes tempos de crise.  Pero Alfonso Davila non tira a toalla e o seu próximo proxecto é poder mercar o seu equipo propio equipo de son para realizarse a sí mesmo mentres non atopa un traballo por conta allea. Grazas aos numerosos concertos que deu coma acordeonista fixo multitude de contactos con bandas de música coas que espera poder comezar a súa carreira profesional. 
Mentres tanto, continuará formándose ata o 20 de xuño na Radio Municipal de Tui realizando labores tanto de control técnico coma de edición de son. 

O Centro Interfederado de Tui acada a cualificación de Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Remo e Piragüismo

O Centro Interfederado de Tui vén de ser recoñecido coma Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Remo e Piragüismo polo Consejo Superior de Deportes, CSD.  Este era precisamente un dos obxectivos marcados pola concellería de Deportes de Tui para este mandato dado o elevado nivel dos clubs de piragüismo e remo da cidade, así como polos grupos de adestramento de alto nivel que teñen a cidade de Tui como lugar de concentración permanente.
Foi a mediados do pasado mes de febreiro cando o Concello de Tui, da man do Club Kaiak Tudense, Club Remo Tui, Club Remo do Miño, e das Federacións Galegas de Remo e Piragüismo, co apoio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, presentou no CSD o proxecto de cualificación desta nosa instalación situada a beira do río Miño.  O recoñecemento outorgado agora polo Consejo Superior de Deporte suporá que o Centro Interfederado de Tui se encargará do perfeccionamento daqueles deportistas, de remo e piragüismo,  que desenvolven a súa actividade fundamentalmente no seu ámbito territorial.  Posibilitará amais obtención de axudas nacionais do CSD, que poidan axudar á mellora tanto das propias instalacións como da formación dos deportistas que adestren e se concentren no mesmo. O de Tui será o 28º Centro Especializado de Tecnificación Deportiva recoñecido a nivel estatal polo CSD, sendo o primeiro destas características en Galicia. 
O Concello de Tui amosa a súa satisfacción por esta cualificación como Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Remo e Piragüismo xa que supón un paso cualitativo moi importante que repercutirá positivamente nos deportistas locais. Engade que o feito de que o Centro Interfederado pase a ser tamén CETD suporá que estas instalacións poidan ser un referente tamén para as súas concentracións a equipos e seleccións tanto de remo coma de piragüismo. 

sexta-feira, 30 de maio de 2014

Jorge Mendes Reune com Ministro Poiares Maduro em Valença

O Presidente da Câmara de Valença, Jorge Mendes, reune com o Ministro Adjunto e do Desenvolvimento Regional, Miguel Poiares Maduro amanhã, sábado, 31 de maio, em Valença.
A reunião abordará o Centro de Inovação e Logística de Valença, a candidatura da Fortaleza de Valença a Património da Humanidade e a reorganização dos serviços públicos, entre outros temas que preocupam a cidade de Valença.
A deslocação ministerial a Valença insere-se num roteiro ministerial ao Norte de Portugal que pretende manifestar um empenho especial para com este este território ao nível das políticas públicas, com o objetivo de promover eficazmente a sua promoção e desenvolvimento.
Assim, a iniciativa ministerial visa sensibilizar as entidades para a defesa e recuperação do património, sinalizar e reconhecer propostas locais de inclusão social, evidenciar boas práticas no domínio das iniciativas empresariais, reconhecer a importância do conhecimento científico e tecnológico associado ao desenvolvimento local e protocolar a instalação de “lojas do Cidadão” e outras iniciativas que visem descentralizar competências da Administração Local.

Festa de Nª Srª de Fátima em São Pedro da Torre


Este sábado celébrase o terceiro Mercado da Verdura en Tui

Este sábado, 31 de maio, volve  celebrarse o Mercado da Verdura no antigo Cárcere de Tui, no Casco Histórico, acollendo produtos ecolóxicos de produtores locais tales coma queixos, leitugas, fabas, pan ou viños.  Haberá tamén degustación destes produtos elaborados nesta ocasión por un establecemento de hostalaría do casco vello. 
A iniciativa, que se puxo en marcha o pasado mes de abril co obxectivo de proporcionar un espazo de venda aos produtores locais así coma medio de dinamización do conxunto histórico, celébrase cada segundo e último sábado de mes de 9h a 14h coa inclusión de actividades paralelas para dar a coñecer os produtos ofertados a través de degustacións entre outras moitas actividades. 
A súa singularidade, nun enclave emblemático da cidade coma é o Cárcere Vello, permite ao público coñecer os produtos da zona cun trato directo co produtor así coma o coñecemento deste espazo declarado Conxunto Histórico Artístico de interese nacional no ano 1967.  As pasadas edicións celebradas foron un éxito coa venda total dos produtos ofertados, exemplo do interese da cidadanía polos produtos ecolóxicos de calidade.
Esta actividade está promovida polo Concello de Tui, o Foro Tude e a Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos, APEGA.

Obradoiros nos centros educativos e un curso de deshabituación parte das ferramentas desenvolvidas en Tui para previr o tabaquismo

Este sábado, 31 de maio, celébrase o Día Mundial Sin Tabaco, cuxo obxectivo é sinalar  os riscos que supón o consumo de tabaco para a saúde, así coma fomentar políticas eficaces para a redución deste consumo. O tema deste Día Mundial Sen Tabaco 2014 é “Subir os impostos ao tabaco”. 
Dende o Departamento de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servicios Sociais do Concello de Tui desenvolvese ao longo de todo o ano un amplo traballo de prevención do consumo de tabaco dirixido a diversos sectores sociais coa finalidade de contribuír á erradicación deste consumo.
Mañá venres, 30 de maio, impartirán uns obradoiros sobre o tabaco ao alumnado de 6º de primaria no CEIP Nº2. Estas actividades súmanse ás desenvolvidas ao longo do curso polo Departamento de Prevención nos IES Indalecio Pérez Tizón e San Paio dirixidas ao alumnado de 1º da ESO. 
Amais realizouse un curso para deixar de fumar, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, que se impartiu entre o 4 de febreiro e o 26 de marzo. A primeira sesión de seguimento tivo lugar o pasado 24 de abril, amosándose a terapeuta que impartiu a actividade moi satisfeita desta sesión, xa que das 11 persoas que fixeron o curso 6 continúan sen fumar.
Dende o Concello de Tui anímase a todas aquelas persoas que queiran deixar de fumar e non o conseguen, a participar neste tipo de cursos xa que este tipo de terapias que brindan apoio técnico, consellos, compañía e recompensas son unha das ferramentas mais exitosas para lograr o abandono do tabaquismo. Por este motivo dende o Concello de Tui amosan a súa vontade de volver impartir unha actividade destas características novamente o próximo ano.
    

Valença Caminhada Solidária


Valença Destaca Direitos da Criança

Durante uma semana os Direitos da Criança estarão em destaque, em Valença,  entre 1 e 7 de junho, com atividades dirigidas às crianças e às famílias. 
A jornada começa a 1 de junho com a caminhada solidária “Um Dia pela Vida e pelos Direitos da Criança”. Uma jornada de angariação de fundos para uma causa solidária, a Liga Portuguesa Contra o Cancro. Uma jornada enriquecida com um piquenique e com uma tarde animada.
Segunda-feira, 2 de junho, está programada a sessão de (in)formação “As responsabilidades Parentais e a Escola”, no auditório da Biblioteca Municipal.
As festas do pré-escolar e 1º ciclo decorrerão em 2, 3 e 4 de junho  no Parque de São Sebastião, em São Julião.
Quinta-feira, 5 de junho, decorrerá a iniciativa Kids Flash Move, com um cordão humano e a pintura de murais com motivos alusivos aos direitos da crianças.
Sexta-feira, 6 de junho, decorrerá uma largada de balões no Jardim Municipal.
Sábado, 7 de junho, decorrerá a exposição de trabalhos alusivos aos Direitos das Crianças, a partir das 21h30. Neste dia está programado, ainda, o espetáculo “Ser Criança”, com a projeção do filme “O Lugar da Identidade”, a atuação do Clube de Música da A.M.M., a atuação dos alunos de educação musical do 4º ano da A.M.M., a encenação de “Não Dramatizes” e uma performance a cargo da Academia de Dança TFDance, no polivalente da EB2,3 Valença.
A Semana dos Direitos da Criança tem como grande objetivo despertar as atenções da comunidade para os afetos, para a inclusão e para o direito à diferença.
A iniciativa é da Comissão de Proteção de Crianças e Jovens em Risco de Valença, da Câmara Municipal,  do Projeto Um Dia Pela Vida e conta, ainda, com a colaboração de um conjunto de entidades que trabalham no apoio às crianças no concelho.
Para Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara Municipal de Valença, “Valença tem que continuar a ser uma terra que garanta um futuro sustentável para as nossas crianças, proporcionando garantias de um bom ambiente, fundamental ao seu crescimento. Um ambiente que tem que ser construido por todos.”

quinta-feira, 29 de maio de 2014

32º Aniversário da Liga dos Amigos de Valença


Sabores Serranos – As Delícias e a Pega do Porco Feira Gastronómica em São Julião - Valença

A Câmara Municipal de Valença e a Junta da União de Freguesias de São Julião e Silva promovem a terceira edição da Feira Gastronómica “Sabores Serranos – As Delícias do Porco”, no fim de semana de 31 de maio e 1 de junho, no Parque de São Sebastião, em São Julião.
Os sabores genuínos da carne de porco, como os enchidos, o presunto, o arroz de sarrabulho, o bolo do tacho, as belouras, o leitão e a orelha de porco, acompanhado da tradicional broa, do caldo verde de Valença, uma das 7 Maravilhas Gastronómicas de Portugal, bem como da doçaria tradicional e dos bons vinhos verdes locais. Dois dias em que será possível petiscar, comprar, apreciar e deliciar-se com vários pratos tradicionais.
Do programa de animação do evento destaca-se a Pega do Porco, na lama, domingo 1 de junho, a partir das 17h30. Um recinto fechado, completamente enlameado e com porcos bravos (javalis) convidará as várias equipas a demonstrar a sua destreza em agarrar o animal. Cada equipa será constituída por dois jogadores, podendo ser masculina ou feminina.  Ganha a equipa que conseguir agarrar o porco no melhor tempo. Do programa de animação consta, ainda um encontro de folclore com grupos da região.
Os Sabores Serranos são uma iniciativa da Câmara Municipal de Valença e da Junta da União das Freguesias de São Julião e da Silva com o apoio da Comissão de Festas de São Sebastião e Rancho Folclórico de São Julião.
Para Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara Municipal, “Os Sabores Serranos são um exemplo do aproveitamento e potencialização dos  recursos locais, dando valor ao que é nosso, genuino e tradicional”.

Tui Recibe o CB Marin


Cerdal Solidária


Fontoura em Maio


Dia Mundial da Criança em Gandra


terça-feira, 27 de maio de 2014

Valença Recebe Benfica


GNR recupera parte de material furtado em Valença

A GNR anunciou, hoje, a recuperação de material recentemente furtado de uma serração em Valença, e a identificação de um homem, de 22 anos, suspeito de ser o autor do crime.
De acordo com fonte do Comando Territorial de Viana do Castelo da GNR, a identificação do suspeito ocorreu na segunda-feira, no âmbito da investigação em curso na sequência do furto, este mês, a uma serração instalada na freguesia de São Pedro da Torre.
Segundo a GNR, o homem, residente no mesmo concelho, foi constituído arguido e sujeito a Termo de Identidade e Residência (TIR).
No decurso desta operação a GNR recuperou parte do material furtado naquela unidade fabril como motores elétricos, alternadores de carro, motores de arranque de camião, entre outros artigos.
A GNR vai prosseguir as investigações para tentar encontrar o restante material furtado da serração e, "no sentido de, identificar outros autores, caso existam".

IIIº Torneio Freguesia de Fontoura


La Brigada de Infantería Ligera inicia este martes la décimo terecerda edición del concurso de patrullas Tui-Santiago

La Brigada de Infantería Ligera 'Galicia VII' (Brilat) comenzará este martes, 27 de mayo, el Concurso de Patrullas Tui-Santiago, coincidiendo con el XLVIII aniversario de su creación.
La prueba, que cumple su décimo tercera edición, se desarrolla a lo largo del Camino del Santiago portugués. Consiste en un recorrido de 120 kilómetros con siete pruebas de carácter militar en un tiempo máximo de 36 horas.
El concurso comenzará este martes en Tui. Saldrá desde el embarcadero a las 7,30 horas y durante la jornada contará con tiro en la Base General Morillo en Pontevedra, paso de pista americana, rápel en Monteporreiro y paso del río Lerez a nado.
El miércoles 28 tendrá entre Pontecesures y Padrón (A Coruña) lanzamiento de granadas y llegada a la Plaza del Obradoiro desde las 8,00 horas hasta las 18,00 horas.
Ya para el jueves 29, coincidiendo con la festividad de la Ascensión, fiesta local en la capital gallega, la Brilat realizará una formación militar en el Obradoiro a las 11,30 horas y, a continuación, acudirán a la Misa del Peregrino, a las 12,00 horas en la Catedral.

La búsqueda del pescador de Tui, pendiente del tiempo

La búsqueda del pescador que sigue desaparecido tras ser engullido, junto a su sobrino, por una ola el jueves de la semana pasada en A Guarda (Pontevedra) ha concluido hoy sin éxito y se retomará mañana si las condiciones meteorológicas lo permiten, informaron a Efe fuentes de Salvamento Marítimo.
Hacia las 13.30 horas y tras varias inmersiones de los buzos, el Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) de la Guardia Civil puso punto final a las labores de rastreo y a bordo de la patrullera Corvo Mariño regresó a su puesto de base, al igual que la embarcación Salvamar Mirach de Salvamento una hora más tarde. También han concluido por hoy las labores de búsqueda en superficie de los voluntarios de Protección Civil.
El operativo decidirá mañana, en función de las condiciones meteorológicas, si se retoman las labores de búsqueda submarina de Enrique García, en cuyo caso la Salvamar Mirach se desplazaría hasta las inmediaciones de Punta Bazar, donde el pasado domingo fue hallado el cadáver de su sobrino, Diego García, de 22 años.

Heridas tres personas en una salida de vía registrada en Tui

Tres personas han resultado heridas en una salida de vía registrada en la mañana de este martes en la autovía A-55 a su paso por el término municipal de Tui (Pontevedra). El siniestro tuvo lugar sobre las 6,46 horas a la altura de la salida 26 de la A-55 en Tui, al registrarse una salida de vía de un vehículo que, posteriormente, chocó contra una farola, según los datos facilitados por el 112 a Europa Press. El 061 movilizó dos ambulancias asistenciales, otra medicalizada y un médico de Atención Primaria para atender a tres pacientes, de los cuales dos varones de 45 y 43 años fueron llevadas al hospital vigués Castro Perpetuo Socorro y un tercer hombre, de 47 años, al Xeral de Vigo, según han indicado fuentes sanitarias. Unos minutos antes de las 8,00 horas de este martes ocurrió otra salida de vía en el kilómetro 41 de la carretera N-550 a su paso por la localidad de Ordes (A Coruña), que se saldó con un hombre de 24 años trasladado en ambulancia asistencial al Hospital La Rosaleda, en Santiago. COLISIÓN Por su parte, sobre las 18,31 horas del lunes sucedió un accidente múltiple al colisionar tres vehículos en la Avenida del Aeropuerto en Vigo, que se saldó con tres mujeres heridas. En concreto, Urxencias Sanitarias de Galicia envió una ambulancia asistencial que llevó al Hospital Fátima a tres mujeres de 36, 37 y 53 años de edad.

sexta-feira, 23 de maio de 2014

25ª Acampovana em Valença


Ese domingo celébrase en Tui a III Big Ride coa participación dos corredores máis recoñecidos a nivel mundial

Un ano máis os amantes da bicicleta de montaña teñen cita este domingo en Tui para disputarse os primeiros postos na III Big Ride Tui, segunda proba del Open de España de Enduro BTT 2014.
Cun percorrido total de 42km e un desnivel acumulado de máis de 2000 metros, os máis de 300 participantes percorrerán os camiños do Monte Aloia e arredores con 5 tramos cronometrados sendo o nivel físico esixido máis alto co do ano pasado.
A saída terá lugar ás 8:30h no Paseo da Corredoira lugar no que terá lugar tamén  a entrega de premios ás 16h. 
Un total de 15 ciclistas internacionais participarán tamén nesta competición acollendo os de maior nivel de Francia, Estados Unidos, Alemaña, Suecia E Portugal, os cales probarán neste percorrido prototipos de pezas novas de bicicletas BTT. Todos eles partirán o luns desde O Porto cara Escocia, para participar na segunda proba do circuíto mundial desta modalidade que se celebrará a vindeira fin de semana.
Hoxe tiña lugar a presentación no Parador de Tui á que acudiron o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o secretario Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, Jose Ramón Lete Lasa, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o xerente da empresa tudense Sherpa Project, Guti Martín, e o ciclista californiano, Ben Cruz  do equipo Cannondale que participará na proba.
O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, quixo agradecer a labor que a empresa Sherpa Project está a facer, xa que a organización deste evento en Tui é posible grazas a eles. Agradecemento que o director, Guti Martín, acolleu e aproveitou para destacar á súa vez a colaboración dos novos patrocinadores  que se uniron este ano, algo que non é doado nos tempos que corren. Lamentou tamén a baixa do actual Campión do Mundo, Jerome Clementz, quen finalmente non poderá asistir por unha recente rotura de clavícula.
O ciclista californiano Ben Cruz,de 23 anos de idade, agradeceu a invitación a este evento que, nas súas palabras, funciona cunha excelente organización.
Para o secretario Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, a celebración do Big Ride en Tui é un exemplo da aposta polo deporte das dúas rodas, fomentando o uso deste vehículo, o que se espera, nun futuro moi próximo, sexa cada vez máis empregado polos cidadáns avogando por uns hábitos de vida respectuosos co medio ambiente.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, quixo facer fincapé, aproveitando a presenza do Secretario Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, do premio Galicia Saudable concedido á Eurocidade polas súas actividades deportivas, premio que supuxo o motor de arranque para apostar polos deportes en diferentes categorías.
Os espectadores que vaian seguir a carreira  poderán recoller o mapa do circuíto a partir de hoxe venres na Oficina da Carreira situada no edificio da Área Panorámica de Tui. Na parte traseira do edificio estará situado o punto de lavado de bicicletas e as carpas de asistencia e avituallamento dos participantes.

A atleta tudense Uxía Pérez Bugarín convocada coa Selección Española para as probas de clasificación para os Xogos Olímpicos da Xuventude

A atleta do Club Atletismo Tui-Thermalia, Uxía Pérez Bugarín, foi convocada coa selección nacional de atletismo para disputar a clasificación para os Xogos Olímpicos da Xuventude, que se disputarán neste ano 2014 na localidade China de Nanjing.
Uxía Pérez, que foi galardoada na Gala do Deporte Tudense 2013, como mellor atleta feminina promesa, esta obtendo uns resultados impresionantes ao longo deste ano, a nivel galego e nacional, tanto en probas en pista como en cross.
A atleta tudense viaxará á capital de Azerbaian, Baku, para loitar contras as atletas europeas, na proba de 3.000 metros.
Os Xogos Olímpicos da Xuventude son un evento multideportivo, que se celebra cada catro anos, promovido polo Comité Olímpico Internacional (COI), nel que participan atletas de todo o mundo entre 14 e 18 anos.
O Concello de Tui felicita a Uxía Pérez, ao Club Atletismo Tui-Thermalia e ao seu adestrador, Daniel Mouriño, pola convocatoria para formar parte da selección nacional e competir por unha das prazas que Europa terá para a proba de 3.000 metros nos Xogos Olímpicos da Xuventude, desexándolles os maiores dos éxitos nesta tempada.

Concerto de piano mañá no Conservatorio Profesional de Música de Tui

A Sala de Audicións do Conservatorio Profesional de Música de Tui acolle mañá xoves, ás 20:30h, un concerto de piano a cargo de Luz Estévez Suárez e Jose Paredes Gómez, que interpretarán obras de L.V.Beethoven, F.Chopin, S.Rachmaninoff e A.Scriabin. A entrada é gratuíta e libre ata completar o aforamento.
O concerto inclúese dentro do calendario de actividades que o Conservatorio Profesional ten fixado para o final do presentes, un programa no que se insire tamén para estes días amais do concerto de piano de mañá xoves, unha  audición de alumnos de clarinete este venres 23 ás 21h, e outra audición o luns 26 ás 21h.

As autoridades da Eurocidade Tui – Valença reúnense co equipo directivo da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal.

Hai uns días o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e o presidente da Câmara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, acompañados do concelleiro de Tui, José Angel Villaverde Rocha e do vereador de Valença, José Monte, recibiron na Casa do Concello de Tui ao novo equipo directivo da AECT Galicia – Norte de Portugal. A reunión serviu para presentar ao equipo directivo da Oficina de cooperación transfronteiriza da Eurorrexión, composto pola súa directora – a portuguesa Maria Geraldes - e o Secretario – o galego Xosé Lago-. Na xuntanza, abordáronse entre outras cuestións dúas actuacións de carácter transfronteirizo que van ter lugar na Eurocidade nas vindeiras datas: Un encontro sobre “A colaboración en rede na promoción do cooperativismo e a economía social: a Rede Eusumo”, e uns “Job Days Galicia – Norte de Portugal”.
A primeira destas actuacións terá lugar o vindeiro martes, 27 de maio, na Aula UNED de Tui. Este encontro ten como obxectivo o fortalecemento da colaboración institucional e a intercooperación entre as entidades de economía social de Galicia e do Norte de Portugal. Ademais, disporase dun espazo no que se exhibirá unha mostra de produtos e servizos das cooperativas da Eurorrexión no que poderán presentar as súas propostas empresariais. As persoas destinatarias desta actividade son, principalmente, os axentes públicos e privados relacionados coa promoción do cooperativismo e o autoemprego na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal: axentes de emprego e desenvolvemento local, persoas socias de cooperativas xa constituídas, persoas que estean interesadas en emprender e público en xeral.
Pola súa banda, os “Job Days Galicia – Norte de Portugal” celebraranse o martes 17 de xuño, na Área Panorámica de Tui. No marco da campaña GALICIA-NORTE DE PORTUGAL JOB DAYS, varios organismos (a AECT, o EURES transfronteirizo Galicia – Norte de Portugal, a Xunta de Galicia, a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal, o concello de Tui, a Cámara de Valença e organizacións empresariais como ASIME e AIMMAP) están a organizar un Job Day, concibido como un encontro dedicado a facilitar o contacto entre empresarios e profesionais do sector metalúrxico e promover así a mobilidade e a colocación/contratación no territorio da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. Este primeiro Job Day terá un área de exposición e stands, destinados fundamentalmente ao intercambio de información cos candidatos ás prazas vacantes que previamente se teñan ofertado; á realización de entrevistas cos candidatos; e á publicitación das ofertas de emprego nunha plataforma informática especialmente habilitada para o evento. Tamén haberá conferencias e presentacións temáticas especializadas, sobre temas como o desprazamento de traballadores entre Galicia e Portugal; os procedementos da contratación transfronteiriza; o funcionamento do servizo EURES; a situación e tendencias do mercado laboral; as vacantes de difícil cobertura; os apoios á mobilidade transfronteiriza; ou as temáticas da Innovación nas Pequenas e Medianas Empresas e os Fondos Europeos para as empresas no período 2014-2020.

quarta-feira, 21 de maio de 2014

Visita Com Lanternas às Memórias da Fortaleza de Valença

A Câmara Municipal de Valença promove uma visita guiada noturna, com lanternas, aos lugares de  memória, sexta-feira, 23 de maio, às 21h30, no âmbito das comemorações do Dia Internacional dos Museus. 
A visita será orientada pelo historiador valenciano Major Pereira de Castro e começará nas Portas do Sol.  Um percurso pelas memórias mais marcantes da Fortaleza, contadas ao vivo, em especial nas Portas do Sol, no recinto da Coroada, nas Portas do Meio, no edifício do Governador Militar e Aula Real de Artilharia, na Igreja Santo Estêvão, no Palacete do Conde de Santa Maria, na Igreja Santa Maria dos Anjos e terminará  nas Cortina de São Francisco.
Esta visita guiada é, também, um convite a trazer uma lanterna e ser participe da atividade percorrendo a história militar de Valença e as grandes marcas que deixou para a história de Portugal e Espanha.
A visita aos Lugares de Memória insere-se no plano de visitas guiadas temáticas noturnas que, ao longo do ano, proporciona experiências únicas de vivenciar as histórias, os momentos e os lugares mais marcantes desta fortificação candidata a Património de Interesse Cultural para a Humanidade junto da UNESCO.
Para o Presidente da Câmara, Jorge Salgueiro Mendes, “As visitas guiadas temáticas são oportunidades para percorrer a Fortaleza, um autentico museu vivo. Experiências únicas que colocam em valor esta joia patrimonial da humanidade e atraem cada vez mais valencianos e visitantes”.

A empresa tudense Nor Rubber SAL está presente estes días en Navalia

A empresa tudense Nor Rubber SAL está presente dende hoxe e ata este xoves en Navalia, a Feira Internacional da Industria Naval de Vigo que se celebra no IFEVI.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, visitou esta mañá o stand da empresa tudense, xunto á ministra de Fomento, Ana Pastor, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, o a directora do SEPES, Lucía Morales, o presidente da Deputación, Rafael Louzán e o alcalde de Vigo, Abel Caballero. 
José Manuel Quintana, director xeral de Nor Rubber SAL e Daniel Pampín, director comercial da empresa tudense, explicaron ás autoridades o traballo que realizan  nas instalacións que teñen en San Martiño en Areas, Tui.  Entre os produtos que manufacturan derivados do caucho están defensas mariñas para remolcadores e outros buques así coma para portos, pantaláns e portos deportivos. Na actualidade, tal e coma explicou José Manuel Quintana, Nor Rubber é un dos fabricantes destes produtos máis importantes a nivel nacional., o que os leva a estar presentes en Navalia estes días xa que consideran que é un escaparate excepcional ao ser un certame referente non só en España senón tamén a nivel internacional. 

Alumnado do CEIP de Pazos de Reis visitou o luns a Casa do Concello

Coñecer máis de preto o funcionamento da institución municipal, a máis cercana aos cidadáns, foi o obxectivo da visita que o luns realizaron á Casa do Concello unha trintena de alumnos de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Pazos de Reis xunto cos seus profesores. 
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, deu a benvida ao escolares explicándolles o funcionamento do Concello de Tui, os servizos que presta aos cidadáns, etc. Posteriormente o rexedor tudense acompañou ao alumnado nun percorrido polos distintos departamentos emprazados na Casa do Concello que os alumnos puideron coñecer de primeira man ampliando así os coñecementos sobre a administración local que están a estudar no seu centro educativo. 
O alcalde e a concelleira de Educación, Vanesa Rodríguez, agasallaron aos nenos e nenas de Pazos de Reis cun exemplar do calendario escolar da Eurocidade no que se recollen distintas propostas de lecer para realizar en familia.  Acompañados polos seus profesores Martina Horta, Marián Salvador e Manuel Fálquez o alumnado visitou posteriormente a Catedral de Tui e realizaou un pequeno tramo do Camiño de Santiago ao seu paso pola cidade.

Este domingo celébrase en Tu io III Torneo Kaiak Polo Club Penedo o domingo no Centro Interfederado de Tui

Este domingo 25 de maio terá lugar en Tui o III Torneo Kaiak Polo Club Penedo, organizado polo equipo feminino do Club Penedo xunto coa colaboración do Concello de Tui e a Federación Galega de Piragüismo dentro da XIX Liga Galega de Kaiak Polo.
 A cita terá lugar nas instalacións situadas en fronte ao Centro Interfederado de Tui entre as 9h  ás 18h. 
Hoxe tivo lugar a presentación desta actividade deportivo no Concello de Tui a cargo do alcalde Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes Nicolás Lorenzo, a delegada de Deportes do Club Penedo Estela Campos, e as xogadoras do equipo feminino de kaiak polo Patricia Rincón e Mónica Madarnas.
70 participantes de Galicia e Portugal disputarán o trofeo ao longo da xornada competindo en equipos de 5 xogadores en campo, cunha duración de 20 minutos cada partido, no que os goles deberán marcarse en porterías situadas a 2 metros de altura sobre a superficie da auga. O kaiak polo é un deporte de contacto polo que as xogadoras neste caso, van protexidas con chaleco e caso con rexilla.
O concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, destacou a importancia da celebración deste torneo por ser o primeiro desta categoría que se ten lugar na cidade, motivo polo que, dicía, espertará o interese dos cidadáns por presenciar unha competición destas características.
Existen so 3 categorías na Liga Galega de Kaiak Polo, a sub16 para grupos mixtos de ata os 16 anos, sub21 para grupos de ata os 21 anos e homes absoluta, polo que o equipo feminino do Club Penedo vese obrigado a enfrontarse á categoría sub21 que inclúe homes.
Tanto a  delegada de deportes do Club Penedo, Estela Campos, como a xogadora Patricia Ricón, salientaron o reto que a organización desta competición supón para o club feminino de kaiak polo xa que toda a montaxe de porterías e campos está a ser levado a cabo polas  propias xogadoras do equipo.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, lembrou a andaina do Club Kaiak Polo que hai anos comezaba a practicar nas piscinas municipais e  agora, xa coma equipo consolidado, xogan dentro da Liga Galega de Kaiak Polo, todo un orgullo para a cidade de Tui, ao albergar os únicos dous equipos femininos da Liga Galega feminina, Club Penedo A, e Club Penedo B.

terça-feira, 20 de maio de 2014

Mais duas Medalhas Nacionais para o Juvalença

No passado sábado, dia 17 de Maio, judocas do Juvalença participaram no Campeonato Nacional de Veteranos no Pavilhão dos Desportos de Anadia.
Os judocas do Juvalença que participaram foram na categoria de -81 Kg, Avelino Martinez em M5 (50 aos 54 anos) e na categoria de -90 Kg José Cacabelos em M1 (30 aos 34 anos), Rui Ferreira em M3 (40 aos 44 anos) e José Lopes em M4 (45 aos 49 anos). 
Nada melhor para o aniversário do clube, do que duas medalhas nacionais. O treinador Rui Ferreira, Campeão Nacional de Veteranos e Avelino Martinez, judoca da Eurocidade, Medalha Nacional de Bronze, destacando-se também com uma excelente prestação José Augusto Lopes que ficou no 4º lugar na sua participação.
Mais uma vez o Judo Clube de Valença, esteve entre os melhore

Torneio de Sueca em São Pedro da Torre


Do 3 ao 11 de xuño abrirase o prazo de inscrición para os Campamentos Urbanos Deportivos de Verán 2014

O Concello de Tui organiza os Campamentos Urbanos e Deportivos de Verán 2014, que se levarán a cabo durante o mes de xullo e a primeira quincena do mes de agosto.
Estes campamentos van destinados aos nenos/as e mozos/as de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas ao inicio de cada quenda), co fin de ofrecer unha alternativa lúdica-deportiva-educativa aos cativos/as do noso concello. Ademais, co desenvolvemento destes campamentos, preténdese ofrecer unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que podan conciliar así a vida familiar e laboral.
As inscricións realizaranse na secretaría do Concello de Tui, dende o día 3 ata o 11 de xuño, no horario de 09.00 a 14.00 horas, entregando cumprimentado o formulario de solicitude xunto á documentación requirida nas bases, que poden consultarse na páxina web do Concello de Tui www.concellotui.org ou na secretaría do concello.
O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, destaca a importante acollida que ten esta iniciativa na que en 2013 participaron 360 nenos e nenas, engadindo coma xa nas últimas semanas os pais están preguntando por esta oferta estival. O edil insistiu no dobre obxectivo destes campamentos: a conciliación da vida laboral e familiar e ofertar unhas actividades lúdicas, deportivas e educativas nos meses de verán. 

A CAMA DE SAN XIAO, SEXTA ANDAINA SAUDABLE DA EUROCIDADE TUI-VALENÇA

Este próximo domingo, 25 de maio, terá lugar a quinta andaina do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, “A Cama de San Xiao”, organizado pola Eurocidade Tui-Valença e dirixidos polos monitores de VerdeAzul.
O punto de encontro desta nova andaina será na Casa Forestal do Monte Aloia, ás 10.00 horas españolas, cun percorrido aproximado de 8 quilómetros, e de dificultade baixa, polo Parque Natural do Monte Aloia. O punto de encontro alternativo será a estación de servizo da Repsol, ao carón do Parador de Tui, ás 09.45 horas españolas.
Esta andaina está recollida dentro das actividades deportivas da Eurorrexión Activa, polo que contará con monitores especializados para a realización de exercicios de quecemento previos á andaina, así como de estiramentos ao finalizar a mesma.

O Plan Especial do Conxunto Histórico podería estar aprobado antes de finais de ano

A Xunta de Goberno do Concello de Tui aprobou provisionalmente, o pasado xoves, o documento do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui, PEPCHA, o que supón entrar na recta final da súa tramitación.
O Plan Especial de Protección do Centro histórico aprobouse inicialmente o 22 de marzo de 2012. Permaneceu en exposición pública do  11 de abril até o 11 de xuño de 2012, tempo no que foron presentadas un total de 123 alegacións e foron atendidas máis de 200 persoas ou grupos de persoas, sendo consultadas as condicións urbanísticas de máis de 350 propiedades (máis do 50 % do total). Neste tempo a web sobre o Plan (http://www.pepchatuiotea.es/) recibiu un total de 1.739 visitas.
Das 123 alegacións presentadas estimáronse, total ou parcialmente, 93 alegacións, un 76% do total das presentadas. No documento de aprobación provisional se incorporaron as modificacións tanto das alegacións estimadas así coma do Informe da Dirección Xeral de Patrimonio e do resto de Informes Sectoriais. Os cambios non supoñen modificacións substanciais, polo que non se precisa dun novo proceso de exposición pública. A páxina web coa documentación da aprobación inicial será actualizada cando se aprobe definitivamente.
A aprobación provisional do documento do PEPCHA é un acto de trámite, tras o cal se precisa requirir informe á Dirección Xeral de Patrimonio, que terá un prazo máximo de tres meses para emitilo (Lei 8/1995, de 30 de outubro, de Patrimonio cultural da Comunidade Autónoma de Galicia), e á Secretaría Xeral de Urbanismo, que terá un prazo máximo de dous meses para emitilo (Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia). Transcorridos estes prazos, os informes enténdense favorables. 
Por tanto, unha vez enviados os documentos á Xunta poderíase proceder á aprobación definitiva do Plan, nun prazo máximo de tres meses, se os informes non requirisen ningunha corrección, polo que a aprobación definitiva chegaría despois do verán. Se dos informes se concluíse que se precisan correccións, estas introduciríanse no documento previo á súa aprobación definitiva. En todo caso, antes de final de ano o Plan Especial de protección do Centro histórico de Tui podería estar aprobado definitivamente.
Obxectivos do PEPCHA
Un dos obxectivos principais do PEPCHA é a peonalización da zona de intramuros. Para iso é necesario crear novas zonas de aparcadoiro, por unha parte na zona traseira do Seminario xa contemplada  no PXOM, así como un aparcadoiro en superficie na zona do embarcadoiro e un aparcadoiro soterrado na zona das pistas deportivas do Seminario. Baralláronse tamén outras alternativas que foron descartadas, entre outros motivos, polo seu elevado custe, coma a do Baluarte do Olmo ou un aparcadoiro subterráneo na Corredoira. A decisión final será acordada coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
A aprobación definitiva do PEPCHA, suporá dotar de seguridade xurídica ao propietarios de inmobles na zona, que poderán obter as licenzas con maior rapidez que ata o de agora. O Plan tamén regulará os usos no ámbito do Centro histórico e potenciará a súa rehabilitación e revitalización, e permitirá acceder a maiores axudas para a rehabilitación.
Tras aprobarse a novo PXOM no ano 2011, a aprobación do PEPCHA suporá un logro histórico ao dotar a Tui do primeiro Plan Especial de Protección do Centro histórico desde a declaración no ano 1.967 do Conxunto Histórico de Tui a cidade de Tui como Ben de Interese Cultural.

sexta-feira, 16 de maio de 2014

A Aula CEMIT de Tui acolle un curso dirixido a Axentes Sociais para incluír as TIC na vida dos maiores

A  aula CEMIT de Tui acolle un curso dirixido aos axentes sociais que traballan con persoas maiores dentro do proxecto europeo  ACTing, grazas a un convenio asinado entre AMTEGA e FUNDETEC.
O proxecto ACTing busca a transferencia dunha metodoloxía especifica de traballo con persoas maiores na súa incorporación á Sociedade da Información, desenvolvementos de iniciativas singulares protagonizadas polos maiores no uso das TIC na súa vida cotiá e concurso de iniciativas a través do cal se recoñeza a labor daquelas persoas que acheguen as TIC a este colectivo.
Na sociedade actual as Tecnoloxías da Información e a Comunicación forman parte da vida cotiá, polo que se fai necesario promover a integración das persoas maiores na Sociedade da Información para facelos partícipes de tódalas vantaxes que conleva o uso de Internet. Non se trata de ensinar aos maiores o uso das TIC, senón de facerlles entender a súa utilidade para alcanzar obxectivos e activar a súa participación social. 
O curso abrangue un total de 100 horas, das cales, 16 serán presenciais na aula CEMIT de Tui a través de videoconferencia o vindeiro luns 19, martes 20 e mércores 21 de 9h a 14:30h. As horas restantes realizaranse a través dunha plataforma en liña de FUNDETEC onde se poderá acceder ás 10 unidades didácticas relacionadas coa e-inclusión das persoas maiores. Para a realización do curso débese acudir ás xornadas presenciais que se desenvolverán os días citados.
Con frecuencia os recursos en liña están fóra do alcance das persoas maiores por falta de recursos, habilidades e dinamizadores, polo que a través deste curso capacitarase aos axentes sociais que traballan con maiores para promover o envellecemento activo e a inclusión dixital de estes.  
Ana Álvarez, da fundación FUNDETEC creada para impulsar a adopción e o uso xeneralizado das TIC por parte dos cidadáns, empresas e institucións, será a encargada de impartir as clases presenciais a través da videoconferencia. 

Amancio Prada ofrece un recital o martes 20 de maio en Tui baixo o título “A Rosalía de Federico”

O Teatro Municipal de Tui acolle o próximo  martes, 20 de maio, ás 20.30h, un recital de Amancio Prada baixo o título de “A Rosalía de Federico”. Trátase dun espectáculo músico-teatral cun diálogo a tres bandas entre Federico García Lorca, Rosalía de Castro e Amancio Prada. 
A presentación deste recital tivo lugar esta mañá na casa do Concello de Tui por parte do alcalde de Tui e deputado provincial, Moisés Rodríguez, e da deputada de Cultura, Ana Isabel Vázquez. 
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, lembrou que Amancio Prada actuou xa en anteriores ocasións na cidade, apuntando que neste caso o seu recital realízase nunha semana marcada pola celebración do Día das Letras Galegas.
A deputada Ana Isabel Vázquez, explicou que a actuación en Tui forma parte dun ciclo de recitais que do 16 ao 25 deste mes de maio realiza este artista pola provincia de Pontevedra. Destacou o especial deste recital no que se mestura a música e o teatro.
O eixo central do recital son “Seis poemas gallegos” que Lorca escribiu entre 1932 e 1934 dende a súa admiración por Rosalía.  Baseándose na idea orixinal do director de escena José Luís Gómez, Amancio Prada reconstrúe as pegadas que polos camiños da poesía conducen ao reencontro coa ausencia, a presenza da vinculación á terra, e as persoas coa memoria dos seus soños.  Neste recital Amancio Prada aborda composición inéditas ata o momento no seu repertorio. 
Sobre o escenario Amancio Prada que amais de cantar tocará a guitarra e a zanfona, estará acompañado ao acordeón por Cuco Pérez. 
As entradas sen numerar, cun máximo de dúas por persoa, pódense retirar de xeito gratuíto o propio martes dende ás 20h no Teatro Municipal. Unha vez comezado o espectáculo non se poderá acceder ao teatro.
Este recital está organizado pola Deputación de Pontevedra coa colaboración do Concello de Tui. 

Seminário Desenvolvimento Infantil em Contexto de Crise


XVII Feira do Libro Galego


quinta-feira, 15 de maio de 2014

Valença Investe Mais Na Qualidade de Vida Ampliação da Rede de Saneamento Básico

Valença continua a aposta na ampliação da Rede Geral de Saneamento Básico  no concelho, desta vez, com a concretização de uma nova conduta em São Pedro da Torre, entre a EN 13 e a ponte romana em Chamosinhos.
Esta empreitada implicou, também, a repavimentação total das vias intervencionadas e um investimento da Câmara Municipal de 115 mil euros.
A nova conduta alarga a cobertura habitacional da parte sul do concelho, nomeadamente da freguesia de São Pedro da Torre. Esta conduta foi  executada já na perspetiva de vir a receber futuramente, também, as águas residuais  das freguesias da Silva e São Julião. 
Em perspetiva está a construção de uma estação elevatória, nas proximidades do cruzamento da Silva, na EN 13, de apoio a esta conduta.
No âmbito da política municipal para o saneamento básico está previsto, em breve, avançar a empreitada da segunda fase da Rede Geral de Saneamento Básico de Friestas. Uma intervenção que já está adjudicada e permitirá ampliar a cobertura habitacional na parte norte do concelho.
A concretização destas redes de saneamento básico trazem grandes benefícios diretos para as populações abrangidas, melhorando significativamente a sua qualidade de vida, bem como a qualidade ambiental do concelho,  evitando a contaminação dos solos e das linhas de água.
Para Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara de Valença, “Estamos a dar respostas às necessidades básicas das pessoas, respondendo a aspirações justas e antigas, dando um contributo para proporcionar melhor qualidade de vida aos valencianos”.

Valença Vai Reciclar Roupa, Brinquedos e Calçado

Valença conta já com 12 contentores de recolha de roupa, calçado e brinquedos usados, distribuídos pelo concelho.
Os contentores foram colocados, na via pública, em locais estrategicamente selecionados, junto aos principais aglomerados habitacionais.
Este programa de recolha de roupa, brinquedos e calçado, pretende dar nova utilidade e sentido a objetos que, por norma, são tratados como lixo. Reciclar, dando sentido e valor ao que não queremos e deitamos no contentor, tornando útil para alguém, é a máxima que esteve presente na concretização deste projeto e que perseguimos sempre neste tipo de intervenções.
Este programa de reciclagem tem, também, uma preocupação ambiental, tentando reduzir o volume de resíduos desperdiçados no concelho, bem como os seus custos económicos.
Este protocolo garante que parte dos objetos recolhidos serão posteriormente encaminhados para a Loja Social de Valença.
A colocação destes contentores resulta de uma parceria estabelecida entre a Câmara Municipal e a empresa Sarah Trading.
Para o Presidente da Câmara, Jorge Mendes “Esta é uma resposta social  que pode contar com a colaboração de todos em beneficio de todo e do concelho em geral”.

O 4 de xuño a Aula da UNED de Tui impartirá un curso para a xestión do capital humano

A aula UNED de Tui organiza o curso “Técnicas de xestión e motivación de equipos de traballo” dirixido a aqueles profesionais que desexen desenvolver habilidades de coordinación, comunicación e cooperación indispensables para facilitar o traballo en equipo nas empresas. 
O traballo en equipo é un determinante de éxito converténdose en indispensable a xestión do capital humano coa motivación e comunicación coma elementos clave para conseguilo. Así, a Aula UNED de Tui desenvolverá o curso para a xestión do capital humano o mércores, 4 de xuño, de 17h a 20h. A matrícula ten un prezo de 55 euros, 35 euros para alumnos da UNED, discapacitados e parados.
Os interesados poden inscribirse a través da páxina web www.unedpontevedra.com, chamando por teléfono ao 986 85 18 50 ou dirixíndose ás instalacións da Aula UNED de Tui (C/Antero Rubín s/n - Antigo Convento de Santo Domingo). O horario de atención ao público é de luns a venres ( excepto xoves) de 16h a 21h.

Policia Valenciano Deu Termo à Vida

Agente Pedro Vaz, 29 anos, não superou o divórcio. Disparou arma de serviço na esquadra.
Um agente da PSP, de 29 anos, natural de Valença, pegou na sua arma de serviço e suicidou-se com um tiro na cabeça, anteontem à noite, na casa de banho da esquadra da PSP de Caxias, em Oeiras. O agente Pedro Vaz foi encontrado pelos colegas de serviço às 23h30 de anteontem e foi depois transportado, ainda com vida, para o Hospital de São José, em Lisboa, onde acabaria por morrer pela 01h30 de ontem. Casado há cerca de três anos, e a passar por um processo de divórcio, o agente não superou que a companheira o tivesse deixado e refeito a vida em Inglaterra. Visivelmente transtornado e deprimido, há quatro meses que o agente que prestava serviço na esquadra de Caxias estava a ser acompanhado pelos técnicos do Gabinete de Psicologia da PSP. Devido ao agravamento da sua situação psicológica, o polícia tinha sido notificado na passada sexta-feira para entregar a arma de serviço - um procedimento que Pedro Vaz acabou por não cumprir. Junto aos objetos pessoais do polícia foram encontradas várias cartas destinadas a familiares e à ex-companheira. Polícia desde 2009, há cerca de sete meses que o agente tinha sido colocado na esquadra de Caxias, onde pôs anteontem termo à vida.
in Correio da Manha

quarta-feira, 14 de maio de 2014

Passeio Sénior 2014 de Valença

A Câmara Municipal de Valença promove o Passeio Sénior Anual, sábado, 17 de maio, ao Porto, com cruzeiro no rio Douro e visita às caves do vinho do Porto, com a participação de 700 seniores.
O Passeio Sénior mais do que proporcionar visitas a locais emblemáticos  de Portugal pretende ser um dia de grande confraternização e de convívio entre a comunidade valenciana e uma jornada para cimentar amizades, rever amigos erever muitas e boas  histórias.
O passeio deste ano leva os seniores de Valença ao Porto e constará de um cruzeiro no rio Douro, em barcos rabelos e visita às Caves do Vinho do Porto. 
O passeio sénior enquadra-se na política municipal para os seniores, que toca as mais diversas áreas, desde o apoio social, à saúde, à dinamização desportiva, cultural e recreativa, no sentido de assegurar que todos tenham uma terceira idade digna e com qualidade de vida para todos.
O passeio terminará com um jantar e arraial minhoto na Quinta da Malafaia, em Viana do Castelo.
Esta atividade destina-se a pessoas com idade igual ou superior a 60 anos e contará com a colaboração das juntas de freguesia do concelho e da Associação Humanitária dos Bombeiros Voluntários de Valença.
Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara Municipal de Valença, “O Passeio Sénior Anual é um momento único de confraternização, reencontros e bons momentos entre os seniores valencianos”.

IIIº Torneio de Futebol de 7 da Eurocidade

A Eurocidade Valença Tui vai promover o Campeonato de Futebol de 7 da Eurocidade, este fim de semana, 17 e 18 de maio, no Campo de Futebol Àlvarez Durán de Tui e no estádio Dr. Lourenço Raimundo em Valença.
As meias finais e a final decorrerão no domingo no estádio Dr. Lourenço Raimundo.
400 atletas, representativos de 24 equipas portuguesas e galegas, vão dar corpo a este terceiro campeonato da Eurocidade.
Nas categorias benjamins e infantis estarão representadas equipas portuguesas e galegas.
A organização é da Câmara Municipal de Valença e Ayuntamiento de Tui e conta com a colaboração do Tyde Futebol Clube e do Sport Clube Valenciano.
Para Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara Municipal, “O futebol aprofunda os laços da Eurocidade e proporciona atividades saudáveis e formadoras das jovens gerações”.

Tui acolle este domingo o Campionato Provincial Xógade de patinaxe-Grupos Show

Este domingo, 18 de maio, dende ás 18.30 horas, celebrarase no novo pavillón deportivo municipal de Tui, o Campionato Provincial Xógade de Patinaxe – Grupos Show, organizado polo Club Ribex de Patinaxe, en colaboración co Concello de Tui e Deporte Galego da Xunta de Galicia, dentro do programa de actividades deportivas Xógade.
Neste campionato participarán os mellores clubs de Pontevedra, que presentarán as súas coreografías de grupos show: Asociación Deportiva Xiramos de Mos, Club Patinaxe Bolboreta de Redondela, Club Patinaxe Artístico Soutomaior, Colexio Apóstolo Santiago de Vigo, Club Patinaxe Artístico Luar de Ponteareas e o Club Patinaxe Artístico Ribex de Tui. Un total de máis de 100 patinadores e patinadoras que loitarán pola clasificación para o Campionato Galego de Patinaxe Artístico.

terça-feira, 13 de maio de 2014

GALTUK a Magia do Circo em Valença Fiesta Escénica em Portugal Pela Primeira Vez

O circo Fiesta Escenica vai estar, pela primeira vez, em Portugal, com o espetáculo circense “Galtuk – Onde Nascem os Sonhos”, na Eurocidade  Valença Tui , entre 16 e 25 de maio.
Pela primeira vez, em Portugal, uma grande história, artistas de renome mundial,  animais animatrônicos, criaturas fantásticas, muita luz, cor e musica prometem um espetáculo único em Valença. Um circo do século XXI com artistas de Itália, França, Portugal, Marrocos, Chile, Argentina e Brasil que recupera a magia e a ilusão do circo.
Um espetáculo dirigido a toda a família comparável à magia da Disney e ao fantástico do Circo do Sol que tem conquistado os grandes palcos do mundo.
O recinto do campo da feira de Valença, receberá espetáculos entre 16 e 25 de maio às sextas-feira: 21h30; sábados: 16h30 e 21h30 e domingos: 21h30.
Galtuk é um espetáculo conta a história de uma menina que ama o circo e decorou o seu quarto com motivos circenses. Uma noite, durante o sono, sonha que lhe  sequestraram a zebra gigante que tinha no seu quarto e de lá parte para uma aventura de resgate da sua zebra.
O circo Fiesta Escenica, de Oia – Galiza, privilegia os espetáculos onde o palco, a luz e a cor são os grandes protagonistas. Agarrando nas origens do circo, em grandes histórias, onde a criatividade e os espetáculos não tem limites. Espetáculos únicos onde a imagem combina com a arte circense numa performance poética.
Galtuk segue-se a um conjunto de grandes produções que já correram mundo como a “Cinderela” que tem encantado Itália, o "Circo de Veneza", "Le cirque sur l' eau" (França), "Circus Roncalli ursos polares" (Alemanha), "Circo de Cuba", "Ekus", "Circo de Natal", entre tantos outros. Fiesta Escenica é um dos circos mais prestigiados do mundo tendo recebido o premio Roncalli.
Galtuk junta-se a um conjunto de eventos e personalidades mundiais de grande prestigio que projetam Valença e Tui.  Eventos conquistados e com grande projeção muito graças às portas que se abriram com a constituição da Eurocidade.
Para Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara “Valença e a Eurocidade acolhem, com entusiasmo, este espetáculo inovador e de qualidade mundial. As coisas estão a acontecer, a Eurocidade é, cada vez mais, referência no contexto regional da Peninsula Ibérica”.