sexta-feira, 29 de junho de 2012

A PROPOSTA DO PEPCH SOBRE APARCAMENTOS NON CONTEMPLA O TRÁNSITO DOS VEHÍCULOS POLO PASEO DA CORREDOIRA


O Concello de Tui quere clarexar aos veciños e especialmente aos asinantes dunha alegación ao Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui que a creación dun estacionamento de vehículos nas pistas deportivas do Seminario é unha medida que vai nun contexto máis amplo de reordenación dun ámbito existente no Plan co obxectivo de mellorar os espazos públicos da nosa cidade e que no propio Pepch no se establece que o tránsito deste aparcamento discorra polo Paseo da Corredoira.
En concreto sobre este estacionamento cómpre salientar o seguinte;
 O aparcamento proposto no PEPCHA non contempla o acceso nin saída polo Paseo da Corredoira.
O aparcamento proposto no PEPCHA parte do acceso por Coengo Valiño e Antero Rubín (en dobre dirección), para acceder por un vial de nova apertura ata a zona de aparcamento e saída á rúa Bispo Lago continuando o tráfico por Antero Rubín e Coengo Valiño.
En caso de non executarse estes dous viais (de entrada e saída desta zona onde se ubicaría o estacionamento) e executar soamente un, sería de dobre dirección provisionalmente, por eso está prevista unha rotonda para permitir os xiros.
Por tanto o Pepch nunca prantexa un acceso polo Paseo da Corredoira, máis aínda na propia memoria do Pepch figura procurar que nun futuro este paseo sexa peonil.  Neste contexto foron desbotadas outras alternativas de aparcamento existentes pois implicaban o tránsito polo Paseo da Corredoira. Por tanto as razóns e alternativas que aduce esta alegación están contempladas no propio Pepch.
Para Nicolás Lorenzo Montes, concelleiro de Rehabilitación e Conxunto Histórico esta lexitima alegación xorde por un descoñecemento da totalidade do Plan Especial que abranguen un amplo número de medidas tendentes á protección, conservación e valorización do noso conxunto patrimonial. É máis, este aparcamento é unha das medidas contempladas na reordenación dun ámbito e que, dende o respecto ao dereitos dos seus propietarios e tamén promotores desta alegación segundo figura nos medios de comunicación, impulsan a creación deste aparcamento e a dotación dun amplo parque público de 5.000 m2 neste céntrico espazo da nosa cidade. O estacionamento está pensando tanto para os residentes no conxunto monumental como para os visitantes que se achegan ata Tui, e contará con acceso peonil dende o propio Paseo da Corredoiro a través da Travesía do Seminario ou de San Domingos, que sería tamén o acceso a este novo parque público que incrementaría substancialmente as áreas verdes do centro urbano da nosa cidade.
O Pepch detecta unhas necesidades de estacionamento de arredor de 483 prazas (que comprende 321 derivadas de dotar a cada vivenda cun vehículo e 162 dos actuais estacionamento na zona “intramuros” que se suprimen coa peonalización do conxunto histórico). A ubicación de estacionamentos presenta moi escasas posibilidades, buscando esta alternativa que é a que presenta unha menor afección ao patrimonio e aos particulares. A posibilidade de creación de estacionamentos fóra do ámbito do Pepch non pode ser contemplada neste documento e para lograr unha zona de aparcamento o máis próxima aos lugares de residencia dos veciños do conxunto histórico optouse por esta alternativa, nas pistas deportivas do Seminario, como solución máis racional e sustentable.
O Pepch, reitera o concelleiro Lorenzo Montes, é unha ferramenta de protección e ordenación urbanística do conxunto histórico de Tui e que, co tempo, significará unha mellora substancial da calidade de vida na nosa cidade. A elaboración deste Plan é un amplo traballo e as súas medidas afectan a numerosos veciños que lexitimamente defenden os seus intereses mediante as correspondentes alegacións, que o Concello estudará con especial atención para lograr un documento que goce do máis amplo consenso social.
Finalmente, o concelleiro Nicolás Lorenzo Montes desculpase polo erro producido nunhas manifestacións recollidas por un medio de comunicación sobre a presentación de alegacións ao Pepch por parte de grupos políticos da Corporación, pois certamente o grupo municipal socialista presentou un escrito de alegacións ao Plan.

GRANDES ÉXITOS DOS DEPORTISTAS TUDENSES


Iván Alonso e Alberto Díaz Campións da Copa do Mundo de Maratón e o Club Remo do Miño e o Club Remo Tui acadaron bos resultados no Campionato de España de Remo Olímpico.
O deporte tudense acadou este fin de semana grandes éxitos a nivel nacional e internacional. Os padeeiros do Club Kaiak Tudense afrontaron dúas competicións internacionais, o Campionato de Europa de Piragüismo en Pista, na cidade croata de Zagreb, e a Copa do Mundo de Maratón, na cidade danesa de Copenhague. E o Club Remo do Miño e Club Remo Tui participaron no Campionato de España de Remo Olímpico, no encoro de Castrelo do Miño.
Iván Alonso proclamouse Campión na Copa do Mundo de Maratón de Piragüismo na categoría K1 Sénior na regata celebrada na localidade danesa de Copenhague. Neste mesmo campionato, Alberto Díaz tamén acadou a medalla de ouro na categoría K1 Veterano. Ambos os dous demostran o bo estado de forma na súa preparación para o Campionato de España de Maratón que se celebrará na nosa cidade, no mes de agosto. Mala sorte para Manuel Garrido, quen tivo un contratempo na primeira ceavoga ao caer á auga, o que o obrigou a abandonar a proba.
No Campionato de Europa de Piragüismo en Pista, José Luis Bouza en C2 1000 e 200 metros e Diego Piña no K4 1000 metros enfrontáronse aos mellores padeeiros europeos, conseguindo bos resultados.
Por outra banda, no Campionato de España de Remo Olímpico, os remeiros tudenses acadaron 2 medallas de ouro, 5 de prata e 2 de bronce.
O Club Remo do Miño conseguiu as medallas de ouro no 4x ABM, cos remeiros Cristian, David, Iago e Jorge André, e 2x VM, co barco integrado polos remeiros Ledo e Diego. Tamén acadaron a medalla de bronce na categoría 4+ ABM, de Isaac, Miguel, Bruno, Roberto e Nadine como temoneira.
O Club Remo Tui acadou as medallas de prata nas categorías 4x ABF, con Nuria, Mela, Eva e María; 2- ABM, cos remeiros Suso e Sergio; 4x ABM, de Suso, Sergio, Ignacio e Alfonso; 1x ABF de Nuria e 4+ VM, de Mon, Seve, Rui Manuel, Manu e Beatriz como temoneira. Tamén acadaron a medalla de bronce na categoría 8+ VM, cos remeiros Carlos, Manuel, Rui Manuel, Plácido, Manu, Seve, Mon, Javi e Lidia como temoneira.
Dende o Concello quérese felicitar a tódolos deportistas polos éxitos acadados, así como ao Club Kayak Tudense, Club Remo do Miño e Club Remo Tui, polo esforzo e dedicación na preparación dos seus deportistas. Para o Concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, estes éxitos demostran o alto nivel do deporte tudense, que obriga ao concello a traballar man a man cos clubs para darlles todo o apoio posible.

MAÑÁ VENRES INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN COLECTIVA DOS ALUMNOS DO “TALLER DE PINTURA DE INÉS GONTAD”


A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle mañá, venres 29 de xuño, ás 20h a inauguración dunha mostra colectiva na que os alumnos do taller de pintura que promove na nosa cidade a pintora Inés Gontad amosaran o traballo desenvolvido ao longo deste curso.
Nesta exposición colectiva poderemos contemplar as obras de aprendizaxe dos 30 alumnos e alumnas deste Taller tudense que van dende os 6 aos 60 anos de idade, ofrecendo unha escolma onde prima a diversidade de técnicas, de enfoques, de experiencias... resultando un  dos atractivos desta exposición.
A Concelleira de Cultura do Concello de Tui congratúlase porque a  Sala Municipal de Exposicións acolla esta mostra que reflicte o dinamismo da sociedade tudense interesada por acceder a novos coñecementos, como é neste caso a aprendizaxe das técnicas pictóricas. Hai escasas datas tamén outro colectivo tudense, a Asociación de Amas de Casa, amosaba o labor dos seus obradoiros, no que participaban numerosas asociadas. Estas mostras testemuñan a vitalidade dos nosos veciños e dende o Concello estamos encantados de colaborar na difusión do seu traballo, pois a promoción da cultura abrangue tamén estas actividades de base que non por modestas deixan de seren imprescindibles.
Esta exposición colectiva estará aberta ao público ata o vindeiro 13 de xullo de 2012.

quinta-feira, 28 de junho de 2012

Feira das Tradições em Verdoejo


DENDE MAÑÁ MERCORES ABRE AO PÚBLICO AS PISCINAS MUNICIPAIS DE VERÁN DE TUI


A partires de mañá, mércores 27 de xuño, abres as súas portas ao publico as Piscinas Municipais de Tui cun horario de apertura diaria de 13,00 a 20,30 horas de lúns a domingo.
Para a concelleira responsable deste servizo, Olga Montes Moldes, a apertura das instalacións das Piscinas Municipal tudense supoñen unha atractiva oferta de ocio para os veciños do noso concello e para cantos se achegan a visitar á nosa cidade.
Tamén informa a concelleira Montes Moldes que o Concello de Tui apostou por conxelar os prezos deste servizo, mantendo os prezos do pasado ano para facilitar o acceso dos cidadáns a esta oferta de lecer.
A céntrica situación destas instalación, que abranguen unha Piscina grande para mozos e adultos e unha piscina para rapaces de curta idade, garante que neste ano de novo terán unha grande afluencia de bañistas que disfrutaran destas coidadas instalacións.

Concorrentes da Casa dos Segredos em Valença


Os ex-concorrentes da ‘Casa dos Segredos 2′, Daniela Simões, João Jesus, Marco Costa e Daniela Pimenta voltam a participar num evento de solidariedade.
O evento “Juntos vamos ajudar o João” – 2ª edição de “Juntos por uma causa” vai decorrer no próximo sábado, 30 de Junho 21h30 Mercado Municipal em Valença.
“O João é um rapaz de 24 anos que sofre de paralesia cerebral e necessita de meios para se poder movimentar mais facilmente. O melhor desses meios é a cadeira de rodas LEVO C3 que lhe permite usufruir de certas coisas que não pode com uma cadeira normal. Infelizmente essa é uma cadeira muito cara, portanto, se cada pessoa desse pelo menos 1€ para esta causa seria uma grande ajuda para o João e para a família que faz de tudo para realizar o seu sonho. Vamos fazer do João, um rapaz mais feliz! NIB: 0018.0003.18774992020.20″ – Pode saber mais na página “Vamos Ajudar o João”

quarta-feira, 27 de junho de 2012

Los regidores de Tui y Valença, de la mano


La Eurociudad Tui-Valença está pendiente de la Eurocopa. El alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, y Jorge Salgueiro Mendes, presidente de la Cámara Municipal de Valença do Minho (Portugal), contemplarán juntos la primera parte del partido entre España y Portugal desde una pantalla gigante de LED y alta definición que se instalará en el Paseo da Corredoira de Tui. Estarán rodeados de más de quinientas personas, en un entorno adornado con banderas de ambos países. 
Previamente, en los Paços del Concelho de Valença, cada uno dará a conocer públicamente sus predicciones sobre el resultado del encuentro entre los equipos que aspiran a la final europea.
Moisés Rodríguez y Jorge Salgueiro seguirán por televisión el segundo tiempo en un establecimiento de restauración de Valença. Si gana Portugal pagará la cena Jorge Salgueiro, si lo hace España le tocará a Moisés Rodríguez.
in Faro de Vigo

Agrupamento Muralhas do Minho cria Sala Multisensorial para crianças com deficiência. Espaço é dos únicos no país


O Agrupamento de Escolas Muralhas do Minho, em Valença, acaba de inaugurar uma sala multisensorial - Sala Snoezelen, fazendo parte de um grupo restrito de escolas públicas do país a disponibilizar um espaço específico para a terapia de crianças com necessidades especiais.
A sala proporciona um ambiente com combinação de música, efeitos luminosos, vibrações suaves, sensações tácteis e aromaterapaia, aliado a intervenções terapéuticas e pedagógicas. 
A professora da Unidade de Apoio Especializado, Filipa Alves, explica que este espaço vem preencher uma lacuna no desenvolvimento das perceções sensoriais e das habilidades psicomotoras destes alunos.
Num investimento na ordem dos 10 mil euros, sem qualquer compartipação governamental, este projeto iniciou-se há já três anos com a angariação de fundos através da venda de trabalhos realizados pelos alunos de Necessidades Educativas Especiais e, posteriormente, com a sensibilização da comunidade para o contributo de patrocínios. 
Filpa Alves confirma que não foi fácil conseguir o montante necessário, e foi a colaboração da Associação de Pais e Encarregados de Educação do Agrupamento e de uma unidade bancária que ajudou a concretizar este sonho.
Apesar de se falar destas salas multisensorais desde a década de 60, em Portugal este conceito inovador na terapia de crianças com necessidades especiais tem passado ao lado, principalmente das escolas públicas. Daí que a EB 2,3/S de Valença integre, a partir de agora, um grupo restrito de estabelecimentos de ensino com este espaço. No distrito de Viana do Castelo, só o concelho de Paredes de Coura tem um espaço igual.
Destinada a crianças da Unidade de Apoio Especializada do Agrupamento de Escolas Muralhas do Minho, esta sala multisensorial pode vir a alargar a sua área de atuação, englobando utentes com necessidades especiais de outras associações de Valença.
Promover a estimulação dos sentidos primários, o relaxamento, lazer, diversão, criação de emoções positivas, autocontrolo, controlo da ansiedade e autonomia são alguns dos objetivos desta Sala Multisensorial do Agrupamento de Escolas Muralhas do Minho.

terça-feira, 26 de junho de 2012

EUROCOPA 2012 La ambigüedad del territorio fronterizo


La Fortaleza de Valença do Miño es un territorio especial. Al asomarte a la muralla se ve el discurrir en el valle del río y el ambiente que se respira dentro del recinto de piedra huele a mestizaje, a un territorio bajo bandera portuguesa y clara influencia española en lo social, en lo monetario y también en el lenguaje.
Como consecuencia lógica los sentimientos se cruzan, se entrelaza el respeto y la pasión y se divide la perspectiva. Como en la vida, en el fútbol a cada uno le tiran sus colores, aunque sin mostrar rencor al vecino. Se valora la conjunción española y también el talento portugués personificado en Cristiano. Favoritismo español, ilusión lusa.
Salvo dos excepciones con acento local predomina la frase y sobre todo la idea de 'creo que España es mejor porque tienen mejor equipo', aunque también es generalizada otra idea, la que señala al capitán de Portugal y jugador del Real Madrid, a Cristiano Ronaldo, como el llamado a cambiar el discurrir lógico de las cosas, a variar el rumbo, a darle la alegría a su país. Hasta en esto coinciden españoles y portugueses. Clase colectiva ante la explosividad individual para determinar el equipo que se meta en la final de la Eurocopa.
Probablemente, las calles de la Fortaleza no son el lugar más futbolero del mundo. 'Cuando hay partido esto queda vacío', reconoce una de las múltiples dependientas. Entre los muros de piedra predominan las compras, las famosas toallas, pero en los escarapates también viven una particular rivalidad las camisetas de las selecciones de ambos países. Casillas está al lado de Cristiano Ronaldo, ya sea del Real Madrid o del combinado de su país. Entre el monocolor rojo y el que también tiene verde. 
Camisetas y capitanes
Este es el particular encuentro que se disputa en las calles de Valença de Miño. 'La camiseta de España se vende más', reconocen en dos tiendas, aunque la respuesta ya cambia si el duelo es entre los capitanes. Ahí el delantero portugués toma ventaja sobre Iker Casillas. En nombre gana más el delantero. Hay cuestiones que no se pueden cambiar, el amor por el ídolo todavía es superior.
No deja de ser una síntoma más, otra característica del particular ambiente que se vive entre las calles empedradas de la Fortaleza de Valença. En locales comerciales donde los clientes mayoritarios son españoles y están atendidos por el pequeño comercio añejo de nacionalidad portuguesa.
Y es que 'es una pena que no puedan ganar los dos', exclama otra dependienta y lo dejan entrever casi todos. Tarde de calor, de pocos clientes, de algún que otro turista y de malos tiempos para la venta de camisetas, no así para las pasiones. En otras ocasiones, las banderas y las camisetas se habrían vendido unos cuantos días antes, ahora se espera a los últimos partidos. Es otro de los efectos secundarios de la crisis.
Depresión que todavía no ha llegado al mundo del fútbol. España es la referencia, el mejor equipo para portugueses y españoles, mientras que el combinado luso regresa a la élite continental. También se apuesta por que el balompié contribuya a dar una alegría más allá del Miño o más acá. La situación económica no ayuda.
Se escuchan muchos lamentos, incluso a la hora de preguntar sobre el fútbol. Se intercambia el análisis futbolístico con las quejas. Y es que la crisis no entiende de colores, ni de fronteras, ni de selecciones, ni probablemente de personas. Al menos el partido del miércoles servirá para vender unas cuantas camisetas de ambos países y con ellas, debatir y analizar el juego colectivo de España y lo que tiene que hacer Portugal para dar la vuelta al discurrir lógico de los acontecimientos. Hasta españoles y portugueses señalan hacia un mismo lugar, hacia una misma persona: Cristiano Ronaldo.
Probablemente, después del partido del miércoles, los habituales escaparates mixtos comiencen a teñirse de un único color, la selección ganadora, al menos por unos días. Tras la Eurocopa, regresará el orden natural de las cosas a Valença. Clientes españoles y locales con poco dinero y eso no lo arregla ni Cristiano, ni el colectivo de Del Bosque.
in Atlântico Diário

segunda-feira, 25 de junho de 2012

Valença: GNR atenta para evitar desacatos com espanhóis


A GNR vai estar "atenta" à fronteira de Valença, na quarta-feira, para evitar a repetição de desacatos entre adeptos portugueses e espanhóis, como os que se verificaram no último jogo oficial entre as duas seleções, no Mundial'2010.
Na altura, vários adeptos espanhóis cruzaram a fronteira de Valença para festejar a vitória no centro da localidade portuguesa, mas foram apedrejados.
A GNR admitiu que o "passeio" dos adeptos espanhóis a Portugal, com "bandeiras e buzinões", após a vitória que valeu a continuidade na prova realizada na África do Sul, terá sido uma retaliação às comemorações que, no Euro'2004, os adeptos nacionais fizeram do outro lado da fronteira.
in Record

Vídeo da Visita Noturna ao Castelo Medieval de Valença

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Tui inician as tarefas de mantemento dos campos de fútbol municipais de Tui


A Deputación de Pontevedra e o Concello de Tui promoveron, hai un días, tarefas de mantemento dos campos de fútbol municipais de herba artificial.
A empresa adxudicataria do contrato de mantemento iniciou os traballos no terreo de xogo de herba artificial das instalacións municipais “Álvarez Durán” de Tui. Pola mañá os traballadores fixeron a limpeza do campo, pasaron o peite pola herba artificial, cepillándoa, descompactaron o caucho actual e encheron a superficie con novo caucho .
No día seguinte este persoal traballou no campo municipal de Ribadelouro, coa intención de deixar as instalacións municipais en perfectas condicións para o inicio da tempada no mes de agosto.
Para o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo Montes, estas intervencións testemuñan o traballo diario que realiza o Concello de Tui para que as numerosas instalacións municipais dedicadas ao  deportes se atopen nas mellores condicións posibles para que deportistas e afeccionados poidan disfrulatas axeitadamente.

DURANTE O PERÍODO DE EXPOSICIÓN PUBLICA O PEPCH TIVO MÁIS DE 220 CONSULTAS CO PERSOAL TÉCNICO E 1739 VISITAS NO SEU SITIO WEB


O concelleiro do Conxunto Histórico e Rehabilitación, Nicolás Lorenzo Montes, amosa a súa satisfacción polo resultado do proceso de exposición pública do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui pois os cidadáns tiveron amplo acceso a este documento garantindo a máxima transparencia neste proceso de aprobación do instrumento básico de planificación do conxunto monumental tudense. 
O Plan Especial do Conxunto Histórico estivo en exposición pública do 11 de abril ao pasado 11 de xuño, durante este período e dous días á semana (un total de 17 días) un técnico do equipo redactor atendía as consultas dos cidadáns. Amais outro membro do equipo técnico redactor mantivo ata catro reunións cos propietarios dos polígonos de actuación do Pepch. Este período de exposición pública é o máximo permitido pola lexislación vixente, deste xeito o goberno municipal apostou por facilitar o acceso dos cidadáns a este documento con total transparencia promovendo a súa participación a través das alegacións.
De media se atenderon en cada xornada 13 persoas ou grupos de persoas que reclamaban información sobre unha media de 21 propiedades diferentes. Foron arredor do 220 consultas que afectaban a máis de 350 propiedades. E finalmente, foron un total de 122 as alegacións presentadas a este proxecto de Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui.
O persoal técnico amais de informar sobre o contido do Pepch ofrecía un modelo de alegación, e incluso nalgúns caso prestouse axuda a súa redacción.
Nas consultas efectuadas salientan como principais aspectos os seguintes:
volume máximo edificable
condicións de edificación e materiais
posibilidade de efectuar cambios de uso
e moi abondosas foron as consultas sobre o réxime denominado “fora de ordenación”.
Paralelamente a esta consulta personalizada existía un sitio web onde durante o período de exposición pública foron realizadas 1.739 visitas, cunha media de 19 consultas diarias. Estas visitas eran alongadas pois cada visita implicaba unha media de 63 clics e unha descarga de 10Mb de información.
Para Lorenzo Montes este amplo número de consultas e as consecuentes alegacións ao documento aprobado inicialmente testemuña o interese dos veciños de Tui por este Plan e como dende o Concello se promoveu o máximo de información a todos os veciños e interesados. O concelleiro resalta que este plan foi redactado en base a criterios técnicos e patrimoniais.
Salienta o concelleiro como con este novo paso avánzase na culminación do proceso de aprobación desta figura de planeamento e conservación do conxunto histórico tudense, que sinalará un fito nas políticas municipais de protección do patrimonio monumental da nosa cidade, testemuñando o compromiso do goberno municipal nesta materia. Rematada a súa tramitación por vez primeira o conxunto histórico tudense contará cunha ferramenta de ordenación que garanta a súa conservación e posta en valor.

Reforma Administrativa: Grupo de trabalho apresenta três cenários a Assembleia Municipal de quinta-feira


O presidente da Câmara Municipal de Valença considera que a decisão de fundir ou extinguir freguesias tem de ser tomada pelas entidades políticas do concelho e não nos gabinetes de Lisboa. 
Desta forma, a comissão de trabalho criada para analisar o impacto da reforma administrativa em Valença está a ultimar um parecer que vai ser apresentado a discussão na Assembleia Municipal de quinta-feira.
Em cima da mesa estão três cenários, em que o mais viável, de acordo com Jorge Mendes, é a agregação de três freguesias, ao contrário das quatro propostas pelo Governo para o município. 
O autarca valenciano acredita que o caminho do silêncio não é a solução e, por isso, espera que os deputados municipais se pronunciem sobre esta reforma.
De resto, o parecer do executivo apela ao bom-senso e apresenta alguns critérios “essenciais”. A agregação deve juntar as freguesias de menor dimensão territorial e com menos população às mais próximas. Jorge Mendes propõe ainda que se mantenham os espaços das antigas freguesias agrupadas e as reuniões sejam rotativas.
A Câmara Municipal de Valença vai emitir um parecer sobre a reforma administrativa, com três hipóteses. Ou não se pronuncia e a decisão é tomada em Lisboa, ou se aceita a proposta do Governo em reduzir quatro freguesias, ou a aquela que é classificada por Jorge Mendes como a mais viável, pronunciar-se e a medida apenas abranger três freguesias.
O executivo espera que se chegue a uma conclusão na Assembleia Municipal da próxima quinta-feira.

sexta-feira, 22 de junho de 2012

O VINDEIRO LÚNS COMENZA OS CURSOS DE MÚSICA DE VERÁN NO CONSERVATORIO MUNICIPAL DE MÚSICA


A Concellería de Educación e Cultura do Concello de Tui a través do Conservatorio Municipal de Musica e da Escola de Musica organiza diversos cursos de verán que promoven a formación musical dos alumnos destes centros educativos de formación musical.
Son catro curso os organizados neste ano:
- curso de música e movemento
- curso de iniciación á práctica instrumental
- curso de práctica coral
O vindeiro luns, 25 de xuño cun concerto ás 19,00 horas na Sala de Audicións do Conservatorio de Música se procederá a inauguración destas accións formativas. Nesa mesma xornada se entregaran por parte dos responsables destes cursos os horarios da clases. 
Cómpre destacar que no curso de practica coral aínda existen prazas lires estando aberta a matricula ata o mesmo luns 25 de xuño.
Para a concelleira de educación e cultura, Vanesa Rodríguez Pereira, con esta oferta de cursos o Conservatorio e a Escola de Música buscar suscitar nos alumnos máis novos das diferentes familias de instrumentos o interese e ilusión por continuar e afondar na súa formación musical combinando os aspectos máis formais da aprendizaxe musical cunha dimensión lúdica na práctica da música.
Con esta oferta de cursos de verán a Concellería de Educación e Cultura trata de ampliar a oferta formativa destes centros educativos musicais que contan cunha matrícula superior ao centenar de alumnos procedentes de Tui, Valença e outros municipios da nosa bisbarra. Ambos centros conforman unha oferta educativa de caracter permanente que financia o Concello de Tui

CXXI Xogos Florais de Galicia


Manu Garrido, Iván Alonso e Alberto Díaz na Copa do Mundo de Maratón


Os padeeiros do Club Kayak Tudense, Manuel Garrido, Iván Alonso e Alberto Díaz, viaxaron onte á localidade danesa de Copenhague para disputar a Copa do Mundo de Maratón de Piragüismo.
Neste campionato, os tudenses enfrontaranse aos mellores maratonianos do mundo, con vistas ao Campionato de España de Maratón que se disputará na nosa cidade os días 18 e 19 de agosto, onde sairán as prazas para o Campionato do Mundo de Maratón, que este ano disputarase na capital italiana.
Dende o Concello de Tui quérese animar a Manu, Ivan e Alberto para acadar os mellores resultados nesta competición. 

O Campionato de España de Remo Olímpico contará cunha ampla representación tudense


O próximo fin de semana disputarase, na localidade ourensán de Castrelo de Miño, o Campionato de España de Remo Olímpico, nas categorías júnior, sub-23, absoluto e vetarán.
Dende hoxe venres ata o domingo disputaranse as diferentes regatas, onde teremos a participación dos dous clubs tudenses, Club Remo do Miño e Club Remo Tui.
Dende o Concello quérese animar aos deportistas tudenses para acadar os mellores éxitos nesta competición.

O DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA E O ALCALDE DE TUI VISITARON O VIVEIRO FORESTAL DE AREAS ONDE SE TRABALLA PARA ACLIMATAR CLONS SELECCIONADOS DE CERDEIRA GRAZAS A UN CONVENIO COA FUNDACIÓN PAIDEIA


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado do Alcalde de Tui, Moises Rodríguez Pérez, visitou na mañá de onte xoves 21 de xuño o viveiro forestal de Areas en Tui, dependente da Consellería de Medio Rural e do Mar para coñecer a labor que se realiza no mesmo, así como para comprobar a labor que se está a desenvolver neste lugar grazas a un convenio coa Fundación Paideia.
Grazas a colaboración entre a Consellería de Medio Rural e a Fundación Paideia Galiza se está a traballar para o fomento e mellora do material forestal de reproducción. Unha das obrigacións deste convenio é incrementar a producción de cerdeira, Prunus Avium, polo método de micropropagación ou cultivo in vitro, a partir de clons seleccionados polo seu crecemento e resistencia a enfermidades.
Deste xeito, na actualidade, xa se atopan plantados en Areas 5.000 exemplares que aquí se aclimatarán para, posteriormente, nun prazo menor dun ano, pasar a ser transplantados a outros viveiros onde se crearán “campos de plantas nais”, de onde sairán os exemplares que se venderán para futuras explotacións dedicadas a producción de madeira, xa que se trata dunha materia prima de gran calidade e moi rendible para zonas frías.
Por outra banda, este viveiro tamén firmou outro convenio coa empresa Inditex S.A. en 2008, mediante o cal estase a producir plantas de alto valor xenético de especies arbóreas, especialmente caducifolia, co fin de crear masas forestais que garantan cantidades de semente de calidade. Tamén coma obxectivo incrementar a diversidade biolóxica e aumentar a fixación do carbono, afondando na loita contra o cambio climático nos bosques galegos. 
Aula Forestal
Neste viveiro traballan na actualidade cinco operarios e un capataz. Conta coa única aula forestal que permanece aberta en Galicia xa que as que existían en outros viveiros destas características da comunidade autónoma tiveron que pechalas súas portas. No que vai de ano, pasaron pola mesma máis de 2.000 nenos procedentes de colexios de toda a provincia, que deste xeito coñecen o funcionamento dun viveiro forestal, a importancia do bosque como fonte de riqueza medioambiental, a necesidade da posta en marcha dunha xestión forestal sostible, o tratamento das sementes e o crecemento dos árbores, facéndose tamén labor de concienciación contra os incendios.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou a labor educativa desta aula que está aberta seis meses ao ano, dende abril a xuño e dende setembro a novembro, e mostrou o seu interese pola súa potenciación. “A formación dos nosos nenos é moi importante para que valoren a importancia dos montes e dos bosques e a necesidade do seu coidado e a súa supervivencia”, explicou. A aula permanece aberta dous días por semana e na actualidade, ten máis demanda de centros educativos da que pode absorber.
O viveiro de Areas naceu da labor do enxeñeiro de montes Rafael Areses, a quen en 1906 a Dirección Xeral de Agricultura, Minas e Montes encargou a creación deste área co obxectivo de abastecer de plantas a Festa da Árbore de Galicia que se celebrou en 1910 en Tui. Deste xeito converteuse no primeiro viveiro de Galicia. Na actualidade produce arredor de 9.000 plantas ao ano nunha superficie de 11,8 hectáreas que conta, ademais, con especies únicas como secuoias ou piñeiros americanos.  Para o Alcalde de Tui este Viveiro é un elemento de grande importancia para Tui polo seu caracter histórico e polo traballo de producción e divulgación que se realizan dende o mesmo.
Nesta visita o delegado da Xunta en Pontevedra e o Alcalde de Tui estiveron acompañados polo xefe territorial de Medio Rural e do Mar, Gerardo Zugasti e o xefe do Servizo de Montes, Enrique Chamorro.

quinta-feira, 21 de junho de 2012

O equipo infantil do TYDE foi recibido no Concello tras o seu ascenso a 1ª División


Este mediodía tivo lugar no salón de sesión da Casa do Concello de Tui a recepción oficial ao Tyde infantil logo de lograr o seu ascenso a 1ª División nesta categoría. 
No Concello foron recibidos polo alcalde, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo e os concelleiros Jose Angel Villaverde e Ángel Gutiérrez. Estiveron acompañados do presidente do Tyde, Jesús González, e dos seus adestradores. 
O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, manifestou que era una honra poder brindarlles esta recepción, amosando o seu convencemento en que no futuro terán novos éxitos froito, dicía, do gran traballo que desenvolven os adestradores, a directiva e o presidente do Tyde. Desexaba tamén o edil que volvan “os anos de gloria do Tyde” acadando polo menos a 3ª División. 
O alcalde, Moisés Rodríguez, coincidiu con Nicolás Lorenzo no desexo de que o Tyde regrese a 3º División xa que no seu parecer Tui merece un equipo nesta categoría. Pero puntualizaba que “un equipo non se fai se non hai canteira e un traballo previo de adestradores e directiva”. Dirixíndose aos xogadores lles lembraba que o máis “importante é sodes un equipo” felicitándoos polo ascenso logrado.
O presidente do Tyde, Jesús  González, daba as grazas ao concello esta recepción que reflicte a aposta que se fai polo deporte. Agradecía amais aos xogadores a magnífica temporada que realizaron onde dicía que “demostraron que son capaces de calquera cousa”. Tamén felicitaba aos adestradores por estes resultados. 
No nome do Tyde Infantil tomaba a palabra un dos xogadores, David Solleiro, quen agradecía a recepción que lles brindaron. Explicaba que ao comezo da temporada moitos nin se coñecía e pensaban que non ía facer nada, pero fixeron unha piña e lograron ser os gañadores do campionato. O seu adestrador Javier Tejido agradecía a oportunidade que lle deu a directiva do Tyde de facerse cargo do equipo, explicando que a comezos da temporada eran 12 xogadores e remataron sendo 21, se foron coñecendo e formaron un grupo. Agarda repetir o éxito na próxima temporada. 
Por último o concello obsequiou aos xogadores e adestrares cun chuvasqueiro que na parte dianteira ten impreso o escudo do Tyde e na parte posterior o escudo do Concello.

Viagem Noturna ao Castelo Medieval de Valença


A Câmara Municipal de Valença promove uma viagem às marcas do castelo medieval, na Fortaleza de Valença, sexta-feira, 22 de Junho, com um percurso pedestre noturno. O percurso começa nas Portas da Coroada com o espetáculo “Solar” de dança na paisagem, às 21h00.
      Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara Municipal de Valença, “Este percurso noturno insere-se na animação constante da Fortaleza de Valença, com o objetivo de transformar o Centro Histórico num museu vivo”.
Uma viagem pela história medieval de Valença que é, também, um convite a vivenciar esta época, trazendo uma lanterna e ou vindo vestido à época. 
Os cavaleiros, a nobreza  e muito povo, vestidos a rigor recriarão a vida e as vivências da época pelas ruas e praças de Valença transportando os participantes no percurso para uma autêntica viagem no tempo.
A viagem será orientado pela arqueóloga Belisa Vilar  e é um convite a descobrir as marcas medievais presentes na fortificação valenciana.
Uma viagem que percorrerá as Portas do Meio, o Largo do Governo Militar, o espaço do antigo torreão, frente ao Tribunal e as traseiras da Igreja de Santo Estêvão, na Rua da Trindade,  para descobrir as inscrições da fundação desta igreja e os vestígios de uma necrópole. A viagem percorrerá, também, as Portas da Gaviarra e a cisterna, as Portas do Açougue ou Afonsinas, a Igreja de Santa Maria, o Paiol do Açougue, na Rua da Oliveira e terminará na Rua Direita, no Núcleo Museológico com uma visita à exposição “D. Manuel I – o crescimento urbano de Valença e as alterações à Muralha”.
Uma viagem medieval que contará, ainda, com declamação de poesia e música trovadoresca.

CONTINUA ABERTA A MATRICULA AO CURSO DE VERANO DA UNED EN TUI “A TODO TREN”


Tui acollerá do 4 ao 6 de xullo un curso de verán da UNED. Baixo o título de “A todo tren” abordarase a historia e a importancia do ferrocarril como motor socioeconómico tanto no ámbito nacional coma internacional. As clases terán lugar na Aula da UNED de Tui no antigo convento de San Domingos. O curso está dirixido pola profesora titular da Uned Victoria Soto Caba e coordinado por Guillermo Bas Ordóñez. 
No mesmo vanse analizar as repercusión do ferrocarril como medio de transporte na economía, a arquitectura e as relacións comerciais tanto nacionais coma internacionais pola condición de Galicia como territorio fronteirizo con Portugal. Na relación de poñentes está Carlos Nardiz, catedrático de urbanismo na Universidade de Coruña, Jesús Ángel Sánchez, profesor de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, Xosé Ramón Iglesias Veiga, doutor de Historia da Arte e profesor da Uned, e Miguel Múñoz, director do Museo Nacional do Ferrocarril. Amais a conferencia de clausura sobre “Fomento e o ferrocarril” correrá a cargo da ministra de Fomento, Ana Pastor. 
A inauguración terá lugar o mércores 4 de xullo ás 16.45h e a clausura á unha do mediodía do venres día 6. O curso ten recoñecidos 1 crédito ECTS, 2 créditos de libre configuración e 2 créditos MECD. A matricula e a información se realiza on-line a través da páxina web: www.uned.es/cursos-verano ou directamente en http://qinnova.uned.es/publico_actividad/3673 podendo beneficiarse dun desconto aquelas persoas que se matriculen antes do 2 de xullo. 
Amais da actividade académica durante os días do curso, xa que se prevé que moitos dos alumnos sexa de fóra da provincia e incluso de Galicia, haberá tamén visitas guiadas á cidade e outras actividades lúdicas. 

quarta-feira, 20 de junho de 2012

Espetáculo de Dança na Paisagem - Quarta, Quinta e Sexta, às 21h, nas Portas da Coroada


Mañá xoves recepción ao equipo infantil do Tyde


Mañá xoves 21, ás 13.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, recibirase ao equipo infantil do Tyde, que recentemente acadou o ascenso á primeira división infantil ao proclamarse campión da segunda categoría.
Neste acto participarán o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o presidente do Tyde FC, Jesús Álvarez, así como outros concelleiros de Tui.

Os tudenses José Luís Bouza e Diego Piña no Campionato de Europa Absoluto de Piragüismo en Pista


Os padeeiros do Club Kaiak Tudense, José Luís Bouza e Diego Piña, xunto co seu adestrador Esteban Alonso, viaxarán mañá xoves á cidade croata de Zagreb, coa intención de participar no Campionato de Europa Absoluto de Piragüismo en Pista, que se celebrará dende este venres 22 ata o domingo 24.
Buzo competirá na proba C2 1000 metros xunto ao asturiano David Fernández, e Diego Piña no K4 1000 metros.
Este Campionato é a cita máis importante previa aos Xogos Olímpicos, polo que dende o Concello de Tui quérese animar a nosos deportistas tudenses para acadar os mellores resultados.

O CONCELLO DE TUI CONMEMORARÁ ESTE DOMINGO 24 DE XUÑO O CXXI ANIVERSARIO DOS XOGOS FLORAIS DE GALICIA


A concellería de Cultura do Concello de Tui conmemorará esta fin de semana o CXXI aniversario da celebración na nosa cidade dos Xogos Florais de Galicia, que tiveron lugar do 24 ao 26 de xuño do ano 1891 e que marcan un singular fito na historia de Galicia, ao seren o primeiro acto público celebrado integramente na nosa lingua.
Así este domingo 24 de xuño celebrarase un recital poético ás 19,00 horas na Igrexa de San Domingos no que participarán os poetas Manuel Forcadela e Marta Dacosta. No decurso do recital poético haberá un acompañamento musical ao acordeón polos alumnos do Conservatorio Municipal de Música de Tui, Alexandre González Fernández e Sheila Domínguez Gómez.
O Concello de Tui ven realizando dende o ano 2008 un acto poético en lembranza deste acontecemento cultural de tanta transcendencia para a cultura de Galicia. Téñense achegado ata Tui voces como Darío Xohan Cabana, María Xosé Quizán, Eva Veiga, Yolanda Castaño, Marga do Val, Alfonso Pexegueiro, etc. Neste ano, comenta a concelleira de cultura tudense – Vanesa Rodríguez Pereira-, contaremos con dúas voces moi ligadas á nosa comarca do Baixo Miño: Manuel Forcadela e Marta Dacosta, que co recitado dos seus versos farán memoria daquela gloriosa xornada. 
Xogos Florais
Estes actos rememoran a celebración na nosa cidade o 24 de xuño de 1891 dos Xogos Florais de Galicia, primeiro acto público realizado exclusivamente na nosa lingua, e que organizados pola Asemblea Rexionalista Galega premiaban composicións en galego e castelán de diversos xéneros, como no caso tudense, a poesía. O primeiro presidente da institución, Manuel Murguía converteríase aquel día no primeiro intelectual en dirixirse ao público en galego, lendo un discurso que constitúe un compendio do seu pensamento historicista e reivindicador sinalando que o principal obxectivo era "o renacemento dunha nacionalidade case morta e esquecida por medio da literatura, das tradicións e da historia".
Na cidade de Tui unha Xunta Rexionalista integrada por Manuel Fernández de Herva, como presidente,  xunto a Eduardo Caballero Canals, o coengo Antonino Cerviño González, Juan Areses Alonso, o tamén coengo Manuel Lago González, Juan Ávarez Cordero, Indalecio Rodríguez de Córdoba, Justo Salvador Fortes, Leoncio Comesaña González, Vicente García Rivera e Martín Díaz Spuch, organizaron, como representantes do Consistorio dos Xogos un amplo programa que supuxo incluso o traslado das festas patronais de San Telmo. Do amplo programa desenvolvido salienta o propio acto dos Xogos, xunto a un concurso de gaiteiros, un banquete “rexionalista” ou a función solemne de San Telmo na Catedral tudense coa actuación da orquestra catedralicia dirixida polo mestre Manuel Martínez Posse.

Este domingo 7ª Andaina Eurocidade 2012 – Castro dos Cubos


O próximo domingo 24 realizarase a sétima Andaina Saudable Eurocidade 2012, “Castro dos Cubos”, organizada pola Eurocidade Valença – Tui.
O punto de encontro será o Torreiro da Festa de San Miguel do Anxo (Pazos de Reis), ás 09.00 horas (españolas). Para todas aquelas persoas que non coñezan esa localización, quedarase ás 09.00 horas españolas na gasolineira da Repsol do Parador de Tui. O percorrido terá unha duración de aproximadamente 2h30’ e o grao de dificultade é baixo.
Breve descrición:
O punto de encontro e remate desta rota é a igrexa parroquial de Pazos de Reis, principiamos por una carreiro entre viñas altas que nos leva a un lavadoiro antes de adentarnos no monte e iniciar o ascenso cara o Aloia entre enraizados camiños que nos conducen á Macoca.
Con esta camiñada contemplaremos a vista panorámica do Vales do Miño e do Louro que domina o Alto chamado Castro dos Cubos, lugar no que queda constancia dun poboado castrexo, da Idade de Ferro. O castro, datado en torno ao s. I a. C - tamén  denominado como Cabeza de Francos debido a un asentamento galo nas proximidades pertencente á época de Napoleón Bonaparte - acollía unha sociedade baseada na agricultura e na gandería que tamén practicaba a caza, a pesca, a recolección e realizaban algunha actividade manufactureira, como curtido de peles e fabricación de útiles de pedra, bronce, madeira e ferro.
 O Alto dos Cubos  levantase a 270 m sobre o nivel do mar. Neste poboado castrexo - contornado polas pegadas dunha muralla ciclópea - pódense apreciar varias vivendas que foron  escavadas por primeira vez en 1933, dúas de elas conservan o vestíbulo e actualmente están parcialmente reconstruídas. O material arqueolóxico atopado en diversas catas posteriores:  morteiro, muíños de man e vasillas, confirman que este asentamento, sufriu un proceso de aculturación co mundo romano nos albores da nova era.
Punto de encontro:
Torreiro da Festa de San Miguel do Anxo (Pazos de Reis)
Coordenadas 42º 3'34" N / 8º 38'44" O

terça-feira, 19 de junho de 2012

MAÑÁ MÉRCORES CONCERTO DE FIN DE CURSO DO CONSERVATORIO E DA ESCOLA DE MÚSICA DE TUI


Mañá mércores 20 de xuño, as 20:00h. no Teatro Municipal da Área Panorámica de Tui, celebrarase o Concerto de Fin de Curso do Conservatorio Profesional e da Escola de Música Municipal de Tui. Neste concerto participarán os alumnos do centro pertencentes as diferentes familias de instrumentos. Tamén neste concerto participarán  Ramón Corral, mestre percusionista e artesán de gaitas de Tui, e Roberto Comesaña, mestre acordeonista. 
A celebración deste concerto, en palabras da concelleira de Educación, Vanesa Rodríguez Pereira, marca o final dun curso académico onde estes centros educativos do Concello de Tui teñen consolidado o seu traballo como referentes da formación musical na nosa comarca, con case 200 de alumnos, moitos procedentes de concellos da bisbarra de Tui e mesmo de Valença.
O mesmo día, a partir das 19:30h., é dicir media hora antes do concerto se entregarán as cualificacións finais dos alumnos destes centros educativos do Concello de Tui.

segunda-feira, 18 de junho de 2012

O CONCELLO DE TUI PARTICIPOU NO ACTO CONMEMORATIVO DO CINCUENTENARIO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS O SÁBADO NA CORUÑA


O pasado sábado 16 de xuño ás 18 horas, na Praza de María Pita, celebrouse un acto en conmemoración do cincuentenario do Día das Letras Galegas, “Cincuenta voces para o cincuenta aniversario do Día das Letras” organizado pola Real Academia Galega. No transcurso do evento, a concelleira de cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira procedeu á lectura dun poema do tudense Manuel Lago González, en lembranza da figura homenaxeada no “Día das Letras Galegas” do ano 1973.
No decurso do acto presidido polo Presidente da Xunta de Galicia e o Director da Real Academia Galega a palabra das figuras homenaxeadas ao longo destes 50 anos escoitouse na Praza de María Pita na voz dos representantes dos concellos que acolleron no seu municipio os actos de celebración desta festa das Letras galegas.
Ao remate do acto tivo lugar un acto simbólico levado a cabo por escolares chegados de distintos lugares da xeografía galega. Con esta celebración, pechouse o programa de actos conmemorativos arredor deste aniversario do “Días das Letras Galegas”.
O poema do Manuel Lago González lido neste acto foi o seguinte:
“O sol da primavera”, incluído na antoloxía Escolma de poesías. Real Academia Galega, 1973. 
Cantemos, cantemos todos 
cantigas da nosa terra: 
O sol da verde Galicia 
moita fartura alumea 
xa dá sol na frondente ladeira
onde están os pomares en frol
Ai! O sol da felís primavera,
Que prácido sol!
O sol da nosa aldea 
bendito sea;
que cobre os ceos d´azul color 
i enche corgas e vales e montes
e ladeiras e regos e fontes
da ventura, de vida e amor.

A AULA DA UNED DE TUI IMPARTIRÁ NO VINDEIRO CURSO O GRADO EN PSICOLOXÍA


O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, anunciou que a Aula da Uned de Tui impartirá a partires do vindeiro curso 2012-2013 o grado en psicoloxía, incrementando deste xeito a oferta formativa deste centro universitario.
Este anuncio foi efectuado pola Alcalde tudense no decurso do acto académico de clausura do curso 2011-2012 da Aula da Uned tudense celebrado na tarde do pasado venres 15 de xuño. Segundo o rexedor tudense para adoptar esta decisión tívose en consideración que estes estudos son os máis demandados entres os alumnos matriculados da zona de Tui e a súa bisbarra.
Con esta decisión no vindeiro curso 2012-2013 na Aula Uned de Tui se impartirá o curso de acceso á Universidade para maiores de 25 e de 45 anos e o primeiro curso do grado en Psicoloxía. 
Completará a oferta formativa deste centro universitario outros curso como os da Uned Senior e as actividades de extensión universitaria que ao longo do ano académico promoven diversas accións formativas a través de talleres e cursiños.
Para o Concello de Tui, en palabras do seu alcalde, o funcionamento deste Aula Universitaria da Uned en Tui –que agora amplía a súa oferta de estudios- “amosa o compromiso municipal de continuar apostando polo acceso de todos os cidadáns á educación, a cultura, á formación. Nestes difíciles tempos cómpre resaltar este investimento que garante un importante servizo público promovendo a imprescindible formación que todos precisamos para acceder a un mercado laboral cada vez con máis dificultades”.
A Aula da Uned de Tui tense consolidado con este segundo curso de funcionamento que ven de rematar como unha referencia para a formación universitaria da Tui e a súa bisbarra. Se no primeiro curso foron case 70 os alumnos matriculados, neste curso 2011-2012 houbo un importante incremento chegando ata os 100 alumnos no curso de acceso e ata 120 alumnos nas diversas accións formativas desenvolvidas ao longo deste curso escolar. 

1º Campus de Verano CB Tui


O ALCALDE VISITOU O PASADO SÁBADO A RESIDENCIA “SAN TELMO” FELICITANDO AS CATRO RESIDENTES CENTENARIAS


O Alcalde de Tui acompañado da concelleira de servizos sociais e doutros concelleiros efectuou o pasado sábado unha visita á Residencia “San Telmo” que rexentan as “Hermanitas dos Ancianos Desamparados” onde participou nun acto festivo para agasallar ás catro anciáns residentes naquel centro e que superan os cen anos de vida.
Son catro mulleres que viven na residencia San Telmo, nadas unha no ano 1907, outras dúas en 1910 e unha terceira en 1912, todas de diferentes concellos da provincia de Pontevedra: unha de Pontevedra, unha de Tomiño unha de Tui e unha de Mondaríz.
O Alcalde tudense transmitiu a felicitación a estas mulleres centenarias participando na festa celebrada na Residencia e entregándolles un agasallo en nome do concello tudense.

domingo, 17 de junho de 2012

Valenciana Inês Fernandes Brilha Ouro na Suécia

A atleta valenciana Inês Fernandes conquistou duas medalhas de ouro e duas de bronze no 6º Campeonato da Europa Open de Atletismo I.N.A.S., em Gavle, na Suécia, que decorre entre 14 e 18 de Julho. A atleta valenciana, mais medalhada de sempre, brilhou neste campeonato já com tempos que lhe garantem a participação nos Jogos Para-olímpicos.

      Inês Fernandes integra a seleção nacional e está a disputar, na Suécia, provas de disco, dardo, martelo e peso, com tempos que a colocam entre as melhores candidatas ao pódio.
    Com um ritmo imparável a atleta  valenciana prepara-se já, também,  para conquistar a Holanda, entre 18 e 29 de Julho, com a participação no 3º Campeonato da Europa de Atletismo, em  Stadskannal, na modalidade peso.
    As marcas conquistadas permitem já a Inês Fernandes uma presença garantida nos 14ºs Jogos Para-olímpicos que decorrerão entre 29 de Agosto e 9 de Setembro, em Londres, na Grã Bretanha.
    Inês Fernandes é a atleta valenciana mais medalhada de sempre com um vasto palmares. Dos mais recentes feitos destaca-se uma medalha de ouro e consagração como campeã da Europa de Pista Coberta de Lançamento de Peso, na Finlândia, com a marca 11.91 metros.
    Do curriculum de Inês Fernandes fazem parte já medalhas de prata no lançamento de peso e do martelo feminino, no Campeonato do Mundo  do ano transato, bem como o título de vice-campeã do mundo em atletismo, nas provas realizadas na cidade brasileira de Fortaleza em 2007.

sexta-feira, 15 de junho de 2012

O CONCELLO DE TUI PARTICIPA NO ACTO CONMEMORATIVO DO CINCUENTENARIO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS O SÁBADO NA CORUÑA


O sábado 16 de xuño ás 18 horas, na Praza de María Pita, celebrarase un acto en conmemoración do cincuentenario do Día das Letras Galegas, “Cincuenta voces para o cincuenta aniversario do Día das Letras” organizado pola Real Academia Galega. No transcurso do evento, a palabra das figuras homenaxeadas ao longo destes 50 anos escoitarase na voz dos representantes dos concellos os acolleron no seu municipio os actos de celebración desta festa das Letras galega.
Así a concelleira de cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, representará á nosa cidade neste acto pois na nosa localidade tiveron lugar os actos do “Día das Letras Galegas” de 1973 no que se homenaxeaba ao arcebispo e escritor Manuel Lago González. A concelleira tudense recitará un poema de Lago González no decurso deste evento conmemorativo.
Ao remate do acto terá lugar un acto simbólico levado a cabo por escolares chegados de distintos lugares da xeografía galega.
Está previsto que a esta celebración, que pecha o programa de actos conmemorativos arredor deste aniversario do “Días das Letras Galegas”, e que se celebra na cidade onde reside a Academia participen as máximas autoridades políticas e culturais do país.

O ALCALDE DE TUI VISITARÁ MAÑÁ A RESIDENCIA “SAN TELMO” E SE REUNIRÁ CON CATRO CENTENARIAS ALI RESIDENTES


O Alcalde de Tui acompañado da concelleira de servizos sociais e doutros concelleiros visitará mañá a Residencia “San Telmo” que rexentan as Hermanitas dos Ancianos Desamparados  e manterá un encontro para felicitar persoalmente ás catro anciáns residentes naquel centro e que superan os cen anos de vida.
Son catro mulleres que viven na residencia San Telmo, nadas unha no ano 1907, outras dúas en 1910 e unha terceira en 1912, todas de diferentes concellos da provincia de Pontevedra: unha de Pontevedra, unha de Tomiño unha de Tui e unha de Mondaríz.
Con esta visita o Alcalde de Tui coñecerá de primeira man as necesidades desta Residencia da Terceira Idade e manterá un encontro cos residentes, moitos deles procedentes do propio concello tudense.
Esta visitar terá lugar mañá sábado ás 11,00 horas na Residencia “San Telmo” na rúa Antero Rubín nº 14 de Tui.

Recuperação da Casamata das Portas do Sol


        A Câmara Municipal de Valença está a proceder a uma intervenção de fundo na Casamata abobada do Revelim das Portas do Sol, recuperando a identidade desta estrutura militar da Fortaleza  de Valença.
         Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara Municipal, “Esta intervenção recupera a identidade da Casamata do Revelim das Portas do Sol e enquadra-se na preocupação constante da autarquia em manter e conservar o património histórico”.
A intervenção está a incidir na cúpula da estrutura abobadada da casamata, com a impermeabilização da mesma. No seu interior todos os elementos estranhos à sua construção original foram retirados, nomeadamente, o piso em cimento, intervenção que decorreu, também, na esplanada exterior. Com os lajeados antigos retirados das obras de requalificação do interior da Fortaleza a Câmara Municipal colocou no piso no exterior da casamata, mais de acordo com as marcas e enquadramento histórico do espaço.
A Casamata, constituída por duas salas, encontra-se na boca do Revelim das Portas do Sol, conhecido pela designação “cofre” e era uma obra defensiva de proteção a uma das principais portas de entrada na Fortaleza.
A par destas  intervenções a Câmara Municipal está a proceder à requalificação do passeio da avenida de Cristelo, na boca de entrada para o parque de estacionamento da avenida. Na área das Portas do Sol e zonas envolventes a autarquia está a fazer uma intervenção ao nível das condutas de águas pluviais que estavam completamente obstruídas e sem intervenção há muitos anos.
Este conjunto de intervenções enquadram-se na preocupação constante  de restituir a autenticidade e originalidade a todos os pormenores da Fortaleza de Valença.

Peregrinação da Relíquia de São Teotónio arranca amanhã com passagem por 12 países


Esta sexta-feira, terá início, a partir de Valença, a peregrinação da Relíquia de São Teotónio, um trajecto religioso e simbólico que levará a Relíquia a visitar 12 países. 
O início da peregrinação está marcado para as 10h00 da capela de São Teotónio e será levada por um elemento da Ordem de Santa Cruz (Casa do Sameiro, Braga).
A Relíquia, que mais não é do que um pedaço de osso do braço do São Teotónio, vai estar em peregrinação pelas casas da Ordem de Santa Cruz, espalhadas por 12 países, como Índia, Brasil e Filipinas. 
Esta peregrinação acontece no ano em que se assinalam os 850 anos da morte de São Teotónio, o primeiro Santo Português, nascido em Ganfei, Valença. 
De referir que a Relíquia em viagem, datada de 1620, pertence à Confraria de São Teotónio de Valença, tal como explicou o reverendo Manuel Gonçalo do Vale.
O responsável religioso de Valença admite que ceder a Relíquia nesta viagem longa poderá ser "um risco", com receio de que se perca. Ainda assim, sublinha que esta iniciativa poderá ser uma forma de "divulgar São Teotónio, Ganfei (o seu berço) e a Relíquia", engrandecendo "um pouco mais" o nome de São Teotónio.
A Relíquia de São Teotónio tem o início da viagem marcado para esta sexta-feira, pelas 10h00, da Capela de São Teotónio, em Ganfei, Valença.

UEVM reivindica igualdade de tratamento de comerciantes e feirantes


Perante uma "posição irreversível" da autarquia de Valença quanto à realização da feira mensal de domingo, a União Empresarial do Vale do Minho (UEVM) está a elaborar, em conjunto com os associados, um documento reivindicativo com propostas compensatórias para o comércio e que promova a igualdade de oportunidades de todos os agentes económicos que operam no concelho. As medidas serão apresentadas, "o mais breve possível", ao autarca Jorge Mendes.
Depois de uma reunião de avaliação da primeira feira mensal, Joaquim Covas diz que não pode haver descriminação nas taxas aplicadas a feirantes e a comerciantes, e apela a uma redução significativa desses valores. 
Se por um lado, a Câmara Municipal de Valença fundamenta que a realização de uma feira extraordinária no primeiro domingo de cada mês atrai um maior número de pessoas ao concelho, por outro, a UEVM continua a manter a posição de que esta situação é "manifestamente prejudicial" para o comércio local, provocando uma redução acentuada do volume de vendas.
Joaquim Covas reitera, no entanto, que os comerciantes nada têm contra os feirantes.
Realçando que o comércio tem sido "a grande alavancagem do crescimento económico, da empregabilidade e da recuperação patrimonial", a UEVM pede o "reconhecimento de décadas de dedicação". 
Para contrariar os efeitos negativos que a realização de uma feira extraordinária acarreta para o comércio local, a associação está a trabalhar no sentido de encontrar soluções que minimizem o impacto da conjuntura atual.
Um documento reivindicativo está a ser preparado e em breve será entregue ao executivo liderado por Jorge Mendes. 

quinta-feira, 14 de junho de 2012

ASINADO O ACORDO REGULADOR E CONVENIO COLECTIVO DAS CONDICIÓNS DE EMPREGO DO PERSOAL DO CONCELLO DE TUI


Na mañá do martes 12 de xuño, foi asinado na Casa do Concello de Tui o  Acordo Regulador e Convenio Colectivo que rexe as condicións de emprego do persoal do Concello de Tui, tanto funcionarios como persoal laboral. Neste acto foron asinados pois o Acordo regulador  e o Convenio Colectivo das condicións de emprego do persoal funcionario e persoal laboral do Concello de Tui, por parte do Alcalde e Concelleiro de Persoal así como polos representantes dos traballadores.
Esta sinatura é o froito dun alongado proceso de negociación no seno da Mesa Xeral de Negociación (persoal funcionario e laboral) do Concello de Tui, coa presencia dos representantes dos traballadores e representantes do Concello que mantiveron máis de 12 xuntanzas de traballo para renovar estes instrumentos laborais que tiñan rematado no ano 2010, data dende a que foron prorrogados, e que terá vixencia ata o ano 2015, para facelos coincidir co mandato da actual Corporación Municipal.
Agora acadado e asinado o acordo definitivo, deberá ser sometido a aprobación por parte do Pleno da Corporación.
O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, amosa a súa satisfacción pola sinatura unánime destes acordos por parte dos sindicatos con representación no Concello de Tui: CCOO, CIG e CSIF e que supoñen dar continuidade ao anterior convenio por canto xa estaba nos máximos permitidos pola lexislación, e que agora debíase adaptar ás novas normativas legais de caracter laboral. O rexedor agradece o traballo realizado na Mesa de negociación con o positivo resultado dun convenio que garante os dereitos dos traballadores municipais e testemuña o traballo que día a día realiza o goberno municipal para un máis eficaz funcionamento do Concello de Tui.
Pola súa banda, o concelleiro de persoal, José Angel Villaverde Rocha, enumerou os principais aspectos destes convenios:
-Horario de traballo garantindo o cumprimento das 37,5 horas semanais, que xa figuraban no anterior convenio.
-Nova regulación dos órganos de seguimento do Convenio e Acordo con maior presenza sindical.
-Clarificación do ámbito de aplicación persoal.
-Actualización do catálogo de dereitos (permisos, vacacións, licenzas e excedencias) dos empregados públicos, de acordo coa nova normativa vixente.
-Non alteración do sistema retributivo, na liña imposta polas Leis de Orzamentos Xerais do Estado. Actualización de grupos e niveis mínimos.
-Ampla regulación dos procedementos de consolidación de emprego temporal e interino e dos procesos de funcionarización.
-Regulación mais extensa dos dereitos sindicais.
-Regulación da xubilación (ausente no anterior convenio/acordo) incorporándose un novo capítulo regulando con detalle esta materia.
-Non recortes en incapacidade temporal (segue o 100% de retribucións nos primeiros 3 meses da baixa) A resultas das medidas do Goberno como resultado da nova reforma da función pública que se está  a negociar.
Coa sinatura destes acordos, engade o concelleiro tudense, acádase no Concello de Tui un marco estable sobre as condicións de traballo dos empregados municipais, elemento básico para lograr unha maior calidade nos servizos que se prestan aos cidadáns.

I EUROCIDADE 10, o domingo 17 de xuño ás 11.00 horas


O próximo domingo terá lugar a “I EUROCIDADE 10”, proba atlética organizada por la Eurocidade Tui – Valença do Minho e o club Atletismo Tui Thermalia, que sairá ás 11.00 horas españolas dende o Paseo da Corredoira, percorrendo as rúas tudenses, cruzando o Ponte Internacional e pasando polas murallas de Valença, para retornar ao punto de saída na Corredoira.
Nesta proba participarán máis de 400 atletas procedentes de Galicia e Portugal, que gozarán dunha das primeiras probas que se disputarán entre dous países, aínda que será nunha única cidade, a Eurocidade Tui-Valença.
Corte do Ponte Internacional
O vello Ponte Internacional estará pechado ao tráfico dende as 11.00 e as 12.15 horas, tendo a alternativa do novo ponte internacional.
Rúas pechadas ao tráfico en Tui
Co motivo desta proba atlética haberá as seguintes rúas tudenses cortadas ao tráfico e co aparcamento prohibido entre as 10.30 e as 12.30 horas: Paseo Calvo Sotelo, Rúa Ordoñez, Rúa Antero Rubín, Rúa Cuenca, Rúa Sanz, Rúa San Telmo e Rúa Tyde.
Dende o Concello se solicita e agradece a colaboración os veciños para o correcto desenvolvemento desta proba.