quinta-feira, 31 de janeiro de 2013

Este sábado celébrase o II Serán Cidade de Tui


Este sábado, 2 de febreiro, a partir das 21h celébrase o II Serán Cidade de Tui organizado pola Asociación Xuvenil e Cultural do Traxe Tudense. Terá lugar na antiga fábrica de boinas a carón dos pavillóns municipais. 
O presidente desta Asociación, Ángel Alonso, acompañado doutros membros deste colectivo,  do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e o músico Erik Feles presentaron este mediodía este evento no que a música tradicional vai ser a gran protagonista. 
Logo da positiva experiencia da primeira edición, na que participaron 21 grupos, volven organizar este Serán no que se darán cita gaiteiros, pandereteiras, grupos de folk... para compartir unhas horas coa música como nexo. Os grupos non teñen que inscribirse previamente, tan só presentarse o sábado no lugar de celebración desta actividade. Cada un deles interpretará tres pezas musicais. Amais ás 23.30h actuará o gaiteiro Erik Feles que vén de presentar o seu novo traballo discográfico titulado “La Batalla”. Na parte gastronómica haberá chourizos fritos de balde para os participantes, e callos, chourizos, e chocolate con rosquillas a prezos populares. Tamén venderán rifas a 0,50€ para entrar no sorteo de ceas e ou servizos en establecementos tudenses. 
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, puña de manifesto a importancia de que se sigan facendo actividades culturais en tempos complicados como este, desexando que o sábado acudan moitas persoas a segundo serán logo da interesante experiencia do ano pasado.  O rexedor sinalou amais que “o traxe tradicional de Tui é unha peza fundamental do patrimonio tudense e un dos máis fermosos de Galicia”. 
Na presentación de hoxe Ángel Alonso avanzou a organización dun curso de gaita e percusión a cargo de Erik Feles que terá lugar os luns ou venres na súa sede en Riomuíños, nun horario a determinar cos alumnado. Os interesados poden inscribirse nos teléfono 659 492 752 e no  627 88 35 45.  O obxectivo final desta actividade é poder formar un grupo de gaitas no centro urbano, sumándose así o grupo folclórico que xa ten a asociación. 

O ALCALDE DE TUI ACOMPAÑOU Á PESCADORES DO MIÑO NUNHA XUNTANZA COA CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL E DO MAR


Na tarde de onte, mércores 30 de xaneiro, a Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, recibiu a unha delegación da Plataforma en defensa do río Miño e os seus pescadores, encabezada polo seu portavoz, Benito Pousa, aos que acompañaba o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez.
No decurso da reunión foron prantexadas á responsable da Xunta de Galicia os principais aspectos da problemática deste sector especialmente na normativa recentemente aprobada e que, segundo os pescadores, ten importantes erros que cómpre modificar. Especialmente o referido ás cotizacións á Seguridade Social consonte ao número de capturas e ás xornadas efectivas de pesca no río, así como outros aspectos relevantes na conservación do Miño e á súa pesca tradicional.
Os asistentes valoraron o importante clima de diálogo establecido entre a plataforma e a Consellería, e o compromiso de revisión da normativa para que resulte eficaz na conservación do río e mais xusta para os pescadores.
O Alcalde tudense congratulouse polo positivo clima de diálogo e colaboración establecido entre a administración autonómica e os representantes do pescadores do río Miño e que contribuirá eficazmente á conservación deste río e da pesca tradicional, que conforma un dos principais elementos identitarios da comarca do Baixo Miño. Con esta entrevista o rexedor tudense da conta do compromiso asumido de promover unha xuntanza coa Consellería de Medio Rural e do Mar coa Plataforma en defensa do río Miño e os seus pescadores para abrir unha canle de diálogo e traballo en común que busque solucións e acordos arredor da pesca no Miño.

Lampreia de Valença Prato de Excelência


A Lampreia de Valença é um prato de excelência que vai estar em  destaque em 25 restaurantes valencianos durante os meses de fevereiro e março.
Em Valença será possível saborear as múltiplas formas de confecionar e apresentar o prato rei desta temporada, numa aposta forte de 25 unidades de restauração locais. 
Esta campanha promove os sabores genuínos da lampreia do rio Minho, considerada a melhor do mundo e é um convite irresistível para desfrutar dos deliciosos sabores deste ciclóstomo.
Esta é, também, uma oportunidade, para (re)descobrir os encantos de Valença, numa época repleta de animação cultural e recreativa.
Ponto alto na animação, destes dois meses, será a Mostra Gastronómica “Sabores da Lampreia” que decorrerá entre 15  e 17 de março, na comunidade piscatória valenciana de São Pedro da Torre.  O cartaz de atividades culturais será, ainda, enriquecido com a iniciativa “Valença Fortaleza dos Namorados”, as atividades de Carnaval, bem como uma ampla oferta de trilhos pedestres e atividades de aventura.
A iniciativa é da Câmara Municipal de Valença e da ADRIMINHO.
Para Jorge Salgueiro Mendes “a lampreia é um prato típico de Valença  e saboreado na cidade histórica e fortificada de Valença tem um sabor  especial”.
Restaurante Aderentes:
Adega do João Lugar de Passos - Cerdal 251 839 359
Baluarte Rua Apolinário  da Fonseca 251 824 042
Bom Jesus Coroada - Valença 251 822 088
Cristina Centro Comercial lara - Valença 251 825 368
Coroa Verde Rua Trás do Jardim - Valença 251 825 759
Esplanada Avenida Miguel Dantas nº1 - Valença 251 809 462
Fonte D' Ouro Lugar de Vilar - Cerdal 251 839 393
Fortaleza 1 Rua Apolinário da Fonseca nº5 251 823 146
Fortaleza 2 Rua Apolinário da Fonseca nº29 251 818 461
Ibéria Avenida Miguel Dantas - Valença 251 825 039
Limoeiro Rua das Oliveiras - Valença 251 825 683
Mané Avª. Miguel Dantas 251 823 402
Merendola Oliveira da Mosca - Ganfei 251 822 201
Nª. Sra. Da Cabeça Cristêlo Côvo 251 822 445
O Cozinheiro Lugar do Miúdal - Verdoejo 918 104 871
O Marco de S.Pedro Rua do Monte 178 – São Pedro da Torre 251 839 327
Prata do Minho Travessa Secretaria Militar 251 824 822
Pousada S.Teotónio Baluarte do Socorro - Valença 251 800 260
Quinta do Amorinho Quinta do Amorinho 251 824 307
Quinta do Prazo Lugar da Urgeira - Valença 251 821 230
Rocha e Grill Ed. Cidade Nova, Bl 8-LjE – R. Ibérico Nogueira 251 107 672 
Solar do Bacalhau   Rua Mouzinho de Albuquerque, 99 251 822 161
Stop São Pedro da Torre 251 839 160
Teresinha Rua Tróias Loja 2 251 823 573
Valença do Minho Lugar de Tróias  - Arão 251 824 392

Câmara de Valença Apoiou a Recuperação de 66 Hectares de Floresta


A Câmara Municipal de Valença está a fazer uma aposta sustentada,  de longo prazo, na floresta, com uma melhor intervenção e gestão das áreas florestais baldias de Valença.
No espaço de um ano, com o apoio da Câmara Municipal de Valença, foram  valorizados mais de 66 hectares de áreas florestais, distribuídos pelas freguesias de São Pedro da Torre, Fontoura,  Silva, Cerdal, São Julião, Verdoejo, Ganfei e Sanfins.
Pelo concelho a Câmara Municipal, em parceria com as Juntas de Freguesia e as Comissões de Baldios, tem realizada um conjunto de intervenções, programadas ao longo do ano, que estão a permitir a recuperação de vastas áreas de terrenos florestais baldios.  Limpezas, desmatações e reflorestações, com espécies autóctones, tem sido realizadas um pouco por todo o concelho.
Das muitas intervenções destaca-se a em curso nos Baldios de Fontoura, com a desramação, desbaste e limpeza de mais de 30 hectares de pinhal. 
A intervenção em Fontoura, de silvicultura preventiva, está a ser executada pela equipa de Sapadores Florestais,  juntamente com elementos da Junta de Freguesia de Fontoura e formandos do curso “Prevenção de Fogos Florestais”, da Agresta.
Com estas intervenções pretende-se potenciar uma vasta área de pinhal regenerado, que tal como os demais pontos do concelho vão proporcionar no futuro importantes fontes de receitas para as respetivas freguesias.
Estas intervenções servem, também,  para criar faixas de corta fogos, para prevenção e defesa da floresta contra incêndios.
A área intervencionada, em Fontoura, pertence ao Perímetro Florestal da Boalhosa, uma área em regime de co - gestão com o Instituto de Conservação da Natureza e das Florestas.
Para Jorge Salgueiro Mendes ”Lembro-me de ver os montes limpos e serem importantes fontes de receita. Nas últimas décadas foram foco de intermináveis incêndios, em parte por abandono. Hoje, estamos a olhar  para a floresta com uma atitude proativa, com os olhos postos no futuro. Estamos a intervir, a recuperar e a potenciar as vastas áreas dos baldios, criando as condições para gerar importantes riquezas para as nossas freguesias”

quarta-feira, 30 de janeiro de 2013

13ª Andaina de Xundaina


Este domingo 03 de febrero tenemos nuestra 13ª andaina de Xundaina.
Saldremos a las 10:00 desde la casa cultural, por lo que hay que estar diez minutos antes para pasar listas, cubrir fichas...
Iremos andando hasta a nosa señora da cabeça (Portugal) y una vez alli daremos un paseo por la orilla del rio miño, además de visitar el santuario.
Esperamos veros a todos el domingo.

O CONCELLO DE TUI ESTARÁ PRESENTE EN FITUR 2013


Por segundo ano consecutivo o Concello de Tui estará presente na Feira Internacional de Turismo (FITUR), unha das principais feiras de turismo do mundo, que se celebrará en Madrid dende hoxe 30 de xaneiro ata o 3 de febreiro de 2013.
Nesta edición a presentación da oferta turística de Tui terá lugar o xoves 31 de xaneiro no stand de Turismo “Rías Baixas” da Deputación Provincial de Pontevedra ás 11,30 horas da mañá.
Esta participación do Concello de Tui da continuidade á presentación realizada o pasado ano no stand de Turgalicia da oferta turística da Eurocidade Tui – Valença coa presenza do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes.
Este ano de novo pois o Concello de Tui estará presente neste certame que reúne anualmente en Madrid a mellor selección da oferta turística.  Fitur é unha excepcional fiestra aberta a un numeroso público e profesionais que se achegan a esta feira para coñecer as diversas ofertas alí presentes.

terça-feira, 29 de janeiro de 2013

OS DEPORTISTAS TUDENSES COMEZAN O ANO CON NOVAS VICTORIAS


Os deportistas tudenses acadaron grandes resultados no Campionato de España de Remoergómetro que se disputou o pasado sábado na localidade de Amposta (Tarragona).
Polo Club Remo do Miño, Óscar Alonso proclamouse Campión de España na categoría peso absoluto masculino, Jorge André Carvalho, Campión de España na categoría peso lixeiro masculino, Bruno Martín e David Prada, acadaron o 5º e o 10º posto respectivamente na categoría peso absoluto masculino, así como Francisco Izquierdo (13º) e Yago Izquierdo (17º en peso lixeiro) e Alejandro Lomba 9º na categoría Sub23 masculino, e polas mulleres Uxia Saborido, 4º posto na categoría Sub23 feminino, e Lucia Saborido, 5º posto na categoría peso lixeiro feminino.
Do Club Remo Tui, Esmeralda Santos proclamouse Campiona de España na categoría peso lixeiro feminino, Nuria Domínguez, Subcampiona de España na categoría peso absoluto feminino, e Jesús Álvarez, Subcampión de España na categoría peso lixeiro masculino. Sergio Pérez obtivo o sexto posto en peso lixeiro masculino e Diego das Dores acadou o oitavo posto en xuvenil masculino.
No mundo do piragüismo, os padeeiros do Club Kayak Tudense participaron un ano máis na regata de Pas de Calais (Francia), onde acadaron bos resultados nesta regata de inicio de tempada.
Por outra banda, os deportistas tudenses, Gustavo Rodríguez e Aida Valiño, acadaron o primeiro posto na proba de Dúatlon Cross en Candeán, dentro do Circuíto Galego de Dúatlon Cross. De este modo, Gustavo Rodríguez, que gañou a anterior proba en Beariz, convértese no máximo favorito para gañar este circuíto.
Por último, as atletas do Club Atletismo Tui seguen acadando éxitos neste inicio do ano. Así, Uxía Pérez Bugarín proclamouse Campiona no Campionato Galego de Campo a Través disputado fai dous fins de semana en Santiago de Compostela. Aida Martínez e David Cruces tamén obtiveron bos resultados neste campionato. E no campionato galego de pista cuberta na categoría alevín, Lucía Portela e Cinthia Costas acadaron a terceira posición nas carreiras de 500 e 1000 metros. E obtiveron bos resultados Inés Portela e Elsa Pena.
O Concello de Tui felicita a todos os deportistas que participaron nestas competicións e de xeito especial aos galardoados. A súa participación testemuña o importante labor que no noso concello se realiza a prol do deporte.

Formações em Fevereiro na União Empresarial do Vale do Minho


O CONCELLO DE TUI SE CONGRATULA POLO VISTO bo DA XUNTA DE GALICIA Á construciÓn dun cemiterio no lugar de foxo – CALDELAS


O obxecto deste uso nun solo rústico foi promovido pola Comunidade de Montes en man Común de Caldelas de Tui
Trátase dunha parcela de máis de 65.000 m2, no que se construirá un camposanto de 366 m2
Na resolución enviada aos promotores sinálase que as características tipolóxicas, estéticas e construtivas deben ser acordes coa paisaxe rural e coas construción tradicionais do contorno
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de outorgar a construción dun cemiterio no lugar do Foxo, en San Martiño de Caldelas, no Concello de Tui. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo vén de remitir á Comunidade de montes en man común de Caldelas, promotora desta solicitude, a resolución pola que se informa favorablemente este uso en solo rústico.
O Concello de Tui se congratula por esta decisión da Xunta de Galicia que patentiza o traballo realizado polas autoridades municipais, en colaboración estreita coa Comunidade de Montes de Caldelas, diante das autoridades autonómicas para lograr esta autorización.
As obras e intervención consisten na construción dun cemiterio con nichos dotado de aseos, cuarto de persoal, local e zona verde exterior. A construción resólvese nun único volume central con todos os servizos do cemiterio e dúas alas laterais cos nichos e cuberta a dúas augas. A superficie total construída é de 366,59 metros² e nos planos de proxecto reflíctese unha zona de aparcamento.
Na resolución enviada pola Xunta tamén se aclara que as características tipolóxicas, estéticas e construtivas e os materiais, cores e acabados das edificacións serán acordes coa paisaxe rural e coas construcións tradicionais do contorno.
O rexedor tudense, Moisés Rodíguez Pérez, agradece á colaboración atopada da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para a aprobación deste cemiterio que resolve unha importante necesidade desa parroquia e da cumprimento a un dos compromisos asumidos polo goberno municipal tudense cos veciños de Caldelas.

A AULA DA UNED ORGANIZA UN CURSO SOBRE “COMO CREAR UNHA EMPRESA CON ÉXITO”


A Aula da Uned de Tui continúa a desenvolver o seu programa de actividades de extensión universitaria, que ofrece para o vindeiro mes de febreiro un curso denominado “Como crear unha empresa con éxito” e que cunha duración de 21 horas lectivas desenvolvérase entre o 21 de febreiro e o 5 de abril.
Dominar os contidos e procedemientos básicos que permitan a posta en marcha dunha pequena empresa no marco da lexislación vixente resulta un tema de interese por canto a crise económica mundial e o aumento do paro levan, cada vez a máis persoas, a prantexarse crear a súa propia empresa, con iniciativas que poden resultar innovadoras e exitosas.
As pequenas empresas en Galicia son una fonte fundamental de potos de traballo e xeran espírito empresarial e innovación,polo que son vitais para promover a competitividade e o emprego.
Os interesados poden acceder á matriculación, que custa 50€, on-line a través da páxina da Aula Uned de Tui (http://www.unedpontevedra.com/tui) ou ebn dirixirse persoalmente á sede da Aula da Uned de Tui na rúa Antero Rubín (no antigo convento de San Domingos) en horario de tarde de lúns a venres (agás os martes).
O programa do curso comprende as seguintes actividades:
xoves 21 de febreiro
17:00-20:00 h. Formas Xurídicas
Ana Gómez Espiñeira 
xoves 28 de febreiro
17:00-20:00 h. Proceso para crear unha empresa
Ana Gómez Espiñeira 
venres 8 de marzo
17:00-20:00 h. Qué debo saber de contabilidade para montar a miña empresa
Belén Fernández- Feijoo Souto 
venres 15 de marzo
17:00-20:00 h. Requisitos fiscais para a empresa
Ignacio García Rivarés 
venres 22 de marzo
17:00-20:00 h. Dereito laboral: tipos de contratación, bonificacións
Lorena Rodríguez Amoedo 
venres 5 de abril
17:00-20:00 h. Marketing e publicidade
Irene Casaldáliga Bernárdez 
De inmediato se procederá á convocatoria doutras actividades de extensión universitaria como o novo curso de literatura creativa, un curso sobre intelixencia emocional, ou outro sobre como falar en público, etc.
Este ampla actividade amplía a oferta formativa que realiza a Aula da Uned tudense a través do primeiro curso do grado en psicoloxía ou o curso de acceso á Universidade para maiores de 25 e 45 anos.

GNR deteve três homens e apreendeu armas numa operação em Valença


A GNR deteve hoje três homens e apreendeu várias armas, munições e droga durante uma operação anticrime realizada em diversas freguesias de Valença, anunciou fonte daquela força policial.
A operação envolveu 35 militares e visava o cumprimento de cinco mandados de busca domiciliária emitidos pelo Tribunal de Valença no âmbito de uma investigação "para deteção de armas e outros objetos relacionados com atividades criminosas".
As buscas realizaram-se a partir das 07:00 em residências das freguesias de São Pedro da Torre, Fontoura, Valença, Ganfei e Gandra, terminando com a detenção de três homens, com idades compreendidas entre os 34 e os 65 anos, "por posse ilegal de armas e droga", precisou fonte da GNR.
Dois dos detidos foram constituídos arguidos neste processo tendo sido libertados com Termo de Identidade e Residência (TIR). Um terceiro elemento só será presente a primeiro interrogatório judicial esta terça-feira, no Tribunal de Valença, pelo que permanecerá detido.
Durante a operação foram apreendidos 2.350 euros em dinheiro, 1.722 doses de haxixe, uma espingarda caçadeira, duas pistolas de calibre 6,35 milímetros, duas pistolas de alarme, várias armas brancas e munições, entre outro material.
in Rádio Vale do Minho

segunda-feira, 28 de janeiro de 2013

AMPLIADO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA QUE PROMOVE O CONCELLO DE TUI


O Departamento de Prevención de Drogodependencias da Concelleria de Servizos Sociais do Concello de Tui informa que se amplía o prazo de inscrición no curso de “Deshabituación Tabáquica”, que organiza en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro. 
Todos aqueles interesados en anotarse poderán facelo achegándose as dependencias de Servicios Sociais, a través do e-mail paula.ssociais@concellotui.org ou no teléfono 986603625. Poderán asistir todos os fumadores maiores de 18 anos que queiran deixar de fumar. Este é un programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono. 
O curso consta de 7 sesións cunha duración de hora en media cada unha, será en horario de tarde, probablemente de 18.30 a 20.00 horas. Necesitase un número mínimo de 12 persoas para poder levalo a cabo.
Dende a Concellería de Servizos Sociais, se anima a toda aquela persoas que queren deixar de fumar e non o consegue, a participar neste curso pois, en palabras da concelleira Olga Montes Moldes, este tipo de terapias que brindan  apoio técnico, consellos,  compañía e recompensas son unha das ferramentas máis exitosas para lograr o abandono do tabaquismo.

Ermenexildo Gutiérrez e Alfonso Betote repoboadores de Tui


Dende posiblemente o século XVIII a cidade de Tui posúe como armas heráldicas unha media lúa e tres estrelas que representan, segundo a tradición conservada, as repoboacións que nos primeiros tempos medievais tivo á cidade. A primeira promovida por Alfonso I, no ano 739, cando libera a Tui do poder dos musulmáns, a segunda corresponde á repoboación efectuada por Ordoño I, en torno ao ano 850, e a terceira á de Fernando II cando “traslada” á cidade a súa actual ubicación e pretende mudarlle o nome por “San Buenaventura” no ano 1170.Agás este terceiro episodio poucos son os datos que se teñen ofrecido sobre estas repoboacións promovidas polos reis da monarquía astur. Neste breve artigo intentaremos unha aproximación aos dous protagonistas dunha destas vagas repoboadoras, a promovida por Ordoño I
A conquista musulmánTui formaba parte  das terras mais desenvolvidas do antigo reino suevo e visigodo, onde desempeñaba no tempos de Vitiza o papel de capital política da provincia de Gallaecia, namentres que Braga posuía a sede episcopal metropolitana. A invasión musulmán prodúcese logo do acceso ao poder de Rodrigo que orixina un conflito civil contra os tres fillos de Vitiza e os seus partidarios, chegando as tropas árabes en apoio deste sector. Esta función capitalina converte a Tui, de seguro, en obxectivo preferente para a conquista polos musulmán. Aínda que para outros historiadores se estes musulmáns veñen en auxilio dos vitizianos e antirrodriguistas resultaría innecesaria a súa intervención na provincia da Gallaecia, controlada por este sector, que en connivencia coa España musulmán,  mantiñan o seu poderío. Da información acreditada, que hoxe se acepta pola historiografía, so podemos afirmar que no sur da actual Galicia a presenza musulmán foi pouco duradeira. Tradicionalmente se adoitaba aceptar que “ademais das incursións militares da primeira época dirixidas por Tarik, Muza e Abdelaziz, tivo lugar, entre o Douro e o Miño, o asentamento de continxentes berberiscos. Pero permanecerán alí moi pouco anos, porque no 714 vémolos abandonando estas posicións norteñas para reclamar a súa instalación nas márxenes do Gualdalquivir”. Este xeneral Abdelaziz, antes mencionado, conquistou Lisboa, Coimbra, Porto e Braga, chegando ata Tui. Apunta Ávila y Lacueva que os tudenses buscaron refuxio nos cumes do Aloia. Os árabes se apoderaron da cidade “causando en ella y su país grandes estragos y ruinas con que lo redujeron todo a un estado de suma miseria”. Como comprobamos moitas conxecturas e escasas realidades contrastadas.A presenza dos invasores musulmáns e do conseguinte clima bélico provoca a fuxida da poboación, cos conseguintes danos sobre o tecido produtivo, o abandono dos cultivos, etc pero sobre todo, provoca a desintegración das estruturas de goberno. O bispo, un dos referentes da organización de poder, -que algunhas tradicións sinalan era San Adelfio (que aparece como asinante no XV Concilio de Toledo no ano 688 e no seguinte concilio no ano 693)- fuxe cara a Iria –a única que permanece “allea” a estes acontecementos- onde é acollido polo seu bispo que lle concede unha dotación territorial para o seu sustento. En concreto, se trata dos territorios de “Nemitos, Faro, Brecantinos e Somnaria” que se atopan situados na zona norte da diocese. Todos estes acontecementos agravan o baleiro de poder na cidade e en todo o territorio circundante, pois era a estrutura eclesiástica quen unificaba estas entidades territoriais e administrativas dun xeito máis efectivo.
A reconquista e a repoboaciónCon todo, esta fuxida e ruptura parece afectar mais aos cumes do poder que reflectir unha despoboación real da nosa bisbarra. Cómpre lembrar que o sistema viario herdado de época romana segue completamente operativo e que Tui segue sendo lugar de paso obrigado neste itinerario; amais pese á desorganización, que as escasas fontes documentais existentes traducen, se manteñen minimamente as estruturas organizativas; así P. David documentou como os límites diocesanos de Tui mantéñense perante séculos a pesares da ocupación musulmán. Abofé que algún magnate local seguiría, en base ao seu poder territorial ou a súa forza militar, detentando un feble poder sobre a cidade, moi afectada pola breve ocupación árabe, e a súa comarca.
Paralelamente nace no norte da Península o reino astur, unha organización política e territorial, que se basea na tradición belicosa dos pobos cantabro-astures e a chegada dalgúns dirixentes hispano-godos. Un reino que inicia o seu despunte no centro de Asturias. Será Alfonso I (739-757) quen tras consolidar o seu poder no territorio astur inicia unha serie de incursións, que moitos identifican con expedicións de saqueo, polos territorios que os sarracenos tiñan abandonado debido as loitas internas que sofre. A crónica Rotense sinala que recupera as cidades de Lugo, Tui, Porto, Braga, etc pero non parece factible que tivese de loitar moito para “conquistar” estas cidades, máis ben se trataría de expedicións de control e limpeza, pero non de ocupación real e efectiva destas zonas, en concreto da nosa cidade. A nacente monarquía astur carecía nesta altura de capacidade para administrar un territorio tan amplo. Tui ficaría feblemente poboada e sometida ao control dalgun magnate local.Haberá que esperar case un século para que en tempos de Ordoño I (850-866) a monarquía asturiana estea en condicións de levar adiante unha “repoboación” de signo oficial de Tui e a súa bisbarra. “Civitates antiquas desertas. Id est Legionem, Astoricam, Tudem et Amaquiam patriciam muris circumdedit…” Esta relación de Ordoño I coa repoboación da nosa cidade aparece tanto nas dúas versións da Crónica de Alfonso III como na Crónica Albeldense. Neste proceso repoboador o monarca encomenda a unha persoa da súa confianza, normalmente un membro da aristocracia, a repoboación dunha bisbarra con amplos poderes para distribuír terras, a creación dunha xerarquía de poderes locais, o establecemento de centros eclesiásticos, etc- Este delegado rexio, que moitas veces aparece citado nos documentos como “comes” ou conde lembrando ás vellas institucións do reino visigodo, se establece nun centro urbano dende onde dirixe esta tarefa repoboadora. Desta forma, se acadaba a plena e efectiva integración dun espazo territorial, neste caso o tudense, nos dominios da monarquia astur.
Os repoboadores de TuiA repoboación de Tui será o fito máis importante desta xeira. A cidade permanecía seimi-abandonada, sen xerarquía eclesiástica, co seu bispo aínda acollido na diocese de Iria. A súa repoboación estará encomendada a dous aristócratas do mais alto rango en torno aos anos 860/865. Trátase de Ermenexildo Gutiérrez e Alfonso Betote. Dende Tui levan adiante a reocupación do vello territorio tudense, asi está documentado como Alfonso Betote se apropia da vella poboación de “Borbene”. Tamén ambos nobres aproveitarán a estratéxica situación de Tui para iniciar a ocupación do territorio ao sur do Miño (o actual Minho portugués), labor que continuarán os seus fillos, antecesores do posteriores monarcas portugueses.Paga a pena lembrar a personalidade deste aristócratas, que tan importante papel desenvolven na historia tudense, e que seguen agochados nos acubillos do pasado permanecendo descoñecidos para a inmensa maioría dos tudenses. Ermenexildo Gutiérrez, casado con Ermesinda Gatóñez (filla do conde Gatón repoboador de Astorga e “comes” do Bierzo) proven da zona meridional da actual provincia de Lugo e aparece citado na documentación como “comes” ou conde de Tui, Coimbra e Caldelas (territorio da zona meridional ourensá) asi como doutras xurisdiccións de Galicia; está emparentado coa familia real pois a súa filla Elvira casará con Ordoño II, e él mesmo aparece citado na documentación como maiordomo real no no ano 883. En torno ao 895 aporta as súas tropas para acabar coa rebelión do conde Witiza e recibas as posesións do derrotado. Anteriormente, no ano 878 conquista e repoboa as terras de Coimbra. Os seus descendentes formarán un dos grupos aristocráticos máis poderosos da Galicia do século X, por exemplo o seu fillo Guiter Menéndez é o pai de San Rosendo, namentres que outros dos seus fillos acadarán o condado portucalense.Pola súa banda, Alfonso Betote tamén tomará parte nestas tarefas figurando como conde do territorio do Deza e logo tamén de Tui. Actúa como representante dos intereses do bispo de León, aspecto que coñecemos por un diploma do ano 878 do bispo Mauro, que lle encomenda as igrexas que lle foran concedidas por Alfonso III entre os ríos Eo e Masma, no norte de Galicia, así como os posibles dereitos desta sede leonesa no bispado de Tui e en toda Galicia: “sive etiam et fe omn(ia)… a plebe ubicumque inveneris sancte Maie Tudensis sedis”. Posiblemente estamos diante dun intento de integración da diocese tudense, e outros territorios galegos, na sede de León, pero que non debeu perdurar no tempos pois carecemos doutra noticia algunha ao respecto. Os descendentes de Alfonso Betote estarán tamén intimamente ligados ao goberno do condado de Porto, en concreto o seu neto Menendo González, e foron repoboadores doutras zonas do norte do actual Portugal.
Esta vaga repoboadora, que asegura unha certa estabilidade, leva ao rei Ordoño II (914-924) a restaurar no ano 915 a sede tudense, retornando o bispo do seu refuxio nas terras de Iria. Neste ano asume a cátedra Hermoxio, quen posteriormente, no ano 921, será apresado polos musulmáns na batalla de Jorquera e levado cativo a Córdoba, onde foi rescatado entregando como refén ao seu sobriño Paio, de dez anos, que será martirizado no 925, esténdese axiña o seu culto polo reino astur-leonés.A reocupación do territorio seguramente coa chegada de poboadores procedentes doutras zonas do reino astur, aseguran unha certa revitalización da vida socio-económica de Tui e a súa bisbarra. Sen embargo esta vida é efémera , pois novos ataques musulmáns unidos ás continuas incursións dos viquingos, levan a un novo esmorecemento da cidade que de novo perde ata a súa condición episcopal sendo agregada á de Compostela por Alfonso V no ano 1024.
in Tudensia

O MÉDICO TUDENSE ROSENDO BUGARÍN GONZÁLEZ PREGOEIRO DAS FESTAS DE SAN TELMO 2013


O Concello de Tui ven de designar ao médico tudense, Rosendo Bugarín González, como encargo da lectura do pregón das Festas de San Telmo deste ano 2013. O Alcalde tudense informa da aceptación por parte do Dr. Bugarín González deste nomeamento e que, por tanto, asumirá a alta función de convocar a tudenses e visitantes á participación nas tradicionais festas de San Telmo nun acto solemne que terá lugar o vindeiro sábado 30 de marzo de 2013. 
Par ao rexedor tudense estamos diante dunha coñecida personalidade no mundo da medicina e dunha persoa altamente estimada na nosa localidade. Coa designación de Rosendo Bugarín González o Concello de Tui da continuidade á súa aposta na elección do pregoeiro das Festas Patronais dedicadas a San Telmo pola promoción de personalidades locais que teñan salientado na súa actividade, pois ninguén mellor que eles para convidar a veciños e visitantes ás celebracións festivas quen este ano 2013 abranguen do 30 de marzo ao 8 de abril.
Rosendo Bugarín González
Naceu en Tui no ano 1961. Casado coa tamén tudense Menchu Diz. Licenciado e doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Diplomado en Sanidade. Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Especialista Universitario en Urxencias.
Traballou durante mais de 15 años no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e, na actualidade, exerce como médico de familia no Centro de Saúde de Calo do Concello de Teo.
É o presidente do Comité de Ética de Investigación Clínica de Galicia e vocal da Comisión Galega de Bioética. Forma parte da Xunta Directiva do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña.
Autor de múltiples publicacións relacionadas coa atención primaria e a medicina de urxencias.  Relator de múltiples ponencias e actividades docentes no ámbito da medicina. Editor da revista de medicina Semergen.

sexta-feira, 25 de janeiro de 2013

O profesorado coordinador do proxecto ARCE mantén unha reunión de traballo en Tui


A concelleira de Educación e Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez, xunto á concelleira de Servizos Sociais e Muller, Olga Montes, recibiu esta mañá na Área Panorámica aos profesores coordinadores do programa ARCE no que está a participar o CEIP nº2 de Tui xunto ao CEIP Nuestra Señora del Hortum Sancho del Casar de Escalona, o CEIP Méjico de Madrid e o Colexio Rafael Carballar de Higuera de la Sierra. 
Este grupo de profesores manteñen dende onte xoves e ata mañá sábado unha reunión de traballo para deseñar e coordinar as actividades que realizarán os alumnos de 6º durante o 2º e 3º trimestre do curso 2012-2013. Tamén abordan as dúas viaxes de convivencia previstas, a primeira en marzo a Madrid e Toledo, e a segunda no mes de maio a Tui onde o CEIP nº2 exercerá de anfitrión.
Na recepción desta mañá, Vanesa Rodríguez, deu á benvida ao profesorado coordinador do proxecto salientando o enriquecedor desta relación que se plantexa entre centros de distintos puntos de España. Aproveitou amais a edil para salientar o traballo que se realiza no marco da Eurocidade xunto con Valença do Minho.
O profesorado coordinador do proxecto ARCE visitou posteriormente o Teatro Municipal, e participou nunha visita guiada polo conxunto histórico.

quinta-feira, 24 de janeiro de 2013

Hoxe comeza “De Tapas por Tui”


Dende hoxe, 24 de xaneiro, e ata o 24 de febreiro desenvólvese en Tui a iniciativa “De Tapas por Tui”. Xurde dun grupo de locais de hostalaría co apoio do Concello de Tui.
Esta actividade foi presentada esta mañá por Marina Cruces e Manuel Cerviño, en representación dos locais participantes, acompañados polo concelleiro do Conxunto Histórico, Nicolás Lorenzo, e o concelleiro de Formación e Emprego, José Ángel Villaverde. 
“De Tapas por Tui” é unha ruta na que participan un total de 18 establecemento hostaleiros de todo o casco urbano dende a Avenida da Concordia á Avenida de Portugal. Están clasificados por cores en función da súa actividade: cafeterías e bares; taperías, restaurantes e pizzerías; bocaterías; e copas e cócteles. En cada un deles ofrecerase unha tapa por 2€ dende o almorzo e durante todo o día, salvo no caso de copas, cócteles e combinados que funcionarán pola noite. As persoas que completen toda a ruta entrarán no sorteo de agasallos, para non perderse hai xa unha serie de mapas co percorrido completo. Amais cada cliente poderá puntuar de 1 ao 10 as tapas de cada establecemento. Cada local deberá realizar entre 1 e 3 tapas dentro da súa especialidade caracterizadas pola creatividade. 
Marina Cruces sinalou que este é o mellor momento para este tipo de iniciativas que espertan inquietudes e atraen ao público os distintos locais.
O concelleiro do Conxunto Histórico, salientou que esta é unha iniciativa moi interesante, e animaba aos tudenses e visitantes a participar e degustar as tapas que teñen preparadas durante este mes. Engadía que en momentos como os actuais hai que aunar esforzos para sortear as dificultades. 

Maratona de Hidro em Valença


A Câmara Municipal de Valença organiza uma Maratona de Hidros  sexta-feira, 25 de Janeiro, na Piscina Municipal, entre as 19h e as 20h30, promovendo as aulas de Hidroginástica, Hidropower e Hidrobike, com entrada gratuita para os alunos da Escola de Natação.
A atividade dirige-se a toda a população, com idade igual ou superior a 16 anos, que sinta curiosidade em experimentar as modalidades  hidro da Piscina Municipal de Valença.
Esta Maratona pretende promover a prática das atividades hidro, proporcionadas pela Piscina Municipal, incentivando a atividade desportiva junto da comunidade. As atividades hidro proporcionam bem estar físico e mental, no dia a dia de cada um, com claros benefícios na tonificação muscular, na melhoria do aparelho cardiovascular, respiratório, na mobilidade, destreza, noção de lateralidade e na postura corporal.
O complexo desportiva da Piscina Municipal de Valença, para além das atividades hidro -  hidroginástica, hidropower, hidrobike, acompanhadas por monitor, tem ao serviço da comunidade uma Escola de Natação, com vários níveis de ensino, banhos livres e ténis.
Jorge Salgueiro Mendes, “A Piscina Municipal de Valença é um equipamento de excelência ao serviço da comunidade. Espero que os munícipes possam continuar a desfrutar das atividades proporcionadas por este equipamento e a ganhar hábitos de vida saudáveis”.

RECEPCIÓN NO CONCELLO DE TUI AOS PROFESORES/AS DO PROXECTO ARCE


Mañá venres 25 de xaneiro, ás 11.00 horas, no Primeiro Andar do Edificio Área Panorámica, terá lugar unha recepción aos profesores e profesoras que coordinan o Proxecto ARCE, proxecto educativo “Concienci-arce”, realizado polo colexio de Tui CEIP Nº2, o CEIP México de Madrid, o CEIP Nuestra Señora de Hortum Sancho del Casar de Escalona (Toledo) e o Colexio Público Maestro Rafael Carballar de Higuera de la Sierra (Huelva).
Na recepción estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a concelleira de Educación, Vanesa Rodríguez, así como os responsables e coordinadores/as dos colexios participantes neste proxecto educativo.

Concerto Eurocidade “Fantasia Coral” de Beethoven


A Eurocidade Valença Tui promove o concerto “Fantasia Coral” de Beethoven, a cargo da Academia de Música Fernandes Fão, sexta-feira, às 20h30, no Teatro Municipal de Tui.
O concerto será orientado por Miguel del Castillo, ao piano com Eugénia Moura e acompanhado pelo Coro e Orquestra da Academia e o sexteto do Curso de Música Silvia Monteiro. 
109 artistas em palco vão apresentar o seguinte programa: 
“Abertura Coriolano” en do Menor op. 62 .......................................L. Beethoven
“Divertimento III” en Fa Maior, KV 138 ...........................................W.A. Mozart
- Allegro
- Andante
- Presto
“Fantasía para piano, coro e orquestra” en do menos, op.80.........L. Beethoven 
- Adagio
- Finale
          . Allego
          . Meno Alegro
           . Adagio ma non troppo
            . Marcia, assai vivace
             . Allegreto, ma non tropo
             . Presto
O espetáculo terá a duração de uma hora.
As entradas poderão ser adquiridas, antes do concerto, pelo valor de 3 euros.
Jorge Salgueiro Mendes, “A Eurocidade tem uma dinâmica cultural que envolve valencianos e tudenses e projeta estas duas cidades no contexto do Noroeste Peninsular”.

O CONCELLO DE TUI CONVOCA O CONCURSO PARA A ELECCIÓN DO CARTEL DAS FESTAS DE SAN TELMO 2013


O Concello de Tui, coa colaboración da Comisión de Festas, convoca un concurso para a elección do cartel anunciador das festas patronais de San Telmo 2013, logo da positiva experiencia dos anos anteriores
As persoas interesadas en participar neste certame teñen de prazo ata o vindeiro día 16 de febreiro de 2013  para enviar ou entregar os traballos nun soporte ríxido, coa finalidade de organizar unha exposición pública dos mesmos. Nas bases establécese un único premio de 500 euros.
O contido das obras presentadas deberá referirse ás Festas de San Telmo da cidade de Tui. O/s autor/es tentarán plasmar referencias desta Festa e desta cidade na súa proposta, destinada a ser utilizada como imaxe oficial deste evento. No cartel deberá figurar o seguinte texto: “Tui, festas de San Telmo 2013, 30 de marzo – 8 de abril de 2013. Festas de Interese Turístico Galego”.
Para a concelleira de cultura tudense, Vanesa Rodríguez Pereira, con este certame pretendese dotar dunha imaxe artística e atractiva ao cartel anunciador das festas patronais tudenses, ao tempo que promove e valoriza a creatividade de artistas e deseñadores tanto tudenses como foráneos. Rodríguez Pereira anima aos deseñadores e creadores do noso municipio a participar neste concurso.
As bases poden consultarse na páxina web do Concello de Tui: www.concellotui.org.

CAMPAÑA DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA


O alcalde de Tui informa nun bando que o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama da Consellería de Sanidade, en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro iniciou o pasado 8 de xaneiro a súa campaña no Concello de Tui.
Ao abeiro desta campaña realízanse mamografías gratuítas a todas as mulleres de 50 a 69 anos de idade do municipio. Este ano as mamografías faranse na Unidade fixa de exploración na Casa do Mar en Vigo na Avenida de Beiramar. Todas as mulleres entre 50 a 69 anos teñen que ter recibido unha carta onde se lles comunica o día, hora e lugar en que teñen a súa cita.
No caso de no ter recibido a carta as mulleres do municipio de Tui que teñan entre 50 a 69 anos poden chamar ao 981 14 14 14 onde lles darán unha cita para a realización da devandita mamografía.

terça-feira, 22 de janeiro de 2013

“Não se formam homens e mulheres de negócios em seis meses”

"Não se formam homens e mulheres de negócios no espaço de seis meses!" – afirma à "Vida Económica" João Paulo Vieito, diretor da Escola Superior de Ciências Empresariais de Valença.
Por essa razão, a ESCE –IPVC decidiu incluir nos cursos de licenciatura um projeto em que cada aluno cria uma empresa. O objetivo é que "os alunos possuam a autoconfiança necessária para implementarem os seus negócios e vencerem todas as vicissitudes do mundo empresarial".
"Ajudar a construir uma geração de novos homens e mulheres de negócios é o desígnio a que nos propomos", acrescenta João Paulo Vieito.
Vida Económica - Como surgiu a ideia de incluir nos cursos de licenciatura o projeto de criação de uma empresa para cada aluno?
João Paulo Vieito - A ideia surge da observação da realidade económico-social que nos rodeia e de uma aposta de ensino orientado para o saber fazer, integrado na economia real.
Não houve um momento em particular, foi uma ideia que foi sendo amadurecida no interior da ESCE-IPVC, do seu grupo de docentes e do diálogo com os alunos e empresários. A cultura da instituição é muito orientada para a ação e para a aplicação do conhecimento ministrado à pratica profissional.
VE - A generalidade dos cursos de Ciências Empresariais das Universidades e Politécnicos já têm unidades curriculares de Projeto Empresarial? Qual a razão pela qual grande parte desses projetos nunca foram implementados?
JPV - A ESCE, tal como muitas outras instituições de ensino superior que ministram cursos na área das Ciências Empresariais, tem, efetivamente, cadeiras de Projeto com uma duração que oscila entre um e dois semestres. No entanto, a generalidade desses projetos nunca foi implementado. Algo está errado!
Recentemente, chegámos à conclusão de que o problema não está relacionado com a qualidade dos projetos, mas sim com a autoestima dos alunos. Não se formam homens e mulheres de negócios no espaço de seis meses! Essa é a principal razão pela qual adotámos a estratégia de estender para três anos o período de elaboração do projeto e ampliamos largamente a equipa de docentes que validam todas as fases do projeto individual de cada aluno.
Acreditamos que, findo o período de três anos e o projeto ter sido validado por cerca de 40 docentes, os alunos possuam a autoconfiança necessária para implementarem os seus negócios e vencerem todas as vicissitudes do mundo empresarial.
VE - Em que áreas de atividade pensa que irão surgir mais projetos?
JPV - Ajudar a construir uma geração de novos homens e mulheres de negócios é o designo a que nos propomos. Negócios que sejam realistas, bem planeados e que correspondam a oportunidades do mercado nacional e internacional.
Queremos que os nossos alunos olhem para o mundo como uma janela de oportunidades. Neste sentido não limitamos em termos de área qualquer projeto, uma vez que um determinado setor de atividade pode estar em recessão em Portugal e em forte expansão na França, India, China, etc. Queremos formar uma nova geração de homens e mulheres que, tendo como base Portugal, trabalhem para todo mundo. Não partilhamos da ideia de que todos os nossos licenciados têm de abandonar Portugal para singrar na vida. Podem instalar a sua atividade em Portugal e serem bem-sucedidos no mundo! Esse é o nosso ideal!
Estamos à espera que surjam, por exemplo, projetos de áreas ligados à agricultura de nicho, apoio à comercialização no e-commerce e no mercado global e que possam contribuir para melhorar a performance das empresas da região. O alto Minho reúne condições únicas para projetos de turismo e atividades ligadas ao lazer. O comércio tem, também, uma grande tradição em toda a região, existindo inúmeras oportunidade para atualizar e modernizar este setor.
O enquadramento estratégico da escola na fronteira de Valença deixa antever projetos ligados à logística de uma economia transfronteiriça, capitalizando na euro-cidade e na euro-região.
Professores funcionam como consultores especializados
VE- De que forma os professores poderão dar apoio à preparação e arranque de criação das empresas?
JPV - Ao longo de três anos os professores funcionam como consultores especializados de cada um dos projetos.
O critério de alocação dos professores aos projetos varia em função da etapa de desenvolvimento do próprio projeto e da necessidade específica. Os alunos serão apoiados individualmente desde a conceção da ideia à sua validação, do estudo de mercado aos estudos de consumidor, da elaboração da estratégia de marketing à elaboração dos planos operacionais, bem como no desenvolvimento das projeções financeiras, na identificação das necessidades de capital e no controlo de gestão.
A ligação da ESCE não termina com a conclusão da formação letiva dos alunos. Os docentes estarão sempre disponíveis para apoiar com o seu saber, no futuro, o desenvolvimento desses negócios.
VE- Quais são as entidades que vão estar envolvidas no apoio direto aos promotores?
JPV - O quadro de entidades envolvidas no projeto ainda não está definitivamente fechado, pois existem inúmeras instituições de grande relevo nacional e internacional que têm manifestado a sua intenção de apoio.
No entanto, contamos já com parceiros institucionais que muito prestigiam a nossa iniciativa. O apoio da Câmara Municipal de Valença, o IAPMEI, a Caixa de Crédito Agrícola do Noroeste, o CEVAL (Conselho Empresarial dos Vales do Minho e do Lima) garante à partida uma dinâmica exigente e a credibilização desta iniciativa.
Muitas outras instituições e empresas manifestaram o desejo de se aliarem à ESCE-IPVC neste projeto, estando ainda em fase de assinatura de protocolos.
in - Vida Económica

segunda-feira, 21 de janeiro de 2013

Plataforma Logística pode avançar no primeiro semestre após concluída desafectação de terrenos

Os sucessivos atrasos e indefinições no processo de legalização de terrenos já obrigou o concessionário da Plataforma Logística de Valença recusar "alguns" pedidos de instalação de grandes empresas internacionais.
"O capital está parado e não há qualquer rentabilização". A denúncia do presidente da Câmara de Valença, que acredita, contudo, que os problemas burocráticos possam ficar resolvidos ainda no primeiro semestre deste ano, para depois se avançar com a captação de investimento estrangeiro para a nova estrutura.
Jorge Mendes realça que já há uma luz ao fundo do túnel, após ter reunido, no final da semana passada, com técnicos da Comissão de Coordenação do Desenvolvimento Regional do Norte, no sentido de "dar mais um passo" no Plano de Urbanização elaborado para a área Sul que inclui a plataforma.
O autarca valenciano sublinha que este foi um processo apresentado pelo anterior executivo "com toda a pompa e circunstância", mas que foi esquecido que grande parte dos terrenos para a implementação da Plataforma Logística estavam afectos à Reserva Agrícola e à Reserva Ecológica. Situação que agora ficará "totalmente definida".
Recorde-se que esta infra-estutura transfronteiriça foi contratualizada em Junho de 2009, entre o Governo, Cãmara Municipal e Way 2B. Está projetada para ocupar uma área de 47,5 hectares, num investimento de dezenas de milhões de euros e vai permitir criar milhares de postos de trabalho.
A Plataforma Logística de Valença insere-se no Plano Nacional que o Governo estabeleceu - o Portugal Logístico - para a construção de plataformas logísticas pelo país.

Un centenar de coches participarán este sábado no II Rallie de Regulariedade Lamprea San Telmo

Tui vai ser este sábado o epicentro do II Rallie de Regulariedade Lamprea San Telmo que sairá ás 17h do Paseo da Corredoira, organizado po Arbomotorsport coa colaboración do Concello de Tui. No mesmo van participar duascentas persoas entre pilotos e copilotos que competirán nun centenar de coches tanto clásicos como actuais.
O rallie foi presentado esta mañá, na Área Panorámica, polo xefe dos Tramos do Rallie, Juan José González e a secretaria, Enma Solla, acompañados polo alcalde, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, e outros membros da escudería organizadora.
O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, explicou que esta é a primeira vez que esta proba deportiva ten sede en Tui , amosando o seu convencemento no éxito deste rallie e na súa repercusión en Tui e na contorna. Desexou sorte aos organizadores na celebración desta proba ao tempo que amosou o seu desexo que de Tui se converta en sede desta competición.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, fixo fincapé en que este non é un rallie de velocidade excesiva e que no mesmo se cumpren todas as normas de circulacións. Tamén incidiu na importancia de recuperar este rallie e na potenciación que este tivo de actividades fan da zona.
Juan José González explicou que este rallie é puntuable para o Campionato Galego, o que fará que se acheguen ata Tui pilotos e copilotos de renome, así como o tudense José Villaverde, que estrea modalidade, tamén posiblemente participe o piloto galego Manuel Senra.
Tui será o epicentro do rallie no que se percorrerán un total de 163 km cronometrados e 40 km en enlaces, chegando tamén a Tomiño, Gondomar, Salceda e O Porriño. Non poden superar en ningún momento os 49,9 km/h.
Ás 14h do sábado está prevista as verificacións administrativas e ténicas. Ás 16h instalarase o aparcamento pechado no Paseo da Corredoira, dende onde os pilotos tomarán ás saída ás 17h. Tras un percorrido por lugares como río ou o Monte Aloia os participarán volverán a Tui para reagruparse ás 19.15h no Paseo da Corredoira, e iniciar a segunda fase da proba ás 20h. O remate será ás 21.30h nun restaurante do Porriño onde cearán e farán a entrega de premios.
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados na clasificación xeral, así como para o primeiro equipo masculino, para o primeiro equipo misto, e para o primeiro feminino. Tamén recibirá trofeo o coche que menos penalizacións realice, para o primeiro equipo federado e para o coche más antigo en competición.

sábado, 19 de janeiro de 2013

Apresado en Tui por asaltos en la zona de Santiago

Un hombre de nacionalidad rumana fue arrestado en Tui acusado de robar en domicilios de ayuntamientos limítrofes de Santiago de Compostela. Una investigación a raíz de un robo en una gasolinera llevó a los agentes a resolver asaltos en casas de Ordes, Ames y Teo cometidos por un grupo rumano. Uno de sus integrantes es este arrestado, que fue interceptado por la unidad de fronteras de la comisaría de Tui cuando trataba de entrar en territorio español en tren.

Valença Etnografia do concelho em exposição

Os trajes típicos da etnografia valenciana estão expostos, até 26 de Fevereiro, na mostra coletiva "Os Bordados de Namorados na Etnografia, Folclore e Tradições de Valença", no Núcleo Museológico, no âmbito da iniciativa "Valença Cidade dos Namorados".
Os trajes femininos e masculinos de Taião, de Cerdal, das Azenhas, de Ganfei, de Boivão, de Cristelo Côvo, de São Julião, de Gandra e Friestas, pela primeira vez, apresentados publicamente juntos numa mostra coletiva que pretende dar a conhecer a riqueza e diversidade da etnografia valenciana.
Os trajes de noiva, os domingueiros, os da encosta da serra, os dos camponeses e os dos pescadores, com os seus elementos decorativos e os sempre presentes lenços dos namorados ou de noivar, nos trajes das senhoras, dão corpo a esta mostra coletiva. Os ranchos folclóricos valencianos têm sido, a partir da década de 50, do último século, os grandes investigadores, perpetuadores e divulgadores dos trajes, das tradições e das vivências sociais ancestrais das nossas aldeias.
Esta exposição será complementada com uma mostra de lenços dos namorados e de noivar e os mais diversos utensílios ligados ao ciclo do linho e às práticas agrícolas.
Está programado, ainda o 2º workshop de lenços dos namorados, em 16 de Fevereiro e os ateliers de costura de trajes tradicionais, todas as quintas-feiras, à tarde, entre 24 de Janeiro e 28 de Fevereiro.

quinta-feira, 17 de janeiro de 2013

Torneio de Sueca na Urgeira


O martes 22 abre o prazo de inscrición para o Desfile-Concurso de Entroido de Tui


Tui vai celebrar o martes 12 de febreiro o Desfile Concurso de Comparsas e Grupos. O prazo de inscrición para participar abrirase o próximo martes 22 de xaneiro,e poderá facerse ese día os días 23,24,25, e 29 deste mes, no Departamento de Cultura no impreso normalizado para este fin en horario de 10 a 14h. 
Establécese un máximo de 18 comparsas participantes e 3 grupos, que serán os primeiros en realizar a inscrición coa salvidade de que non quedará fóra ningún grupo ou comparsa de Tui. Os grupos deben estar formados por entre 12 e 20 persoas e as comparsas deben estar integradas por un mínimo de 25 persoas, 
Neste concurso de Entroido repartiranse 5 mil euros en premios ao que hai que engadir 400 € dos trofeos, e ata un máximo de 8.500€ en concepto de compensación por participar. Haberá un premio xeral, no que competirán de xeito conxunto grupos e comparsas e no que se valorará a orixinalidade, vestiario, parodia, acompañamento musical e carroza. Nesta categoría haberá un total de sete premios que oscilan entre os 700€ do primeiro e os 100€ do sétimo. En carrozas establécense outros sete premios dotados con contías que van dos 400€ aos 50€. Amais haberá tres premios para acompañamento musical, de 250€, 150€ e 50€, para a música interpretada en directo, e por último hai un único premio para fantasía valorado en 300€.
Amais destínase un máximo de 9.600€ a compensación económica que recibirán as comparsas e grupos por participar. As comparsas tudenses con carroza recibirán 500€, e as que non leven carroza 250€, mentres que as foráneas recibirán 250€ e 125€ en función de se levan ou non carroza. No caso de grupos os de Tui percibirán 200€ se levan carroza e 100€ en caso contrario, e os grupos de fóra terán unha compensación de 100€ e 50€ respectivamente se levan ou non carroza.
O desfile-concurso de Entroido celebrarase o martes, 12 de febreiro, ás 17.30h nun circuíto polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e  A Guarda, quedando prohibida a parada dos participantes diante do palco. En caso de choiva o desfile aprazaríase para o sábado16 de febreiro ás 17.30h.  
Todas as comparsas e grupos deberán asistir ao Enterro do Bacallau que terá lugar o domingo, 17 de febreiro,  ás 19.30h dende a Praza de San Fernando.
Ás bases completas pódense consultar no taboleiro de anuncios do Concello e nas páxinas web www.culturatui.info e www.concellotui.org, así como no departamento de Cultura do Concello de Tui.

quarta-feira, 16 de janeiro de 2013

Encontro das Janeiras em Valença


A Câmara Municipal Valença promove um Encontro de Janeiras, domingo, 20 de Janeiro, às 14h30, na sede do Rancho de Friestas, com a presença de mais de 200 participantes representativos de 9 grupos do concelho.
Este quarto encontro pretende reviver e incentivar uma manifestação cultural muito enraizada na cultura tradicional valenciana e que, todos os anos, leva muitos grupos a animarem as noites de inverno, cantando porta a porta, os Reis e as Janeiras, durante este mês.
Uma tarde de melodias típicas dos reis e das janeiras interpretadas pelos 200 participantes representativos do Rancho de Cerdal “Os Camponeses Minhotos”, dos Amigos do Bombinho de Fontoura, do Rancho Infantil e Juvenil de Friestas, da Associação Cultural de Gondomil, da Escola de Musica de São Pedro da Torre, do Rancho de São Julião, do Luar do Minho, da Tuna Valenciana  e do Grupo de Amigos de Taião.
Um amplo reportório de canções, das mais inéditas às mais tradicionais, prometem uma tarde muito animada, em Friestas, na sede do Rancho.
O Encontro das Janeiras deste ano conta com a colaboração especial do Rancho Infantil e Juvenil de Friestas, das juntas de freguesia e associações  locais.
Para Jorge Salgueiro Mendes, “Este Encontro das Janeiras é uma oportunidade de convívio entre os valencianos e de recordação de uma tradição enraizada na nossa cultura popular”.