quarta-feira, 30 de outubro de 2019

O Programa Integrado de Emprego clausurado hoxe acadou unha inserción laboral do 68%

Realizáronse 1.650 horas de formación, divididas en formación cualificada e formación transversal
Este mediodía tivo lugar no salón de actos da Aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, a Clausura do  I Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui “Tui Emprégate 2018-19”que se celebrou dende outubro do ano pasado. 
O acto contou coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez. 
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacaba os Programas Empregados de Emprego coma “ferramentas necesarias e útiles” e destacaba a súa importancia para pór en contacto as empresas cos demandantes de emprego. O rexedor avanzaba o compromiso da administración municipal para seguir traballando en desenvolver os mecanismos do fomento do emprego. 
A concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, na súa intervención dirixíndose aos participantes no programa indicaba que “hoxe non acaba nada, senón que empeza” en referencia a que os coñecementos adquiridos nos últimos meses lles permitirán afrontar a incorporación a un mercado laboral cambiante.  Insistía nese senso en que “contáis coas ferramentas que os permite estar máis cerca do voso obxectivo”. Agradeceu tamén á Consellería de Economía, Emprego e Industria que siga confiando no Concello de Tui tras a concesión dun novo Programa Integrado de Emprego que se pon en marcha de xeito inmediato. 
Na clausura de hoxe tanto alcalde coma a concelleira de Formación e Emprego agradeceron a implicacións das técnicas do programa que se incorporaron o pasado mes de xullo, coma das persoas participantes. 
Este Programa Integrado de Emprego acadou unha inserción do 68% no mercado laboral ao longo do programa. Estes resultados acadados superan o 45% fixado coma obxectivo no programa segundo o establecido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, que financia o programa xunto co aporte do propio Concello.
Así 68 das 100 persoas participantes que participaron en Tui Emprégate se incorporaron ao mercado laboral en empresas do sector da automoción, servizos á comunidade, comercio e alimentación, hostalaría…  Amais 3 persoas iniciaron o seu propio proxecto empresarial e 5 teñen en mente un proxecto emprendedor polo que levaron a cabo unha formación específica en emprendemento elaborando un proxecto que lles servirá de apoio para poder materializalo.
O I Programa Integrado de Emprego púxose en marcha o 2 de novembro do 2018 e rematará mañá xoves, 31 de outubro. En Tui Emprégate participaron un centenar de persoas en situación de desemprego de diferentes colectivos e perfís como menores de 30 anos, persoas en risco de exclusión social, persoas con discapacidade, desempregados/as maiores de 45 anos e mulleres vítimas de violencia de xénero... 
As actividades arrancaron cun diagnóstico ocupacional de cada participante para, posteriormente, enfocar os perfís cara a 3 itinerarios concretos de formación que foron: Industrial, Comercio e Servizos á Comunidade. Dentro deste último itinerario, levouse a cabo unha formación orientada a obtención do certificado de profesionalidade en Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións.  En total realizáronse 1.650 horas de formación, divididas en formación cualificada e formación transversal. 
Entre a formación cualificada, cun número total de 1.101 horas, impartíronse accións formativas de maquinaria de manutención, plataforma elevadora, manexo de TPV, limpeza con maquinaria industrial ou acondicionamento de espazos comerciais. Mentres nas 559 horas de formación transversal centrada en coaching, informática básica,  mobilidade laboral, obradoiros de entrevistas… Das 50 accións formativas realizadas 42 tiveron lugar de forma presencial e 8 online. Outras da cifras deste programa son as 92 empresas contactadas, 520 intermediacións laborais realizadas, a aposta pola conciliación laboral, e o regreso aos estudos de 7 persoas matriculadas en ciclos formativos, 2 na universidade e 8 que preparan as probas para a obtención do graduado en ESO.

Iº Concurso de Cabazas de Samaín en Tui


Mochila encontrada em comboio investigada na estação de Valença

Uma mochila abandonada encontrada no interior de um comboio levou hoje à paragem e isolamento da composição, na estação de Valença, tendo sido mobilizados meios para uma eventual existência de um engenho explosivo.
Fonte do Comando Territorial da GNR de Viana do Castelo explicou à Altominho TV que o Celta, que fazia a ligação entre Vigo e o Porto, deu entrada na estação de Valença cerca das 08h37, tendo sido, de imediato, isolado e os passageiros transferidos para outro comboio.
O objeto, sublinhou a GNR, foi afastado e isolado, tendo sido acionada a equipa de inativação de engenhos explosivos de Braga.
A mesma fonte adiantou que, durante o percurso, “a revisora espanhola descobriu a mochila no interior de uma carruagem e, não tendo conseguido encontrar o seu dono, transmitiu ao maquinista português, que emitiu o alerta para a CP ao chegar à estação de Valença”.
Ao local comparecem militares da GNR, uma viatura dos Bombeiros Voluntários de Valença e uma equipa de inativação de engenhos explosivos de Braga.
in AltominhoTv

Eurocidade Prepara Sports Meeting na ESCE


Escola de Música Tradicional de Paramos


Clases de Yoga en Tui


terça-feira, 29 de outubro de 2019

Dos pódiums para el judoca tudense Lino Martínez en el Trofeo Internacional Ciudad de Marsella

Este fin de semana se celebró en Marsella (Francia), el Trofeo Internacional Ciudad de Marsella. Hasta la localidad francesa se desplazó por segunda para disputar este torneo vez el tudense Lino Martínez.
Lino se subió al primer peldaño del pódium en Judo suelo (Newaza) después de ganar sus tres combates y, al mismo tiempo, consiguió la medalla de plata en judo pie (Tachiwaza) en la categoría de M5 y M6.
El tudense pasó a la final al imponerse por inmovilización al judoca francés, final que perdió contra el judoca italiano Luca Cavianni ,8 años más joven que él y de la categoría M5. Aún así, Lino está contento por este gran resultado que pone fin a un año donde consiguió el Subcampeonato Nacional, tanto en Portugal, con el Juvalença, como el Subcampeonato de España con el Judo Tudense. Asimismo consiguió un segundo puesto en la Copa de España de Vitoria y un quinto puesto en los Europeos Máster Ganes de Turín.
Lino da las gracias a los que le apoyan en estas competiciones y espera seguir contando con ellos de cara al próximo año.
in Telemariñas

Feira dos Santos de Cerdal em Valença A Feira Romaria a 1 e 2 de Novembro

1 e 2 de Novembro é dia da Feira dos Santos de Cerdal, a última grande feira romaria do calendário anual do Noroeste Peninsular.
A secular feira onde a tradição atrai milhares de portugueses e espanhóis numa das maiores  feiras / romarias do Noroeste Peninsular.
Esta é a feira onde se vende de tudo, em mais de 400 tendas. O vestuário, as louças, o calçado, as tasquinhas, o gado bovino, caprino e ovino, os  produtos do campo, as maquinarias agrícolas, os parques de diversões e uma infinidade de outros atrativos fazem as delicias da multidão.
Feira dos Santos e das Trocas
A 1 de novembro é a Feira dos Santos e a 2 de novembro a Feira das Trocas. Assim se mantém a tradição de trocar os produtos adquiridos na véspera que por alguma razão não serviram.
O Único Lugar no Mundo Onde Há Perícos
A meados de outono os perícos amadurecem e são a delicia entre as frutas da época. Os perícos, semelhantes a uma pequena pera, são endógenos de Valença e tem no concelho, para além da sua origem, as maiores áreas de produção. A par dos perícos, as castanhas cruas ou cozidas, as nozes e os dióspiros fazem as delicias de quem aprecia os produtos bio.
Noites Afamadas dos Santos, com Vinho Novo, Petiscos e Concertinas 
Manda a tradição que nas noites de 31 de outubro e 1 de novembro, a Feira dos Santos é o destino para provar os vinhos novos e saborear os petiscos locais. Nas tasquinhas animam-se as noites, ao som das concertinas e soltam-se as mais castiças cantigas de desgarrada.
Corridas de Garranos em 1 de Novembro
Na Pista das Corridas os ginetes mostram a beleza do nosso cavalo, o garrano. As corridas de cavalos, em passo travado, decorrerão no dia 1, a partir das 14h30, na Pista das Corridas. 
Os emblemáticos cavalos garranos dão um colorido especial à feira do gado que contará, ainda, com animais bovinos, caprinos e ovinos.
Séculos de Tradição
A Feira dos Santos é uma feira / romaria secular e um verdadeiro ponto de encontro galaico-minhoto que cativa, ano após ano, milhares de visitantes. A feira já aparece documentada em 1758 e é um ponto de confluência de povos e onde, por excelência, se sente a alma galaico-minhota.

Avelaíña recibe una ayuda para fomentar hábitos saludables

La Asociación de Salud Mental Avelaíña ha recibido una subvención del Concello de Tui valorada en 1.000 euros destinada a desarrollar un proyecto de fomento de la actividad física para los usuarios de Avelaíña de Tui. El proyecto incluye contenidos especializados sobre el estilo de vida saludable, una alimentación sana y diferentes tipos de entrenamiento en piscina, gimnasio, bicicleta o "andainas". La actividad física es fundamental para las personas con enfermedades mentales, pues tienen un mayor riesgo de obesidad debido a hábitos sedentarios y los efectos secundarios de la medicación.
in Faro de Vigo

segunda-feira, 28 de outubro de 2019

Rescatan a un joven del interior de su coche tras volcar en Tui

Un joven necesitó de la ayuda de los bomberos para poder salir del vehículo en el que quedó atrapado después de volcar en la PO-404, en Guillarei, Tui.
Según la información facilitada al 112 Galicia, el coche se salió de la vía en una curva y fue a parar a una zona de difícil acceso, lo que dejó al herido sin capacidad para abandonar el turismo.
Ocurrió al hilo de las siete de esta madrugada, tal y como indicaron los agentes de la Policía Local, que contactaron con el 112 para dar cuenta de la situación en la que se encontraba el único ocupante del vehículo, completamente inmóvil en el interior.
De este modo, los gestores del Centro Integrado de Atención a las Emergencias de Galicia solicitaron la intervención de los Bomberos de O Porriño para liberar al chico y facilitar la atención del equipo de Urgencias Sanitarias de Galicia-061.
Así, el herido, una vez rescatado por los bomberos, recibió los primeros cuidados in situ para después ser evacuado al centro hospitalario de referencia.
in Telemariñas

La zona afectada por la explosión de Paramos albergará una residencia de mayores

Paramos empieza a coger forma casi un año y medio después de la explosión que provocó dos muertes y cambió para siempre la vida de los vecinos de esta parroquia de Tui. Cuando se han superado los doce meses de la catástrofe, la empresa redondelana Senes Fogar ha firmado esta semana con la Asociación de Fieles J.U.M. para reconstruir el edificio afectado por la explosión de la pirotecnia.
El proyecto, dirigido por el arquitecto Marcos Rodríguez Vidal, incluye la realización de una residencia de mayores con un total de 59 plazas. José Manuel Rodríguez Gallego, gerente de Senes Fogar, y Juan Carlos Rial González, representante del Obispado de Tui-Vigo, sellaban un acuerdo "beneficioso para ambas partes y para la sociedad en general". El primero de ellos manifestaba que la intención de la firma redondelana es poner en valor el edificio de 4.000 metros cuadrados situado en la finca "Lugar da Torre", de 14.000 metros de Paramos.
El servicio residencial se prestará con habitaciones individuales para garantizar la intimidad del usuario y el disfrute de amplios exteriores, todo ello en una franja de precios asequible, un factor que desde Senes Fogar apuntan que para lograr "es imprescindible este acuerdo con J.U.M.".
in Metropolitano

Idiomas no Liceo Casino de Tui


Yenny, Tui no te olvida

Aunque la apertura de la calle Orense destruyó el grafiti "Yenny te amo", han aparecido imitaciones en otras partes del municipio
Lo que en su día fue una inocente muestra de amor se ha convertido con el paso del tiempo en un símbolo en Tui. El grafiti "Yenny te amo" que llevaba años decorando un muro del la calle Orense desapareció con la reciente apertura del vial; no obstante, no han tardado en aparecer imitaciones de esta romántica pintada de autor y protagonista desconocidos.
Todos en Tui la conocen, pero nadie sabe realmente quién es. Muchos tudenses se preguntan desde hace años quién es Yenny, la protagonista de la pintada Yenny te amo que, rodeada de un gran corazón rojo, protagonizó una de las mayores muestras de amor en Tui. El grafiti, que decoraba un antiguo muro de la calle Ourense, desapareció con las obras de apertura del vial, sin embargo, todavía quedan románticos que no olvidan a Yenny y han recreado la pintada en una pared de ladrillos que ha quedado al descubierto tras la demolición.
Pero, ¿quién es Yenny? Ninguno de los vecinos preguntados por FARO tiene la respuesta a esta pregunta y, aunque cada uno tiene su propia teoría, todos coinciden en que el grafiti original tenía, al menos, más de diez años de antigüedad. "Seguramente sea obra de un novio en su etapa adolescente, espero que siga con él o que hayan acabado bien, si no que desagradable encontrarte eso ahí cada vez que paseas por Tui, no es plato de buen gusto para ninguno de los dos", comenta un vecino, mientras que otra se une a la conversación y asegura que "ojalá me hicieran a mí algo así algún día". "A rapaza seguro que xa ten fillos e todo" o "tardaron tanto en abrir la calle por respeto a Yenny", vacilan otros.
Pero, esta reproducción del grafiti original no es la única que hace referencia a dicha prueba de amor. En otros muros de Tui han aparecido en los últimos meses más pintadas que recrean el mítico corazón de Yenny te amo precedido del título Remember Tui; y es que la pintada se ha convertido para los vecinos de la ciudad fronteriza en todo un símbolo lleno de incógnitas. ¿Habrán tenido un final feliz el autor y la protagonista de esta mítica pintura? o ¿sabrá realmente Yenny la identidad del pretendiente que hace años le demostró públicamente su amor? Si eres Yenny, la conoces, o tienes alguna información que nos ayude a conocer más afondo esta historia, puedes escribirnos a correo electrónico
in Faro de Vigo

domingo, 27 de outubro de 2019

Tui acollerá a saída das tropas militares que farán o Camiño de Santiago

SERÁ O LUNS, 28 DE OUTUBRO, ÁS 22 H DENDE A RÚA OLÍMPICOS TUDENSES
O próximo luns, 28 de outubro, a partir das 22.00 horas, terá lugar a saída do concurso de patrullas das Forzas Armadas Españolas, que realizarán o Camiño Portugués de Santiago. Será dende o aparcamento dos centros municipais de remo e piragüismo de Tui, situados na rúa Olímpicos Tudenses, ao carón do río Miño,
As patrullas da Brilat e as patrullas chegadas dende as unidades de Asturias, Valladolid, Almería, San Sebastián, Ceuta e Canarias, tomarán a saída para realizar un total de 120 quilómetros entre Tui e Santiago de Compostela. Ao longo percorrido terán que completar sete probas, un percorrido topográfico, unha proba de tiro de precisión, o paso da pista de obstáculos, unha baixada facendo rápel, o paso do río Lérez nadando, lanzamento de granadas e percorridos cronometrados.
A proba rematará na mañá do mércores 30. O día seguinte, o xoves 31 ás 09.30 horas, haberá un acto de clausura e entrega de premios do concurso de patrullas Tui-Santiago na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, trala que asistirán á misa do Peregrino.

Feira dos Santos de Cerdal


Best Boy en Tui


Sobre la estancia de la hermana Lucía de Fátima en Tui

En el suplemento Estela, que acompaña a su diario del domingo, día 8 del actual, se publica un reportaje que firma Salvador Rodríguez, dedicado a la Hermana Lucía, la principal vidente de Fátima y a su estancia en Galicia, concretamente en Pontevedra y Tui, de lo que informo en esta carta, para hacer así más completo el reportaje mencionado y que los lectores de FARO DE VIGO juzguen.
La Hermana María Lucía de Jesús y del Corazón Inmaculado permaneció en Galicia durante veinte años y siete meses, repartidos entre diecisiete años en Tui y tres años en Pontevedra. Llegó al convento de Santa Dorotea, o de las Doroteas, como se conoce en Tui, situado en pleno Camino Portugués de Santiago, el auténtico y tradicional, el día 24 de octubre de 1925, a los 18 años de edad. En la ciudad tudense inició su noviciado y tras una breve estancia en Pontevedra volvió a Tui, donde el 2 de octubre de 1928 tomó el hábito y residió hasta su profesión perpetua, el 3 de octubre de 1934. Después de permanecer otra temporada en Pontevedra, regresó de nuevo a la ciudad episcopal, de donde no se retiró hasta finales de mayo de 1946, en que la jerarquía eclesiástica le ordena regresar a Portugal.
En Tui escribió sus memorias, entre los años 1935 y 1941, que son el testimonio más vivo y completo sobre los acontecimientos en Cova de Iria. También en esta ciudad escribió las veintitrés páginas que guardaba el "tercer secreto", posteriormente desvelado por el papa Juan. Pablo II. Y asimismo en Tui, tuvo una visión de la Santísima Virgen y de la Santísima Trinidad, el 13 de junio de 1929, y que voces de la Iglesia, no dudaron en calificar como la visión más importante tenida por la Hermana Lucía.
En el año 1945, la Hermana Lucía fue visitada en Tui por el fundador del Opus Dei, José María Escrivá de Balaguer y su secretario Álvaro del Portillo, ambos canonizados y actualmente declarados santos; era obispo de Tui en aquellos momentos fray José López Ortiz.
La Hermana Dolores, como se la conocía en Tui, impartió clases de catecismo en los Maristas y en S. Miguel del Ángel, tenía muchas amistades, con algunas de ellas continuó carteándose desde Coímbra después de haberse ido de Tui, donde todos decíamos que "era la monjita a quien se la había aparecido la Virgen".
El que firma la presente no tuvo la dicha de conocerla y tratarla por mi corta edad.
Es muy de agradecer la brevísima alusión que hace de la aparición de la Virgen a la Hermana Lucía en Tui, D. Emilio Rodríguez Sánchez, delegado del Apostolado Mundial de Fátima en Galicia.
Creemos que con estos datos, damos a conocer a los lectores una información un poco más amplia de la aparición y de los hechos acontecidos en esta ciudad.
in Faro de Vigo

sábado, 26 de outubro de 2019

O concerto do grupo Best Boy e os viños de catro adegas pechan este domingo o programa “Música e viño no teu camiño”

SERÁ ÁS 18 H NA PRAZA DE SAN FERNANDO. ESTÁ PROMOVIDO POR EU RURAL
O Concello de Tui acolle este domingo o evento que pecha o programa “Música e viño no teu camiño” promovido por Eu Rural e financiado por O teu xacobeo.  A presentación desta actividade tivo lugar este mediodía na casa do concello de Tui a cargo de Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Sandra González, a presidenta de Eu Rural e alcaldesa de Tomiño, Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui, e Ángel Sánchez, de Best Boy.
O evento comezará ás 18 h na praza de San Fernando onde se poderán degustar viños Quinta Couselo, Terras Gauda, Adega do Vimbio e Altos de Torona  e concerto de Best Boy ao prezo de 2€. E a banda tudense Best Boy, liderada por Ángel Sánchez e Lucas Fernández, actuará novamente na cidade.
Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, manifestou que é un orgullo que este programa promovido por Eu Rural se peche en Tui, porta de entrada do Camiño Portugués a Galicia, e que amais o faga cun grupo tudense. Destacou o rexedor a importancia de actividades coma ésta que poñen en valor un ben inmaterial coma é o Camiño de Santiago.
Sandra González, a presidenta de Eu Rural e alcaldesa de Tomiño, destacou o obxectivo do programa que é promocionar os produtos locais presentando ao tempo unha alternativa de ocio con música.  Destacou tamén a boa acollida que tivo “Música e Viño no teu camiño” na Guarda e en Redondela onde se celebraron xa eventos similares aos de Tui.
A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, convida a asistir e disfrutar deste evento este domingo na cidade.
Ángel Sánchez, destacou que para Best Boy é un pracer volver a tocar en Tui, nun concerto que para eles será moi especial ao ser un reencontro con amigos e público. Destacou tamén como a Cultura xoga un papel moi importante na potenciación do turismo e do desenvolvemento.

Valença HC Recebe HC Braga


Emprego em Valença


DEPOIS DO PRIMEIRO GIN TINTO DO MUNDO O LICOR DE PASTEL DE NATA TAMBÉM É DE VALENÇA E CHEGA AO MERCADO!

Depois do Gin tinto do mundo, lançado há um ano, chegam  ao mercado nacional as primeiras garrafas de licor de pastel de nata . O empresário João Guterres, de Valença, diz que é um dos seis licores da nova linha “com sabores tipicamente portugueses”.
“O licor de pastel de nata e de perico, um fruto autóctone de Valença são apenas dois dos seis que estamos a lançar hoje. Não existem no mercado licores com as características do licor de pastel de nata e de perico”, afirmou.
“Fizemos seis mil garrafas, mil de cada um dos licores e são hoje colocadas à venda sobretudo nas lojas francas dos aeroportos e vamos ver qual vai ser o impacto mas estamos confiantes no sucesso desta aposta. A garrafa que concebemos para este produto é muito identificativa da região com um coração vermelho em filigrana e uma alusão aos bordados de Viana”, explicou.
No rótulo as garrafas têm o nome “Cantares de Portugal” e frases de autores portugueses preferidos pelo empresário. No contra rótulo está a nota de prova que explica como se foram construindo cada um dos licores.
Além do licor pastel de nata e de perico de Valença a nova linha inclui o de arroz doce, ervas aromáticas, café original e chocolate e ginja.
“Já estou a trabalhar na criação de outros sabores, como o de pimenta da India, ginja com especiarias, flor de sabugueiro, de papoila, de borrachinhos de Valença, de biscoitas milhas do convento do bom jesus de Valença”, explicou.
Ligado ao sector há mais de 50 anos, João Guterres, de 64 anos, destacou a “suavidade” do licor de pastel de nata e “aroma” do perico de Valença.
“O licor de pastel de nata pode beber-se frio conjugado com pau de canela ou canela moída. O licor de perico de Valença é muito aromático. É um fruto pequeno e amargo que cresce numa planta infestante que era utilizada para dividir as propriedades. Estava quase em vias de extinção e desde que o utilizei no Gin tinto a Câmara de Valença e as entidades com competência na matéria têm tentado recuperá-la”, disse.
Lançado em abril de 2015 o primeiro Gin tinto do mundo está hoje em 16 países, entre eles França, Espanha, Bélgica, Angola e Moçambique, e já tem carteira de encomendas para a Colômbia e os EUA.
“O Gin tinto continua em alta no mercado português e a exportação abre novos mercados de forma muito positiva”, afirmou, adiantando que aquela aposta levou à contratação de mais cinco trabalhadores.
“No início a empresa tinha seis funcionários e atualmente já são 11”, explicou.
As cerca de 40 mil garrafas de Gin tinto vendidas em pouco mais de um ano representaram mais de 600 mil euros de faturação na empresa “A Decanter” que, por ano, tem um volume de negócios superior a dois milhões de euros.
O Gin tinto tem 14 ingredientes, entre eles, o aneto, loureiro, nevêda, folha de Salgueiro, flor de sabugueiro”, ervas de São Roberto, erva cidreira”, Lúcia Lima, folha de eucalipto, o alecrim, alfazema, e o cítrico da casca da laranja verde, papoilas e amoras silvestres e perico de Valença.
in Rádio Alto MInho

sexta-feira, 25 de outubro de 2019

Unha Ruta Literaria pecha mañá os actos do Día da Biblioteca

SAIRÁ ÁS 17 H DO EDIFICIO FRANCISCO SÁNCHEZ E SERÁ POR MARGA DO VAL E RAFAEL SÁNCHEZ BARGIELA
Mañá sábado, 26 de outubro, ás 17 h sairá do edificio “Francisco Sánchez” sede da Biblioteca tudense unha Ruta Literaria coa que se pecha o programa de actos desenvolvido ao longo do mes para conmemorar o Día da Biblioteca. A ruta estará dirixida pola escritora Marga do Val e polo responsable do centro bibliotecario tudense e historiador, Rafael Sánchez Bargiela.
No seu percorrido, que rematará na Catedral,  os participantes desprazaranse por diversos lugares da cidade relacionados con personalidades do mundo literario e cultural.  Así a ruta pasará polo barrio do Rollo, onde se situaba a casa familiar da familia Álvarez Limeses e onde iniciaron a súa andaina literaria Xosé María e Emilio Álvarez Bláquez, o Seminario Conciliar onde estudaron autores como Teodosio Besteiro Torres ou Camilo Bargiela, para continuar polo monumento ao arcebispo Lago (na rúa Ordoñez obra de Xoán Piñeiro) que posúe un notable conxunto de poemas en lingua galega, sen esquecer nomes como, entre outros, Camilo José Cela, Faustino Rei Romero, Manuel María ou Eliseo Alonso aos que se lembrará ao longo do traxecto desta ruta literaria.
Con esta actividade a Biblioteca Pública Municipal tudense tenta achegar un amplo e escasamente coñecido acervo cultural que a nosa cidade agocha; as vellas rúas tudenses teñen inspirado a numerosos escritores, tanto de Tui como foráneos, moitas páxinas de creación literaria que agora se pretende achegar aos veciños e lectores. Esta visita é unha primeira etapa doutras novas rutas que no futuro se realizarán ofrecendo novos autores e novos textos.
A celebración do “Día da Biblioteca“ é unha proposta da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil que xorde no ano 1997 en lembranza da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada no ano 1992 durante o conflito bélico dos Balcáns. A iniciativa naceu para trasladar á opinión pública a importancia da Biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as idades coa cultura e como un instrumento de mellora da formación e da convivencia das persoas.
A celebración desta data, á que se suma a Biblioteca Municipal tudense, é unha oportunidade para impulsar entre nenos, mozos e maiores os valores da lectura e da cultura e destacar a misión das bibliotecas como centros socializadores e integradores e demostrar que os libros están ao alcance de todos os tudenses, pois as bibliotecas son un dos mellores exemplos do cumprimento do mandato constitucional de promover o acceso á cultura a todos os cidadáns.

Un modelo de cidade no que os peóns sexan a prioridade é o recollido no PMUS presentado esta mañá

O alcalde anunciou xa medidas concretas coma o sentido único para Augusto González Besada ou a peonalización de parte da Corredoira a curto prazo
Un modelo de cidade no que os peóns as bicicletas teñan prioridade é o que recolle o Plan de Mobilidade Sustentable do Concello de Tui que foi presentado este mediodía. O documento, elaborado pola empresa EPTISA recolle medidas a curto, medio e longo prazo nun horizonte temporal de dez anos, e cun investimento estimado de 16 millóns de euros. Para poder facer fronte a este investimento o Concello de Tui buscará distintas vías de financiamento a través dos distintos organismos e entidades que contan con liñas de subvencións para as accións previstas. 
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto ao concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, e os técnicos da empresa EPTISA que realizaron o PMUS, Javier Vázquez e Sergio Pérez, presentaron hoxe este plan.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinalou que as conclusións do PMUS coinciden coa liña das prioridades establecidas polo goberno municipal que preside. Citou así retirar o tráfico do centro urbano, a humanización das rúas e a mellora da accesibilidade.  Deu a coñecer amais que coma primeira medida encargarase un Plan de Reordenación do Tráfico no municipio que servirá para tomar as medidas axeitadas para retirar o tráfico do centro, eliminar vías de dobre sentido e avanzar na humanización. Con isto dicía “poremos a Tui na mesma liña de traballo que están a realizar outras cidade tanto en España coma en Europa”. 
Anunciou amais Enrique Cabaleiro  que de xeito inmediato deixarase de pechar un tramo a rúa Ourense os xoves coincidindo co mercado semanal, para o que se van desprazar de ubicación algún postos. Tamén avanzou o obxectivo de que a rúa Augusto González Besada pase a ser de sentido único en dirección cara ao Paseo da Corredoira, e que o tramo da rúa Calvo Sotelo dende o cruzamento con Augusto González Besada até os soportais pase a ser peonil. Isto permitirá humanizar Augusto González Besada.  No referido á mobilidade adianto tamén que están a estudar a viabilidade de que o Concello asuma con fondos propios o investimento de 2,5 millóns de euros para construír un aparcamento subterráneo na traseira da Área Panorámica con capacidade para 303 prazas.
O concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, destacou a colaboración obtida por parte da cidadanía, tanto na enquisa online que foi respondida por máis de 200 persoas, coma pé de rúa. Sobre o PMUS indicou que un documento de traballo que servirá de punto de partida para mellorar a mobilidade no municipio.
Nos últimos meses de traballo os técnicos de EPTISA estudaron a situación da mobilidade no municipio a través de datos, do análise do viario, dos itinerarios peonís ou ciclistas existentes, da disponibilidade de prazas de aparcamento, das liñas de transporte público, e da accesibilidade, entre outros factores.  Concluíron que a principal debilidade do municipio vén dada pola gran dependencia do vehículo privado, a principal ameaza é a dispersión poboacional, a fortaleza á súa proximidade a Vigo e Pontevedra e a Eurocidade Tui-Valença, e o Camiño de Santiago se presenta coma unha oportunidade.
Entre as medidas propostas está por unha banda a un Plan de Fomento da Mobilidade Peonil, no que se contempla a creación e sinalización dunha rede de itinerarios peonís e de camiños escolares seguros. Así como o deseño dun metro-minuto que estableza a distancia e o tempo camiñando entre distintos puntos.  O PMUS tamén recolle a execución de pasos de peóns seguros e accesibles, a elaboración dun Plan Municipal de Accesibilidade para a eliminación de barreiras arquitectónicas.
Por outra parte para fomentar a mobilidade ciclista propoñen a definición de itinerarios en bicicleta, unha rede de aparcadoiros de bicicletas, ou estudar a implantación dun sistema de empréstito de bicis.
No que se refire ao transporte público ás medidas propostas no PMUS pasan pola mellora ddas conexións das liñas de autobús interurbano, o fomento do transporte público, mellor das marquesiñas, incluíndo a accesibilidade universal, ofrecer información sobre os horarios e frecuencias na web municipal,  e coma propostas máis ambiciosas a creación do Tui Bus, unha liña de autobús municipal, ou dun sistema de transporte público a demanda.
Outras cuestións recollidas nas conclusións céntranse no aparcamento coa xestión do aparcamento en eventos, a redacción dun Plan de Ordenación do Estacionamento, a mellora e promoción dos aparcamento disuasorios
Outros aspectos recollido no Plan de Mobilidade Sustentable son melloras no deseño viario con xerarquización dos viais, reducción da velocidade, adopción de sistemas de calmado do tráfico, así coma o repintado da rede viaria con pintura antideslizante. Tamén se propón a redacción dun Plan de Seguridade Vial Local, dunha Ordenanza Municpial de Mobilidade, e a creación dunha Oficina e dun Observatorio de Mobilidade.
A instalación dun punto de carga eléctrica para vehículo eléctricos, a promoción do coche compartido e de vehículos limpos ou dun Plan de Transporte ao traballo son tamén cuestións recollidas no PMUS.  Por último recolle sumarse á celebración da Semana Europea da Mobilidade ou ao Día de Concienciación coa Mobilidade Reducida. O Plan contemplase asemade un cronograma destas acción e un plan de seguimento da súa implantación.

Apresentação de Livro em Valença

Obradoiro de Estimulación Cognitiva en Tui


Concerto da Banda da União Filarmónica do Troviscal em Valença


quarta-feira, 23 de outubro de 2019

Concentración polo Día Mundial do Cancro de Mama este xoves en Tui

O Concello de Tui súmase ás conmemoracións do Día Mundial Contra o Cancro de Mama que tivo lugar este pasado sábado, 19 de outubro.  Para concienciar sobre esta enfermidade o Concello xunto coa AECC no Baixo Miño convoca unha concentración este xoves, 24 de outubro, ás 12 h diante da Casa do Concello.
O cancro de mama é o tumor máis frecuente nas mulleres, diagnosticándose cada ano 33.307 novos cancro de mama en España. Co Día Mundial búscase concienciar á sociedade sobre a importancia da investigación e o diagnóstico precoz desta enfermidade.

Marisa Irimia co contacontos “A pirata Escarlata” actúa este xoves en Tui co gallo do “Día da Biblioteca”

O SÁBADO REALIZARASE UNHA RUTA LITERARIA POLA CIDADE GUIADA POR MARGA DO VAL E RAFAEL SÁNCHEZ BARGIELA
Este xoves, 24 de outubro, celébrase o Día da Biblioteca. Dentro do programa de actividades para conmemorar esta data a Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle precisamente este xoves ás 18 h a Marisa Irimia co contacontos “A pirata Escarlata”. Esta actividade vai dirixida a nenos e nenas de 4 a 11 anos. Achéganos á historia de rapazas que capitanean perigosos barcos piratas, rapaces que pilotan naves espaciais, nenas e nenos que viven emocionantes aventuras, que xogan, elas e eles, un papel activo en mil e unha andanzas.  Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura Ler Conta Moito e ao Pacto de Estado en contra da violencia de xénero.
O programa péchase o sábado cunha Ruta Literaria, que partirá ás 17 h dende a propia biblioteca, guiada pola escritora Marga do Val e o historiador Rafael Sánchez Bargiela. Farase un percorrido por diversos lugares ligados a escritores tudenses como a casa dos Álvarez Blázquez ou o monumento ao bispo Lago, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 1973. A ruta pasará tamén polo Seminario Menor onde se formaron distintos poetas e escritores coma Teodosio Besteiro, e no seu transcurso poderanse escoitar poemas sobre o río Miño, como o de Manuel María.
Amais ao longo desta semana os usuarios da biblioteca tudense serán agasallados cun libro, descatalogado ou procedente de doazóns.
As actividades celebradas até o de agora tiveron moi boa acollida. Así o obradoiro de ilustración con Xosé Tomás, completou as quince prazas ofertadas, e a pasada semana máis de 60 persoas gozaron do espectáculo “A música da auga” co Bardo Abelardo.
DÍA DA BIBLIOTECA
A celebración do “Día da Biblioteca” é unha proposta da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil que xorde no ano 1997 en lembranza da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada no ano 1992 durante o conflito bélico dos Balcáns. A iniciativa naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as idades coa cultura e como un instrumento de mellora da formación e da convivencia das persoas.

Crean en Tui una academia de porteros de fútbol

El Club Deportivo Tui Fútbol Sala, crea junto a Zona Fut Valença, su ​Academia Porteros/as Sara Almeida – Tui FutSal, con entrenadores/as especializados/as y titulados.
Los entrenamientos están programados para los días:
Miércoles 23 de octubre a las 20:00 horas en el Pabellón San Paio (Tui)
Viernes 25 de octubre a las 20:00 horas en el Pabellón Municipal (Valença de Minho).
El plazo de inscripción está abierto y se puede inscribir cualquier portero/a que busque mejorar su técnica de iniciación o tecnificación (a partir de los 6 años, hasta senior). Ahora mismo ya hay 14 inscritos.
Para más información en el teléfono: WhatsApp 628 006 383.
in Telemariñas

Concerto Comemorativo en Tui


O Concello de Tui elaborará un diagnóstico da situación da praza de Abastos

Así o aprobou hoxe a Mesa Local de Comercio. O estudo debe estar rematado a finais de novembro.
O Concello de Tui vai realizar un diagnóstico da situación e usos do mercado municipal de Tui, situado na rúa Maristas. Así o aprobou a Mesa Local de Comercio na reunión que celebrou na casa do concello presidida polo alcalde, Enrique Cabaleiro.  
Este diagnóstico deberá estar concluído o 30 de novembro. Terá coma obxectivo analizar o estado actual da edificación, equipamento e servizos que se prestan na praza de abastos de Tui, realizar un estudo do impacto económico actual e potencial, e recoller o parecer tanto por parte dos praceiros e praceiras coma das persoas usuarias deste servizo.
O estudo tamén debe recoller unha descrición da oferta e da demanda tanto existente coma futura, realizando unha ficha individual de cada un dos postos existentes. Elaborarase un estudo DAFO e avaliaranse os procedementos administrativos municipais vinculados ao mercado coma a adxudicación dos postos, o regulamento ou a ordenanza municipal. 
Unha vez recompilados estes datos farase unha análise e proposta de actuación de innovación, cun cronograma para acometer as melloras.
Unha vez conte con este documento o Concello de Tui disporá da información precisa para acometer as melloras que considere oportunas dende obras necesarias, recolocación de postos ou formación e titorización dos praceiros e praceiras. 
Este diagnóstico será financiado grazas á achega da Consellería de Economía e Industria convocada dentro da liña de subvencións para o impulso dunha rede de mercados excelentes de Galicia. 
A Mesa Local de Comercio está formada polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Comercio e Mercado, Ana Mª Núñez, o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, e o concelleiro de Servizos Sociais e Medio Ambiente, Ismael Diz, coma representantes municipais. Amais están presentes catro colectivos: a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui representada polo seu presidente, Juan Carlos Blanco, a Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Tui, representada por Rocío Gómez, e se incorporan a Asociación de Empresarios de Areas, representada polo seu presidente Giorgio Casoni, e a Asociación de Empresarios de Tui, EMPRETUI, representada por Abel Vila. Tamén asistiu á reunión desta mañá Rosa Mª Rivas Lois, xefa de negociado da xefatura territorial en Pontevedra da Consellería de Economía. 

Valença Quer Seniores em Movimento Inscrições Abertas

Já estão abertas as inscrições para o programa Seniores em Movimento. . Tem mais de 60 anos e vive em Valença? Este programa é para si!
Vamos conviver e fazer exercício. 
Aeróbica, dança, jogos tradicionais, jogos desportivos são algumas das atividades programadas para a temporada 2019 / 2020. Estas atividades serão enriquecidas, ao longo do ano, com convívios entre os diversos grupos do concelho. Os interessados tem, ainda, a oportunidade de participar no hidrosenior, na Piscina Municipal, a preços reduzidos. As atividades são orientadas por professores, nas mais diversas áreas.
Vantagens do programa Sénior em Movimento?
1º Mais autonomia para as tarefas do quotidiano;
2º Ajuda a viver melhor e mais tempo;
3º Melhora o equilíbrio e evita as quedas;
4º Fica menos cansado com as tarefas diárias;
5º Ossos mais fortes;
6º Controle da tensão arterial;
7º Controle dos diabetes;
8º Controle do colesterol;
9º Melhora o bem estar e proporciona felicidade;
10º Melhora a coordenação.
Como e Onde Inscrever-se?
Se tem mais de 60 anos pode inscrever-se no programa Seniores em Movimento na Junta de Freguesia, da sua área de residência, basta levar o cartão de cidadão.

terça-feira, 22 de outubro de 2019

Detenido un menor tras sufrir un accidente con un coche robado, ebrio y en sentido contrario

La Guardia Civil ha detenido a un joven, menor de edad, después de sufrir un accidente cuando circulaba ebrio por la autovía A-55, con un turismo sustraído.
Los hechos sucedieron a la una de la madrugada del pasado sábado cuando este joven, de 17 años y de origen rumano, sufrió un accidente a la altura del Km. 31,100 de la autovía A-55 (Vigo-Tui).
Según las investigaciones realizadas por la patrulla del Destacamento de Tráfico de la Guardia Civil de O Porriño, el joven se desplazaba hacia Tui por la autovía y después de realizar un cambio de sentido avanzó unos 200 metros en dirección contraria y termina colisionando con una bionda al sufrir una salida de la vía para evitar el choque frontal con un camión, resultando ileso.
Las primeras pesquisas determinaron que este joven, que dio positivo en la prueba de alcoholemia, conducía de forma temeraria y sin carné un vehículo que había sido sustraído recientemente en Vigo. Fue detenido como presunto autor de los delitos contra la seguridad vial y hurto de uso de un vehículo a motor.
Una vez instruidas las correspondientes diligencias, que fueron remitidas a la Fiscalía de Menores, el joven quedó en libertad bajo la custodia y tutela de sus padres.
in Telemariñas

Oitenta persoas participan nos obradoiros “Cultiva a mente” en cinco parroquias tudenses

HOXE INICIOUSE A ACTIVIDADE EN CALDELAS, MAÑÁ EN PAZOS DE REIS, AREAS E REBORDÁNS E A PRÓXIMA SEMANA EN GUILLAREI. REALIZARASE ATÉ XUÑO DE 2020
Hoxe comezou o primeiro dos obradoiros “Cultiva a mente” postos en marcha polo Concello de Tui e AFAGA, a Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias de Galicia, en cinco parroquias tudenses. Trátase dunha iniciativa pioneira que busca descentralizar este servizo e achegalo á cidadanía.
Vanse celebrar durante hora e media un día á semana até o mes de xuño nos centros culturais de Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, e Rebordáns. As preto de oitenta persoas inscritas, maiores de 55 anos, realizarán técnicas de memoria, recibirán consellos saudables para o cerebro, e ao tempo fomentarase a socialización e emoción positivas.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e o presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, acudiron esta mañá a Caldelas a dar a benvida ás persoas participantes no obradoiro. Os tres coincidiron en sinalar a súa satisfacción pola boa acollida que tivo esta iniciativa. Amais o alcalde, Enrique Cabaleiro, indicou que coa posta en marcha deste proxecto dase resposta á solicitude da veciñanza de trasladar ás parroquias este tipo de servizos asistenciais. Apuntaba que se trata dun servizo básico, esencial e moi necesario.  Pola súa parte o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, destacou o agradecemento por parte das mulleres e homes inscritos nestes obradoiros por achegalo ao seu domicilio.  Por último Juan Carlos Rodríguez, presidente de AFAGA, salientou a importancia desta iniciativa na que colaboran a asociación que preside co Concello, e que ten por obxectivo traballar a memoria, a autoestima, a relación entre as persoas rompendo a soidade ou illamento, e que fai fincapé sobre todo na prevención.
Trece persoas asistiron hoxe ao obradoiro en Caldelas impartido pola psicóloga de AFGA, Beatriz Rodríguez. Mañá comezarán os obradoiros nos centros culturais de Pazos de Reis e Areas, o xoves en Rebordáns e o próximo martes en Guillarei.

El empuje luso eleva un 65% la circulación en agosto en la A-55

Continúan las evidencias: entre el área de Vigo y el norte de Portugal la frontera no es un obstáculo. Los datos del Ministerio de Fomento acerca del tráfico en la autovía Vigo-Tui (A-55) hablan de la creciente afluencia de coches que cruzan a diario la "raia" por Valença, en gran parte por el tirón turístico del país vecino pero también por la pujanza económico, que se refleja en el aumento del tráfico pesado.
Mientras que en el mes de enero un total de 15.415 coches circulaban por la A-55 en el punto kilométrico 31, en el entorno de la frontera, en el mes de agosto lo hicieron 25.229, casi un 65% más. En el mismo periodo, en comparación con el pasado año, aumentó un 11%. En cuanto al tráfico pesado, el efecto de la estacionalidad no se percibe tanto, pero la subida es del 9%., con una media de 2.500 vehículos circulando por este tramo cada jornada.
El pulso de la A-55 en la frontera coincide con el buen comportamiento del otro "puente" fronterizo por carretera, pero en este caso desde la vertiente lusa. La A-3, la principal conexión con Oporto, disparó un 20% desde el año 2011, prueba de la buena marcha de la economía portuguesa.
in Faro de Vigo

Diabetes em Movimento em Valença


Aulas de Yoga em Valença e São Pedro da Torre